Vigo
Milleiros de persoas saen á rúa en Vigo na primeira das catro mobilizacións galegas pola vivenda
Varios milleiros de persoas percorreron as rúas da cidade de Vigo para reclamar medidas “reais e inmediatas” que limiten dunha vez por todas o mercado da vivenda: “A emerxencia habitacional atravésanos cada vez a máis persoas. Mozas e mozos, maiores e en moitas circunstancias vitais diferentes”, explica unha moza a O Salto, entre berros de “fóra rentistas dos nosos barrios”. Aínda que a punta de lanza foi o Sindicato de Inquilinas, a plataforma Alianza pola Vivenda, que aúna case a unha vintena de organizacións locais, foi o paraugas social que a arroupou.
A de Vigo foi a primeira das catro mobilizacións que haberá esta fin de semana en Galiza. As outras serán este sábado, 6 de xuño, en outras tres cidades. En Santiago de Compostela, a mobilización partirá ás 12h desde a Alameda. Á mesma hora celebrarase unha manifestación na Coruña, convocada pola Plataforma polo Dereito á Vivenda, que arrancará na praza de Ourense, fronte á Delegación do Goberno.
O nutrido grupo de activistas sinalou que os prezos desorbitados dos alugueiros son a principal causa do “empobrecemento da clase traballadora e unha barreira para acceder a unha vivenda”. Pero non só iso. Tamén sinalaron a falta de oferta de vivenda habitual, “fronte ás máis de 21.000 vivendas baleiras e o crecemento exponencial das vivendas de uso turístico que xa alcanzaron as máis de 2.200 ofertas reguladas (ao que hai que engadirlle as ilegais)”. “Isto é unha fórmula ultra especulativa que non só reduce a oferta e contribúe a aumentar o prezo, senón que tamén expulsa a veciñanza dos seus barrios”, denunciaron.
A plataforma Alianza pola Vivenda está composta por Amnistía Internacional, Árbore, Asociación Veciñal de Teis, CIG, Ecoloxistas Galiza Atlántica e Verde, Ecoloxistas en Acción, Emaús, Espazo Aberto Antimilitar, Foro Socioeducativo As Ninguéns, Movemento Galego pola Defensa das Pensións e os Servizos Públicos (Modepen), Oficina de Valores Non Inventariables, Plataforma Galega Vivenda Xa!, Sindicato Estudantil Fervenza, Sindicato de Inquilinas Vigo e Verdegaia.
Derecho a la vivienda
Unha vivenda en alugueiro por cada dez pisos turísticos: Galiza asómase ao abismo da xentrificación
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!