Aula de colegio

Ecologismo
Escolas sen wi-fi, un dereito dos nosos nenos e nenas

Ecoloxistas en Acción promove que a conectividade nos centros educativos se realice sen emisións electromagnéticas.

Coordinador do Instituto Resiliencia

15 oct 2021 06:22

É algo coñecido que, despois de anos de loita social, se conseguiron aprobar en diversos países normativas de rango xeralmente local que obrigan a afastar as torres da telefonía móbil dos centros educativos. O obxectivo era reducir as radiacións electromagnéticas ás que se vía sometido acotío o alumnado, xa que existen razoables dúbidas acerca da súa alegada inocuidade, soportadas por numerosos estudos científicos (incluso parte deles financiados pola propia industria das telecomunicacións) e desde o ano 2011 especialmente pola clasificación destas como potencialmente canceríxenas pola Organización Mundial da Saúde tras un exhaustivo estudo que se prolongou durante unha década. Mesmo cun debate aínda aberto na comunidade científica internacional acerca dos efectos non térmicos das radiacións non ionizantes sobre os seres vivos, moitas administracións públicas optaron no caso das persoas en idade escolar por aplicar o principio de precaución, como no seu día fixera o Informe Stewart encargado polo goberno británico e que recomendaba que os menores de 16 anos non utilizasen telefonía móbil máis ca en casos de emerxencia pola maior vulnerabilidade dos seus cerebros en desenvolvemento. Cómpre lembrar que a aplicación deste principio resulta fundamental para a protección da saúde das poboacións, e así o salientaba o repaso histórico Lecciones tardías de alertas tempranas: el principio de cautela, 1896-2000 da Axencia Europea do Medio Ambiente. E é precisamente cando non existe aínda unha evidencia científica totalmente concluínte, senón dúbidas razoables sobre un risco posible ou probable, cando cómpre aplicar dito principio, tal como demostra o devandito informe da AEM a partir de casos históricos tristemente famosos coma os do DDT, o tabaco ou o chumbo na gasolina, nos que tamén existiron dúbidas e debate científico durante moitos anos acerca dos posibles prexuízos para a saúde e enormes presións das industrias atinxidas para evitar a regulación precautoria.

Así e todo, as rapazas e rapaces que asisten na actualidade aos nosos centros escolares, de Primaria ou de Secundaria, están sendo de novo sometidos a unha radiación do mesmo tipo, no rango de frecuencia das microondas, de maneira moito máis silenciada, e nesta ocasión non é debido á decisión de empresas privadas de telefonía alleas ás autoridades educativas senón que é responsabilidade das propias consellarías de Educación e das direccións dos centros que deciden meter estas radiacións nas aulas ao dotaren os colexios e institutos de conexión a Internet mediante o sistema sen fíos wi-fi. Así, en máis de 500 centros galegos contan xa con routers que funcionan con este tipo de tecnoloxía, emitindo permanentemente e recibindo de dispositivos coma os ordenadores do proxecto Abalar/E-Dixgal (que son unha fonte de emisión máis preocupante cós propios routers, sobre todo ao se sumaren varios en cada aula), un proxecto ao que cada curso máis e máis centros se están a adscribir, en ocasións simplemente motivados pola falta de recursos informáticos para o alumnado nos centros, xa que este servizo lles ofrece un ordenador portátil por cada alumno e alumna. Atraídos pola posibilidade de dispoñeren de máis equipamento informático, solicitan a entrada nun servizo que obriga, sen dar cabida a outra opción, a conectar nunha WLAN todo o centro, o cal implica irradiar con microondas (de frecuencia dual a 2,5 e 5 GHz) todo o seu alumnado, mesmo aquel que por ser dos primeiros cursos de Primaria non fai uso destes equipamentos.

Máis de cincuenta mil escolares galegos vense sometidos a radiacións de microondas nas súas aulas

O descoñecemento dos equipos directivos, a neglixencia das autoridades educativas e a pasividade das sanitarias, unidos á desinformación dunhas familias ás que nin tan sequera se lles consulta algo que afecta en primeiro lugar ao tipo de educación que reciben os seus fillos, sen estudos rigorosos que apoien a conveniencia pedagóxica (de feito hainos que apuntan en sentido contrario) ou sustentabilidade ecolóxica desta dixitalización imposta. Mais estes como mínimo 55.000 alumnos galegos tamén se ven ameazados na súa saúde, mediante prexuízos para os seus ollos, posibles problemas ergonómicos e un incremento non só do tempo diario de pantalla (lembremos que a Pediatría recomenda poñer límites ao uso de dispositivos electrónicos na infancia), senón tamén da radiación á que se vén sometidos de maneira inadvertida. Aínda que os niveis de emisión dun portátil a 50 cm descargando un arquivo por wi-fi poden ser máis do duplo cás procedentes dunha antena de telefonía móbil situada a 100 m, non se está a realizar o máis mínimo control de se os V/m2 ou os μW/cm2 nas aulas nestes centros participantes no proxecto Abalar superan os límites recomendados pola Unión Europea, polo Consello de Europa e por outros organismos e conferencias científicas internacionais, desprezando o principio ALARA (tan baixo como sexa razoable acadar), aplicado na prevención de moitos outros riscos, e violando a convención das Nacións Unidas sobre os dereitos da infancia, así como o artigo 43 da Constitución Española que estabelece o deber dos poderes públicos de protexer a saúde da cidadanía.

Aula vacía

Cómpre neste punto lembrar que as únicas normativas de protección vixentes na nosa lexislación foron determinadas por un organismo privado, o ICNIRP, e só fan referencia aos efectos térmicos a curto prazo das microondas, pero non se estabelece ningunha protección tendo en conta os efectos non térmicos a longo prazo, que foron sinalados repetidamente en numerosos papers publicados durante as últimas décadas como potenciais causantes de diversos tipos de problemas de saúde, desde alteracións neurolóxicas até o incremento do risco de padecer certos tipos de cancro, así como efectos daniños sobre outros animais e sobre as plantas. Isto levou a varios países a rebaixar os límites de exposición permitidos con respecto aos indicados por esta entidade.

A obriga de conectar as escolas e os institutos galegos a Internet mediante wi-fi viola o principio de precaución e o dereito á saúde

Mentres que os profesionais das TIC en Silicon Valley optan por levar os seus fillos e fillas a escolas sen TICs, e países coma Francia, China ou, sobre todo, Rusia regulan moi estritamente o seu uso guiados polas recomendacións científicas e médicas, aos nosos fillos o goberno da Xunta de Galicia métellelas de maneira forzada nas aulas e desbotando a opción dunhas conexións inocuas a Internet (por cable) sen tan sequera promover un debate social ao respecto nin escoitar o que a propia ciencia feita no país está a descubrir. Así non é de estrañar que o veterano enxeñeiro técnico en telecomunicacións e recoñecido activista ecoloxista Pedro Costa Morata fale de que “o espellismo tecnolóxico induce regresións democráticas”, denunciando con moita dureza o sometemento do poder estatal, ao que acusa de “lacaio” dos intereses do lobby das telecomunicacións.

Por este motivo, a principal organización ecosocial española, Ecoloxistas en Acción, presentou este pasado verán unha campaña denominada “Escolas saudables - Internet só por cable”, que se vai sumar, cando se despregue o vindeiro mes de novembro, á pioneira “Escolas sen wifi”, posta en funcionamento en anos anteriores xunto a entidades coma a Fundación Vivo Sano, e que actualmente evolucionaron para se enmarcar dentro do concepto máis amplo de saúde ambiental na escola, onde se abordan outras ameazas escolares á saúde da nosa rapazada coma a presenza de amianto, perturbadores endócrinos e outros contaminantes. Se nos preocupamos porque o colexio manteña unha hixiene correcta nas aulas, nos baños, nos comedores... parece lóxico facer o propio coa “hixiene electromagnética”. Mais cando asinamos o papel no que aceptamos a responsabilidade económica polos posibles danos que a nosa filla ou fillo produza no ordenador que o proxecto Abalar lle presta, parece lóxico pensar que deberían incluír outro no que autorizamos ao colexio a os someter a un posible carcinóxeno incluído pola OMS nas súas listaxes oficiais, e sinalado por estudos científicos como causante de dano ao ADN e outras graves perturbacións biolóxicas, como suxire a doutora Erica Mallery-Blythe. Así as cousas, mentres as administracións non tomen cartas no asunto, vainos tocar ás asociacións de nais e pais, así como ao persoal docente estar na primeira liña da fronte para protexer os rapaces. De aí a vital importancia deste tipo de campañas de información e acción, que a Resolución 1.815 do Consello de Europa xa demandara no ano 2011 aos propios gobernos, especificando como destinatarios delas os propios nenos, as familias e os docentes. A campaña “Non me irradies! Aprende a protexerme”, realizada a partir de 2019 polo goberno chipriota, podería ser un bo exemplo de como atender esta demanda desde as institucións públicas.

A campaña “Escolas saudables” pretende substituír as conexións wi-fi por inocuas conexións con cable e promover un uso sobrio, sustentable e san das TIC

Estas campañas non se opoñen, loxicamente, a que as nosas escolas dispoñan de conexión a Internet, nin ao uso desta rede por parte do alumnado, senón que esixen que esta conexión se faga dunha maneira racional e saudable, e non innecesariamente arriscada. A maneira de facelo é moi sinxela: evitar as conexións sen cables, pois todas as conexións de tipo bluetooth, wi-fi, wi-max ou de telefonía móbil (sexa 4G ou 5G) se fan utilizando radiacións electromagnéticas no rango das microondas, sobre as que hai fundadas sospeitas de que producen dano sobre a saúde, e ás que nenos e nenas serían máis susceptibles por diversos motivos fisiolóxicos e biolóxicos. Dispoñer dos ordenadores nunha aula específica ou conectar todas as aulas mediante unha rede de cables, como se fixo tradicionalmente en oficinas ou edificios públicos de todo tipo, é a opción máis segura desde o punto de visto telemático, máis eficiente e que fornece habitualmente máis velocidade de conexión e, claramente, tamén unha meirande protección da saúde. Poida que non resulte nunha primeira ollada tan cómodo coma conectarse sen cables, mais debería resultar obvio que paga máis a pena adaptar aulas, tempos e metodoloxías a unha conexión segura e con cables ca sacrificar a saúde dos nosos nenos e nenas por comodidade.

A penetración incuestionada da wi-fi nas escolas públicas semella apoiarse non só nunha acrítica fe hexemónica nun imparable futuro dixital moi dubidosamene compatible coa recuperación do noso equilibrio coa biosfera, o cal esixe apostar pola chamada sobriedade dixital, dentro da cal tamén se adscribe expresamente a campaña ”Escolas saudables“. Tamén se beneficia do escaso cuestionamento das telecomunicacións radioeléctricas entre as propias familias, pois son moi numerosas as que teñen este tipo de dispositivos nas súas casas, e mesmo as que, contra todas as recomendación médicas, facilitan o uso de teléfonos móbiles (ou tablets conectadas mediante microondas) aos nenos e nenas desde idades moi temperás. Como ten exposto o recoñecido científico ruso Yuri Grigoriev, isto sitúa ”por vez primeira na historia de civilización“ os nenos coma o grupo principal de risco perante unha ameaza á saúde que ten escala global.

Mais é precisamente a ubicuidade deste risco fóra do ámbito escolar a que fai aínda máis importante evitar unha exposición adicional nos centros de ensino, onde as persoas pasamos boa parte da nosa infancia e adolescencia, sumando máis de 10.000 horas ao remate da nosa etapa escolar. Isto é, as escolas deben ser refuxio contra a radiación e outros tipos de contaminación, e non un foco máis, como xa se lograra facer coas ordenanzas contra a instalación de telefonía móbil e de industrias perigosas ou contaminantes na veciñanza dos centros educativos, ou cos plans para a retirada do perigoso amianto aínda presente en moitos centros. Agora toca esixirmos prudencia, coherencia e responsabilidade ás administracións, e campañas coma a de Ecoloxistas en Acción van ser dunha enorme axuda para familias e persoal educativo no noso obxectivo compartido de manter a salubridade das nosas escolas.

Archivado en: Salud Energía Ecologismo
Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Opinión
Guggenheim Urdaibai Respuesta al Agirre Center: no participaremos en este juego con cartas marcadas
VV.AA.
El “proceso de escucha” se invalida a sí mismo al existir un plan ya elaborado y no publicado “de expansión discontinua del Guggenheim de Bilbao en Urdaibai”.
Opinión
Space X Los viajes al espacio y el efecto Katy Perry
El 2024 fue el año más caliente desde que hay registros, mientras que Katy Perry y un puñado de millonarias nos deleitaron con su viaje espacial cortesía de Jeff Bezos.
Opinión
Opinión La coherencia de las políticas de Trump
No se pueden entender los aranceles de Trump sin su lucha por el control de los recursos minerales, sin Groenlandia, Ucrania o la República Democrática de Congo.
Sobre este blog
O Centro de Saberes para a Sustentabilidade (CSS) é un Regional Centre of Expertise on Education for Sustainable Development recoñecido oficialmente pola Universidade das Nacións Unidas. Ten como misión fundacional “informar, sensibilizar e implicar a comunidade educativa e a sociedade no seu conxunto na promoción da transformación social necesaria para o cumprimento dos Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable a través de experiencias cos pés na terra que fomenten a conservación, a sustentabilidade, a protección ambiental e a resiliencia“. O goberno do CSS é horizontal e democrático a través dun Consello Reitor formado por representantes de todos os axentes participantes. Máis información: http://www.saberes.eu
Ver todas las entradas
Energía
Gran apagón Apagones, energías renovables y estabilidad del sistema eléctrico: tareas pendientes y visos de futuro
Es posible avanzar en la penetración de las renovables, al menos hasta cierto punto, sin perder seguridad en el sistema energético. Este debe modernizarse, descentralizarse y estar planificado por el Estado, opina un experto.
Ley Trans
Ley trans El Constitucional enfrenta el recurso del PP a la ley trans, los colectivos piden evitar la senda antiderechos
El Alto Tribunal deliberó por primera vez sobre este recurso sin llegar aún a ninguna decisión. Plataforma Trans pide que no se sume a la carrera de odio contra las personas trans y avale la norma.
Laboral
1º de Mayo Inmigración y sindicatos: derechos universales o derrota colectiva
Los líderes sindicales no pueden ofrecer soluciones realistas para la situación de las personas migrantes, porque parecen asumir la vieja tesis de que la inmigración perjudica a la clase trabajadora en su conjunto.
Eléctricas
Oligopolio eléctrico Sánchez no admite responsabilidades en el apagón mientras sus socios piden nacionalizar la red eléctrica
El presidente del Gobierno señala a los “operadores privados”, entre ellos Red Eléctrica, cuyos últimos dos presidentes vienen del PSOE y cuyo principal accionista es el Estado, con el 20%, seguido por el 5% de Amancio Ortega.
Cómic
Fabien Toulmé “Hablar de trabajo es menos sexy que hablar de amor o de guerra”
En su libro ‘Trabajar y vivir’, el autor francés recorre distintas realidades reflejando cómo las personas se relacionan con ese mandato ineludible de hacerse con un empleo para sostenerse económicamente.
Antimilitarismo
Rearme El gasto militar mundial se dispara
El gasto militar en el planeta aumentó en 2024 un 9,4% respecto a 2023, lo que supone el mayor incremento interanual desde la Guerra Fría.
Eléctricas
Sistémica eléctrico Del lobby nuclear a la burbuja de las renovables: comienza la pugna por encontrar al culpable del apagón
Un crecimiento desmedido de las renovables guiado por intereses corporativos y una red eléctrica que no ha sido actualizada a la nueva realidad energética son algunas de las causas señaladas del apagón del 28 de abril.

Últimas

Pobreza energética
Energía Apagón crónico: lugares donde no volverá la luz, a pesar de la restauración del sistema eléctrico
Miles de personas en el Estado español viven día a día apagones y falta de suministro en lugares como Cañada Real (Madrid), la Zona Norte de la ciudad de Granada o los asentamientos de jornaleras y jornaleros migrantes en Huelva y Almería
València
València El tejido social presenta su propuesta de reconstrucción tras la dana
Los Comités Locales de Emergencia y Reconstrucción y las asociaciones de víctimas definen los presupuestos de Mazón y Vox como una declaración de guerra.
Galicia
Galicia La Xunta aprobó la celulosa de Altri argumentando que su chimenea de 75 metros sería “icónica”
El Informe de Patrimonio Cultural, favorable a la multinacional, se emitió en base a dos encargos externos, contratados y pagados por la empresa al ex presidente y al actual tesorero de Icomos-España.
Opinión
Opinión Provoquemos la próxima interrupción
Lo que nos resta es gobernar el apagón que habrá de venir, ser la causa colectiva de las próximas interrupciones, aquellas que lleven al fin de este mundo desbocado y sin sentido.
Más noticias
Energía
Energía El gran apagón de abril | El suministro de energía se recupera al 99%
Pedro Sánchez explica que se produjo una “pérdida” del 60% de la electricidad a las 12:33h: “15 gigavatios se han perdido súbitamente del sistema en apenas 5 segundos. Aproximadamente el 60% del sistema eléctrico”.
Energía
Energía La ley marca permisos retribuidos para situaciones como el apagón eléctrico
El Estatuto de los Trabajadores, en su artículo 37.3, protege a la plantilla cuando no es posible llegar a su puesto de trabajo o desarrollar con normalidad su tarea en situaciones como no tener electricidad durante horas.
Electricidad
Apagón ¿Qué le puedo reclamar a la empresa eléctrica y al seguro tras el apagón?
Tras el incidente con la electricidad de este lunes 28 de abril, los consumidores deben conocer qué pueden reclamar a las compañías de la luz o a sus seguros.

Recomendadas

Empresas recuperadas
Natalia Bauni “En este primer año del Gobierno de Javier Milei casi no hubo empresas recuperadas”
Natalia Bauni es coordinadora del Observatorio Social sobre Empresas Recuperadas y Autogestionadas del Instituto Gino Germani de la Facultad de Ciencias Sociales de la Universidad de Buenos Aires.
Senegal
Migraciones El mito de la migración ordenada: la denegación de visados por el Consulado de España en Dakar
Maltrato institucional. Estas dos palabras son las más escuchadas cuando se pregunta a personas descontentas con el Consulado de España en Dakar. Cada vez más personas denuncian denegación de visados que no consideran justificados.
Guinea-Bissau
Internacional Guinea-Bissau arranca una ola de represión tras el sabotaje popular de una mina de arena en un parque natural
Una acción liderada por las mujeres del pueblo de Varela provocó un incendio en la bomba de extracción de la mina de arena pesada. El Gobierno ha llevado a cabo la detención de 16 personas, entre las que se encuentran líderes locales.