Vigo
Unha multitudinaria manifestación enche Vigo contra a privatización sanitaria orquestrada desde a Xunta
Decenas de miles de persoas encheron hoxe as rúas máis céntricas de Vigo para reclamar “a reconstrución” da área sanitaria de Vigo, cuxos servizos cada vez están máis empobrecidos pola saturación da Atención Primaria e as privatizacións das asistencias no Hospital Álvaro Cunqueiro. Un centro hospitalario que hoxe sabemos que tivo un sobrecusto de 470 millóns de euros grazas ao contrato executado pola Xunta de Galiza, gobernada entón por Alberto Núñez Feijóo.
O chamado lanzouno a plataforma SOS Sanidade Pública, que aglutina a boa parte dos sindicatos e asociacións máis críticas coa axenda neoliberal do Goberno galego, hoxe comandado por Alfonso Rueda. Os propios portavoces, que sinalan o éxito da marcha, puxeron o foco en reclamar as responsabilidades políticas polas condicións de licitación e construción do Hospital Álvaro Cunqueiro e defender as medidas necesarias para reconstruír a área sanitaria e dotala dos recursos necesarios para conseguir unha asistencia totalmente pública e de calidade.
Durante a semana, Manuel González Moreira, portavoz de SOS Sanidade e membro da CIG veu criticando o sistema empregado pola Xunta: “Queremos recuperar o control público do Cunqueiro. É moi importante recuperar a xestión pública do hospital e ampliar as súas estruturas, que non se construíron. No momento da licitación, o proxecto construtivo inicial era un e o que se construíu, outro”. Tamén pediu que se afaste do Servizo Galego de Saúde “o negocio da sanidade privada”.
Á marcha uníronse a maior parte dos sindicatos e os partidos da esquerda e o centro esquerda de Galiza.
Sanidad pública
A xestión de Feijóo do Álvaro Cunqueiro: privatización, camas pantasma e un sobrecusto de 470 millóns
Opinión
Sobrevivir pagando no Álvaro Cunqueiro
Relacionadas
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!