Medio cento de persoas comeza unha acampada na praza do Obradoiro

Coordinadas por varias organizacións, preto de cincuenta persoas instalaron na noite deste mércores dez tendas diante da catedral: “Hoxe imos durmir no que é noso. Nas rúas. Que veña toda a xente que poda”.
Acampada Compos 2026 obradoiro
Medio cento de persoas son identificadas pola Policía Local mentres instalan as súas dez tendas de campaña na praza do Obradoiro en Santiago de Compostela. Foto: O Salto.

Pouco antes da medianoite, medio cento de activistas, coordinados e coordinadas por varias organizacións, arrincaron unha acampada na praza do Obradoiro da capital galega. Ao peche desta edición e mentres chegan aínda persoas á zona vella da cidade, hai cando menos dez tendas despregadas sobre o chan de pedra fronte á catedral.

En conversa c'O Salto, unha das persoas que vai durmir nas, polo de agora, dez tendas extendidas no chan de pedra, explica que están a ser identificadas pola Policía Local e que, en principio, non van ser sancionadas: “Hoxe imos durmir no que é noso. Nas rúas. Que veña toda a xente que poda”.

[Nova en ampliación]

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...