Teatro
Curva España e os desafíos do teatro documental
A compañía de teatro Chévere convídanos na súa última produción a reflexionar sobre a verdade, a memoria e o humor.
Que distingue a verdade da mentira? Canta verdade cabe nunha lenda? Cantas mentiras nas “historias oficiais”?
A compañía de teatro Chévere leva activa máis de trinta anos e é declarada pola Rede de Teatros de España como “un dos proxectos escénicos máis sólidos da Galiza”. Os seus traballos distínguense por levar a escena discursos que confrontan a realidade política e social da península dende o humor, tamén por experimentar coa teatralidade e as formas de representación.
“Curva España” é a súa produción máis recente. Dirixida por Xron, con Patricia Lorenzo, Miguel de Lira, Lucía Estévez e Leticia T. Blanco. A estrea tivo lugar o pasado 26 de xullo nunha das grandes citas galegas coas artes escénicas: a Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia. A obra indaga a morte do enxeñeiro José Fernández España Vigil, responsábel da obra ferroviaria que uniría Ourense con Zamora. Un accidente automobilístico nunha curva moi pechada da estrada Verín-Ourense rematou coa súa vida no 1927. Ao parecer, o falecemento implicou que desmoronamento do proxecto ferroviario. A empresa construtora trazou outra ruta, moito máis convinte dende o punto de vista económico pero que, en consecuencia, deixou ao sur da provincia desconectado.
O proxecto ferroviario é un reflexo das iniciativas políticas que non brindaron as mesmas oportunidades a todas as rexións
“Curva España” establece unha analoxía entre a construción das liñas de ferro e a construción do Estado español. Un estado no que os intereses económicos primaron sobre os sociais, esquecendo a periferia e quedando absolutamente centralizado. O resultado do proxecto ferroviario é un reflexo das distintas iniciativas políticas que non brindaron, nin brindan, as mesmas oportunidades a todas as rexións do país. A curva onde morreu España Vigil é unha metáfora do incidente que causou a desviación nacional e do fallo estrutural nos plans de construción dunha nación.
Empregando gravacións e proxeccións en directo o elenco de “Curva España” xoga con temporalidades e escenarios distantes entre si, pero que axudan á reconstrución da historia e convidan á audiencia a indagar e sacar as súas conclusións sobre a verdadeira causa da morte de España.
A obra foi presentada pola compañía como unha produción de teatro documental, pois reúne testemuñas da veciñanza de Verín, de descendentes das persoas relacionadas directamente co suceso alén de documentos escritos sobre o tema. As testemuñas orais son proxectadas en varios momentos da obra. De maneira iustaposta, a poboación de Verín relata diferentes versións sobre a morte do enxeñeiro España, distantes da versión oficial. A pesar das diferenzas entre as testemuñas, pódese comprender porque o accidente automobilístico de hai cen anos converteuse en lenda.
Para a maioría das persoas testemuñadas, o accidente en realidade foi un homicidio. Debido ao contexto político, naquel entón as teorías nunca foron comentadas pola rúa, mais en cada casa murmurábanse as causas e sinalábanse culpábeis: os caciques que non querían que os traballadores de Verín tiveran a opción de marchar na procura dun emprego mellor.
O relato transfórmase nun símbolo da desconfianza cara os grupos de poder
O feito de que a lenda continúe viva e de que todas as testemuñas coincidan en culpábeis e causas fainos pensar na dimensión do relato, transformado nun símbolo da desconfianza cara os grupos de poder, nesa incógnita que cuestiona a verdade histórica. Pero, sobre todo, é a historia dunha curva que desviou a Verín do que puido ter sido se acadara a conexión por ferrocarril. Para o pobo de Verín é unha ferida que, a pesar dos anos, nunca chegou a cicatrizar.
Con este material audiovisual, Chévere propón un exercicio de memoria. Lévase a cabo unha recuperación do pasado e expóñense as testemuñas. Non obstante, que implicacións éticas pode ter a súa exposición para empregalas unicamente con fins estéticos?
Ante este dispositivo escénico cabe preguntarnos: Que podemos facer dende o presente? Como podemos dialogar co pasado? Máis aló de extraer as testemuñas e reproducilas, que podemos ofrecer ás persoas que testificaron? Como colaborar para reflexionar sobre o pasado e a súa relación co presente? Neste caso, é posíbel levar a cabo procesos de reparación?
Que podemos ofrecer ás persoas que testificaron?
A obra aliméntase de dispositivos de representación cos que o elenco xoga coa veracidade e a estrutura do propio teatro documental, ao personificarse como personaxes históricas, axentes da garda civil ou incluso teatralizando a súa propia identidade. Mais a columna vertebral do espectáculo é o humor, que atravesa cada unha das escenas. A comicidade en “Curva España” é particular, xa que adquire un toque fársico a través de sinalar e comentar sarcásticamente o modo particular- e moitas veces vergoñento- de facer política na península.
Queda claro que, ao ver representadas situacións ou discursos políticos que poderían ser censuradas- problemática mencionada na obra ao nomear artistas que remataron no cárcere por declaracións críticas contra o Estado- “Curva España” alixeira a carga da liberdade de expresión e funxe como válvula de escape que cataliza o descontento.
Non obstante, dito humor non termina por activarnos políticamente. Parecera que tralas risas, ao recoñecer escenarios nos que a xustiza, as políticas sociais e o funcionariado carecen de ética, responsabilidade ou mesmo intelixencia, o que emana é unha asumida resignación que pode chegar a traducirse en frases como “Éche o que hai” ou “Así son as cousas”. O perigoso disto é que nos desarma e exilia do campo de acción. “Curva España” propón unha analoxía perfecta para falar das consecuencias dun modo de facer política na que se prioriza o aforro e a ganancia de capital antes que o benestar social.
Dito humor non termina por activarnos políticamente
Valería a pena preguntarnos sobre este tipo de humor: Como pode activarnos? É suficiente? Que facemos coa realidade que recoñecemos no escenario porque a vivimos día a día? Hai que rir, sen dúbida, pero despois?
Mentres, “Curva España” representarase de novo o 28 de setembro ás 20:00 no auditorio de Verín. Xulguen vostedes mesmos.
Teatro
A porta que Conde Roa non puido pechar
Teatro
Roberto Pascual: "Queremos unha arte que volva confiar na capacidade da intelixencia"
Teatro
"Amólame moito ir ao teatro e que non me guste"
Relacionadas
Murcia
Extrema derecha
La Fiscalía de Murcia investigará si el presidente de Vox Murcia ha incurrido en delitos de odio
Opinión
Integración, valores europeos, y otros grandes chistes racistas
Opinión
Lo de Torre Pacheco tiene un nombre: terrorismo supremacista blanco
Comunidad de Madrid
Los bomberos forestales madrileños inician una huelga de un mes
Economía
¿Cómo funciona el mecanismo de defensa que Europa podría activar contra los aranceles de Trump?
El Salto n.79
La celulosa o la vida: periodismo situado y lucha social para frenar un ecocidio
Dependencia
El Gobierno reduce al 27% la inversión en el sistema de dependencia
Maternidad
La discriminación de las familias monoparentales por los permisos de nacimiento llega al TEDH
Fronteras
Las devoluciones en caliente de solicitantes de asilo pasan a ser política oficial en Alemania
Últimas
Comunidad El Salto
El Salto estrena nueva página: una web como una casa
Palestina
Israel despeja la zona de Rafah para su “ciudad humanitaria”, denunciada como un futuro campo de concentración
Alicante
Denuncian cortes de suministro en pleno verano por parte de Aguas de Alicante
Junta de Andalucía
La Audiencia de Sevilla eleva a la UE la sentencia absolutoria del Constitucional del caso ERE
Sindicatos
Extremadura con Las Seis de La Suiza
Opinión
Redes sociales
Todos vivimos ahora en el castillo del vampiro
Palestina
La coordinadora europea contra el antisemitismo dice que los informes sobre la hambruna en Gaza “son rumores”
Euskal Herria
“No matan los ríos, mares ni montañas, matan las políticas migratorias”
Palestina
Más de mil caras conocidas de la cultura exigen al Gobierno que cese la venta de armas a Israel
Recomendadas
Málaga
Málaga, el punto de inversión para los fondos israelíes a pie de playa
Feminismos
Patricia Reguero
“Mis relatos están escritos al lado de otras, arropada por la escucha de otras”
LGTBIAQ+
Mana Muscarsel
“La amistad da más juego para salir de la lógica de la familia porque tiene menos reglas"
Barcelona
El reciclaje invisible: la relación entre la chatarra y la ciudad de Barcelona
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!