Medio rural
A caza e os seus cans

Ir de caza é unhas das actividades máis habituais dos medios rurais. Mais, a costas de quen? As ínfimas condicións de vida dos cans abre un debate sobre ver os animais só desde unha perspectiva utilitarista.

perros cautiverio
Imagen: FAADA
14 ago 2020 22:42

Eu, que medrei nunha cidade, estaba acostumada a ver polas rúas cans vestindo roupas do más bonitas, gatos en carriolas que, en canto chegan a súa casa, xogan no seu reino composto de castelos de felpa que as veces ocupan a metade dos salóns. Até coñecía pequenos roedores que vivían nun mundo xigantesco composto por túneles, rodas e serraduras.  

A relación cos animais no rural, no entanto, é moi distinta. Ningún can (excepto quizabes o meu) dorme dentro da casa, os gatiños non contan con camas cómodas e os pequenos roedores son animais que se desexa sacar a toda costa das adegas e non mascotas para ter dentro da casa.  

Ter un animal na miña aldea é, nun principio, unha cuestión meramente práctica: todos teñen unha utilidade. Os cans están para protexer a casa e escorrentar os depredadores ou os xabarís que fan desfeitas na millarada; os gatos, para cazar ratos; as galiñas e patos, para poñer ovos; as cabras, ovellas e vacas, para aproveitar o leite, comer ás crías ou para vender, e os porcos... xa sabemos para que. Son contadas as casas que teñen cabalos, por exemplo, só polo gusto de coidalos. 

A pesar de todo, o sentido de utilidade dos animais non quita que a xente despois poda xerar unha relación sentimental cos animais e encariñarse con eles grazas á convivencia. Cando eu estivera preocupada porque o meu gatiño Lucas non aparecera en case unha semana, preguntei a un veciño se o tiña visto. El respondeume: “Non o vin, non. Pero vaia, carallo, non te preocupes que iso é cousa boa, agora tes unha boca menos que alimentar...” Secasí, sei que ese mesmo veciño, aínda que non o diga, adora o can que o acompaña a todas as labranzas desde hai cerca de dez anos e que cada que el senta a descansar, recibe o can, que corre a sentarse ao seu carón, con sorrisos e caricias. 

Escoitando á veciñanza, entendín que, cando se medra nun contexto de precariedade onde todo o que se sementa e se coida se aproveita e se sacrifica, encariñarse moito cos animais non fai sentido. “¿Para que lle poñer nome aos porcos se ao final imos matalos?”, comentan algúns. Non lles parece lóxico, por exemplo, que na miña casa non nos comamos as nosas galiñas. Para que coidalas e alimentalas se ao final non se van a aproveitar? Porque iso si, todos os animais da miña aldea están ben coidados e, polo menos até a súa morte, teñen unha vida mellor da que tiveron moitos animas cuxa carne logo atopamos no supermercado. Mais non busco profundar neste texto nos debates éticos relacionados coa alimentación das poboacións labregas.  

O que quero dicir é que, cando os animais son o medio para un fin, as súas condicións de vida dependen da sensibilidade de cada persoa que os custodia. Aínda que eu non teña coñecemento de que na miña aldea alguén trate mal aos animais, teño escoitado contos sobre algún home que maltrataba as súas cabras e gatos dun xeito que non é doado relatar. 

Mais hai unha constante bastante estendida no que respecta a malas condicións de vida cara a un animal cunha función en particular: a caza. 

IR DE CAZA 

A cacería é unha actividade que moitas persoas a consideran como un “deporte” (A Real Federación Española de Caza, que obtivo o seu título ‘real’ pola concesión do rei no 2002, regula as normativas de dita actividade e a encadra no Consello Superior de Deportes).  Mais o mundo da cacería é máis grande do que nun principio sospeitara, xa que tamén existe a “caza natural, sostible e respectuosa co medio ambiente”, en palabras do presidente da Asociación de Cazadores Navarros, Miguel Iñigo.  

A caza no meu contexto inmediato, unha aldea pontevedresa, máis que unha cuestión de tradición, é un acto que potencia os encontros sociais e unha actividade que prové o pracer de adentarse e camiñar no medio do monte. Pero tampouco hai que esquecer da relación cultural entre a masculinidade e as armas. Na miña parroquia non hai ningunha muller-cazadora, así que podería supoñer que a caza tamén ten que ver coa reafirmación da masculinidade entre os grupos de homes.  

E é unha actividade bastante habitual. Das tres casas que rodean a miña, dúas teñen cans de cacería. Nun principio, polo tipo de discursos cos que medrei, pensara que falar con algún veciño-cazador sobre a caza sería un pouco incómodo para ambos. Daba por sentado que o dilema ético estaría presente e que o faría sentir incómodo. Mais non. As charlas son moi abertas e flúen sen problema ningún. Ao final, a caza está regulada polas administracións públicas e na aldea é unha actividade de ocio máis como os torneos de tute ou as noites de bingo. 

Así pois, nos primeiros meses cando aínda non coñecía moi ben a ninguén, ocorréuseme preguntar ao meu veciño-taxista se el ía de cacería. Nese momento mirara que a caza era algo tan común que pensei que ben podía funcionar como unha desas conversacións para combater os silencios inconfortables.  

Mais o home, para a miña sorpresa respondeu: “fun unha ou dúas veces. De feito merquei unha escopeta e todo. Pero despois me din de conta que o que me gustaba era saír a camiñar polo monte e sentar nunha pedra a comer un bocadillo. E para iso non tiña a necesidade de matar a un coenllo... porque a min no me gustou matar así, dábame moita pena”.  

Chámame a atención que, a pesar de que toda a poboación da miña parroquia cría animais para eventualmente sacrificalos e consumilos, non a calquera, como é o caso do meu veciño-taxista, gústalle saír a cazar. É como se os animais en liberdade espertaran unha sensibilidade particular, como se houbese unha diferencia entre os salvaxes e os que se mercan cun propósito en específico.  

Agora ben, cada fin de semana, o bar da aldea enchese de coches con remolques nos que nunha caixa metálica de metro e medio por metro e medio, van polo menos dous ou tres cans que ladran enfurecidos a calquera persoa distraía que se achegue moito á eles. 

OS CANS 

Gaiola cans de caza
Unha gaiola na que habitan dous cans

Cada que baixo a Mondariz pola estrada, paso por unha casa-bar. Nunha das paredes da casa  construíuse con ladrillos un cuarto con dimensións de un metro de ancho e dous de longo. Nese pequeno espazo, pechado dun costado cunha reixa de metal, viven dous cans. Dous. Sempre que paso están alí e cada que me achego a mirarlles de cerca, recibenme amosándo os cabeiros, enfurecidos, rabiados...  

Até o día de hoxe non me explico por que, se a construción está ao carón da estrada, ningunha autoridade tomou cartas no asunto. Segundo o artigo no. 9 da LEY 4/2017, de 3 de octubre, de protección y bienestar de los animales de compañía en Galicia, está prohibido “Manter aos animais en condicións inadecuadas, desde o punto de vista hixiénico-sanitario ou medioambiental, ou desatender o coidado e atención necesarios, de acordo coas necesidades fisiolóxicas e etolóxicas segundo a raza e especie.” (Tradución miña)  

Que os cans de caza vivan en esas condicións é máis que común e algo do que non se fala. Polo menos non o suficiente. Noutra casa da miña parroquia, nunha gaiola de aproximadamente metro e medio de ancho e sete de largo, viven SETE cans. Cans que son substituídos cada determinado tempo xa que o índice de mortalidade é bastante alto, como se pode supoñer se pensamos que esas gaiolas soen estar lonxe das casas dos donos, que non se limpan con suficiente frecuencia e que os cans pelexan constantemente entre si sen que ninguén os separe ou auxilie. 

É como se os cans de caza foran dunha raza inferior aos cans de compañía. De feito, o máis común é que, nas casas dos homes-cazadores, os cans de compañía estean soltos polo patio e xardín. Mentres que os de cacería viven separados e amontoados en gaiolas.  

Non é un segredo ningún. De feito, hai unhas semanas nunha reportaxe de David Babarro sobre a fauna salvaxe de A Costa, Cudeiro, un veciño da rexión afirmaba: “atopamos cans de caza, cando rematan as batidas, abandonados nas estradas todos os anos”. Ao final do verán pasado, só na zona de Vigo, atopáronse 370 cans unha vez que rematou a tempada de cacería.  

Mentres tanto, cada ano organízanse feiras onde se poñen á venda até 2.000 cans de caza e tense chegado a pagar 4.500 euros por un can adulto. Isto contrasta, no entanto, co feito que no 2017, segundo a Garda Civil, 40% dos cans que sofren maltrato, abandono ou roubo son de caza. Se pensa que a cifra é moito maior xa que non hai constancia estatística nin un organismo que recompile os datos.  

Sen dúbida, penso que este tipo de abusos e malos tratos sobre os animais ten que ver coa mirada utilitarista da que falei. A coexistencia e interdependencia coa natureza, incluídos os animais, sexan gando ou sexan salvaxes, xa é un feito particularmente visible nas zonas rurais, mais non sempre é recoñecido. E non pido que a miña veciña lle poña un nome a cada unha da súas galiñas. Mais, que pasaría se nos damos a oportunidade de empatizar co que está fóra de nós? De agradecer o que nos dan e dar a cambio algo máis que alimento. Que outras posibilidades de convivencia cos animais traería rachar co antropocentrismo? Que podería mudar? 

Archivado en: Galicia Caza Medio rural
Sobre este blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Antiespecismo
Salir del antropocentrismo Solo somos una especie más
“Somos ecosistemas fluidos transitando una biosfera común donde la identidad se forma a partir de la mezcla con los otros.” Salvaxe, salvaxe.
Caza
Caza CoPPA advierte sobre los riesgos para menores en la caza
CoPPA alerta sobre los peligros de la reforma de la Ley de Caza del País Vasco, que permitiría a menores asistir a batidas, comprometiendo su seguridad física y psicológica.
Alicante
Alicante El TSJCV anula los planes de caza de los humedales del sur de Alicante
El alto tribunal valenciano estima la demanda de Amigos de Humedales del Sur contra la caza nocturna de estas aves acuáticas.
Sobre este blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas las entradas
1 de mayo
1º de Mayo Euskadi se moviliza contra la 'patronal explotadora' este 1º de Mayo
Además de los temas laborales, ha habido otras reivindicaciones y recuerdos a favor del Euskera, los presos o el genocidio israelí en Palestina.
1 de mayo
1º de Mayo ‘Contra la guerra y el capitalismo’ en este Primero de Mayo interseccional de Madrid
Decenas de colectivos exigen en la calle acabar con el militarismo creciente, las violencias transversales y un espacio para todos los colectivos en la lucha de clase.
Tribuna
Tribuna La Lotte en Mont-roig del Camp: ¿Todo vale en nombre de la transición verde?
La construcción de una fábrica de componentes para baterías por parte de una multinacional se quiere imponer en una zona de Tarragona ya históricamente castigada.
There Is Alternative
There Is Alternative There Is Alternative #2: de supermercados, las cosas del comer y todo lo que no sea Juan Roig
Segundo episodio del podcast There Is Alternative de El Salto Radio sobre el lado oscuro de los supermercados, las grandes superficies y sus alternativas cooperativistas.
Laboral
1º de Mayo Inmigración y sindicatos: derechos universales o derrota colectiva
Los líderes sindicales no pueden ofrecer soluciones realistas para la situación de las personas migrantes, porque parecen asumir la vieja tesis de que la inmigración perjudica a la clase trabajadora en su conjunto.

Últimas

Eventos
Evento Un Salto al periodismo desde el barrio: acompáñanos en un directo sobre periodismo situado
El Salto organiza un evento centrado en el potencial de los formatos sonoros para transmitir información veraz y fiable de forma cercana. Para hacer periodismo desde el barrio y barrio desde el periodismo.
Energía
Gran apagón Apagones, energías renovables y estabilidad del sistema eléctrico: tareas pendientes y visos de futuro
Es posible avanzar en la penetración de las renovables, al menos hasta cierto punto, sin perder seguridad en el sistema energético. Este debe modernizarse, descentralizarse y estar planificado por el Estado, opina un experto.
Ley Trans
Ley trans El Constitucional enfrenta el recurso del PP a la ley trans, los colectivos piden evitar la senda antiderechos
El Alto Tribunal deliberó por primera vez sobre este recurso sin llegar aún a ninguna decisión. Plataforma Trans pide que no se sume a la carrera de odio contra las personas trans y avale la norma.
1 de mayo
1 de mayo Primero de Mayo: contra el militarismo y por la paz universal
Europa reaviva su deriva militarista. Como en 1914, el movimiento obrero se enfrenta al dilema de sumarse al consenso bélico o alzar la voz por la paz.
Eléctricas
Oligopolio eléctrico Sánchez no admite responsabilidades en el apagón mientras sus socios piden nacionalizar la red eléctrica
El presidente del Gobierno señala a los “operadores privados”, entre ellos Red Eléctrica, cuyos últimos dos presidentes vienen del PSOE y cuyo principal accionista es el Estado, con el 20%, seguido por el 5% de Amancio Ortega.
Antimilitarismo
Rearme El gasto militar mundial se dispara
El gasto militar en el planeta aumentó en 2024 un 9,4% respecto a 2023, lo que supone el mayor incremento interanual desde la Guerra Fría.
Pobreza energética
Energía Apagón crónico: lugares donde no volverá la luz, a pesar de la restauración del sistema eléctrico
Miles de personas en el Estado español viven día a día apagones y falta de suministro en lugares como Cañada Real (Madrid), la Zona Norte de la ciudad de Granada o los asentamientos de jornaleras y jornaleros migrantes en Huelva y Almería
València
València El tejido social presenta su propuesta de reconstrucción tras la dana
Los Comités Locales de Emergencia y Reconstrucción y las asociaciones de víctimas definen los presupuestos de Mazón y Vox como una declaración de guerra.

Recomendadas

Cómic
Fabien Toulmé “Hablar de trabajo es menos sexy que hablar de amor o de guerra”
En su libro ‘Trabajar y vivir’, el autor francés recorre distintas realidades reflejando cómo las personas se relacionan con ese mandato ineludible de hacerse con un empleo para sostenerse económicamente.
Empresas recuperadas
Natalia Bauni “En este primer año del Gobierno de Javier Milei casi no hubo empresas recuperadas”
Natalia Bauni es coordinadora del Observatorio Social sobre Empresas Recuperadas y Autogestionadas del Instituto Gino Germani de la Facultad de Ciencias Sociales de la Universidad de Buenos Aires.
Eléctricas
Sistémica eléctrico Del lobby nuclear a la burbuja de las renovables: comienza la pugna por encontrar al culpable del apagón
Un crecimiento desmedido de las renovables guiado por intereses corporativos y una red eléctrica que no ha sido actualizada a la nueva realidad energética son algunas de las causas señaladas del apagón del 28 de abril.
Senegal
Migraciones El mito de la migración ordenada: la denegación de visados por el Consulado de España en Dakar
Maltrato institucional. Estas dos palabras son las más escuchadas cuando se pregunta a personas descontentas con el Consulado de España en Dakar. Cada vez más personas denuncian denegación de visados que no consideran justificados.