Banca
A xente que non quere o caixeiro

A rápida dixitalización da banca e os peches de sucursais deixan á xente maior en risco de exclusión financeira. Unha década despois da perda das caixas galegas, Abanca intensificou os peches malia ter un tercio de usuarias maiores de 65 anos.
abanca 1
A fusión das caixas galegas foi avalada pola Xunta, sen auditoría externa. Pablo Santiago

Dende agosto do ano pasado, Paco de 76 anos e veciño de San Valentín (Fene), non pode acceder aos servizos de Abanca no seu barrio, entidade da que leva sendo cliente toda a vida. Pilar, farmacéutica da Baña, tampouco. Agora só lles queda un caixeiro automático no que non saben manexarse, ou desprazarse ao núcleo máis próximo onde aínda permaneza aberta unha oficina.

A finais de 2020, en Galiza había 487 sucursais de Abanca. En setembro de 2021 só quedaban 437, 50 menos. “O peche de sucursais foi moi rápido e intenso, sobre todo en zonais rurais. A diferenza das antigas caixas, os bancos de agora móvense por unha lóxica puramente empresarial. Se hai xente suficiente nun lugar, mantense a oficina, do contrario, non”, explica Alba Nogueira, catredrática en Dereito Administrativo.

abanca 2
Esther é unha das ducias de persoas que se manifestaron en Parga contra o peche da sucursal. Pablo Santiago

Entrevistamos a Pilar fóra da súa farmacia da Baña. Cruzamos ata a beirarrúa de enfronte, aínda que podiamos ter conversado no medio da estrada, xa que no transcurso da entrevista só pasa un coche; o da súa filla, profesora, que vai dar clase a Santa Comba. “O peche de Abanca supuxo un desastre a todos os niveis, foi sacarlle un servizo esencial a unha vila que xa tiña poucas cousas. Antes, o que viña ao banco paraba a comprar os medicamentos, a mercar algo no súper, tomaba un café… Agora a xente vai cobrar a Negreira e xa non ven aquí a nada”, explica Pilar.

“A situación complícase para as persoas maiores, que non están adaptadas á rápida dixitalización do servizo”

A sucursal da Baña pechou as portas da oficina que tiñan en propiedade o pasado mes de setembro, non sen enfrontarse previamente ás protestas das veciñas. Rafael Vieito é o presidente de A Baña Emprende, unha asociación de comerciantes locais. O seu negocio de restauración está xusto pegado a unha oficina de Abanca que aínda conserva o logo, a pesar de que no interior non queda máis ca baleiro. “Quedou o caixeiro, pero só permite retirar diñeiro, non realizar ingresos e, ademais, falla moito. Unha vez estropeouse un sábado e non o arranxaron ata o martes. Estivemos todos eses días sen servizo”, explica. Dende A Baña tamén notan a baixada na afluencia de persoas ás feiras dos luns. “Hoxe os feirantes dicían que non sabían se ían aguantar pola falta de xente”, conta Pilar. Ela sempre operou en efectivo, non tivo tarxeta de crédito ata fai uns poucos meses “porque non me quedou outro remedio”. Puido aprender a facer transferencias e a manexarse “un mínimo”, pero a situación complícase para as persoas maiores, que non están adaptadas á rápida dixitalización do servizo e, en moitas ocasións, sen coche propio, se precisan efectivo non lles queda máis remedio que pagar un taxi a Negreira ou depender das fillas.

Ante o porqué do peche das sucursais e a problemática a que se enfrontan as persoas maiores, dende o departamento de comunicación de Abanca responden por correo electrónico: “Os peches realizados en 2021 sitúanse en localidades nas que a actividade non fai necesaria unha oficina porque presentan un volume de operacións moi reducido ou teñen outras oficinas de Abanca en municipios próximos. Nelas, Abanca presta servizo financeiro a través de caixeiros automáticos ou coa oficina móbil. Ademais, Abanca ten activo o plan de axuda para o uso de caixeiros para todas as persoas que o necesiten. Os caixeiros foron adaptados para facilitar o seu uso por parte das persoas maiores”. Cando trasladamos estas afirmacións a Pilar, ela explica que isto —o feito de que a xente maior precise sempre dunha explicación ou axuda por parte das fillas e netas— “fainos sentir tontos”.

abanca 3
Isabel e Manolo nun banco de San Valentín (Fene). Pablo Santiago

No referente ás novas tecnoloxías, a xente maior non se pon as pilas porque non quere, non ten ganas, nin ten porque facelo”. É o que lle acontece a Isabel, unha veciña de San Valentín —barrio obreiro de Fene—  que é clienta de Abanca desde 1968: “No meu edificio só hai tres persoas que saben usar o caixeiro, e somos oito”. A banca electrónica tampouco representa unha opción accesible a moitas delas. Manolo, o marido de Isabel, explica que con 80 anos xa non está para aprender a usar o móbil, e Paco négase: “Teño un teléfono para que me chamen e nada maís”.

Alba Nogueira: “Abanca non vai renunciar á súa lóxica de negocio e a tendencia parece que se dirixe a que moitos concellos queden sen un banco cerca.”

Esther Rodríguez xa se enfrontou a esta problemática no 2017. Cando dende a entidade comunicaron que querían pechar a oficina de Parga (Guitiriz), a veciñanza protestou diante da sucursal. “Non é o mesmo poder vir aquí que ter que ir a Guitiriz, que está a 12 quilómetros, e onde tiñas que botar moito tempo agardando fóra, cunha cola de 20 persoas diante, con chuvia e frío”, explica Esther. Despois das protestas, a veciñanza de Parga conseguiu manter a oficina aberta, pero durante a pandemia, segundo relatan os veciños, dende a entidade comunicóuselle  que “por precaución polo coronavirus” abrirían só dous días á semana. Nunca se volveu a restaurar o horario habitual. No verán de 2021, as protestas contra os peches sucedéronse en ducias de localidades galegas, como A Baña, Vimianzo, Campo Lameiro, Zas ou Seixo. En San Valentín, lembra Manolo que “había manifestacións todos os xoves, e iamos todos”. Non obstante, Isabel recoñece, resignada, que “non valeu de nada”.

Segundo un informe publicado polo Banco de España, as provincias de A Coruña, Lugo e Ourense concentran case o 24% da poboación en zonas de vulnerabilidade media para a retirada de efectivo. Nas últimas semanas, e ante a repercusión da campaña No soy idiota, soy mayor para denunciar as políticas bancarias de rápida dixitalización que evidencian o estado de exclusión financeira no que viven moitos colectivos vulnerables, dende Abanca extenderon os horarios de atención ao público. Ata agora, as oficinas só atendían á clientela de 9 a 11 da mañá. A partir de agora, será ata as 2 da tarde. Con todo, os servizos non se restaurarán nas vilas nas que se pechou a sucursal. Alba Nogueira pensa  que “Abanca non vai renunciar á súa lóxica de negocio e a tendencia parece que se dirixe a que moitos concellos queden sen un banco cerca”.

abanca 4
Paco, no banco: “Cando era caixa de aforros falabas con calquera e atendíanche, agora é diferente". Pablo Santiago

A inicios dos anos 2000, comezaron as fusións das antigas caixas de aforros galegas que remataron na bancarización destas entidades. As persoas entrevistadas para esta reportaxe recordan un trato “máis amable e familiar” nas caixas. Esther lémbrase do traballador da antiga caixa da súa localidade que, segundo ela, levaba alí 20 anos: “Antes entrabas no banco e tiñas outro trato, explicaban as cousas con amabilidade. Coñecíame e sempre me botaba unha man no que fixera falta”. Paco atopa o mesmo problema na súa oficina: “Antigamente falabas co director ou con quen fora, agora os empregados xa non nos atenden como antes”. Pilar asegura que, cando a oficina da Baña aínda estaba aberta, había moita afluencia de persoas e que “os traballadores estaban baixo moita presión, nas caixas tiñamos un trato máis próximo, agora somos só numeros”. Dende que Abanca pechou a súa sucursal de A Baña, está pensando en cambiar de banco porque “se falla algo, aquí non tes nin con quen falar”. Rafael Vieito, tamén veciño de A Baña, coincide con ela: “Somos un número e agora o diñeiro non vale o que valía antes. Aquí hai poucas hipotecas, no rural prima o aforro e iso non xera tantos beneficios”.

Alba Nogueira explica que as caixas de aforros tiñan un obxectivo social e que a súa actividade ía dirixida tamén a facer un investimento no tecido empresarial produtivo máis próximo: “A concentración do negocio bancario actual alentou en parte a desaparición das propias caixas para ter conglomerados máis potentes que puideran ser competitivos nun mercado globalizado. Os bancos teñen un negocio especulativo global, dirixen a súa estratexia á captación de recursos e investimento”. Segundo esta experta, as fusións comezaron porque houbo “un proceso impulsando dende arriba, dende unha política que non é allea á vontade das entidades bancarias de dominar absolutamente todo o mercado”.

A fusión das caixas galegas

Ese proceso tamén afectou ás caixas galegas, Caixa Galicia e Caixanova, que comezarían o proceso para a súa fusión. A operación foi apoiada por unanimidade polos tres grupos parlamentarios e avalada segundo a Xunta por unha “auditoría externa” pola que pagou un millón de euros. A Consellería de Facenda insistiu durante ese ano: “A unión de Caixa Galicia e Caixanova é solvente, é a fórmula que garante a galeguidade e está avalada tecnicamente.“ E así se fixo. En 2010 nacía Novacaixagalicia.

Con todo, poucos meses despois, esta nova caixa tería que ser rescatada polo Estado con  máis de 8.000 millóns de euros. Co fin de facilitar a chegada do capital suficiente para operar, créase NCG Banco, e as caixas rematan sendo unha fundación sen ningunha responsabilidade nin control sobre os aforros das galegas. En 2013, trala perda das caixas e o rescate público, activouse no Parlamento a comisión de investigación da fusión das caixas.

abanca caixa
Calendario de peto de 1983 (Gráfico Galaico).
Unha das cuestións que transcende da comisión é a “auditoría externa” que, segundo a Xunta, avalaba a fusión. A empresa que fixo o informe, KPMG, negou ese ano no Parlamento ter realizado tal auditoría, xa que o propio documento falaba dun “diagnóstico acelerado” que nin recomendaba nin deixaba de recomendar a fusión. Foi nese punto cando Antón Sánchez, membro da comisión de investigación, pediu máis documentacion sobre a fusión. En concreto, un informe dos técnicos de Facenda ao que fai referencia a Conselleira Currás e o acordo do Consello da Xunta autorizando a fusión: “Dicíannos que iso estaba na documentación que xa tiñamos, pero non. Pedina varias veces pero funo deixando porque o principio non me parecía posible que isto fose así. Ao final consulteino co avogado e recomendáronme ir ao contencioso por vulneración dos dereitos fundamentais”.

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia doulle a razón a Sánchez, condenando a Xunta a entregar a documentación, algo que fixo o máis tarde posible, en 2020: “O PP conseguiu retrasar todo este proceso, cando xa estaba privatizado, e cando xa fora silenciado polos grandes medios. Non o fixeron público porque tiñan moito que ocultar e non deron o informe ata o final”. Ese informe, segundo Sánchez, tampouco avalaba nin recomendaba a fusión: “Era só unha proposta de acordo onde a maioría era palla. Non hai argumentación dos técnicos de Facenda, nin se se valoraran varias alternativas... Basicamente, non había sustento técnico que avalase a decisión.”

En 2020, a Audiencia Nacional determinou que o rescate que rematou coas caixas veu motivada pola quebra financeira na que se atopaba Caixa Galicia antes da fusión promovida pola Xunta.

Para Sánchez, foi a “absoluta falta de control” do Goberno galego o que as levou a quebra: “Tiñan competencias para controlar como se xestionaban os aforros das galegas, pero non se fixo nada. As caixas investiron en ladrillo, por exemplo, e esas decisións fixeron que Caixa Galicia quebrase”. Para a catedrática en dereito administrativo Alba Nogueira, o actual goberno galego móvese baixo unha lóxica neoliberal: “Feijoo actúa sobre os intereses das grandes bancas e das grandes eléctricas. Isto é contrario con falar de políticas de recuperación e repoboación demográfica”.

“As alternativas serían que a administración tivera os seus propios servizos a través da banca pública ou o que na Unión Europea se coñecen como obrigas de servizo público universal”

A Xunta entregou 2,8 millóns de euros a diferentes entidades, entre elas Abanca, para que se instalen caixeiros nas localidades onde se pecharon sucursais. Por outra banda, o pasado 21 de febreiro, o Ministerio de Asuntos Económicos, O Banco de España e as tres patronais bancarias (AEB, CECA y Unacc) firmaron un protocolo co fin de abordar a exclusión financeira de colectivos en risco.  Un decálogo que aborda, entre outras cousas, a amplicación dos horarios, a educación financeira e dixital para as persoas que así o queiran, a reparación dos caixeiros fóra de servizo, etc. Con todo, Alba Nogueira cree que “os acordos aos que chegou a Ministra de Economía coa banca non van revertir a situación na que nos atopamos”.

abanca 5
Abanca é parte do venezolano Banesco Grupo Financiero Internacional. Na imaxe, a oficina de Ponte da Pedra (Monfero), que desde o verán de 2021 só abre os luns. Pablo Santiago

Para ela, as alternativas ao funcionamento do modelo actual serían, por unha banda, “que a administración tivera os seus propios servizos a través da banca pública ou o que na Unión Europea se coñecen como obrigas de servizo público universal”. Estas obrigas funcionan como unha maneira de regular o sector, impoñendo unha serie de medidas que aseguren que toda a poboación poida acceder a certos servizos: “Isto xa se fai noutras empresas de carácter privado como as de telefonía, que teñen que garantir que se poña liña telefónica incluso nos puntos máis illados do territorio. Isto sería unha fórmula para obrigar a banca a dotar de certos servizos para asegurar unha atención xeográfica uniforme e cumprir coa atención a colectivos vulnerables”.

Alfonso Losada, impulsora das accións contra o peche en Parga, quere facer fincapé na responsabilidade dos gobernos: “Habería que regular cales son os servizos bancarios a garantir, pero non hai vontade. Para el, a “presión” que se fixo coas manifestacións e as protestas “fixo efecto, e vese con esta medida de Abanca de ampliar o horario para as persoas maiores ata as 14h”.  Ante a tendencia á dixitalizacion dos procesos bancarios e o peche de oficinas maioritariamente en zonas rurais, a xente parece que continuará protestando. Con todo, o futuro das sucursais que aínda se manteñen abertas é incerto. 

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Segovia
Mujeres rurales Maribel y sus amigas o cómo sobrevivir sin servicios públicos
Maribel lleva trabajando en el campo desde que era pequeña pero no ha podido cotizar nunca. Junto a sus amigas resiste en un medio rural que envejece sin sanidad, educación o transporte.
Medio ambiente
Opinión De los necios, los mastines y los lobos en los tiempos sombríos
Paseando con mastines, frente a la barbarie, una reivindicación del lobo y, con él, de la comunidad, de la fraternidad, de la esperanza y de la voluntad superviviente de la belleza.
Eléctricas
Oligopolio eléctrico Sánchez no admite responsabilidades en el apagón mientras sus socios piden nacionalizar la red eléctrica
El presidente del Gobierno señala a los “operadores privados”, entre ellos Red Eléctrica, cuyos últimos dos presidentes vienen del PSOE y cuyo principal accionista es el Estado, con el 20%, seguido por el 5% de Amancio Ortega.
Antimilitarismo
Rearme El gasto militar mundial se dispara
El gasto militar en el planeta aumentó en 2024 un 9,4% respecto a 2023, lo que supone el mayor incremento interanual desde la Guerra Fría.
Pobreza energética
Energía Apagón crónico: lugares donde no volverá la luz, a pesar de la restauración del sistema eléctrico
Miles de personas en el Estado español viven día a día apagones y falta de suministro en lugares como Cañada Real (Madrid), la Zona Norte de la ciudad de Granada o los asentamientos de jornaleras y jornaleros migrantes en Huelva y Almería
València
València El tejido social presenta su propuesta de reconstrucción tras la dana
Los Comités Locales de Emergencia y Reconstrucción y las asociaciones de víctimas definen los presupuestos de Mazón y Vox como una declaración de guerra.
Galicia
Galicia La Xunta aprobó la celulosa de Altri argumentando que su chimenea de 75 metros sería “icónica”
El Informe de Patrimonio Cultural, favorable a la multinacional, se emitió en base a dos encargos externos, contratados y pagados por la empresa al ex presidente y al actual tesorero de Icomos-España.

Últimas

Eventos
Evento Un Salto al periodismo desde el barrio: acompáñanos en un directo sobre periodismo situado
El Salto organiza un evento centrado en el potencial de los formatos sonoros para transmitir información veraz y fiable de forma cercana. Para hacer periodismo desde el barrio y barrio desde el periodismo.
Opinión
Opinión Provoquemos la próxima interrupción
Lo que nos resta es gobernar el apagón que habrá de venir, ser la causa colectiva de las próximas interrupciones, aquellas que lleven al fin de este mundo desbocado y sin sentido.
Energía
Energía El gran apagón de abril | El suministro de energía se recupera al 99%
Pedro Sánchez explica que se produjo una “pérdida” del 60% de la electricidad a las 12:33h: “15 gigavatios se han perdido súbitamente del sistema en apenas 5 segundos. Aproximadamente el 60% del sistema eléctrico”.
Energía
Energía La ley marca permisos retribuidos para situaciones como el apagón eléctrico
El Estatuto de los Trabajadores, en su artículo 37.3, protege a la plantilla cuando no es posible llegar a su puesto de trabajo o desarrollar con normalidad su tarea en situaciones como no tener electricidad durante horas.
Electricidad
Apagón ¿Qué le puedo reclamar a la empresa eléctrica y al seguro tras el apagón?
Tras el incidente con la electricidad de este lunes 28 de abril, los consumidores deben conocer qué pueden reclamar a las compañías de la luz o a sus seguros.
El Salto Radio
El Salto Radio Desmantelando E2 I El racismo institucional y sus grietas
Las redes de apoyo mutuo y la actitud de compartir privilegios son herramientas imprescindibles para combatir los impactos del racismo estructural.
Más noticias
València
València La jueza de la dana acorrala al relato político de Mazón
El president viaja a Estados Unidos la semana en la que el PP europeo celebra su congreso en València y no acudirá a la multitudinaria romería de Santa Faz.
Crisis climática
Informe Las diez empresas más contaminantes del país son responsables de un quinto de las emisiones españolas
Repsol mantiene el podio gris de empresa más contaminante que le arrebató a Endesa en 2020. Completan el top 10 de compañías más emisoras energéticas, cementeras y siderúrgicas, que copan entre ellas el 56% de las emisiones del mercado de carbono.
Comunidad de Madrid
Energía El apagón en Madrid, en imágenes
En Madrid, la gran urbe ha permanecido incrédula al pasar de las horas, entre rescates en el Metro, en el Cercanías y en ascensores, donde han quedado atrapadas algunas personas.

Recomendadas

Senegal
Migraciones El mito de la migración ordenada: la denegación de visados por el Consulado de España en Dakar
Maltrato institucional. Estas dos palabras son las más escuchadas cuando se pregunta a personas descontentas con el Consulado de España en Dakar. Cada vez más personas denuncian denegación de visados que no consideran justificados.
Guinea-Bissau
Internacional Guinea-Bissau arranca una ola de represión tras el sabotaje popular de una mina de arena en un parque natural
Una acción liderada por las mujeres del pueblo de Varela provocó un incendio en la bomba de extracción de la mina de arena pesada. El Gobierno ha llevado a cabo la detención de 16 personas, entre las que se encuentran líderes locales.
Galicia
Galicia Vigo, A Coruña y Ourense compraron material policial a Israel por medio millón de euros en solo cuatro años
El alcalde ourensano, Gonzalo P. Jácome, adjudicó un contrato por 70.000 euros días después del siete de octubre. Abel Caballero firmó otro de más de 200.000 euros y la alcaldesa de A Coruña siguió la estela con un contrato de 170.000 euros.