Industria
O que non se di de Alcoa: unha desfeita ambiental e social

Alcoa marcha. A Xunta non ten plan e as traballadoras, A Mariña e o planeta sofren as consecuencias dunha desfeita política e ambiental que dura décadas. De fondo, a necesidade dunha transición cara unha industria galega sostible e que respecte o medio.

alcoa coruña 2018
Protesta contra o peche de Alcoa na Coruña en 2018. Pablo Santiago
17 jun 2020 06:00
A defensa da terra dos grandes partidos dilúese cando comeza o cuestionamento do crecemento económico perpetuo, e se achegan as eleccións. No debate sobre o futuro de Alcoa óbvianse as enormes afectacións ambientais, a escaseza enerxética e a errada aposta por un 'desarrollismo' curtopracista que deixou atrás o fomento de sectores endóxenos do país.

40 anos danAndo o mediO

O rexeitamento á planta nuclear de Xove foi unha desas loitas comunitarias en defensa da terra: milleiros na marcha histórica do 10 de abril de 1977 impulsada polo nacionalismo galego. Pouco despois chegou o aluminio cunha promesa de industralización para a comarca e desbotando unha posible aposta polo naval, o forestal ou a industria agroalimentaria, sectores propios que hoxe botamos en falta. Un pouco de hemeroteca: o plan inicial falaba dun polígono e industria complementaria, mais ao final só quedou a do aluminio, a máis contaminante e a que menos tecido social creaba. Trouxo tamén a expropiación de 3.700 leiras a un prezo ridículo (algunhas a 60 pesetas por metro cadrado) e afectacións ao medio que aínda sen manteñen, como a balsa que estivo 32 anos sen plan de emerxencia exterior (aínda sen solución), verquidos de sosa cáustica ao mar ou as emisións de fluor, entre outras.

faixa alcoa
Faixa da marcha contra a nuclear de Xove. Foto: Fundación Galiza Sempre

As emisións veñen afectando durante décadas a veciños, gando e cultivos da zona. Alcoa foi condenada xa dez veces a indemnizar con máis de 4 millóns de euros a particulares, que cursaron demandas e chegaron ao Parlamento coa asociación veciñal Airiños do Lago. Máis hemeroteca: esta asociación xa denunciaba en 1981 a morte de animais e mesmo reclamaron unha indemnización coa que poderen marchar da zona.

Serafín González, presidente da Sociedade Galega de Historia Natural, explica que o fluor se emprega no proceso de produción de aluminio: “Sempre hai certas emisións, que se teñen que manter por debaixo duns máximos legais. Se son importantes, poden afectar aos cultivos e tamén á saúde das persoas, porque o fluor é un elemento moi agresivo”. Diversos informes amosaban que se excedían claramente os límites. Un informe de ADEGA concluía que afectaba a 3km de radio desde a factoría, con mostras en animais, vexetais e solos, e recollía que “a factoría de Alcoa é claramente a responsable desta contaminación, máis intensa canto menor é a distancia a fábrica.”

Lembra González que “outra das afectacións é o custo enerxético elevadísimo”, co seu correspondente custo ambiental: 1,1 millóns de toneladas de CO2 emitido, segundo a asociación Galiza sen Carbón. Para manter ese consumo enerxético impórtanse precisamente combustibles fósiles. Manuel Casal Lodeiro é coordinador do Instituto Resiliencia e membro de Véspera de Nada: “As electrointensivas consumen unha cantidade absolutamente desproporcionada, e para alimentalas necesitamos enerxía fósil, que convertimos nas centrais térmicas ou de ciclo combinado a base de carbón, gas natural, etc. Coa electricidade do país non nos dá”.

Máis afectacións ignoradas no debate público: o carbón que abastecía as térmicas galegas viña de Indonesia, onde Greenpeace denunciou nun extenso informe a vulneración de dereitos humanos, afectacións na saúde e no medio e violencia contra as comunidades locais. No caso de Alcoa San Cibrao, a bauxita provén da minería en Guinea Conakry. Nun informe de Human Rights Watch, denúnciase a escasa compensación para os habitantes da zona, a destrución de terras ancestrais e recolle testemuñas que revelan que desde o comezo da minería, escaseou a auga para a poboación. As denuncias foron feitas á Compagnie des Bauxites de Guinée, propiedade do goberno local (49%) e Halco Mining, sociedade das multinacionais Alcoa e Rio Tinto (51%). Como a demanda de aluminio aumenta, a extracción de bauxita en Guinea, tamén.

Por que non poñer esta industria contaminante que pode ser reconvertida como centro do desafío da transición enerxética?

Medrou a demanda e medrou a deslocalización da produción a Islandia ou Arabia Saudita, con mellor prezo enerxético e onde Alcoa comezou investir cando comezaba a recibir subvencións estatais en España. As reservas mundiais de bauxita darán aínda para unha morea de anos e investígase para optimizar a súa reciclaxe. Con todo, o gasto enerxético na produción non semella ter solución a curto prazo.

Casal Lodeiro explica o proceso dun xeito resumido: “Estamos collendo un mineral que non temos, queimando combustibles fósiles que tampouco temos para crear unha electricidade para producir un aluminio para fóra do país”.

“ENCE fóra”, “MINA DE TOURO NON”... ALCOA SI?

Destes problemas derivados do proceso, o debate mainstream de grandes medios e partidos só propón solucións para o prezo (non o consumo) da enerxía, cunha tarifa eléctrica ou cun estatuto das electrointensivas. O Estado leva subvencionando a electricidade de Alcoa (empresa norteamericana privatizada por Aznar, lembremos) con máis 1000 millóns de euros, o que a UE cualificou de “subvencións disimuladas”.

Manifestación de trabajadores de Alcoa en las puertas del Congreso de los Diputados
Manifestación de traballadores de Alcoa no Congreso. Dani Gago

Antón Sánchez, deputado no Parlamento Galego, enxeñeiro técnico e voceiro de Anova, cualifica a estratexia da empresa de “saqueo”: “Alcoa tiña que achegar unha serie de contrapartidas e investimentos na planta que non cumpriu. Estaban xogando a saquear coa decisión tomada de marchar.”

Critica tamén a perda de soberanía derivada da falta dun plan industrial, do que responsabiliza á Xunta e aos gobernos estatais de PP e PSOE: “Deixaron nas mans destas grandes empresas a planificación económica, que nos afecta a todas. Elas fixeron un plan a medio longo prazo e os gobernos non. Pasou o mesmo con Meirama e As Pontes. En 2013 propuxen no Parlamento que se fixera un plan alternativo por se pechaban as térmicas e tiven grandes ataques só por mencionalo. Agora vese que os que deciden pechar son Endesa, Naturgy... Elas planifican o seu futuro mentres o país non o fai nin ten alternativas económicas”.

E agora, Alcoa. Sánchez considera que a empresa chantaxeou ás administracións co mantemento do emprego a cambio de axudas, e sinala de novo a irresponsabilidade da Xunta: “Como podes dicir durante anos que Alcoa é estratéxica e non actuar para poder decidir sobre iso?”

“Deixaron nas mans destas grandes empresas a planificación económica de Galiza, que nos afecta a todas (...) E os gobernos non teñen solucións nin alternativas.

Tal foi o desleixo, que Alcoa di que a situación é “insostible”, que marchan, que non hai nada que facer. O despedimento de traballadoras nunha zona dependente desta empresa capitalista precisa dunha solución xa, tomada ás présas. O plan non partirá dunha estratexia socioeconómica de futuro para a zona, baseada no interese público e responsable co medio ou coa minería. Os tempos e as condicións márcaas Alcoa, ante a pasividade da Xunta, á que non se lle espera.

Industria
Alcoa: daquelas privatizacións, estes ERE

A empresa pretende deixar na rúa a case 700 traballadores da Coruña e Avilés, despois de pasar perto de dúas décadas obtendo beneficios millonarios incentivados polas subvencións estatais enmascaradas.

MÁIS ALÁ Do debate EMPREGO VS PLANETA

Parecera entón que o camiño a seguir está entre o ambiental e o laboral: botar a xente á rúa ou seguir desfacendo o entorno, sexa cun comprador ou nacionalizando. Asumir calquera das dúas é —permítase a licenza— un desastre, polo que cómpre explorar alternativas. As solucións, complexas todas e perfecta ningunha, requiren dunha visión a longo prazo.

alcoa viveiro mani 2
Manifestación en Viveiro contra o peche de Alcoa. Andrés Vázquez

Para Serafín González, é un tema “delicado”: “Hai uns beneficios económicos e laborais na contorna e uns custos ambientais elevadísimos. Ata o de agora primou o futuro económico e non se tiveron tan en conta as repercusións ambientais, importando bauxita, carbón, xerando residuos, emitindo fluor...” Para Casal Lodeiro, seguir coa idea de que o aluminio é unha industria de futuro non ten sentido: “A mochila enerxética do aluminio é das máis altas de todos os materiais industriais modernos. Desde o punto de vista do decrecemento é un dos materiais que primeiro debiamos substituír por outros”.

“Hai que elixir que industrias empezamos a sacrificar, o que non quere dicir sacrificar os empregos. Hai que buscar outras sustentables, baseadas na riqueza autóctona do país e que non contribúan a destruír o planeta

De seguir co aluminio, González lembra que para non danar tanto o medio habería que aumentar considerablemente os controis ambientais, polo que non sería tan rendible: “Isto xerará un maior custo económico e hai algo que aprender como cidadáns: non hai trampa máis tonta que facer trampas xogando ao solitario.”

Casal Lodeiro cre que é hora de abrir certos debates: “Hai que elixir que industrias empezamos a sacrificar, o que non quere dicir sacrificar os empregos. Hai que buscar industrias sustentables, baseadas na riqueza autóctona do país e que non contribúan a destruír o planeta, senón todo o contrario: a restauralo e a aumentar a nosa capacidade de resistencia a pandemias, como foi o caso”.

Lodeiro ten claro que ningunha alternativa, en termos económicos, vai ser tan rendible como a baseada en combustibles fósiles. E aí entra de novo o decrecemento e en consecuencia, a creba co capitalismo. Pero cos posicionamentos e ritmos políticos-mediáticos actuais non é sinxelo defendelo e cuestionar, ao fin e ao cabo, o crecemento económico perpétuo.

Para o autor decrecentista, os grandes partidos da esquerda non se están atrevendo a facelo porque sofren de “pánico escénico”, e sinala a súa incoherencia: “Falan de descarbonización e ao mesmo tempo queren soster sexa como sexa as industrias con máis pegada de carbón. Non se sostén. É un discurso asentado e os medios de comunicación maioritarios non o critican”. Tamén sinala razóns culturais: “No fondo está tan arraigado en nós a nivel cultural este consumismo, que é case unha relixión.”

VOCES diverxentes nA POLÍTICA, sensibles ao decrecemento

Patricia Grela explica que en Anticapitalistas, nun primeiro momento querían “expor a necesidade de nacionalización con participación obreira, pero non queriamos simplificar a solución. Aí entra a transición ecosocial”. Argumenta Grela que “Alcoa representa o exemplo da ausencia de transición ecolóxica, porque é totalmente insostible enerxéticamente”. Desde esta formación teñen claro que tamén o escenario do traballo vai mudar: “Temos que tender a decrecer en termos produtivos e a transición ecosocial formula isto.”  Desde EQUO Galicia, Alberto Prieto sinalaba nun artigo para O Salto que sería máis “acaído” investir tendo en conta a crise climática, mencionando a necesidade de apostar pola industria agroalimentaria ou a xeración de enerxía eólica.

Antón Sánchez cre que hai que comezar por estudar a viabilidade da produción de aluminio primario: “As condicións que buscan as multinacionais para producir aluminio é enerxía e materia prima barata, como en Arabia Saudí ou Islandia, e iso xa seguramente non o poida ofrecer xa Galiza”. Sexa como for, Sánchez ten claro que non hai solución que non pase pola intervención pública, recuperar o control e facer un plan a medio-longo prazo, pero aclara: “Non para socializar perdas, se non para construír unha alternativa máis sólida. O público estivo para socializar as perdas, subvencionar a luz, asumir os pasivos ambientais, para facerlle infraestructuras a Alcoa, de transporte, gasísticas, etc. Pagóuselle todo”.

Todas coinciden na necesidade dunha intervención pública/nacionalización, máis non para socializar perdas, se non para ter o control e apostar sectores endóxenos do país a través de distintas fórmulas

Casal Lodeiro cuestiona falar de nacionalización só cando se trata de “empresas capitalistas inviables” e aposta por medidas máis a longo prazo. “Unha vez que aceptemos que hai industrias que nin se pode nin convén salvalas, habería que ver ata que punto as podemos reducir. Canto aluminio precisa o país? Compénsanos fabricalo a nós traendo a bauxita de fóra, con fósil? De que tamaño? Desde logo vai ser con menos traballadores. Que facemos co resto? Hai que asegurarlles un emprego? Paréceme perfecto, é unha función básica do Estado”. Sinala aí diferentes opcións: unha máis socialista con empresas públicas ou outra máis asentada no capitalismo baseada en axudas públicas: “Podemos comezar por xerar empregos ou subsidiar actividades importantes. Por que non facer como en Suiza, onde se subsidian aos agricultores ecolóxicos independentemente do que produzan? Simplemente polo feito de coidar o ecosistema”.

Patricia Grela apoia unha nacionalización sempre que vaia unida a un plan que vaia máis alá: “Hai que facer unha planificación democrática con vías a producir menos, facer unha transición enerxética e recuperar sectores indispensables para a vida”. Menciona Grela a agricultura ecolóxica, a gandeiría extensiva, o mar ou o forestal, mais ten claro que con iso non chega: “Nunha primeira fase é inevitable contar cunha industria adicada á fabricación de bens socialmente útiles. Por que non poñer esta industria contaminante que pode ser reconvertida como centro dese desafío?”

Alcoa viveiro mani 1
Manifestación contra o peche de Alcoa en Viveiro á que acudiron 20.000 persoas. Andrés Vázquez

Antón Sánchez di que é “fundamental” ter unha política industrial propia galega para diversificar a economía: ”Se nos anos 70 tivese capacidade de decidir, seguramente todos os recursos que se apostaron por estas industrias teríanse destinado ao naval, á agroalimentaria... outro tipo de sectores onde como país tiñamos máis potencial, máis emprego e que xeran máis economía ao seu redor. Pero claro, agora estamos como estamos”. Neste sentido, cómpre lembrar tamén o estudo de 2016 do enxeñeiro, doutor en economía e ex deputado do PSG-EG Xan López Facal: Galicia, a perspectiva internacional, onde concluía que o aluminio trouxo unha “escasa influencia” na entrada de novo capital na comarca e que a empresa só tiña interese no emprazamento de San Cibrao cando lle beneficiaba polo prezo da factura eléctrica.

Antón Sánchez: ”Se nos anos 70 tivese capacidade de decidir, seguramente todos os recursos que se apostaron por estas industrias teríanse destinado ao naval, á agroalimentaria...

“Os primeiros empresarios de electricidade nas aldeas eran os muiñeiros”, lembra Casal Lodeiro, facendo referencia á unha descentralización da produción de enerxía. “Temos que volver a iso, porque así estaría en mans de cada comunidade aproveitar o que tivese. Pero non centralizar en grandes parques toda a produción, porque iso é o que lle convén aos monopolios”. Lembra Lodeiro como se formou o actual oligopolio eléctrico, desde a concentración de pequenas empresas absorbidas por estatais e despois privatizadas. “Todo iso habería que desmontalo; se cadra paso a paso, primeiro nacionalizar as grandes empresas de electricidade, renovables, etc (...) e liberalizar iso no sentido de entregarllo as comunidades, non de entregarllo ao capital. Socializar dalgunha maneira, ‘desestatalizalo’ como están facendo as cooperativas de enerxía renovable”. E conclúe: “Ese si que sería un futuro renovable.”

No que todas coinciden é en cuestionar unha industria tan destrutiva co medio e na necesidade dunha resposta de futuro para os traballadores. No caso de Alcoa San Cibrao, as condicións púxéronas desde un despacho de Estados Unidos, que quere marchar para lucrarse noutra parte, deixando pasivos ambientais e unha comarca deprimida. As administracións galegas e estatais non arranxaron o problema cando puideron, sen alternativa para as traballadoras de Meirama, As Pontes ou A Mariña. Non souberon facelo, ou deixaron pasar o problema como se non fose con eles. Ignorancia ou cobardía, que valore cada quen.

A curto prazo non haberá solución fácil, e para non repetir erros é preciso ter un debate real e en profundidade, máis alá de eslogans políticos e hashtags cos que conseguir votos. Isto é, comezar a tomar decisións en función do interese colectivo, de Galiza e do planeta.

Laboral
Sindicatos piden a intervención pública en Alcoa ante o despedimento de mil traballadores

A empresa de aluminio argumenta o elevado prezo da enerxía eléctrica no Estado español para pechar apesar das axudas públicas percibidas. Tras días de mobilizacións na comarca da Mariña, resoa o plantexamento de nacionalizar a industria electrointensiva.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Galicia
Galicia Activistas bloquean una planta de Altri en Portugal y avisan de que frenarán su expansión en Galicia
El grupo atrancó con cadenas y soldadura las entradas de la planta de Celbi en Leirosa, en la mayor acción directa hasta el momento contra la expansión de la multinacional papelera en territorio gallego: “O povo é quem para Altri”.
Galicia
TSXG Peritos en el juicio contra la Xunta: la contaminación del embalse de As Conchas es “extremadamente peligrosa”
Siete vecinos, la Asociación de vecinos de As Conchas y la organización de consumidores CECU han demandado a varias administraciones gallegas por presunta mala gestión de una contaminación derivada del exceso de macrogranjas en la comarca de A Limia.
Centrales nucleares
Cierre de Almaraz Las empresas propietarias de Almaraz no acuerdan una propuesta conjunta para alargar la vida de la central
Solo Iberdrola y Endesa firman la propuesta de alargar la vida de Almaraz trasladada al MITECO. Naturgy se descuelga de la misma y bloquea su viabilidad, al estar la central explotada por las tres energéticas en un régimen de comunidad de bienes.
Baleares
Un modelo insostenible El rechazo a la turistificación se expande en Canarias, Baleares y Barcelona
Tras la masiva manifestación en las Islas Canarias del pasado mayo, Palma de Mallorca, Barcelona y San Sebastián salen este 15 de junio a la calle contra un modelo de turismo desmedido insostenible para el territorio y sus habitantes.
Oriente Medio
Oriente Medio Decenas de muertos en una noche de sirenas y misiles cruzados entre Israel e Irán
Después del ataque israelí contra la infraestructura energética y militar iraní, cientos de misiles iraníes atraviesan el cielo israelí e impactan en Tel Aviv, Bat Yam, Tamra y Haifa.
Galicia
Galicia Activistas bloquean una planta de Altri en Portugal y avisan de que frenarán su expansión en Galicia
El grupo atrancó con cadenas y soldadura las entradas de la planta de Celbi en Leirosa, en la mayor acción directa hasta el momento contra la expansión de la multinacional papelera en territorio gallego: “O povo é quem para Altri”.
Crónica
Justicia En la sala de un juicio a una madre protectora
Esta es una crónica de un juicio a una mujer que pidió medidas por sospechar de abusos sexuales a su hija en el domicilio paterno sin que ninguna institución moviera un dedo y, un mes después, cogió un vuelo a su país para intentar protegerla.
Violencia machista
El Estado que revictimiza Violencia institucional: “Si lo hubiera sabido antes, no hubiera denunciado nunca”
Rocío ha sufrido violencia psicológica, física y sexual por parte de su expareja. Y también violencia institucional en todas las puertas de la red de recursos institucionales que ha ido atravesando.
Editorial
Editorial Justicia irracional
Por acción o por omisión, las instituciones violentan a las mujeres. Se llama violencia institucional.
Relato
Relato Rendirse
A mi pesar me tocaba compartir mesa con aquellos documentos y, como estaba de los primeros (no lo habría imaginado al llegar), ya no conseguía quedar por encima, con lo que me gusta.
Madrid
Movimiento republicano Miles de personas claman en Madrid contra la monarquía y por la República
En el 11 aniversario de la proclamación de Felipe VI, una marcha unitaria reclama que este reinado sea el último de España.
Rap
Rap Los Chikos del Maíz: “La música urbana está llena de fachas y votantes de Vox”
Tras un fin de gira accidentado, Toni y Nega dan una tregua indefinida a su proyecto con dos conciertos en Madrid. Horas antes de llenar la sala en la primera cita, visitan la redacción de El Salto.
Río Arriba
Río Arriba Luis González Reyes: “Vivimos en un mundo en la que la escasez es un elemento central”
Primera entrevista del programa Río Arriba en formato podcast y vídeo donde hablamos de las nuevas guerras neocoloniales por recursos en la era de Trump y Putin, de la escasez, del decrecimiento y el colapsismo.

Últimas

Ocupación israelí
Movilizaciones Un centenar de organizaciones de 26 países denuncian a la empresa vasca CAF y su tren del apartheid
Más de 50 localidades salen a la calle este fin de semana para señalar a la empresa que construyó el tranvía que conecta Jerusalén con territorio ocupados y exigir el fin del genocidio en Gaza.
La vida y ya
La vida y ya Un rato de cada lunes
Pero, lo más coincidente ha sido, expresado de distintas maneras, su agradecimiento hacia ese lugar. Su lugar elegido.
Ocupación israelí
Ocupación Israelí La policía egipcia impide con violencia la marcha internacional a Gaza
La marcha de 4.000 personas a Gaza es reprimida por la policía del régimen de Al-Sisi. La organización pide a las embajadas que reaccionen y protejan a sus ciudadanos.
Galicia
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar a Altri
Queremos investigar a los responsables políticos y empresariales del que podría ser el mayor atentado ambiental de la historia reciente de Galicia.
Que no te lo cuenten
El Salto Radio De océanos y detenciones
VV.AA.
La acidificación del agua marina supera sus límites mientras Israel aborda la Flotilla por la Libertad.
Más noticias
Análisis
Análisis del CIS La calma antes de la tormenta: la dimisión de Santos Cerdán como punto de inflexión
El último barómetro del Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS) ha muerto pocas horas después de nacer por la dimisión de Santos Cerdán, aunque sirve como foto fija de un escenario que favorece a la derecha.
Argentina
Extrema derecha La motosierra de Milei se ceba con los hospitales públicos y las personas con discapacidad
Los recortes del Gobierno afectan al Hospital Garrahan, un centro de alta complejidad, referente pediátrico nacional y latinoamericano, y también a los recursos de las personas con discapacidad, a los que el ejecutivo califica de “idiotas”.

Recomendadas

Pensamiento
Economista Clara Mattei: “El liberalismo y el fascismo están unidos en su protección del orden del capital”
El ambicioso ensayo 'El orden del capital' nos traslada al Reino Unido y la Italia de la I Guerra Mundial, que se contemplan como un momento bisagra: el auge de socializaciones y cooperativizaciones que tuvo lugar durante la contienda y la inmediata posguerra fue abortado a través de un 'shock' austericida destinado a restaurar la centralidad de los grandes capitales.
Derecho a la vivienda
Jaime Palomera “La vivienda necesita una revolución”
Investigador y uno de los fundadores del Sindicat de Llogateres, Jaime Palomera presenta ‘El secuestro de la vivienda’, un libro sobre el juego amañado en el que los propietarios son cada vez más ricos y los inquilinos cada vez más pobres.
Redes sociales
Industria editorial Escritores fantasma: así trabajan los auténticos autores de los libros de éxito que publican los ‘influencers’
Detrás de cada libro firmado por un ‘influencer’ hay otra persona que ha trabajado a destajo para entregar a tiempo un texto en el que su nombre no aparece por ninguna parte y que, además, ha tenido que renunciar a sus derechos como autor.
Brasil
Extrema derecha Arte en tiempos de fascismo: cuando enseñar a Goya y Rubens le cuesta el puesto a un profesor
Una clase de Historia en la escuela municipal en una localidad del Estado de São Paulo desemboca en acusaciones contra el profesor y una campaña de difamaciones que encabeza el concejal de educación de la zona, de la extrema derecha bolsonarista.