Recuperados os corpos de dous guerrilleiros antifranquistas asasinados pola Garda Civil en Mesía

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica atopa os restos mortais de José Galán Núñez e Manuel Ramiro Souto no cemiterio de Visantoña neste municipio coruñés.
Exhumación Visantoña - 2
ARMH Traballos de exhumación no cemiterio de San Martiño de Visantoña, no municipio coruñés de Mesía.
27 ago 2024 12:30

A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica (ARMH) conseguiu localizar os dous corpos que buscaba no cemiterio de San Martiño de Visantoña, no municipio coruñés de Mesía. Chamábanse José Galán Núñez e Manuel Ramiro Souto, ambos os nados na zona de Almeiras, no municipio coruñés de Culleredo. Os dous formaron parte da guerrilla antifranquista e ambos foron asasinados pola Garda Civil en xuño de 1952.

Este martes, xusto unha semana despois de atopar os dous corpos, terminaron os traballos de exhumación. A ARMH foi a primeira que levou a cabo unha exhumación científica dunha fosa de vítimas da represión franquista e, unha vez máis, contribuíu a recuperar a memoria e a dignidade das vítimas da represión franquista.

Exhumación Visantoña - 1
Traballos de exhumación no cemiterio de San Martiño de Visantoña, no municipio coruñés de Mesía. ARMH

“Eran guerrilleiros antifranquistas que seguiron resistindo contra a ditadura coa esperanza de que as democracias derrotasen a Franco como fixeron con Hitler. Asasinounos a Garda Civil o 22 de xuño de 1952. Xunto aos seus ósos apareceron as súas botas, en perfecto estado, os dous pares iguais”, afondan desde a Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica.

Memoria histórica
Arquivada a querela contra o crime franquista de Moncho Reboiras
O asasinato do sindicalista galego Moncho Reboiras continúa impune porque a xustiza considera que os crimes do franquismo non poden ser xulgados pola súa prescrición e a Lei de Amnistía, pese aos cambios introducidos pola nova norma.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...