Vigo
Centos de persoas de toda Galiza maniféstanse fronte ao Consulado de Venezuela contra o golpe dos EEUU
Centos de persoas procedentes de distintos puntos de Galiza concentráronse este sábado ante o Consulado de Venezuela en Vigo para protestar contra o que cualifican como un golpe de Estado promovido polos Estados Unidos contra o país latinoamericano e contra o secuestro do presidente Nicolás Maduro. A mobilización, convocada por colectivos sociais e organizacións políticas, denunciou a inxerencia estadounidense e expresou o seu apoio á soberanía do pobo venezolano.
Durante a protesta, que contou coa presenza de figuras políticas como Ana Miranda, eurodiputada do BNG, ou Néstor Rego, diputado no Congreso polos nacionalistas, coreáronse consignas contra o imperialismo e exhibíronse pancartas en defensa do dereito de Venezuela a decidir o seu futuro sen presións externas. Os organizadores reclamaron o fin das políticas de intervención que, ao seu xuízo, agravan a situación económica e social do país.
Ademais, o cónsul, Martín Pacheco, dirixiuse á multitude para agradecer a solidariedade do pobo galego e alzar unha voz de esperanza e un berro de esixencia pola liberdade de Maduro.
Editorial
Editorial
Secuestro, golpe de Estado, pillaje: las palabras que definen la operación de EEUU contra Venezuela
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!