CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
A TVG leva como convidada a Esperanza Aguirre en plena crise polo seu afundimento en audiencia
Primeiro foi Bertín Osborne, logo o toureiro Jesulín de Ubrique e agora a expresidenta da Comunidade de Madrid, Esperanza Aguirre. En plena crise histórica pola súa estrepitosa caída en audiencia, a Televisión de Galiza decidiu levar como convidada ao seu programa A miña gran cidade á que foi máxima baronesa do Partido Popular no Estado español.
O programa no que Esperanza Aguirre sairá de paseo por Galiza está elaborado por Producciones Celta SL, unha empresa audiovisual propiedade do Grupo Prensa Ibérica, que tamén ten no seu haber as cabeceiras Faro de Vigo, La Opinión de A Coruña e El Correo Gallego. A Aguirre acompañaraa na súa amable andaina desta segunda feira 12 de xaneiro pola noite a icónica presentadora galega Silvia Jato.
Nos anuncios publicados nas redes sociais do ente público, a expresidenta da Comunidade de Madrid e outros interlocutores bromean sobre a confusión de 'polbo' con 'polvo', na súa acepción sexual.
A nova colaboración doutro dos personaxes do star-system da dereita española na TVG chega apenas doce días despois de coñecerse os datos finais de audiencia media anual de 2025: un 8,4% de cota de pantalla, os peores da súa historia.
Ademais, este ano tamén pasará á historia de Galiza por ser aquel no que o Partido Popular executou a súa maior manobra para facerse co control total da TVG e da Radio Galega. Os de Alfonso Rueda aprobaron en solitario no Parlamento a nova lei de medios que outorga ao Goberno galego a capacidade de elixir á directora da cadea sen maioría cualificada, elimina a fiscalización de contidos por profesionais e abre a porta ao castelán.
De feito, no verán, douse a coñecer que a xornalista Concepción Pombo, coñecida entre os seus traballadores por ter fiscalizado “con man militar” os informativos substituiría, co único aval do Partido Popular, a Alfonso Sánchez Izquierdo, o anterior director.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
A TVG aumenta a 2,1 millóns o orzamento do programa que coroou mediaticamente a Feijóo
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!