We can't find the internet
Attempting to reconnect
Something went wrong!
Hang in there while we get back on track
El Salto n.79
A celulosa ou a vida: xornalismo situado e loita social para frear un ecocidio

Galiza vive hoxe un conflito social, político e medioambiental que nos interpela como sociedade. Con toda probabilidade, o maior da súa historia recente. Só é comparable co Nunca Máis que respondeu á xestión do afundimento do Prestige, pero cunha gran diferenza: a macrocelulosa que o Partido Popular e a multinacional papeleira Altri queren instalar no seu corazón territorial aínda pode pararse.
As veciñas e os veciños da comarca da Ulloa son agora a punta de lanza contra un modelo extractivista que, se non o consegue en Galiza, intentará reproducirse en calquera outro enclave do Estado español.
O xoves 17 de xullo vén ao CS A Nubeira e acompáñanos nun evento no que o xornalismo e a cidadanía xuntan forzas para facer fronte ás desfeitas medioambientais do poder.
Se o xoves 17 de xullo estás por Vigo, vén ao CS A Nubeira e acompáñanos a partir das 18h nun evento no que o xornalismo e a cidadanía unen as súas forzas para facer fronte ás desfeitas medioambientais do poder.
Antes de presentar a última entrega da nosa revista, o número 79, faremos un mural colectivo contra Altri na fachada do centro social.
Tamén, renderemos contas do crowdfunding que puxemos en marcha para contar con fondos que nos permitan manter esta investigación, para logo falar sobre a importancia da loita social coas veciñas da Ulloa e os comuneiros de Mos, outro referente da loita social en territorio galego.
E para pechar, gozaremos da música e os ritmos de High Paw, singjay galega que foi unha das primeiras artistas en posicionarse contra o fondo proisraelí KKR.
N’O Salto posicionámonos e facémolo investigando o escuro trasfondo desta operación, dando voz ás e aos afectados, ofrecendo información independente e sen condicionantes —unha cuestión clave ante a máis que notoria connivencia dos grandes medios privados galegos e dos públicos, controlados con man de ferro polo PP.
Así vimos facéndoo desde principios de 2024, con artigos e reportaxes na nosa web nos que sinalamos as redes políticas e empresariais tras este proxecto. Seguimos niso coa reportaxe que neste número ocupa a nosa sección Panorama e así seguiremos ata conseguir parar este atentado medioambiental.