We can't find the internet
Attempting to reconnect
Something went wrong!
Hang in there while we get back on track
Tauromaquia
Isto non aguanta máis
Non aguantarían as touradas se non fose polos cartos públicos, polo IVE de tipo reducido (10 %) que se lle aplica ás entradas e abonos, e sen o innegable apoio que os gandeiros de touro de lidia reciben das axudas da Política Agraria Común.
99,7 % de galegas e galegos, case todas, que non asiste a touradas segundo o último estudo estatal sobre “hábitos e prácticas culturais”. Pouco máis dun cento de persoas na que era a grande presentación do lobby taurino en Pontevedra e que contou cunha previa mediática digna das superestrelas do rock.
As touradas non aguantan máis no noso país e se sobreviven como tal é por dous factores, por unha banda unha Lei de benestar animal que, aínda con disposicións positivas, volta excluír os eventos tauromáquicos como actos de malos tratos cara aos animais, co cal calquera iluminado pode organizar unha tourada, capea ou encerro coa aprobación do goberno autonómico. E o segundo é a falta de avanzo que manifesta a cuestión na cidade de Pontevedra, onde estamos a formular medidas que requiren de moita afouteza.
Coa cuestión da tauromaquia hai que ser teimudas. Demostrámolo na Coruña, logo de anos de intensa e estratéxica campaña que culminou co anuncio do goberno local en Xullo de 2015 suspendendo o contrato de organización dunha feira taurina tan subsidiada como ignorada pola veciñanza. Tamén en Padrón, onde un só concelleiro do BNG logrou que a moción para vetar o uso de cartos públicos para novilladas saíra adiante coa oposición do Partido Popular, no goberno da vila.
Tauromaquia
Los mitos de la tauromaquia, desmontados
Quienes defienden la celebración de corridas de toros suelen emplear argumentos que, en ocasiones, pueden sonar a ciencia ficción. Hemos consultado a varias personas expertas qué hay de veraz en estas premisas.
E por que non expropiar a praza de touros de Pontevedra? Os antecedentes son unha xustificación clara: falta de interese na tauromaquia, necesidade dun equipamento para a cidade, a propia propiedade do solar e dunha doceava parte da infraestrutura por parte do Concello... E un aforro considerable a longo prazo, xa que ata día de hoxe as arcas municipais puideron desembolsar máis de 800.000 € só no alugueiro puntual das instalacións taurinas, e ademais para facer en grande parte espectáculos con animais.
Ata día de hoxe as arcas municipais pontevedresas puideron desembolsar máis de 800.000 € só no alugueiro puntual das instalacións taurinas
Non aguantarían as touradas se non fose polos cartos públicos, polo IVE de tipo reducido (10 %) que se lle aplica ás entradas e aboamentos, e sen o innegable apoio que os gandeiros de touro de lidia reciben das axudas da Política Agraria Común, onde Europa remata subsidiando animais que morrerán torturados nunha praza como a de Pontevedra.
Fronte estas dinámicas houbo que dar unha volta ás accións que se desenvolven dende o activismo organizado, como a campaña #ChegouOMomento da Fundación Franz Weber e a plataforma Galicia, Mellor Sen Touradas, que apunta ao apoio político-institucional como un dos seus eixos, acadando soportes da meirande parte das formacións políticas con representación nas administracións do país.
Tampouco é negativa a aprobación da moción no Concello de Pontevedra na cal existe un claro posicionamento como vila “contraria ao espectáculos cruentos cos animais” xa que, aínda que simbólica, isto mantén a obriga do goberno local de substituír ou eliminar o emprego de seres vivos en non poucas actividades. Non se pode esquecer semellante declaración de Barcelona no 2004, onde a praza de touros tamén era privada e o goberno da cidade si traballou arreo para obstaculizar estas prácticas de violencia.