Trata
Impunidade Carioca: “Atopámonos cunha fiscalía que defende aos agresores e grupos de poder”

A plataforma cidadá continúa denunciando a deriva dunha macrocausa que investiga a trata e explotación sexual de mulleres na Galiza.

Impunidade Carioca
Acción da plataforma Impunidade Carioca durante o desfile de Entroido. Raquel C. Pérez
6 mar 2019 13:15

O desfile de entroido lucense contou neste 2019 cunha participación especial. Entre bandas de música rock, dragóns chineses, animais ou máquinas de coser as dependentas da Carnicería Carioca chamaron a atención do público, coas súas ofertas e descontos. A performance da plataforma cidadá Impunidade Carioca paseou polas rúas a súa denuncia á deriva dos xuízos da Operación Carioca. Esta macrocausa, en torno a unha rede de trata e explotación sexual forzosa de mulleres, estalou no 2009 no Xulgado nº 1 de Lugo. Hoxe atópase na súa recta final, e a plataforma denuncia que moitas das pezas nas que foi dividida foron arquivadas, ou derivaron na impunidade dos acusados: proxenetas, empresarios e membros das forzas de seguridade do estado. María Barba é unha das integrantes de Impunidade Carioca.

Como nace a plataforma Impunidade Carioca?
A plataforma naceu no momento en que a Fiscalía fai un escrito en relación a peza sobre o club Liverpool. Nesa peza relata unha serie do que nós entendemos que son abusos, proxenetismo, tratos de favor, tráfico de información, prostitución de menores. A Fiscalía vainos relatando á vez que explica que non se perciben delitos, exculpando á vez que describe os actos. Isto fixo saltar as nosas alarmas, porque quedaban outras pezas da Operación Carioca en trámite e tiñamos medo de que sucedese o mesmo. Coa plataforma buscamos organizarnos para informar do que está a acontecer. E tamén para deixar claro que isto importa, que hai unha cidadanía que está preocupada porque se desmantele este rede mafiosa e proxeneta.

Trata
A Operación Carioca no foco

Unha plataforma cidadá esixe xustiza na recta final do maior caso de trata e explotación sexual de mulleres da Galiza.

Alén da peza do club Liverpool, poñedes o foco noutras pezas da Operación, nas que considerades que a Fiscalía procedeu dun xeito similar.
Na do Liverpool a labor da Fiscalía obrigou a que a peza fose arquivada. A propia xuíza elaborou un escrito de arquivo moi revelador co que está a acontecer. Sinala o que se considera delito, que non poderá ser xulgado pola inacción da Fiscalía. Coa peza do club Queens aconteceu algo similar. Na investigación deste club chegaron a estar imputadas dezaoito persoas. Estaban implicados axentes das forzas de seguridade do estado, policías e gardas civís, e empresarios. A Fiscalía deixa a todas estas persoas fora e só quedan catro persoas acusadas de delito, os proxenetas e donos de prostíbulos.

A explotación sexual non está moitas veces na axenda feminista coa relevancia coa que debería

Transcorreron máis de dez anos dende o estalido da Operación Carioca. Como informar á cidadanía que non coñece o caso do que aconteceu neste tempo?
As persoas que coñecen a operación manexan información moi desligada. Chéganlles só píldoras, e as tramas da Carioca son moi complexas. De feito a Operación Carioca, ou algunhas das persoas implicadas nela, relaciónase con outras tramas como a Operación Pokémon. A comunicación destes procesos simplifícaos.

Con esta vocación nace o documental Benvidos ao club, da artista Carmen P. Granxeiro en colaboración coa plataforma (gañadora no 2019 do Premio Especial Biznaga de Plata “Afirmando los Derechos de las Mujeres”).
Carmen fai un traballo de documentación moi interesante, a través de entrevistas e de información documental. O que busca é enlazar, fiar, que se entenda a Operación Carioca. As proxeccións superaron con moito as nosas expectativas, houbo unha acollida moi boa por parte da cidadanía e de distintos colectivos. Estamos nun momento social moi bo, no sentido de que a preocupación feminista está moi presente. Pero é certo que a explotación sexual non está moitas veces na axenda feminista coa relevancia coa que debería. Para nós é importante fortalecer este punto na axenda. Mais é certo que moitos colectivos desta liña solicitaron a proxección do documental.

Outra das vosas liñas de traballo foi solicitar á Xunta de Galicia e ao Concello de Lugo que comparezan como acusación popular en varias pezas da Operación Carioca. Como funciona este recurso?
En teoría debería ser a Fiscalía a defensora das vítimas, pero cando atopamos unha Fiscalía que, en vez de defender ás vítimas e atender ás súas realidades, protexe aos agresores e aos grupos de poder, solicitamos ás administracións que comparezan como acusación popular. O custe de presentarse como acusación popular nun xuízo a título individual é moi elevado. Sobre todo nunha operación como esta, que é moi complexa e requiriría un equipo completo de avogados. A Administración comparece en certos casos, como por exemplo os homicidios de mulleres, mais non o fan en casos como este. Por iso decidimos procurar o apoio da cidadanía.

En vez de presentar o caso como a rede mafiosa e proxeneta que é, a Fiscalía faina pasar por delitos puntuais
Na procura dese apoio fixestes distintas accións e puxestes en marcha unha campaña de sinaturas.
Nós procuramos mobilizar colectivos afíns e, por outra parte, sensibilizar á cidadanía. Hai traballos de acción directo, como o documental, e outros que levamos a cabo para crear impacto. Nese senso levamos a cabo a performance Agasallos de cortesía este nadal. Con ela quixemos facer referencia a un escrito da Fiscalía nunha das pezas, nas que establecía que os agasallos que facían os proxenetas a axentes das forzas de seguridade, como ceas, copas, ou servizos sexuais gratuítos segundo a propia xuíza do caso, son os propios que realizaría un empresario no noso marco cultura actual. Non se vía delito nese tipo de agasallos a persoas que ademais teñen o deber de perseguir precisamente estes delitos! Aproveitamos o decorado de Nadal, en forma de paquete de agasallo, metendo a mulleres dentro. Outra acción de impacto é a da carnicería Carioca. Coa carnicería queremos visibilizar como a Fiscalía despezou toda a causa en pezas pequenas, permitindo que prescribisen. Tamén facendo atender de forma parcelada unha operación complexa e interrelacionada. As carniceiras son as fiscais.

Unha reflexión tamén sobre o actual sistema xudicial.
As mulleres parece que desaparecen do panorama, semella que as vítimas desapareceron. Todo o proceso da resposta ás necesidades dos grupos de poder.

No proceso da Operación Carioca chegaron a identificarse en torno a catrocentas mulleres vítimas de trata. Sabedes cal é a súa situación na actualidade?
As súas circunstancias son moi diversas. Houbo mulleres que foron expulsadas, para que non puidesen testificar. Outras recibiron o tratamento de vítimas protexidas, levan unha vida máis ou menos normalizada. E outras continúan nas redes da prostitución.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Galicia
Corrupción en Galicia El caso Carioca a través de una migrante explotada sexualmente: indemnización mínima y complot policial
El guardia civil Armando se aliaba con proxenetas y abusaba sexualmente de mujeres prostituidas haciendo uso de su capacidad para regularizar su situación.
Caso Carioca
Caso Carioca O caso Carioca a través dunha migrante explotada sexualmente: indemnización mínima e complot policial
O garda civil Armando aliábase con proxenetas e abusaba sexualmente de mulleres prostituídas facendo uso da súa capacidade para regularizar a súa situación.
Caso Carioca
Caso Carioca Unha violación, cinco abusos a prostitutas e dez delitos dun garda civil rebáixanse a catro anos de cárcere
Un axente e tres proxenetas benefícianse, na peza principal do caso Carioca, de chegar coa Fiscalía a acordos de conformidade encubertos formalmente baixo a celebración dun xuízo completo que non se produciu.
PSOE
Crisis de Gobierno “El Gobierno está en la UCI”: los aliados de Sánchez afilan el discurso en clave electoral
A la espera de nuevas pruebas que puedan afectar directamente al presidente del Gobierno o algún indicio de financiación ilegal del PSOE, Podemos radicaliza su crítica al bipartidismo y Sumar habla de “un cambio de 180 grados”.
Alicante
Alacant Martín Villa y el expolicía Daniel Aroca irán a juicio por un asesinato político durante la transición
El exministro y empresario será investigado por crímenes contra la humanidad cometidos durante la dictadura franquista. Se trata del primer caso de estas características dirigido desde un juzgado español.
Baleares
Un modelo insostenible El rechazo a la turistificación se expande en Canarias, Baleares y Barcelona
Tras la masiva manifestación en las Islas Canarias del pasado mayo, Palma de Mallorca, Barcelona y San Sebastián salen este 15 de junio a la calle contra un modelo de turismo desmedido insostenible para el territorio y sus habitantes.
Consumo
David Sánchez “Shein está diseñado para crear adicción a través de patrones muy oscuros”
David Sánchez Carpio es director de la Federación de Consumidores y Usuarios (CECU), una de las organizaciones que han denunciado al gigante chino de venta de ropa por internet ante la Comisión Europea. “No hay que culpabilizar a los consumidores".
Opinión
Opinión Amor, alienación y nostalgia en la obra de Wong Kar Wai
El cine de Wong Kar Wai logró captar la avalancha de nostalgia que florecía en el capitalismo tardío frente a la desorientación y la enajenación de los propios sujetos sociales.

Últimas

Oriente Medio
Oriente Medio Decenas de muertos en una noche de sirenas y misiles cruzados entre Israel e Irán
Después del ataque israelí contra la infraestructura energética y militar iraní, cientos de misiles iraníes atraviesan el cielo israelí e impactan en Tel Aviv, Bat Yam, Tamra y Haifa.
Crónica
Justicia En la sala de un juicio a una madre protectora
Esta es una crónica de un juicio a una mujer que pidió medidas por sospechar de abusos sexuales a su hija en el domicilio paterno sin que ninguna institución moviera un dedo y, un mes después, cogió un vuelo a su país para intentar protegerla.
Editorial
Editorial Justicia irracional
Por acción o por omisión, las instituciones violentan a las mujeres. Se llama violencia institucional.
Relato
Relato Rendirse
A mi pesar me tocaba compartir mesa con aquellos documentos y, como estaba de los primeros (no lo habría imaginado al llegar), ya no conseguía quedar por encima, con lo que me gusta.
Portugal
Antifascismo Concentraciones en varias ciudades de Portugal en repulsa a la agresión a un actor por un grupo neonazi
Cientos de personas se concentran en distintas ciudades portuguesas en repulsa a la agresión al actor Adérito Lopes por parte de un grupo de neonazis el pasado 10 de junio.
Navarra
Navarra Denuncian la criminalización de menores y falta de recursos en Marcilla
Trabajadoras del COA de Marcilla denuncian criminalización de menores, falta de recursos y condiciones indignas, mientras el Gobierno de Navarra traslada a 23 menores y refuerza la seguridad tras el brote racista.

Recomendadas

Violencia machista
El Estado que revictimiza Violencia institucional: “Si lo hubiera sabido antes, no hubiera denunciado nunca”
Rocío ha sufrido violencia psicológica, física y sexual por parte de su expareja. Y también violencia institucional en todas las puertas de la red de recursos institucionales que ha ido atravesando.
Galicia
Galicia Activistas bloquean una planta de Altri en Portugal y avisan de que frenarán su expansión en Galicia
El grupo atrancó con cadenas y soldadura las entradas de la planta de Celbi en Leirosa, en la mayor acción directa hasta el momento contra la expansión de la multinacional papelera en territorio gallego: “O povo é quem para Altri”.
Rap
Los Chikos del Maíz “La música urbana está llena de fachas y votantes de Vox”
Tras un fin de gira accidentado, Toni y Nega dan una tregua indefinida a su proyecto con dos conciertos en Madrid. Horas antes de llenar la sala en la primera cita, visitan la redacción de El Salto.
Río Arriba
Río Arriba Luis González Reyes: “Vivimos en un mundo en el que la escasez es un elemento central”
Primera entrevista del programa Río Arriba en formato podcast y vídeo donde hablamos de las nuevas guerras neocoloniales por recursos en la era de Trump y Putin, de la escasez, del decrecimiento y el colapsismo.