Coñece 'Oasis Monte Alto', a iniciativa colaborativa para transformar o barrio

Este novo laboratorio convida a todas as persoas a participar nesta iniciativa colaborativa para mellorar a contorna a través dos propios talentos e recursos.

Oasis Monte Alto, CoLab na Coruña aberto ao público pola mellora veciñal
A iniciativa Oasis' chega a Monte Alto para identificar e construír un soño común.
27 oct 2017 11:16

O proxecto comunitario Oasis Monte Alto é unha iniciativa dirixida a “facer realidade un soño común”. O domingo 29 haberá un encontro de presentación desta iniciativa transformadora. Habitantes do barrio, comerciantes, colectivos sociais, artistas, estudantes e persoas curiosas están convidadas.

O obxectivo é dar a coñecer este proceso para “deseñar e poñer en marcha iniciativas colaborativas que melloren o entorno e as relacións a través dos propios talentos e recursos locais”, nunha orixinal sesión vermú que terá lugar na rúa Matadero 68 ás 11 horas.

As crianzas son benvidas á presentación de Oasis Monte Alto e contarán cun espazo e actividades. Tamén haberá petiscos musicais, empanada e vermú.

O ‘Xogo Oasis’

O ‘Xogo Oasis’ é unha ferramenta de mobilización comunitaria creada polo Instituto Elos en Brasil e implementada centos de veces en máis de 30 países por todo o mundo. Un grupo de 20 persoas xogadoras actúan de nexo entre o proceso participativo e o resto da veciñanza, mobilizando á comunidade e convidando a participar no proceso de recoñecer o potencial do barrio e así soñar, deseñar e poñer en marcha iniciativas colaborativas que melloren a contorna e as relacións a través dos propios talentos e recursos locais.

Despois da presentación, Oasis Monte Alto desenvolverase durante dúas fins de semana de novembro, e rematará coa posta en marcha da acción transformadora.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...