Medio rural
Medio século de explotación: lucrar coa precariedade

A desigualdade de oportunidades económicas no rural é unha inxutiza a que se enfrontan as comunidades locais e que leva afectando a varias xeracións. Que mudou desde hai sesenta anos até hoxe?
26 feb 2021 21:51

Coto de Eira é o monte máis alto da miña parroquia e quizabes até do meu concello. Para chegar até o cume, saíndo da igrexa da parroquia, tes que facer unha andaina de case tres horas. Desde enriba, alcánzase  ver a ría de Vigo, a ponte de Rande e até as Illas Cíes saíndo, a máis de 40 quilómetros de distancia do mar. Hoxe, Coto de Eira é un afamado destino entre os sendeiristas, mais non sempre foi un espazo para o lecer. Ao contrario, era o lugar ao que se ía só a traballar.

Nalgún momento dos anos sesenta

Aínda non saíra o sol. O reloxo marcaba as cinco da mañá. Bea tomou un cunco con leite e un anaco de pan de millo. Tivo sorte de que esta vez o pan non estivese feito de amarga fariña de landras. Cando, desde á fiestra da cociña, viu que unha luz perforaba a escuridade, apurou o leite, colleu o atado, previamente enchido cunha botella de auga e un bocadillo de queixo, e o seu sacho.

Bea tiña doce ou trece anos e estaba afeita a ir traballar ao xornal. Porén, este traballo era particular pois non consistía en axudar nas leiras da familia nin nas dun veciño. Subía, acompañada dalgunha veciñanza, ao Coto de Eira para perforar a terra e plantar piñeiros. A política forestal franquista, que empezara en 1941, consistía repoboar o monte cun cultivo masivo de árbores pirófitas de crecemento rápido para obter o beneficio económico da materia prima.

Foi o Patrimonio Forestal do Estado (PFE) quen ignorou os dereitos das comunidades sobre os terreos comunais e, a través de consorcios, “desvirtuou” a súa condición de propietarias a favor dos consistorios municipais.

Os efectos das políticas chegaron á miña aldea e foron elas, escritas desde un remoto despacho, as que facían que Bea, aos seus doce anos, camiñara case tres horas monte arriba co sacho no ombreiro para cumprir a súa xornada de traballo.  

“Cando subíamos estaba escuro e tíñamos que levar lanternas. Á metade do camiño, aclaraba e entón gardábamos as lanternas debaixo dunha pedra. Pouco máis enriba, estaban unhas vigas grandes de metal que tíñamos que cargar até onde tocase traballar. Era con elas co que facíamos os buracos na terra para plantar os piñeiros”, conta Bea agora cos seus cabelos curtos e brancos.

Como se pode supoñer, enriba, xa no lugar do traballo, as condicións non eran as mellores e sempre había polo menos un capataz –ao que Bea se soe referir como “encargado”- vixiando á xente.

“A camiñada era igual de longa e pesada ca xornada de traballo. Aínda así, estaba prohibido comer e beber fóra da hora de xantar. Un día, estabamos facendo uns buracos cando eu dixen 'Ah, ben podería beber agora'. A veciña que estaba ao meu carón escoitoume e díxome´: 'Pois bebe un pouco, que trouxeches a túa botella. Malo será'. Entón, alí vou eu a onde estaban as cousas e toma demo! Cando estaba a coa botella nos beizos, escoito que a mesma veciña berra ao encargado: ‘Mira á xente que di que che ven a traballar e só ven a beber’. Xúroche que quedei de pedra. Ese día traballamos máis e a todos nos pagaron só media xornada. Así que o castigo tamén o levou ela”.

Así remata a historia Bea, sentada na cociña. A pesar de que recoñece o duro que era o traballo, as inxustizas e abusos de poder do capataz en quenda e a fraca remuneración económica que recibía, na súa voz non se escoita a indignación. “Era o que había”, dime sempre que lle fago preguntas guiadas pola miña inocente incredulidade.

Non é un caso particular. Toda a miña veciñanza de máis de sesenta enorgullecese de que traballou na precariedae. É como se o prolongado estado de pobreza –aderezado coas políticas franquistas de brainwashing- tiveran a forza de modificar a percepción da realidade ao grao de tomar por bo o pouco que dan. Fíxolles agradecer e coller con desesperación as migallas.

Velaí o segredo da implantación da política forestal: precarizar ao extremo á xente do rural para abaratar a man de obra.

Nas primeiras décadas do brillante século vinte e un

Unhas casas máis abaixo da de Bea, vive unha muller á que nunca vin descansar. Sempre que a atopo, está a levar as ovellas ao eido, sachar a terra, cortar madeira ou a estarricar o estrume nunha veiga... É das poucas persoas da aldea que vive do xornal e traballa tanto que aos seus corenta anos ten as complicacións físicas dunha persoa maior, cousa que curiosamente acrecenta a fascinación da veciñanza que a mira e a afaga cun sinxelo: “Que traballadora es”.

Mais a realidade é que, aínda que traballenaté desfalecer, o xornal non lle dá para vivir como lle gustaría. Por iso, as fins de semana traballa na cociña dun deses restaurantes familiares enormes ao carón das estradas.

A dona deste restaurante é unha familia oriúnda da nosa mesma aldea. Ademais do local en que traballa esta muller, nas vilas contiguas teñen múltiples sucursais e negocios polos que pasou moita veciñanza en condición de empregada. Sempre de paso, ninguén queda moito tempo porque pronto danse de conta  que non haberá contrato e que vas ganar pouco menos de catro euros por hora.

Unha veciña nova que chegou a traballar alí coa idea de que se encargaría só de facer os bocadillos, ao fin de servizo, descubriu que lle tocaba tamén cooperar na limpeza da cociña e do salón, tarefas que terminaban ás tres da mañá. Logo dun mes, puxeron a alguén máis na cociña e quedou como lavalouza. Ela mesma contoume que as veces alongaban tanto os servizo entre quendas que non lles daban tempo de xantar e que unha vez no inverno non había auga quente e tivo que lavar por máis dun mes a louza con auga xeada. Ela traballaba alí porque non atopaba traballo nos redores da vila porque, ademais, non tiña un medio de transporte privado co cal baixar á cidade na procura dunha mellor opción. Así que cando un veciño, parte da familia dona do restaurante,  ofreceulle o traballo, non dubidou en aceptalo.

Agora, despois de que ao restaurante lle caera unha inspección de traballo, fixéronlles a todas as empregadas (porque na cociña todas son mulleres) contratos por dúas horas. As horas restantes da xornada páganlles sen xustificar.

Mais, como mencionara a miña veciña, a opción de saír e atopar outro traballo no rural non é tan doada. Non hai moitas máis opcións laborais que se compaxinen coa vida no campo. O restaurante representa, despois de todo, un ingreso “constante” que lles dá respiro, por exemplo, ás nais solteiras cando se atopan en complicacións económicas. “É o que hai”, “É mellor que nada”, “Sempre está ben ganar algo extra para completar”, comenta calquera que traballa unha tempada no restaurante, antes de que se volva física e mentalmente insostible.

A primeira muller é a única que leva anos traballando nesa cociña. Conta a xente que traballa de máis. Hoxe, os donos considérana case parte da familia e, aínda que o seu contrato tampouco reflicte as case 20 horas que realmente traballa, paganlle un pouco mellor que ás demais. Ela nunca comentan nada ao respecto. Ninguén lle escoitou queixarse. Non sei se agradeza, mais cala ao recibir o mínimo. 

***

Máis de medio século separa a época en que Bea ía a Coto de Eira a traballar desta na que a muller va ao restaurante familiar. Aproximadamente 55 anos. Morreu Franco, pasou a transición, o Estado español foi nomeado primeiro mundo, instauráronse institucións para procurar o desenvolvemento do medio rural... mais, canto mudou a situación? Que se fixo politicamente en 55 anos? Onde está o impacto do Estado de Benestar na vida das miñas veciñas? En que lles favoreceu exactamente?

Como pano de fondo, fica inerte Cote de Eira: a testemuña que parecese que, ao presenciar por décadas a explotación da que ten sido obxecto a poboación nas súas faldras, foi castigado coa mesma moeda. Hoxe o monte tamén é ameazado pola explotación. As empresas mineiras ven o monte igual que os donos ven ás traballadoras rurais: como algo vulnerable do que se poden aproveitar e aínda saír dicindo: “fixemos ben, sacamos recursos; creamos traballo”.

Sobre este blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Memoria histórica
Andalucía Excavar la historia que no cesa, el trabajo invisible de las exhumaciones de fosas del franquismo
Bajo la tierra, donde el franquismo quiso borrar nombres y duelos, jóvenes arqueólogos y antropólogos desentierran no solo restos, sino la memoria viva de un país.
Economía social y solidaria
Historia Lo que Franco arrebató al cooperativismo y a la economía social y solidaria
La dictadura franquista combatió de forma cruel el movimiento cooperativo fraguado en la II República, y durante la propia guerra con las denominadas colectividades, y pervirtió la idea de autogestión a través de los ideales falangistas.
Santiago de Compostela
Santiago de Compostela El Supremo obliga a los Franco a devolver las dos estatuas del Pórtico de la Gloria
El alto tribunal condena a los demandados a la restitución de dos esculturas románicas trasladadas por la familia del dictador al Pazo de Meirás.
Sobre este blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas las entradas
Francia
Francia ¿Unas primarias de la izquierda francesa? La idea seduce a socialistas y verdes pero Mélenchon la rechaza
El PS, los Ecologistas y sectores disidentes de la Francia Insumisa defienden recuperar el espíritu de la coalición unitaria del Frente Popular y presentar a un solo candidato en las elecciones presidenciales de 2027.
Extrema derecha
Extrema derecha Estados Unidos declara la guerra contra los pobres con la ley “grande y bella” de Trump
VV.AA.
La norma presupuestaria, que contempla más de un centenar de disposiciones, convierte a ICE en el cuerpo de seguridad del Estado más financiado y es un cheque en blanco para las grandes contaminantes.
Fútbol
Fútbol El equipo de fútbol femenino decidido a construir un nuevo Sudán desde el exilio
Un equipo de fútbol de desplazadas sudanesas en El Cairo lucha por continuar con el sueño de jugar. En el exilio, continúan entrenando.
Obituario
Obituario Jane Lazarre (1943-2025)
La escritora neoyorquina, autora de ‘El nudo materno’, falleció el pasado mes de junio. Su obra conectó enseguida con entorno feministas por ofrecer un relato de la experiencia materna más allá de las estrechas paredes del hogar
La vida y ya
La vida y ya Calma
Pienso en la cotidianidad en una ciudad grande. En la ausencia de calma que cubre casi todos los espacios.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Una “victoria moral” da alas a la Plataforma STOP Planta de Biogás en Colmenar y Tres Cantos
La aprobación en el último pleno de una moción para revertir la declaración de utilidad pública del proyecto infunde ánimos a la plataforma, que ya ha denunciado el procedimiento ante los tribunales.
Notas a pie de página
Notas a pie de página ¡Parecían tan buenos!
La desaparición de niñas y niños de las calles tuvo lugar a la vez que se construía un relato idílico sobre la infancia. En ‘República luminosa’, Andrés Barba retrata su vuelta como grupo inquietante.

Últimas

Laboral
Laboral Yolanda Díaz asegura que el Gobierno tramitará el indulto a las Seis de la Suiza
La ministra de Trabajo reconoce sentirse “escandalizada” tras la reunión con las sindicalistas condenadas y asegura que no va a “aceptar retrocesos” en los derechos laborales
Palestina
Palestina Albanese presenta su informe ante la ONU: “Gaza es el escenario de un crimen”
El Consejo de Derechos Humanos atiende al reporte sobre el lucro de empresas y bancos en el actual genocidio de Gaza. The Guardian califica de “posible crimen de guerra” el ataque contra una cafetería en la que murieron 39 personas.
Más noticias
Opinión
Opinión Sirat y las zonas temporalmente autónomas
En la película de Olivier Laxe prevalece el relato sobre la deserción del mundo que una mirada a la propia creación de la comunidad que surge en torno a las raves.
Política
Política Feijóo radicaliza al Partido Popular en medio del terremoto Cerdán con la vista puesta en las elecciones
Miguel Tellado será el nuevo secretario general del partido. Un movimiento con el que Feijóo consigue el control casi absoluto del PP y le come espacio del discurso ultra a Vox, pero que lo aleja de eventuales pactos con PNV y Junts.
Galicia
Galicia Galicia elige el rumbo de la lucha contra Altri en las elecciones a la directiva de la plataforma Ulloa Viva
Vecinos y vecinas de la comarca más afectada presentan dos listas separadas tras no llegar a una propuesta de consenso. Por un lado concurre una candidatura continuista y, por el otro, una alternativa que se acerca más al nacionalismo institucional.

Recomendadas

Laboral
Laboral Reivindicar los derechos laborales en microempresas, el reto de los sindicatos
Nuevas estrategias hacen frente a realidades como las de los falsos autónomos o los puestos en remoto, mientras el PP quiere restringir aún más los comités de empresa.
En el margen
En el margen Aisetou Kajakeh: “Nosotras no estamos rompiendo techos de cristal, sino sorteando muros”
Esta socióloga española asegura que las asociaciones gambianas en España mantienen un vínculo directo con el lugar de origen, lo que hace que nunca pierdan la conexión con las raíces.
Salud mental
Laura Martín López-Andrade “La psiquiatría es una profesión potencialmente muy peligrosa”
La psiquiatra granadina defiende desde Málaga otro tipo de psiquiatría que huye de los diagnósticos y de la jerarquía y cambia la palabra tratamiento por acompañamiento.