Decenas de miles de persoas desbordan Compostela en defensa da sanidade pública

O presidente da Xunta Alfonso Rueda tacha de “electoralista” unha mobilización masiva que secundaron todos os sindicatos e partidos políticos con representación no parlamento galego excepto o PP.
manifestación santiago sanidade febreiro 2024
Praza do Obradoiro ao rematar a manifestación en defensa da sanidade pública galega.
4 feb 2024 13:46

Decenas de miles de persoas abarrotaron as rúas de Santiago de Compostela para protestar contra a  deriva privatizadora da sanidade galega en mans da Xunta do Partido Popular e para defender, máis que nunca, unha sanidade totalmente pública e gratuíta. Galegos e galegas foron convocados pola plataforma SOS Sanidade Pública que tachou de “lamentable” a situación da Atención Primaria e unhas “listas de espera absolutamente inaceptables” para calquera tipo de cirurxía. Unha manifestación cun seguimento masivo que se produce a dúas semanas xustas das eleccións galegas do 18 de febreiro.

Baixo a pancarta da plataforma convocante, que estableceu a data da protesta antes da convocatoria electoral, a manifestación contou coa participación de todos os candidatos dos partidos de esquerda. Especificamente, asistiron Ana Pontón (BNG), José Ramón Gómez Besteiro (PSdeG), Marta Lois (Sumar) e Isabel Faraldo (Podemos Galicia).


Aínda que a protesta en apoio á sanidade pública foi convocada por SOS Sanidade Pública antes de que Alfonso Rueda anunciase a data das eleccións autonómicas para o 18 de febreiro, o presidente da Xunta e candidato á reelección polo PPdeG cualificou a manifestación deste domingo en Santiago de Compostela como “electoralista”. Como argumento para deslegitimar a protesta sinalou, desde o mitin central que o seu partido celebrou na praza de touros de Pontevedra, que hai partidos, como o seu, que “organizan eventos electorais”, mentres que outros, di, “simplemente realizan manifestacións”.

Urbanismo
Expropiacións e sobrecustos: os restos da xestión de Feijóo na reforma do hospital da Coruña
A ampliación do principal centro sanitario do norte de Galiza enfronta administracións e levanta en pé de guerra a corenta familias que poden quedar sen casa
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...