Teatro
Pódese calcular estar morta?

‘Sofía e as Postsocráticas’ é unha obra da compañía Inversa Teatro que reflexiona sobre a construción cultural da violencia machista e nos interpela sobre a nosa responsabilidade social ante o maltrato.
Sofía e as postsocráticas Inversa Teatro
‘Sofía e as Postsocráticas’ (Inversa Teatro). Foto: Ángel Sousa
26 abr 2021 10:30

Se ben a concepción da inferioridade da muller respecto do home non naceu cos pensadores gregos da antigüedade, senón moitísimo tempo antes, o elemento novidoso daqueles filósofos clásicos foi o de elevar á categoría de razón a suposta inferioridade feminina, xustificando a desigualdade e dando lugar a unha violencia inaugural no comezo do que chamamos cultura grecolatina. Sofía e as Postsocráticas, dirixida por Marta Pérez, fala desa construción histórica partindo do máis profundo do noso kosmos, a Grecia Antiga, onde foi concebido o logos a partir do cal comezou a ser pensado e percibido o noso mundo occidental desde o prisma masculino, arbitrariamente establecido como universal.

Teatro
Teatro La vida está fuera del arco. Poner cuerpo(s) al feminismo andaluz
‘Enlorquecidas’ es una obra que pretende contar y narrar el deseo de las mujeres de salir del arco y romper con el mundo patriarcal a través de las mujeres en las obras de Lorca.

A partir dos textos de creación colectiva entre a mesma directora, quen no escenario tamén interpreta a Platón, e as outras dúas actrices que completan o reparto, Silvia Penas na pel de Sócrates e María Roja no rol de Aristóteles, a obra ábrese paso por aquela construción cultural que deu lugar a máis de dous mil anos de violencia estrutural.

‘Sofía e as Postsocráticas’parte do máis profundo do noso kosmos, a Grecia Antiga, onde foi concebido o logos a partir do cal comezou a ser pensado e percibido o noso mundo occidental desde o prisma masculino

Estamos na Atenas do século V a.C. e as tres actrices que interpretan os pensadores clásicos afondan nas bases da dinámica do maltrato tentando descubrir un novo logos co cal poder reinterpretar a realidade.

Aqueles filósofos da antigüedade que buscaban a esencia das cousas, o archè da physis, ou que se preguntaban pola moral —sendo a visión masculina a medida de todas as cousas—, sentaron as bases racionais que xustificaron a asimétrica percepción dos xéneros. Que é o mundo? Qué é a natureza? Que é o ser? Preguntábase Sócrates nesa búsqueda das verdades universais. Preguntas que, se ben son inquedanzas propias de toda a especie humana, naquel universo grego da antigüedade só podían ser formuladas polos homes, dado que eles consideraban que as mulleres, por natureza, eran seres sen as capacidades intelectuais necesarias e suficientes como para poder participar da dinámica do pensamento.

Inestábeis, débiles, excesivamente emotivas… Así as analizou Aristóteles, ao igual que o resto de pensadores coetáneos das emblemáticas pòlis helenas, que consideraban ás mulleres do mesmo xeito que o estaxirita.

En Sofía e as Postsocráticas as tres protagonistas, a través de diálogos, xogos, e reflexións de toda índole, poñen de relevo o carácter patriarcal e as consecuencias daquelas fundamentacións racionais sobre a muller, que deron lugar á unha cosmovisión sexuada do social ao longo de toda a historia. Unha cosmovisión que sustentou o machismo, normalizando e perpetuando o menosprecio e o maltrato.

As tres protagonistas, a través de diálogos, xogos, e reflexións de toda índole, poñen de relevo o carácter patriarcal e as consecuencias daquelas fundamentacións racionais sobre a muller.

So sei que nada sei, exclama Sócrates na voz de Penas, poñendo voz femenina a unha das máis grandes sentencias da historia da filosofía e rachando, nun só acto verbal, coa arquitecura patriarcal do pensamento pretendidamente universal. Eles, cidadáns libres, racionais e varóns das ágoras, que estableceron as súas propias preferencias e intereses particulares como verdades absolutas e universais, impuxeron a súa parte masculina como o todo e lexitimaron a súa palabra por sobre a das mulleres, restrinxindo o área do coñecemento e facendo deste unha práctica netamente androcéntrica e sexista.

Na considerada por moitas como a Biblia do feminismo, O Segundo Sexo de Beauvoir, a filósofa francesa comenta: “Efectivamente, nos nosos días o home representa o positivo e o neutro, é dicir, o macho e o ser humano, mentres a muller é só o negativo, a femia. Cada vez que a muller se comporta como un ser humano, interprétase como que se identifica co varón”. Na mesma liña, o sociólogo —tamén francés— Pierre Bourdieu, que analizou o campo do social como conxunto de relacións de percepción e de recoñecemento, concluíu que se son os homes os que producen o coñecemento son eles os que dan forma ao mundo, os que seleccionan os enfoques das ciencias, e os que escriben os libros que lemos. Así, desde esa posición de poder, lexitimaron e impuxeron as súas preferencias e intereses masculinos como se fosen neutros.

Sen facelas explícitas, pero cunha magnífica habilidade para fiar as premisas, Sofía e as Postsocráticas percorre todas estas reflexións nas distintas situacións que se nos presentan en cada escena. Desde disertacións filosóficas, deporte, festividade e tradición, ata chegar tamén ás ausencias: as das voces das eternas esquecidas da historia. Das que habitaron un mundo que durante séculos, máis alá do ámbito do fogar, só as quixo como musas para os poetas ou como ninfas animadoras dos corpos e da natureza.

Os homes desde a súa posición de poder, lexitimaron e impuxeron as súas preferencias e intereses masculinos como se fosen neutros.

Enmascaradas e vestidas coas togas particulares da época clásica, as tres mulleres filósofas que protagonizan a obra disertan sobre o kosmos e sobre as ideas con moito humor e sen trivializar nin o momento histórico que representan, nin as consecuencias fatais daquela construción de xénero dos inicios da nosa cultura occidental.

Cun diálogo que ten moi claro o camiño que quere percorrer, o trío actoral viaxa nesa busqueda racional do por que das cousas evidenciando, á súa vez, aquela desigualdade normalizada e conectando a época antiga co noso presente, sen perder o obxectivo principal desta tríada de pensadoras. Dar con ese novo logos reinterpretativo da realidade na que elas tamén sexan parte do deseño do mundo e da vida teórica.

Na Política de Aristóteles, escrita entre o 384 e 322 a.C, o filósofo de Estaxira analizou as estruturas básicas que toda sociedade debía ter. No seu manuscrito estableceu que as mulleres, por ser supostamente máis emotivas, debían ocuparse do oikos —o ámbito doméstico— para coidar do fogar e da prole e que, ademáis, tiñan que ser gobernadas polos seus maridos que eran, segundo o pensador, máis racionáis e máis aptos para tal cometido por natureza.

Aquela fenda na organización do espazo social implicaba que elas quedaran fóra de diversas actividades públicas, sendo a filosofía unha delas. Foi así como as mulleres quedaron fóra das ciencias, desprazadas do saber, fóra dos interrogantes constitutivos da nosa civilización. Fóra do ser. Fóra das preguntas que fundamentaron as bases da nosa historia occidental.

Aristóteles na ‘Política’ estableceu que as mulleres, por ser supostamente máis emotivas, debían ocuparse do ‘oikos’ —o ámbito doméstico— para coidar do fogar e da prole e que, ademáis, tiñan que ser gobernadas polos seus maridos.

Cunha escenografía a cargo de Monste Piñeiro, que nos sitúa nas ágoras atenienses, as tres actrices tentan buscar ese novo logos que permita reinterpretar a realidade. Sócrates (Penas) manda apuntar a Platón (Pérez) as ideas que se lle veñen á mente. Á súa vez, Platón manda apuntar ao seu discípulo Aristóteles (Roja) o que o primeiro lle está a dictar. Unha cadea metafísica na que o logos patriarcal se vai desmontando en favor da consecución da República feminista das iguais.

Preguntábase Parménides sobre o ser e o non ser, Pitágoras sobre a natureza dos números e das formas xeométricas, Platón sobre a Verdade e a Falsidade. Interrogantes que apelan á medida das cousas. Preguntábanse eles, os homes, que foron os que ocuparon as universidades, os corpos militares, a política, o comercio, e as artes, e que deseñaron non soamente os canons de beleza femininos, senón tamén os parámetros de xustiza absolutos. Que é o Ben e que é o Mal. Unha xustiza patriarcal, pretendidamente universal, que chegou ata a cultura actual na que segue a funcionar o blaming victim (a culpabilización da víctima).

Opinión
El patriarcado está muerto

Hoy, en medio de la pandemia del coronavirus, el patriarcado está muerto y en descomposición y un bichito ha puesto sus despojos en la periferia, para ver qué sucede cuando la fuerza de la vida y la muerte se ponen en el centro de la convivencia.

Das ágoras gregas da antigüedade, e con axuda dos efectos audiovisuais a cargo de Laura Iturralde, os e as espectadoras tamén viaxamos ao plano puro das ideas e das matemáticas no que podemos ver as tres filósofas que están sobre o escenario e indagar sobre a posibilidade de cuantificar e de medir o maltrato machista en todas as súas expresións. Canto mide o sufrimento dunha muller? Como se mide a humillación? A partir de cantos centímetros un berro é un sinal de socorro? Que é Verdade e que non o é? E, sobre todo, pódese calcular estar morta?

Con axuda dos efectos audiovisuais a cargo de Laura Iturralde, os e as espectadoras tamén viaxamos ao plano puro das ideas e das matemáticas.

O universo evocador da música de Jesús Andrés Tejada e a iluminación de Angel Sousa acompañan a viaxe das tres filósofas na búsqueda dese novo logos que supón un intento de recuperar a Sofía —o saber— do secuestro arbitrario histórico masculino poñendo de relevo o que é e o que implicou a invisibilización e o sometemento da metade da humanidade. Implicacións que seguen vixentes, incluso, nos nosos días en que gran parte da sociedade segue a considerar ilexítimas as testemuñas das mulleres maltratadas. En definitiva, ilexítimas as voces delas, que quizáis sexa a máxima expresión da cousificación: o corpus sen voz feminino como locus da violencia normalizada. Unha violencia cultural na que os xuices, moi lonxe de reinterpretar a realidade, seguen a xulgar que é maltrato e que non o é a partir dos canons interpretativos do patriarcado asasino. O mesmo sistema que as avasalou, que as ningunea e que lles nega esa violencia estrutural que padecen día si, e outro tamén, desde hai séculos.

Cál é a nosa responsabilidade como sociedade ante a violencia machista? Cál é o noso papel ante episodios de maltrato? Son éstas preguntas que o guión suscita ao longo dos 55 minutos que dura a función. Preguntas que non son formuladas pero que nesa viaxe, desde a Atenas do século IV a. C ata os nosos días, están aí. Interrogantes que flotan entre os e as espectadoras. Que fan que teñamos que vernos no espello negro da historia. Preguntas que xa nos temos plantexado como humanidade nos xuizos de Nüremberg ou nos xuizos ás xuntas militares dos setenta na Arxentina. Quen queremos ser ante a violencia?

Sofía e as Postsocráticas é unha achega imprescindible para a reflexión sobre a orde social naturalizada e unha crítica necesaria nunha sociedade na que é habitual ver a negación das evidencias máis palpables; incluso aquelas que son evidencias planetarias. O negacionismo da actual pandemia da Covid, por parte dalgúns e dalgunhas, é un exemplo que lembra moito a ese negacionismo da existencia do patriarcado. E é que, malia ter cada semana mulleres asasinadas enriba da mesa, segue a ser tabú falar da violencia estruturada. Segue o patriarcado a querer impoñer o seu silencio femicida.

Cál é a nosa responsabilidade como sociedade ante a violencia machista? Cál é o noso papel ante episodios de maltrato?

Dicía Gramsci, en relación coas inxustizas globais, que a indiferencia é o peso morto da historia. Pode que, entón, o silencio ante a violencia machista sexa o cimento tácito sobre o cal eriximos o noso día a día.

A travesía filosófica das Postsocráticas, esa búsqueda dunha nova realidade, é un berro de xustiza na historia das que foron as eternas esquecidas. Das que padeceron, lonxe dos altavoces, o inferno da historia. E o feminismo —a loita delas, por elas, e para todas, tanto mulleres como homes— é o movemento filosófico, social e político que veu para repensar radicalmente a totalidade do real; que veu para traernos un novo logos que conduza á igualdade, que implique a preservación dos dereitos humanos, e que persiga a consecución real e efectiva do nin unha menos.

A travesía filosófica das Postsocráticas, esa búsqueda dunha nova realidade, é un berro de xustiza na historia das que foron as eternas esquecidas.

Na historia universal, a meirande parte da ínfima cantidade de mulleres que durante séculos puideron participar nas ciencias ou na literatura, teñen sido invisibilizadas nos libros de historia, ou foron minimizadas as súas aportacións ás ciencias. Ou tamén teñen sido ninguneadas e ás súas achegas expostas nos libros baixo sinaturas dos homes. No peor dos casos, como ocorría durante a Europa do medievo, foron sistemáticamente queimadas, empaladas ou decapitadas por practicar disciplinas como a mediciña ou a botánica.

Moi poucas ao longo de toda a historia —e tendo que abrirse camiño no mundo dos homes— como Hipatia, Olympe de Gouges, Shelley, Skłodowska-Curie, Beauvoir, Millet ou Davis, acadaron ese lugar na historia que lles pertence e que, afortunadamente a día de hoxe e grazas á loita feminista, é cada vez maior. A mesma loita que é a de Rosa Parks, a de Rosa Luxemburgo, a de Dolores Ibarruri, a das Abuelas de Plaza de Mayo, a de Frida Kahlo, a de Luz Fandiño, a de Lyudmila Pavlichenko, a de Rigoberta Menchú, que son parte desa semente de xustiza revolucionaria que veu ao mundo para mudalo todo.


Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Violencia machista
El Estado que revictimiza Violencia institucional: “Si lo hubiera sabido antes, no hubiera denunciado nunca”
Rocío ha sufrido violencia psicológica, física y sexual por parte de su expareja. Y también violencia institucional en todas las puertas de la red de recursos institucionales que ha ido atravesando.
Literatura
María Agúndez “El trabajo de limpiadora es muy digno, pero nadie quiere hacerlo”
La escritora retrata en ‘Casas limpias’ las contradicciones de quienes considerándose personas igualitarias y progresistas delegan los cuidados y la limpieza para evitar el conflicto y sostener su comodidad.
Feminismos
Feminismo Dous anos sen reparación tras sufrir lesbofobia nun Rexistro Civil de Pontevedra cando ían inscribir a seu fillo
Un funcionario negouse a inscribir ao fillo de Antía e a súa parella. Un erro de redacción na lei trans está detrás dos argumentos que o funcionario esgrime para defender a súa actuación.
Opinión
Opinión Pedro Sánchez, final de partida
El presidente del Gobierno se irá sin haber hecho nada para evitar que el circuito que ya estaba ahí cuando llegó siga funcionando.
Oriente Próximo
Oriente Próximo Israel pone la región al borde del abismo
La región vive una escalada de la tensión tras el ataque de Israel a Irán y la respuesta de este. El intercambio de ataques no ha cesado en todo el fin de semana.
Alicante
Alacant Martín Villa y el expolicía Daniel Aroca irán a juicio por un asesinato político durante la transición
El exministro y empresario será investigado por crímenes contra la humanidad cometidos durante la dictadura franquista. Se trata del primer caso de estas características dirigido desde un juzgado español.
Baleares
Un modelo insostenible El rechazo a la turistificación se expande en Canarias, Baleares y Barcelona
Tras la masiva manifestación en las Islas Canarias del pasado mayo, Palma de Mallorca, Barcelona y San Sebastián salen este 15 de junio a la calle contra un modelo de turismo desmedido insostenible para el territorio y sus habitantes.

Últimas

Oriente Medio
Oriente Medio Decenas de muertos en una noche de sirenas y misiles cruzados entre Israel e Irán
Después del ataque israelí contra la infraestructura energética y militar iraní, cientos de misiles iraníes atraviesan el cielo israelí e impactan en Tel Aviv, Bat Yam, Tamra y Haifa.
Opinión
Opinión Amor, alienación y nostalgia en la obra de Wong Kar Wai
El cine de Wong Kar Wai logró captar la avalancha de nostalgia que florecía en el capitalismo tardío frente a la desorientación y la enajenación de los propios sujetos sociales.
Crónica
Justicia En la sala de un juicio a una madre protectora
Esta es una crónica de un juicio a una mujer que pidió medidas por sospechar de abusos sexuales a su hija en el domicilio paterno sin que ninguna institución moviera un dedo y, un mes después, cogió un vuelo a su país para intentar protegerla.
Editorial
Editorial Justicia irracional
Por acción o por omisión, las instituciones violentan a las mujeres. Se llama violencia institucional.
Relato
Relato Rendirse
A mi pesar me tocaba compartir mesa con aquellos documentos y, como estaba de los primeros (no lo habría imaginado al llegar), ya no conseguía quedar por encima, con lo que me gusta.
Portugal
Antifascismo Concentraciones en varias ciudades de Portugal en repulsa a la agresión a un actor por un grupo neonazi
Cientos de personas se concentran en distintas ciudades portuguesas en repulsa a la agresión al actor Adérito Lopes por parte de un grupo de neonazis el pasado 10 de junio.

Recomendadas

Consumo
David Sánchez “Shein está diseñado para crear adicción a través de patrones muy oscuros”
David Sánchez Carpio es director de la Federación de Consumidores y Usuarios (CECU), una de las organizaciones que han denunciado al gigante chino de venta de ropa por internet ante la Comisión Europea. “No hay que culpabilizar a los consumidores".
Violencia machista
El Estado que revictimiza Violencia institucional: “Si lo hubiera sabido antes, no hubiera denunciado nunca”
Rocío ha sufrido violencia psicológica, física y sexual por parte de su expareja. Y también violencia institucional en todas las puertas de la red de recursos institucionales que ha ido atravesando.
Galicia
Galicia Activistas bloquean una planta de Altri en Portugal y avisan de que frenarán su expansión en Galicia
El grupo atrancó con cadenas y soldadura las entradas de la planta de Celbi en Leirosa, en la mayor acción directa hasta el momento contra la expansión de la multinacional papelera en territorio gallego: “O povo é quem para Altri”.
Rap
Los Chikos del Maíz “La música urbana está llena de fachas y votantes de Vox”
Tras un fin de gira accidentado, Toni y Nega dan una tregua indefinida a su proyecto con dos conciertos en Madrid. Horas antes de llenar la sala en la primera cita, visitan la redacción de El Salto.