Okupación
Violencia policial durante o desaloxo da Insumisa

O Concello da Marea Atlántica, o primeiro do “cambio” en executar un desaloxo dun Centro Social Ocupado con violencia.

24 may 2018 10:40

Apenas cinco meses despois de anunciar publicamente o proxecto Naves do Metrosidero para tres das naves situadas nas instalacións da antiga Comandancia de Obras da Coruña —en desuso durante décadas, e nas que o Centro Social Ocupado e Autoxestionado A Insumisa desenvolvía as súas actividades desde novembro de 2016— o Concello da Marea Atlántica executou o desaloxo o mércores 23 de maio a primeira hora da mañá.

Case en paralelo aos primeiros avisos por parte de activistas e veciñas sobre a presenza policial no CSOA A Insumisa, o xornal La Opinión, que ten amosado nestes tres anos de goberno municipal unha boa sintonía co Concello, informaba de que “a policía local acababa de recuperar a Comandancia ao atopala baleira”. Esta información sería pouco despois desmentida por activistas da Insumisa por medio do seu avogado, Antonio Vázquez, afirmando que “o desaloxo”, non abandono voluntario como suxería o diario coruñés, “foi executado pola Policía Local de xeito irregular”: quince horas antes de que rematase o prazo e sen aviso á persoa á que lle foi notificada a orde de desaloxo.

Non fixo falla moito tempo para comprobar que as activistas do Centro Social tiñan a vontade de oporse á intervención policial. Foise congregando xente do propio espazo e de diferentes colectivos da cidade na porta do espazo ocupado. As activistas foron ocupando a estrada, mentres aumentaba a tensión coa policía, momento no que dúas persoas subiron ao tellado dunha das naves mentres o resto tentaba entrar novamente no Centro Social. A Policía Local cargou con dureza e varias persoas tiveron que ser intervidas por feridas na cabeza e outras contusións.

A partir dese momento a presenza policial aumenta considerablemente, e tamén o número de persoas que se van concentrando na porta do Centro Social. A rúa estivo pechada ao tráfico até as tres da tarde. Até as cinco a policía non permitiu dar auga e algo de comida ás dúas persoas que permanecían empoleiradas no tellado do Centro Social, a pesar das reiteradas peticións por parte das manifestantes. Baixo un sol e unha temperatura importantes, unha tensión que medraba por momentos derivada dunha presenza policial cada vez máis alta, os manifestantes mantivéronse na beirarrúa enfronte da antiga Comandancia até ben avanzada a tarde.

A asemblea do Centro Social, co apoio de diferentes colectivos sociais da cidade herculina, convocou unha concentración ás oito da tarde en repulsa polo desaloxo e en apoio ás dúas persoas que se mantiñan no inmoble. Ao comezo do acto e nada máis despregar unha pancarta e tentar ocupar a mediana diante da importante dotación policial, produciuse unha nova carga policial na que varias persoas resultaron feridas. Unha ambulancia de Urxencias estivo estacionada nas proximidades da ocupa, ao igual que pola mañá, atendendo as persoas contusionadas. Calcúlase que foron ao redor de vinte as persoas feridas con diversa gravidade: seis delas precisaron ser atendidas no hospital.

desaloxo insumisa 2

Por volta das once e media da noite, previa negociación por parte da asemblea da Insumisa, a través do seu avogado, cos mandos policiais, conseguiuse que as dúas persoas que se mantiveran por máis de doce horas resistindo no inmoble, puidesen saír sen ser retidas nin identificadas. Foi unha difícil xestión tendo en conta que desde as cinco da tarde o interior do inmoble foi intervido por operarios da empresa Transportes Hércules entre outras, por varias dotacións de policía e tamén por membros dunha coñecida empresa de seguridade.

A Marea Atlántica emitiu un comunicado no que lamenta a violencia acontecida ao longo da xornada, falando de “fracaso colectivo”. As ocupas, pola súa banda, fan un chamado a unha manifestación o sábado 26 de maio pola tarde, pendente de concretar polo momento o lugar e hora de dita convocatoria e sinalan ao Concello como responsable da situación, ao falar dunha vontade de negociación que, afirman, “nunca foi tal”. “Como se pode entender un diálogo onde a unha das partes se lle obriga como punto de partida a desintegrarse na outra, sen ningunha solución de continuidade nin recoñecemento como suxeito político?”, preguntábase unha manifestante.

Isto supón un antes e un despois na xa difícil relación entre Marea Atlántica e movementos sociais da cidade. Trátase do primeiro desaloxo que se dá nun Concello dos denominados “do cambio” onde é o propio Concello quen finalmente asume o desaloxo. Este pasou a ser o propietario do inmoble, despois do cambio de titularidade que hai uns meses negociou cos ministerios de Defensa e Fomento.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Granada
Represión La policía desaloja el centro social La Madriguera en Granada
El dispositivo policial ha echado a decenas de activistas del edificio, el pasado enero la empresa AMA Desokupa intentó cerrar el centro social con el apoyo policial en una operación que se saldó con cuatro personas heridas y una persona detenida
Okupación
Desalojo Miles de personas piden “encender la lucha” por los gaztetxes tras el desalojo de Etxarri
Denunciaron que la Ertzaintza hirió a varios manifestantes y uno de ellos tuvo que ser operado de urgencia por un balazo de foam. Señalaron la alianza entre Ayuntamiento de Bilbao y Amenabar.
Bilbao
Bilbao La Ertzaintza desaloja el gaztetxe Etxarri II en el barrio bilbaino de Rekalde
Noche de cargas policiales en Bilbao. Cinco personas fueron detenidas cuando trataban de evitar el desalojo del edificio, que se ha producido hoy a las 11h. A las 19h hay convocada una manifestación desde el parque de Amezola.
Alex
25/5/2018 18:25

EU matizaria o concepto de ser o primeiro desaloxo nun concello das mareas, temos a Compostela antes, inda que digan que iso foi a delegación do goberno, o concello non fixo ren para evitalo

0
1
#17139
25/5/2018 19:40

O que pon é que é o primeiro desaloxo que asume e executa un goberno "do cambio".

1
0
Sined
24/5/2018 17:01

Que vergoña de actuación do concello. Tiñan mil saídas e podían chegar á recoñecer e manter a laboura sociocultural da Insumisa dentro da súa propiadade. Pero xogaron ao xogo que lles puxo o goberno a traves do ministerio de defensa, coas cartas marcadas, e caeron en non "perder uns cartos" para un proxecto de dubidoso éxito arrasando con outro en plena actividade. Inversión para despois inagurar eles un centro para a mocidade? Poidolles a codiza dos votos que creen que von conseguir coa obra. Basta de calatravadas e cidades da cultura. Só era cuestión de respeto mútuo, de respeto a colectivos de base e de saber optimizar os movementos atuais. O tiñan ven facil, pero este erro resolto dunha forma tan violenta e imperdoable.

7
0
Xab
24/5/2018 11:57

O malo desto é que non hai alternativa de esquerdas á marea. ¿A quén imos votar?¿Ao PSOE?

1
4
#17021
24/5/2018 14:35

Ao BNG, a pregunta ofende.

8
3
#17010
24/5/2018 11:29

Desalojo ilegal, porras extensibles, gas pimienta, la policía local golpeando en zonas sensibles y abriendo cabezas, desde el concello se impide la ayuda a las personas subidas al tejado que estaban al borde de la lipotimia, comunicado donde se colectiviza su fracaso digno de la mejor escuela Goebbeliana. La Insumisa será la tumba de la Marea.

8
1
#17018
24/5/2018 13:52

E digo eu? Se "tumba des a marea" quen virá despois?? Alguén que vos escoite as reclamacións? PP? PSOE? Pensástelo ben??

2
6
Antonio
24/5/2018 14:35

El Bloque siempre escuchó.

7
3
Si, oh
29/5/2018 20:43

Si, si...Pregúntalle a xente da CSO Casa Encantada de Compostela, cando gobernaba o bipartito. Casa que, por certo, foi inmediatamente tirada abaixo para facer un bloque si, pero de pisos XD XD

0
0
Corrupción
Corrupción El juez decreta prisión provisional sin fianza para Santos Cerdán
El juez acepta la propuesta del fiscal y decreta cárcel contra el ex secretario de organización socialista por integración en organización criminal, cohecho y tráfico de influencias.
València
València La Audiencia de Valencia confirma la imputación a Argüeso en el juicio de la dana
La Sección Segunda de la Audiencia Provincial concluye que la resolución de la instructora “no es irrazonable ni arbitraria”, ratificando la imputación del ex secretario autonómico de Emergencias.
Barcelona
Derecho a la vivienda Amenazas de violencia extrema y una paliza a los habitantes de un bloque okupado de Barcelona
El Salto accede a las llamadas y mensajes de audio amenazadores que un grupo de desokupa envía al vecindario del bloque Llenguadoc, donde confirma cumplir con el mandato del propietario del edificio.

Últimas

Palestina
Tribuna Tres o cuatro días sin comer en Gaza
El drama de no poder dar suficiente comida a tus hijos es inmenso, sobre todo cuando sabes que a pocos kilómetros hay camiones llenos de ayuda. Parados. Bloqueados.
Gobierno de coalición
Gobierno de coalición La fuga de más diputados de Sumar, en manos de Sánchez
Más representantes de las confluencias aguardan a la comparecencia del presidente del Gobierno del 9 de julio como la última señal para no saltar al grupo Mixto.
Más noticias
Medio ambiente
Tribuna Mapa de los conflictos del agua: una herramienta para la defensa de los ríos, acuíferos y humedales
A pesar del grado y extensión del daño que sufren los ríos, acuíferos y humedales, las administraciones públicas no están tomando las medidas necesarias para frenar el deterioro y responsabilizar a las entidades que lo causan.

Recomendadas

Economía social y solidaria
Historia Lo que Franco arrebató al cooperativismo y a la economía social y solidaria
La dictadura franquista combatió de forma cruel el movimiento cooperativo fraguado en la II República, y durante la propia guerra con las denominadas colectividades, y pervirtió la idea de autogestión a través de los ideales falangistas.
Río Arriba
Río Arriba Yayo Herrero: “El holocausto nazi no es una excepcionalidad en la historia de Europa, es un modus operandi”
Nueva entrevista de Río Arriba en formato podcast y vídeo en el que hablamos de ecofeminismo, transiciones ecosociales justas, decrecimiento, colapso, poner la vida en el centro y mucho más.
En el margen
Cécile C. Eveng “Perdemos amigues y es una pena porque las personas LGTBIQ pueden ayudar a desarrollar África”
La filóloga camerunesa reside actualmente en España y estudia un doctorado en migraciones, cuerpos, negrofobia y vulnerabilidad de personas. Investigar sobre identidades disidentes en su país le ha traído críticas, hasta desde la propia academia.