A exdirectora financeira de Povisa perfílase como a nova líder do PP de Vigo

Luisa Sánchez Méndez foi entre 1999 e 2023 alto cargo do Hospital Povisa desde onde Alfonso Rueda deulle o pulo á sanidade pública, dirixindo os Recursos Humanos da Consellería de Sanidade na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
Luisa Sánchez Méndez
Luisa Sánchez Méndez, no centro, durante a Asemblea Xeral da CEP en Pontevedra.
17 ene 2025 14:00

Mentres decenas de miles de persoas manifestábanse este xoves en Vigo para protestar pola deterioración e a privatización dos servizos sanitarios da área, nos despachos do Partido Popular de Galiza xéstase unha estratexia política que vai xusto na dirección contraria. O Partido Popular da cidade máis grande de Galiza prepara a elección da súa máxima representante e todas as papeletas para acceder ao posto tenas Luisa Sánchez Méndez, a persoa que foi directora económica e financeira entre 1999 e 2023 do maior hospital privado de Galiza: o Hospital Povisa. Desde alí, por certo, Alfonso Rueda deulle o pulo á sanidade pública, mandándoa a dirixir os Recursos Humanos na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés. Toda unha declaración de intencións.

A receita neoliberal que o Partido Popular leva aplicando desde a Xunta ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) tivo moitos e variados ingredientes desde que Alberto Núñez Feijóo chegou á presidencia galega en 2009. O máis notable e que máis contestación social xerou —e segue xerando á vista da manifestación deste xoves— foi a construción do Hospital Álvaro Cunqueiro, o primeiro centro hospitalario de Galiza privatizado na súa construción e na oferta de servizos non asistenciais. A obra magna de Feijóo que, xa durante o goberno do seu sucesor, Alfonso Rueda, destapóuselle un sobrecusto de 470 millóns de euros.

A construción do Álvaro Cunqueiro produciu algunhas das maiores mobilizacións da historia da cidade e tamén de Galiza. Iso, xunto a man de ferro populista do alcalde do PSOE da cidade, Abel Caballero, e a alimentación do suposto conflito entre as cidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, propiciou que o Partido Popular sexa absolutamente irrelevante na política local de Vigo polo menos desde 2007.

Foron tecendo desfeitas electorais desde entón: hoxe teñen soamente cinco das 27 actas de concelleira do Pleno municipal. Agora, o PP de Vigo, dirixido en última instancia polos seus xefes en San Caetano, apura a celebración dun congreso para elixir a Sánchez Méndez, actual vicepresidenta na Deputación de Pontevedra para, din, facer fronte a Caballero nas eleccións municipais de 2027.

Vigo
Unha multitudinaria manifestación enche Vigo contra a privatización sanitaria orquestrada desde a Xunta
Ducias de miles de persoas e os partidos da oposición acoden ao chamado de SOS Sanidade Pública para reclamar “a reconstrución da área sanitaria de Vigo”, empobrecida pola privatización de servizos e os sobrecustos do Álvaro Cunqueiro.
Sanidad pública
A xestión de Feijóo do Álvaro Cunqueiro: privatización, camas pantasma e un sobrecusto de 470 millóns
Un informe do Consello de Contas de Galiza desvela malas prácticas e neglixencias administrativas en relación ao hospital vigués.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...