Medios de comunicación
O prezo da propaganda: así compra a Xunta reportaxes nos seus medios aliados

O achado dun cento de contratos evidencian que a Xunta pagou pola produción e publicación de reportaxes a varios medios antes e despois de convocar eleccións.
la voz miente cedida ergosfera
Cedida por Ergosfera
25 ene 2024 05:30

Desde decembro, a Xunta repartiu 711.457 euros aos medios de comunicación afíns. 105 contratos menores sen negociación pública contraídos directamente cos grupos mediáticos que en moitos casos evidencian nos seus obxectos a compra de contidos patrocinados e a publicación de reportaxes informativas.

Neste tempo, tres consellerías da Xunta asinaron co ABC tres contratos deste tipo. Nun deles, a Consellería de Infraestruturas destinou 8.470 euros á “produción e publicación dunha reportaxe” sobre o Corredor Atlántico; a Axencia Galega de Infraestruturas outro contrato de 9.680 euros pola “publicación especial sobre a estratexia de estrada intelixente” e Política Social outro de 9.000 euros sen obxecto definido.

Casualidade ou non, nese mesmo periodo ABC publicaba unha reportaxe sobre o Corredor Atlántico aliñado co posicionamento da Xunta e crítica co Goberno estatal, outra peza que só recolle declaracións do director da Axencia Galega de Infraestruturas, e unha visita de Rueda e a Conselleira de Política Social a unha residencia que o ABC titulou “Un plan de la Xunta invita a 270 mayores de 60 años a pasar juntos las fiestas”.

Non é o único medio con este tipo de acordos. Nese periodo, El Progreso e a Secretaría Xeral de Emigración asinaron un contrato 4.199 euros con obxecto “difusión da posta en funcionamento da oficina móbil de atención ás persoas emigrantes retornadas” e foi publicada unha peza sobre “o programa Retorna Galicia que impulsa a Xunta.”Tamén La Voz de Galicia, cun contrato de 16.940 euros coa Consellería de Sanidade con obxecto “información Programas Asistenciais Integrados” semanas despois da publicación desta reportaxe sobre os Programas Asistenciais Integrados e que comeza así: “A Consellería de Sanidade ha logrado el consenso de los especialistas y los pacientes”.

Obxectos como “publirreportaje”, “publicación de varias reportaxes” ou “accións divulgativas da Consellería” repítense con diferentes medios e as publicacións non son sinaladas como ‘contido patrocinado’ nos xornais, se non que aparecen co mesmo formato e apariencia que outras noticias xornalísticas nos medios de comunicación. Outros medios con este tipo de acordos son Faro de Vigo, La Opinión, La Región, El Correo Gallego, Diario de Pontevedra ou Libertad Digital.

18.000 euros por café e 35.000 euros polo Día da Constitución

Tamén son significativos os contratos relativos ao Café de Redacción, un espazo audiovisual de entrevistas producido polo grupo de La Región. Só desde decembro, tres consellerías da Xunta asinaron co grupo tres contratos diferentes cos que La Región ingresou máis de 50.000 euros. Nese mesmo período publicáronse tres entrevistas con representantes de tres consellerías, sendo especialmente significativo un contrato de 18.049 euros entre Outro SL (grupo mediático de La Región) e a Consellería do Mar e a entrevista ao seu conselleiro, con tan só 9 visualizacións na canle de Youtube do medio ourensán.

Outros datos rechamantes son os 35.000 euros que pagou a Xunta para inserir en varios medios unha declaración de Alfonso Rueda por motivo do Día da Constitución, ou dous contratos da Consellería de Emprego e Igualdade con Octo Comunicación para a “axenda de impulso da minería” e unha acción sobre eólica mariña.

Política
Política A Xunta de Feijóo pagou 50.000 euros á canle de ultradereita de Javier Negrete
O goberno do agora líder do Partido Popular fíxoo a través de tres contratos de publicidade do Xacobeo para, supostamente, patrocinar o Camiño de Santiago.

Opacidade no reparto de publicidade institucional

Malia que foi un compromiso adquirido polo Partido Popular galego en 2010, segue sen existir unha lei que regule o reparto de publicidade institucional. Por mor disto, segue sen haber xeito de monitorizar os acordos entre as administracións e axencias ou grupos mediáticos nin existen mecanismos para evitar a compra de informacións con diñeiro público.

Un exemplo: hai uns días, o medio El Debate, impulsado pola Asociación Católica de Propagandistas, publicaba unha enquisa favorable ao PP o mesmo día da presentación do medio en Galiza. O convidado estrela do evento foi Alfonso Rueda“Hace falta información con rigor”, dicía o Presidente. Se esa información será pagada ou non, posiblemente non o saibamos nunca.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Tribunal Constitucional
Lei do Litoral O Constitucional avala a lei galega coa que a Xunta fixo súas as competencias na costa
O tribunal rexeitou por unanimidade o recurso do Goberno español contra 69 preceptos do texto, pero anula o que permite que os sistemas de vertedura de augas residuais poidan ocupar o dominio público marítimo-terrestre.
O prelo
O prelo E que facemos con esta dor?
A última novela de Berta Dávila reflexiona sobre os vínculos familiares e os distintos xeitos de afrontar o dó.
Investigación
Migracións Mulleres á fronte dende o sur global
Nace unha iniciativa de investigación, intervención e acción participativa na Galiza para potenciar o diálogo e intercambio de saberes entre as voces subalternizadas das mulleres do sur global.
Palestina
Bloqueo israelí Activistas toman el embarcadero de El Retiro en favor de la Flotilla a Gaza, bloqueada por Israel
“La Flotilla, rompiendo el bloqueo”, han coreado activistas que han desplegado pancartas y banderas palestinas en el embarcadero del Retiro en un homenaje a la Flotilla de la Libertad.
Palestina
Palestina Misión incumplida: sobre la cobertura de El Salto de la Flotilla rumbo a Gaza
Queremos dar una pequeña explicación a nuestra comunidad y, especialmente, a las personas que con su suscripción permiten que un medio como el nuestro, que es una rara avis en el contexto político y social en el que vivimos, salga adelante.

Últimas

El Salto n.74
Revista 74 Cuando los algoritmos te explotan: no te pierdas el número de primavera de la revista de El Salto
De cómo los algoritmos y la IA gestionan el trabajo de cientos de millones de personas con ritmos y condiciones del siglo XIX, y de mucho más, hablamos en nuestro número de primavera. Ya disponible para socias y en los puntos de venta habituales.
Galicia
Política autonómica Redes clientelares, falta de autogobierno y consensos neoliberales: las claves del Gobierno gallego sin Feijóo
Políticas y analistas desgranan la hoja de ruta de la primera legislatura gallega de la era post-Feijóo: reforzamiento de los hilos de poder locales, falta de vocación autonómica, complejo de inferioridad y una marcada agenda neoliberal.
Eventos
Evento Un Salto al periodismo del futuro: súmate a nuestro primer evento para estudiantes y jóvenes profesionales
El viernes 10 de mayo, El Salto organiza una jornada de periodismo joven para profundizar en temas clave, nuevos lenguajes y formatos, desde un enfoque eminentemente práctico.
Genocidio
Genocidio La Flotilla de la Libertad pospone el viaje a Gaza hasta un próximo intento
Las activistas internacionales que tienen previsto zarpar para llevar ayuda humanitaria hasta Palestina anuncian que volverán a intentar zarpar para romper el bloqueo israelí.
Más noticias
La vida y ya
La vida y ya Paraguas o chubasquero
En algún momento aprendes que no da igual qué opción tomar. Aprendes que hacer las cosas de una u otra manera tiene repercusiones para otras personas, para el planeta.
Galicia
Galicia Muere a los 92 años la poeta, activista y revolucionaria Luz Fandiño
El fallecimiento ha sido anunciado públicamente por su amiga y alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín.
Palestina
Palestina Estudiar y formarse mientras sobrevives a un genocidio
La destrucción generalizada de las infraestructuras ha tenido un impacto brutal en el sistema educativo palestino.

Recomendadas

México
América Latina México a las urnas: los claroscuros de AMLO y la primera presidenta
Todo apunta que el 2 de junio, por primera vez en la historia, una mujer llegará a la presidencia. Claudia Sheinbaum, sucesora de Andrés Manuel López Obrador, se presenta como “hija del 68” en un país todavía asolado por el conflicto interno.
Derecho a la vivienda
Derecho a la vivienda Vivir y resistir en Andalucía, la comunidad con más desahucios del Estado español
En Andalucía, la comunidad con mayor número de desahucios, se producen 11 al día. En todo el territorio surgen experiencias que luchan por la vivienda digna en un lugar donde tener un techo “se ha vuelto una utopía”.
Cine
Estíbaliz Urresola “El cine no debe quedar impasible ante las atrocidades que suceden”
La directora de ‘20.000 especies de abejas’ sigue recibiendo reconocimientos por su película, pero pide que se transformen en aplicación de mejoras concretas para el colectivo trans.