A Xunta encarga un mapa de zonas inundables por 266.436 euros seis días despois da catástrofe en València

O Goberno de Alfonso Rueda encarga no medio do desastre da dina unha actualización da cartografía da demarcación Galiza Costa a pesar de que existen modelos a 500 anos vista.
Alfonso Rueda 112
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, esta madrugada durante o envío de servizos do 112 Galicia a València.
4 nov 2024 11:51

A Xunta de Galiza, gobernada polo PP de Alfonso Rueda, encargou este luns un mapa de zonas inundables na costa galega por 266.436 euros. Isto é, seis días despois do inicio da dina que arrasou amplas zonas de València e Castela-A Mancha e que, aínda este luns, segue mantendo poboacións illadas e sen apenas servizos. O Goberno galego, a través da entidade pública empresarial Augas de Galiza sacou un contrato para crear unha actualización da cartografía das zonas con potencial de ser asolagadas na demarcación Galiza Costa.

O anuncio do concurso foi publicado este mesmo luns no portal de Contratos Públicos de Galiza cunha ampla documentación na que o organismo dirixido por Roi Fernández Añón leva meses traballando, pero que decidiu facer pública cando o debate sobre as construcións en zonas inundables está no foco mediático. Ademais, o propio Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico de Teresa Ribeira ten xa unha cartografía baseada en predicións de modelos matemáticos que afinan eses trazados até a 500 anos vista.

A escenificación política do presidente galego foise armando durante esta fin de semana. A pasada madrugada, Alfonso Rueda e o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitaron a sede da Axencia Galega de Emerxencias (Axega) na Estrada e a da Policía Autonómica en Santiago de Compostela para fotografarse cos e as profesionais que partiron desde Galiza cara a València xunto a medios materiais como camións ou bombas de auga.

València
¿Qué hacer si quieres ayudar a las víctimas de la dana desde València?
El tejido social valenciano crea varias iniciativas vecinales para hacer más eficiente y canalizar la solidaridad colectiva.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...