Santiago de Compostela
Un cento de persoas acampan na estación de Santiago de Compostela polo ‘decreto Maricarmen’
Algo máis dun cento de persoas, convocadas polo Sindicato de Vivenda de Compostela, concentráronse esta noite na sstación intermodal de Santiago de Compostela para iniciar unha acampada polo ‘decreto Maricarmen’. A protesta, segundo explicou a organización, busca visibilizar o caso desta veciña, que se converteu en símbolo dunha situación que, denuncian, viven milleiros de inquilinas en todo o Estado.
Desde o sindicato sinalan que o caso Maricarmen foi “o detonante” dunha indignación acumulada ao longo de anos ante o que cualifican de situación “insoportable” no acceso á vivenda, tanto en Compostela como no conxunto do país. A organización asegura que as persoas inquilinas levan décadas a soster “unha situación habitacional abusiva”, con alugueiros que consideran excesivos, vivendas en mal estado e propietarios que quedan con “máis da metade” dos salarios das familias.
Os convocantes reclaman tamén o uso dos espazos públicos, que consideran “arrebatados” pola masificación turística, á que responsabilizan de converter a cidade nun lugar, din, “inhabitable”. Baixo esa reivindicación decidiron ocupar a estación intermodal desde as 22h, ás que consideran un espazo ao servizo da cidadanía e non dos intereses económicos ligados ao turismo.
A acampada, segundo o sindicato, quere amosar solidariedade con outras protestas similares desenvolvidas noutros puntos do Estado, entre elas a que se mantén na Puerta del Sol de Madrid. Os manifestantes coreaban consignas como “polo decreto Maricarmen”, “por ningunha Maricarmen máis” e “por unha cidade habitable e libre de boitres”. A concentración transcorreu, polo momento, sen incidentes.
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!