Opinión
‘Réxime’, unha serie para adelgazar prexuízos comendo
.jpg?v=63926706750 2000w)
Cada persoa convidada ten o seu prato favorito fronte a ela sobre a mesa na que a van entrevistar. Un prato de filloas, unha pata de polbo, un éclair, un chuletón de vaca, un prato de pasta carbonara. Os gustos, como os corpos, son diversos. Ese é o subtexto da escenografía de Réxime, unha singular serie documental que acaba de ser estreada pola Televisión de Galicia e que aborda, en tres episodios, cuestións tan contemporáneas e á vez tan fóra do foco mediático como as trastornos da conduta alimentaria, o desexo, o concepto de éxito, a relación entre corpo e saúde e por suposto a gordofobia.
O proxecto, composto por tres episodios de seis minutos, aposta por un formato breve, dinámico e cunha estética cercana ao videoclip, pensado para un público novo habituado ao consumo dixital á carta e, á vez, exposto máis ca ninguén á violencia social sobre os corpos. A plataforma dixital da televisión pública, AGalega, incorporou este mércores ao seu catálogo a serie, unha creación de CRU Producións, dirixida e escrita por Bea Saiáns.
As voces que fían o relato son diversas e todas achegan unha visión propia neste percorrido híbrido entre a cociña e a conversa. Cada episodio xira en torno ao prato favorito da persoa convidada, preparado pola cociñeira Raquel Ogando, que se converte no punto de partida da conversa.
Comendo, pero sobre todo reflexionando atópanse a campioa mundial de halterofilia Irene Blanco; a exximnasta Aroa Davila; a escritora e crítica de arte María Von Touceda; a poeta e activista Andrea Nunes Brión; a escritora Adri Guede; o artista musical Kaixo; o sociólogo e activista queer Daniel Amarelo; a psicóloga especialista en TCA Lucía Trigo; e a nutricionista Lidia Folgar, entre outras.
Con banda sonora orixinal de High Paw, a serie adéntrase na presión estética e as súas consecuencias en mente e corpo, pero desde un ton accesible, creativo e visualmente atractivo. Tal e como explica a súa directora, Bea Saiáns: “Intérésanos falar do corpo porque o corpo nunca mente. Pero nós si mentimos: para encaixar, para sentir control ou por vergoña. Por que ten máis estatus Elsa Pataky que Yola Berrocal, se ambas teñen o mesmo número de operacións? Porque unhas son invisibles, un segredo, e as outras non. Porque deixan entrever o réxime”.
Con esta proposta, Réxime convida a reflexionar, desde a mesa e cun prato por diante, sobre como a sociedade regula os corpos e como se pode resistir eses “réximes” impostos.
Feminismos
Gordofobia, una cuestión de género
Relacionadas
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!