Xunta de Galicia
A Xunta redobra a súa aposta por KKR e reparte 3,2 millóns a dedo a O Son do Camiño
As pólas do fondo KKRe a súa conivencia coas grandes institucións do Estado seguen case intactas un ano despois de que O Salto destapase os seus vínculos co Estado israelí. Neste caso, a Xunta de Galiza volveu facelo. Despois da adxudicación dunha enorme partida de diñeiro público creada ad hoc o ano pasado, o Goberno galego do Partido Popular repartiu esta mércores 13 de maio, 3.170.200 euros, impostos incluídos, á organización do festival de cabeceira do presidente galego Alfonso Rueda: O Son do Camiño.
Fíxoo directamente e sen concurso público á unión temporal de empresas que forman, a medias, a empresa galega Esmerarte e Old Navy Produciones, o gran bastión do fondo de investimento KKR no norte do Estado español. A empresa dirixida por Iván Méndez, pero propiedade do xigante KKR, é máis coñecida polo seu nome comercial Bring The Noise. Baixo ese nome producen tamén o máis que coñecido Resurrection Fest, agora tamén en mans de capital estranxeiro.
Como ocorre a miúdo neste tipo de contratos millonarios negociados sen publicidade, polo menos baixo a estratexia de opacidade da Xunta, acceder ao detalle do acordo é practicamente imposible polas vías oficiais. Na escasa información pública difundida polo Goberno galego na licitación só se pode atopar o montante final e o adxudicatario. Para entender a asociación empresarial e ata onde chegan os seus negocios só queda o Rexistro Mercantil.
Old Navy, manexada polo fondo, obtivo un beneficio de 2,4 millóns de euros en 2024, xa en mans de KKR. Os resultados logrados por esta empresa serían efectivamente imposibles se se lles restasen as subvencións a dedo que recibe da Xunta (tamén o fai polo xigante Resurrection Fest).
Este modelo de patrocinio permítelle á Xunta elixir sen concurso aos empresarios cos que quere colaborar na creación de festivais e evitar o control de auditoría que suporía un evento organizado directamente pola administración pública. Se un quere saber cales son os cachés dos grupos que visitarán Santiago de Compostela o 18, 19 e 20 de xuño, á par que o Sónar en Barcelona —tamén de KKR—, a tarefa vólvese imposible xa que a administración que preside Rueda descoñece eses detalles: limítase a servir un cheque e esixir que o logotipo do Xacobeo e a Xunta estea ben visible en todas as esquinas do recinto.
Esta redacción escribiu varias veces desde 2025 aos organizadores de O Son do Camiño e á Axencia de Turismo de Galicia, a entidade coa cal a Xunta asina o cheque, para preguntarlles a propósito da intervención do fondo KKR no evento, pero ningunha das dúas entidades tivo a ben responder.
Cal é a vinculación do fondo KKR co Estado de Israel?
Aínda que se explicou con detalle na investigación publicadao pasado ano, KKR participa na promoción inmobiliaria nos territorios ocupados ilegalmente por Israel en Palestina. Fao a través doutro coñecido conglomerado, o grupo alemán Axel Springer, do que KKR é principal investidor desde 2019.
Como xa publicou con anterioridade O Salto,Axel Springer —dono de medios de comunicación como Bild, Die Welt, Business Insider, Politico ou Upday— ten tamén unha liña inmobiliaria similar á española Idealista, chamada Yad2, que oferta vivendas en territorios ocupados. “Yad2 axúdache a mirar cara adiante e construír un futuro no teu próximo fogar en Israel”, indicaba un anuncio publicado na prensa israelí en decembro de 2024. O anuncio mostraba un mapa que incluía as zonas recoñecidas polo dereito internacional como palestinas, isto é, Xerusalén Leste, Gaza e Cisxordania. Ademais, KKR controla tamén Guesty, plataforma de software de xestión de propiedades inmobiliarias con sede en Israel.
KKR, un fondo coñecido nos EEUU por ser parte do lobby profracking, está dirixido por Henry Kravis e George Roberts, ambos xudeus estadounidenses. Kravis foi doante de Nikki Haley na campaña de primarias do Partido Republicano de 2024. Haley é recordada, entre outros mensaxes, por escribir a mensaxe “acabade con eles” nun mísil israelí dirixido a Gaza. Doante republicano —con algúns escarceos para candidatos demócratas probussiness— Kravis, o novo dono dos macrofestivais que se celebran en España, achegou un millón de dólares na primeira toma de posesión de Donald Trump en 2016. Ademais, é recoñecido como un importante doante de iniciativas culturais promovidas polo Estado de Israel.
KKR ten un portafolio público e outro que non se coñece xa que intervén a través doutros fondos de investimento. Entre o que é público, a propia compañía refire investimentos en software, ciberseguridade, tecnoloxía financeira, internet, datos e información en empresas e startup de Norteamérica, Europa e Israel. En materia de ciberseguridade, KKR entrou no mercado israelí a través da compañía Optiv, que estableceu colaboración coa firma Israel IntSights, fundada por exoficiais de intelixencia das Forzas Armadas de Israel (FAI).
Nese mesmo campo, no verán de 2021, KKR respaldou á empresa Global Technical Realty (GTR), anunciando un novo centro de datos subterráneo de 10,5MW en Petah Tikva, cidade creada por Israel en territorio historicamente poboado polo pobo palestino. O centro, que tras o anuncio pasou a ocupar un lugar discreto nos medios israelís, tería a día de hoxe polo menos 4.800 metros cadrados de superficie, convertíndoo na principal infraestrutura israelí deste tipo.
A ramificación tecnolóxica chamada GTR foi fundada ad hoc polo fondo para deseñar, construír e operar centros de datos a medida en toda Europa para grandes clientes tecnolóxicos e actualmente xa opera e tece vínculos en Oriente Próximo.
A compañía mantívose nun discreto segundo plano nas valoracións políticas dos seus asociados con respecto ao xenocidio. O xeneral de catro estrelas David Petraeus, exdirector tamén da axencia de intelixencia estadounidense CIA, incorporouse a KKR en 2013 como presidente do grupo en Oriente Medio. Petraeus foi comandante das forzas estadounidenses en Afganistán entre 2010 e 2011. En 2013, The Guardian publicou información exclusiva sobre o seu coñecemento das torturas en Iraq. Nos seus “comentarios de mercado”, os analistas de KKR sinalaban a vitoria de Trump como positiva, en tanto podían servir para dinamizar os chamados Acordos de Abraham asinados por Israel con distintos países de maioría árabe.
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!