Opinión
Imaxinando Caballero

Podemos imaxinar Gonzalo Caballero, a menos dun mes para as eleccións, sumido na perplexidade ante o último patrocinio da prensa progresista a Núñez Feijóo.

Gonzalo Caballero
Imaxe do candidato socialista á Xunta de Galicia. Foto cedida por Nós TV
19 jun 2020 08:00

Podemos imaxinar Gonzalo Caballero, a menos dun mes para as eleccións, sumido na perplexidade ante o último patrocinio da prensa progresista a Núñez Feijóo, ao que non deixan de imputarlle a virtude de ter erguido en Galicia un muro de contención contra o populismo. Nótase que descoñecen as andanzas de Pérez Jácome en Ourense, trumpista avant la lettre ao que se abrazou o presidente a cambio de perpetuar o baltarismo. Imaxinamos así a Caballero, un tanto trastornado polo fogo amigo, repetindo que o seu rival non ten nada de moderado e aínda menos de centrista, que vai de gran asceta do noroeste cando en realidade é herdeiro de Romay Beccaría e do PP máis embravecido. A día de hoxe ese é o Caballero que podemos ter na cabeza: un candidato que prende a radio polas mañás e se lle desmanda a tensión cos faladoiros que insisten nunha dereita amable con ascendencia nos Peares.

Aínda que tamén podemos imaxinar un Caballero metido nun papel que as películas reservan para os personaxes que se sobrepoñen ás adversidades sen saber moi ben como, fortalecidos de súpeto pola consciencia das súas limitacións e convertidos en temoneiros que se enfrontan ás calamidades de xeito imprevisto. Un Caballero pelexando ata o último momento contra ese aire de escaseza que se advirte na oposición a Feijóo, coma se todo fosen fabas contadas e só nos quedase a rutina histórica de poñer a TVG a noite do 12-X e ver caer unha nova goleada de Abadín a Zas pola franxa inferior da pantalla. Un Caballero imprevisible e subido de ton, sorprendéndose a si mesmo coma un líder motivacional que acaba protagonizando un thriller trepidante nunha Galicia que prefire o drama histórico. A imaxinación debería ser máis importante cá lóxica, e de aquí ás eleccións hai que vivir con ansia todas as fantasías posibles.
A día de hoxe ese é o Caballero que podemos ter na cabeza: un candidato que prende a radio polas mañás e se lle desmanda a tensión cos faladoiros que insisten nunha dereita amable con ascendencia nos Peares

Pero o único seguro, máis alá destas alucinacións e perplexidades, vai ser un Caballero que terá que repetir ata a saciedade esas cifras que falan dun Feijóo recortador de sanidades públicas, hábil destrutor de empregos e desmantelador de tecidos culturais, entre outras destrezas que soportamos coa resignación de quen recibe unha borrasca. Un Caballero que poderiamos imaxinar, xa para arrebatarnos de todo, entrando en campaña coma o protagonista de O gran heroe americano, aquel superman torpe da nosa infancia que non sabía nin voar nin aterrar, pero que sempre acababa salvando a humanidade. Se Caballero busca pasar de pantalla debería presentarse así, entre inconsciente e imaxinado, para ver se queda alguén que poida acender este país. Aínda que só sexa a proba de fallos.

Fotomatón
Feijóo na hora da sobremesa
Feijóo véselle feliz co espectáculo da polarización que cada día retransmiten os medios do estado. Resulta desconcertante que non lle vexan as costuras dese disfrace de señor comedido. Quizais porque apenas miran para nós.
Fotomatón
Ana e os lobos
Á líder do BNG nótaselle que sabe esperar, unha virtude que é ouro puro nestes tempos ansiosos.
Cargando valoraciones...
Ver comentarios 3
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios 3

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...