Enaltecimiento del terrorismo
Rap e censura? O caso de La Insurgencia

O pasado 4 de decembro de 2017 a Audiencia Nacional condenou, por enaltecemento do terrorismo, a 12 integrantes do colectivo musical La Insurgencia a dous anos e un día de prisión, 4800 euros de multa e oito anos e un día de inhabilitación. 

La Insurgencia
Roda de prensa do comezo do encerro solidario cos 12 de La Insurgencia nos locais parroquiais do Cristo da Vitoria (Coia, Vigo) Zélia García
17 ene 2018 19:27

Vén sendo habitual ler na prensa escrita, nese xénero xornalístico tan de aquí como é a columna de opinión, queixas sobre unha suposta ditadura do politicamente correcto que, de xeito fundamental, estaría a afectar ao mundo da cultura. Non é estraño ouvir falar dun suposto lobby LGTBI ou feminista sempre disposto a exercer o boicot contra multitude de obras literarias, musicais ou cinematográficas. No momento no que algún colectivo ou movemento social decide amosar publicamente a súa discrepancia contra “obras” que consideran que agriden minorías ou identidades non hexemónicas, xorde o debate sobre a censura. Aparece entón unha lexión de tertulianos e columnistas que nos advirten da chegada dun novo tipo de comité de censura feminista, gai ou antirracista, dependendo do caso, que sempre é quen de lle atopar tres pés ao gato.

DITADURA DO POLITICAMENTE CORRECTO?

Curioso este debate no Estado español, cando poucas probas existen de que a tal ditadura do “politicamente correcto” exista. Abonde citar só algúns exemplos para que a memoria de cadaquén vaia reconstruíndo cara a atrás a historia da persecución política realmente existente do “delinquir con palabras” por parte do poder establecido. Algúns dos casos que podemos citar: Valtonyc, rapeiro condenado pola Audiencia Nacional a tres anos e medio de cárcere por “inxurias á coroa e enaltecemento do terrorismo”; César Strawberry, condenado a un ano de cárcere polo Tribunal Supremo tamén por “enaltecemento do terrorismo”; os rapeiros Ayax e Prok, procesados por inxurias á Policía; Pablo Hasel, outro rapeiro, condenado a dous anos de prisión pola Audiencia Nacional por “enaltecemento do terrorismo” nas súas letras e con máis causas abertas polo mesmo tema; o procesamento de Títeres desde Abajo polo mesmo delito; a querela presentada por unha asociación de avogados católicos contra o artista Abel Azcona por “profanación” ou mesmo a denuncia, inicialmente tramitada, contra o concelleiro de cultura da Coruña por un suposto delito contra “os sentimentos relixiosos” por un cartaz do entroido. Estes exemplos son só unha mostra de que sector ideolóxico ou político está a soportar nos últimos anos unha “persecución cultural” na súa contra. Non se trata de boicots, senón de procesos xudiciais. E ante isto a lexión de tertulianos e columnistas, na súa inmensa maioría, fica calada.

MASIVIDADE DA ESTRUTURA ANTITERRORISTA

“Nada do que está a pasar neste sentido no Estado español é homologábel ou se asemella ao que pasa en calquer outro país da Unión Europea, entre outras cousas pola masividade con que opera aquí a estrutura antiterrorista”, comenta José Ángel Brandariz, profesor de Dereito Penal na Universidade da Coruña. “A persecución do delinquir con palabras é algo que vén do réxime franquista e que non foi revisado unha vez que este rematou”, continúa.
Uns dos últimos obxectivos da “masividade” do operativo antiterrorista do Estado parecen ser os rapeiros. “O rap é un xénero musical que favorece o faino ti mesmo. No noso caso somos rapaces aos que a actual situación social —recortes en sanidade e educación, por exemplo— nos empuxou a facer cousas e a denunciar esta situación”. Quen así fala é Paco —‘Komu’ cando mistura—, estudante de Formación Profesional de 22 anos, vigués, e un dos doce integrantes de La Insurgencia xulgados no mes de Novembro de 2017 na Audiencia Nacional. Finalmente cada un deles foi condenado a dous anos e un día de prisión, oito anos e un día de inhabilitación para exercer cargo público e 4.800 euros de multa. Falamos con el cando ainda estaba á espera de sentenza “con ánimos porque eu e os demais sabemos que isto non é máis que un ataque á liberdade de expresión”.
José Ángel Brandariz contesta ao teléfono desde Chile, onde, no momento que se realizou esta reportaxe, asistía a un congreso académico. “Existe unha anomalía no Estado español en como se están a entender os delitos de odio. Estes tipos delitivos están pensados para defender de agresións ou actitudes inxuriosas a sectores minorizados, ou grupos non hexemónicos que precisan especial protección. En ningún outro país da Unión Europea está a haber condenas por este motivo contra persoas por atacar verbalmente ou insultar a institucións ou representantes do Estado, como si é o caso en España”.
Abonde lembrar dúas denuncias recentes por supostos delitos de odio contra, ollo, as forzas de seguridade do Estado: unha contra a revista satírica El Jueves por un chiste sobre as reservas de cocaína en Catalunya e a presenza policial e outra, impulsada pola Fiscalía Xeral do Estado, contra quen se manifestou fronte aos hoteis nos que se aloxaba a Policía e a Garda Civil en Calella e Pineda del Mar.
“Nestes momentos estanse a tramitar máis de 1.000 delitos relacionados co terrorismo, moitos máis que noutros países do noso círculo, cando este non é un problema que nos afecte máis a nós nestes momentos”, afirma Brandariz.
A denuncia da Fiscalía contra os doce membros de La Insurgencia por enaltecemento do terrorismo entende que son delito determinados versos das súas cancións. “Están a perseguir un tipo de pensamento, o que non queren é que digamos certas cousas”, comenta Paco. “En La Insurgencia non todos facemos o mesmo, axudámonos os uns aos outros, uns rapeaban, outros facían os vídeoclips… No meu caso eu facía as misturas porque son técnico de son”, continúa. “Está claro que non se perseguen do mesmo xeito as mensaxes machistas, por exemplo. É obvio que para unha parte da sociedade —esa que non está de acordo co actual estado das cousas e que quere o cambio social— non existe liberdade de expresión neste momento. Non só pasa no rap, tamén se percibe o mesmo no control das redes sociais ou na represión a determinadas mobilizacións sociais”, conclúe.
Segundo a información recollida na edición dixital deste medio, a Fiscalía da Audiencia Nacional chegou a comparar aos membros deste colectivo con xihadistas afirmando que “os acusados teñen unha relixión que é a loita sindical obreira na que a explotación dos oprimidos merece unha loita armada contra determinados colectivos”.

A XUSTIZA COMO FÁBRICA

“No caso da Audiencia Nacional non acredito en teorías da conspiración senón que penso que estamos ante unha inercia administrativa”, argumenta Brandariz, quen lembra que “o Estado español construíu a maior maquinaria antiterrorista de Europa”. Neste sentido, afirma que nestes momentos “podemos falar dun modelo produtivista de xustiza, case de fabricación ou de traballo en serie, relativamente sinxelo —barato e produtivo— de funcionar. Só son necesarias unidades policiais que se adican á persecución do delito pola internet —e nin sequera falamos de cuestión complexa neste ámbito como a rede profunda ou outro determinado tipo de delitos— que consiste no seguimento de determinadas contas de twitter, youtube ou outras redes sociais públicas. E todo isto faise aplicando a lóxica do todo vale contra o terrorismo”. Ante toda esta maquinaria, este profesor de Dereito Penal, afirma que temos unha sociedade que “se foi acostumando” e, como as penas que se piden nalgúns casos non supoñen un ingreso inmediato en prisión, non existe unha alerta social suficiente.
Pese a esta certa apatía social, Paco si que agradece as distintas mostras de solidariedade que recibiron “desde o barrio de Coia, da Oficina de Dereitos Sociais, até da xente que os acolleu en Madrid, non me quero esquecer de ninguén e por iso non cito a todo o mundo. Estamos contentos coas mostras de apoio que recibimos.”

O PROBLEMA NON É O RAP

Paco, integrante de La insurgencia, ten claro que neste caso o “problema non é que sexa rap ou non, perseguen as mensaxes que non lles interesan. Ainda que obviamente lles importe a capacidade de influencia que se teña, o número de visitas en youtube por exemplo”.
“Como sociedade temos que ter un debate de se nos podemos realmente permitir ter toda esta maquinaria funcionando adicada a perseguir estes tipos de delitos relacionados coa expresión de determinadas ideas” conclúe Brandariz. “É un debate pendente que temos desde o final do franquismo”. E, para rematar, apunta que “no Estado español sempre foi delito defender ou amparar publicamente calquera tipo de actividade delitiva. Pese a isto non sempre se actuou como se está a actuar agora. A insubmisión ao servizo militar era un delito, mais nesa época non se procesou a ninguén por defendela publicamente con palabras”.

“CANDO ME FALAN DE ESPAÑA…”
Así comezaba a copla popular cando un 3 de xuño de 1979 un militante de Fuerza Nueva e tenente do exército paseaba pola praza da Ferrería de Pontevedra. Desenvolvíase un recital antinuclear e nese momento soaba unha canción popular galega na voz de Suso Vaamonde. O público acompañaba ao cantante. Segundo se dixo no xuízo, unha estrofa en concreto foi cantada polo público mentres sobre o escenario, Vaamonde, só se limitaba a peitear a guitarra. “Sempre teño unha disputa…”. O caso é que esa copla popular chegou a ouvidos do militar salmantino quen, increpando aos asistentes e ao cantante, interrompeu a actuación e interpuxo unha denuncia. A Audiencia Provincial de Pontevedra someteu a xuízo a Suso Vaamonde e condenouno a doce anos e un día de prisión por “inxurias á Patria”. O Tribunal Supremo, tras o recurso, reducíu a sentenza a seis anos e un día. Suso refuxiouse en Venezuela converténdose así no primeiro exiliado por delito de opinión da etapa constitucional.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Libertad de expresión
Persecución política Lo que hay detrás de las denuncias contra la abogada de Pablo Hasél
La AVT y el sindicato policial SUP han denunciado a Alejandra Matamoros, abogada de Hasél. El Movimiento Antirrepresivo de Madrid incide en que las denuncias se enmarcan dentro de una “campaña de acoso y derribo”.
Sined
19/1/2018 15:16

Vaites! Non sabía a historia de Suso Vaamonde! 12 e 6 anos!
Por certo, hai que poñela estrofa enteira que é moi boa nos tempos que corren:
"Cando me falan de España, sempre teño unha disputa,
Se España é a miña nai, eu son un fillo de puta."

1
1
Baleares
Un modelo insostenible El rechazo a la turistificación se expande en Canarias, Baleares y Barcelona
Tras la masiva manifestación en las Islas Canarias del pasado mayo, Palma de Mallorca, Barcelona y San Sebastián salen este 15 de junio a la calle contra un modelo de turismo desmedido insostenible para el territorio y sus habitantes.
Violencia machista
El Estado que revictimiza Violencia institucional: “Si lo hubiera sabido antes, no hubiera denunciado nunca”
Rocío ha sufrido violencia psicológica, física y sexual por parte de su expareja. Y también violencia institucional en todas las puertas de la red de recursos institucionales que ha ido atravesando.
Crónica
Justicia En la sala de un juicio a una madre protectora
Esta es una crónica de un juicio a una mujer que pidió medidas por sospechar de abusos sexuales a su hija en el domicilio paterno sin que ninguna institución moviera un dedo y, un mes después, cogió un vuelo a su país para intentar protegerla.
PSOE
Crisis de Gobierno “El Gobierno está en la UCI”: los aliados de Sánchez afilan el discurso en clave electoral
A la espera de nuevas pruebas que puedan afectar directamente al presidente del Gobierno o algún indicio de financiación ilegal del PSOE, Podemos radicaliza su crítica al bipartidismo y Sumar habla de “un cambio de 180 grados”.
Oriente Medio
Oriente Medio Decenas de muertos en una noche de sirenas y misiles cruzados entre Israel e Irán
Después del ataque israelí contra la infraestructura energética y militar iraní, cientos de misiles iraníes atraviesan el cielo israelí e impactan en Tel Aviv, Bat Yam, Tamra y Haifa.
Editorial
Editorial Justicia irracional
Por acción o por omisión, las instituciones violentan a las mujeres. Se llama violencia institucional.
Relato
Relato Rendirse
A mi pesar me tocaba compartir mesa con aquellos documentos y, como estaba de los primeros (no lo habría imaginado al llegar), ya no conseguía quedar por encima, con lo que me gusta.
Opinión
Opinión Amor, alienación y nostalgia en la obra de Wong Kar Wai
El cine de Wong Kar Wai logró captar la avalancha de nostalgia que florecía en el capitalismo tardío frente a la desorientación y la enajenación de los propios sujetos sociales.
Galicia
Galicia Activistas bloquean una planta de Altri en Portugal y avisan de que frenarán su expansión en Galicia
El grupo atrancó con cadenas y soldadura las entradas de la planta de Celbi en Leirosa, en la mayor acción directa hasta el momento contra la expansión de la multinacional papelera en territorio gallego: “O povo é quem para Altri”.

Últimas

Madrid
Movimiento republicano Miles de personas claman en Madrid contra la monarquía y por la República
En el 11 aniversario de la proclamación de Felipe VI, una marcha unitaria reclama que este reinado sea el último de España.
Tribuna
Tribuna Almacenamiento energético de Enlight Renewable Energy en Huesca: lavado verde de la imagen de Israel
VV.AA.
La empresa israelí Enlight Renewable Energy tiene intención de construir un parque de baterías para energías renovables en el pirineo oscense. Operación que el Gobierno debería prohibir por la contribución de la compañía a la ocupación ilegal israelí
Ocupación israelí
Movilizaciones Un centenar de organizaciones de 26 países denuncian a la empresa vasca CAF y su tren del apartheid
Más de 50 localidades salen a la calle este fin de semana para señalar a la empresa que construyó el tranvía que conecta Jerusalén con territorio ocupados y exigir el fin del genocidio en Gaza.
La vida y ya
La vida y ya Un rato de cada lunes
Pero, lo más coincidente ha sido, expresado de distintas maneras, su agradecimiento hacia ese lugar. Su lugar elegido.
Ocupación israelí
Ocupación Israelí La policía egipcia impide con violencia la marcha internacional a Gaza
La marcha de 4.000 personas a Gaza es reprimida por la policía del régimen de Al-Sisi. La organización pide a las embajadas que reaccionen y protejan a sus ciudadanos.
Más noticias
Galicia
Crowdfunding O Salto Galiza abre un crowdfunding para empapelar a Altri
Queremos investigar a los responsables políticos y empresariales del que podría ser el mayor atentado ambiental de la historia reciente de Galicia.
Que no te lo cuenten
El Salto Radio De océanos y detenciones
VV.AA.
La acidificación del agua marina supera sus límites mientras Israel aborda la Flotilla por la Libertad.
Análisis
Análisis del CIS La calma antes de la tormenta: la dimisión de Santos Cerdán como punto de inflexión
El último barómetro del Centro de Investigaciones Sociológicas (CIS) ha muerto pocas horas después de nacer por la dimisión de Santos Cerdán, aunque sirve como foto fija de un escenario que favorece a la derecha.

Recomendadas

Consumo
David Sánchez “Shein está diseñado para crear adicción a través de patrones muy oscuros”
David Sánchez Carpio es director de la Federación de Consumidores y Usuarios (CECU), una de las organizaciones que han denunciado al gigante chino de venta de ropa por internet ante la Comisión Europea. “No hay que culpabilizar a los consumidores".
Rap
Rap Los Chikos del Maíz: “La música urbana está llena de fachas y votantes de Vox”
Tras un fin de gira accidentado, Toni y Nega dan una tregua indefinida a su proyecto con dos conciertos en Madrid. Horas antes de llenar la sala en la primera cita, visitan la redacción de El Salto.
Río Arriba
Río Arriba Luis González Reyes: “Vivimos en un mundo en la que la escasez es un elemento central”
Primera entrevista del programa Río Arriba en formato podcast y vídeo donde hablamos de las nuevas guerras neocoloniales por recursos en la era de Trump y Putin, de la escasez, del decrecimiento y el colapsismo.
Pensamiento
Economista Clara Mattei: “El liberalismo y el fascismo están unidos en su protección del orden del capital”
El ambicioso ensayo 'El orden del capital' nos traslada al Reino Unido y la Italia de la I Guerra Mundial, que se contemplan como un momento bisagra: el auge de socializaciones y cooperativizaciones que tuvo lugar durante la contienda y la inmediata posguerra fue abortado a través de un 'shock' austericida destinado a restaurar la centralidad de los grandes capitales.