Abanca triplica os seus beneficios en plena suba dos prezos das hipotecas

O banco que resultou da fusión das dúas grandes caixas de aforros galegas e onde se dilapidaron 9.000 millóns de diñeiro público gañou 429 millóns até setembro deste ano, cunha rendibilidade do 13%.
juan carlos escotet abanca
Juan Carlos Escotet, fundador de Banesco y presidente de Abanca.
30 oct 2023 17:14

Abanca logrou até setembro un beneficio atribuído de 428,6 millóns de euros, unha cifra que sitúa o seu cociente de rendibilidade no 13% e supón triplicar os beneficios de 142,5 millóns que cultivara no mesmo período do ano pasado. O banco que xurdiu da fusión das dúas grandes caixas de aforro galegas e en cuxa quebra se dilapidaron 9.000 millóns de diñeiro público colleita cifras récord de éxito que atribúen ao “dinamismo do negocio retail e o sólido perfil financeiro”. Mentres, a subida dos tipos de interese desde finais de 2022 segue asfixiando ás familias con hipotecas a cargo.

Aínda que é certo que o Banco Central Europeo non optou por aumentar as taxas na última revisión, as proxeccións suxiren que non haberá reducións até despois do próximo verán. Este luns o Euribor atópase no 4,078%. Un custo do diñeiro elevado que se manterá durante un período aínda longo e, polo tanto, os custos de financiamento aínda poden seguir subindo. A media do mes pecharase en torno ao 4,1% e suporá un encarecemento das cotas da hipoteca de arredor de 120 euros de media.

Mentres tanto, ao outro lado da liña, o banco dirixido polo fundador de Banesco, Juan Carlos Escotet, segue facendo caixa. O agora banco venezolano presentou ante a Comisión Nacional do Mercado de Valores unha información na que destaca superar as 96.000 altas de clientes no que vai de ano e demostra seguir gañando cota de mercado nos principais territorios e negocios.

De feito, Escotet foi un dos acérrimos detractores dos impostos á banca e ás enerxéticas elaborado polo Goberno de coalición e que recadou xa 2.908 millóns de euros, segundo explicaba a ministra de Facenda en funcións, María Jesús Montero, a semana pasada nunha entrevista na Cadena Ser. “É profundamente daniño para toda a economía (...) e moi cuestionable desde o punto de vista constitucional”, sostiña o banqueiro cando se comezou a expor a mediados do ano pasado. Unha formulación que contrasta coas estratexias de redución de custos da súa entidade. Desde 2014, Abanca pechou case un centenar de oficinas en Galiza, principal territorio no que está asentada, deixando sen sucursal a medio centenar de municipios e facéndose, ademais, con subvencións millonarias da Xunta de Galiza para instalar caixeiros nesas mesmas localidades.

Hipotecas
Tope al Euribor o asomarse al abismo
Las subidas de tipos del BCE están provocando la asfixia de los hogares mientras engordan los beneficios de los bancos a niveles nunca vistos.
Banca
A xente que non quere o caixeiro
A rápida dixitalización da banca, xunto co aumento do peche de sucursais en zonas rurais deixan á xente maior en risco de exclusión financieira.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...