Medio rural
A aldea, territorio interxeracional: apuntamentos sobre a convivencia con persoas maiores

A estigmatización da mocidade e a intolerancia cara á terceira idade está a ser construída a partir de certas narrativas que dividen as poboacións.
14 ago 2021 09:24

Cando eu tiña arredor de nove anos, as miñas dúas avoas morreron. Tampouco coñecín aos meus avós: o materno morreu hai case medio século e o paterno foi un deses homes que deixaba descendencia polo seu camiño sen mirar atrás. Así que foi até que cheguei á aldea en que vivo agora, que comecei a relacionarme con persoas da terceira idade. Coma eu case non sabía ren dos problemas demográficos na Galiza, tomoume por sorpresa o feito de que as persoas maiores se converterían nas únicas coas que mantería contacto, pois tampouco estaba consciente do difícil que sería saír da aldea sen un medio de transporte propio. 

Por sorte, grazas ao feito de que este proceso migratorio cara ao campo era á súa vez parte dun proceso migratorio maior (de América a Europa), cheguei en branco, disposta a aprehender esta nova cultura e estilo de vida. E, nese sentido, as persoas maiores eran parte deste novo escenario que tiña que descubrir.

Máis que iso, as persoas da terceira idade foron as transmisoras de toda a aprendizaxe que obtería nos próximos meses. Co mellor dos ánimos, ensináronme a preparar, sementar e coidar unha horta; a podar as videiras, a utilizar o fouciño, a gadaña e demais ferramentas agrarias. A miúdo rían de min porque parecíalles incríbel que non soubese como se sementaban as patacas ou tamén lles facía graza o meu xeito torpe de usar o sacho. Eu intuía que o seu carisma era produto do meu interese por aprender aquilo que eles dominaban e que formaba parte da súa identidade. Eran saberes que lles transmitiron os seus devanceiros. Sorrían e estaban dispostos a ensinarmo. Tiñan orgullo dos seus saberes e habilidades.

Foron as persoas maiores quen me salvaron da soidade de migrar. As miñas veciñas de setenta anos convertéronse nas miñas amigas coas súas afables conversas durante as andainas vespertinas. Diariamente, ao longo do todo o meu primeiro verán na aldea, sempre na mesma hora, escoitaba unha voz que chamaba por min desde a estrada. Ao abrir a porta, alí estaban Carme e Dolores, ambas con sombreiros de palla, un pau na man dereita e os seus respectivos cans correndo ao seu redor. Esas camiñadas foron a parte fundamental da miña inmersión lingüística, pero máis ca iso, a compañía de Carmen e Dolores foi un bálsamo que me sacaba do recuncho en  que se convertera a miña casa.

No inverno, a cociña de Maruja foi un refuxio en que podía escapar do frío e onde aprendín a facer empanadillas e tartas de queixo. Foi ela quen tamén me ensinou a calcetar e contoume toda a historia da nosa parroquia a través de anécdotas que podían datar de principios do século pasado. As dúas acompañabámonos mentres soportabamos o peso da milenaria cadea do patriarcado, aquela que nos facía ficar soas na casa mentres os homes saían a estudar e traballar até ben entrada a noite.

Con todo, nas conversas que mantiña coa miña veciñanza, sempre aparecían comentarios que sacaban a relucir unha certa idea sobre a mocidade, a cal, ao seu parecer, estaba perdida e corrompida. A nostalxia por un pasado que foi mellor que o presente, sentimento tan característico das persoas da terceira idade, mesturábase e reforzábase polos discursos dos medios masivos que se empeñan en mostrar a peor faciana da mocidade e o desastre dunha vida contemporánea afastada dos antigos valores.

Ao meu parecer, esta mesturanza de discursos durante as conversas era perigosa pola delgada liña que de pronto había entre o acto de facer memoria con morriña e a gabanza da orde moral imposta durante a ditadura. Considerei importante comezar a facer unha crítica de dita perspectiva e quizabes foi entón cando puxen, sen sabelo, a semente do desacordo con certo modo de pensar de aquelas persoas que, por convención mutua, foran as voces que me transmitían os saberes que tiña que aprender.

A nosa relación deteriorouse aínda máis cando conseguín traballo e deixei de visitar ás miñas veciñas con tanta regularidade, quen leron a miña ausencia como abandono. Aínda que só fósemos amigas e non tivese que axudarlles particularmente, as miñas visitas eran a expresión máxima de coidado. Comezaron os seus reclamos e os meus enfados, o que fixo aínda máis visíbel o “choque” xeracional que de súpeto nos dividía.

Deixar de axudarlles no traballo labrego para ficar en casa a escribir e estudar foi o paradigma de todo aquilo que nos distinguía e que non víramos antes porque tíñao suprimido ó máximo: a miña educación noutro contexto cultural, as miñas prioridades, crenzas e perspectiva de vida. Aspectos tan sinxelos como que me gustase saír de viaxe aínda que non tivese moitos cartos, parecíalle á miña veciñanza un erro, pois, tanto se había precariedade como se non, tíñamos que aforrar o máximo diñeiro posíbel (ademais de que viaxar era sinónimo de vicio e preguiza).

Comecei a sentirme xulgada mesmo polas cousas máis sinxelas como querer ir á cidade ou por querer mercar cousas que sabía que non tiñan un valor práctico ou non eran estritamente necesarias. Era como se o único estilo de vida aceptable era o que levaban as mesmas persoas maiores: espertarse cedo para traballar, ficar na casa polas tardes e deitarse cedo. Ademais, pola miña condición de muller, esperábase de min que fose responsable coa limpeza da miña casa, o coidado da miña parella e a preparación do xantar.

Convivir con persoas maiores é convivir cos seus medos, necesidades, crenzas e afirmacións de certas cousas que a ciencia hoxe xa desmentiu. Mais tamén é convivir cos seus coñecementos, relatos, coidados e ensinanzas.

As diferenzas que hai entre as nosas perspectivas do que a vida é e de como se ten que vivir, nunha primeira instancia e baixo unha mirada superficial, poderían aniquilar calquera posibilidade de entaboar unha relación entre a terceira idade e a mocidade. Pero, que é toda relación entre dúas persoas senón un acordo entre dúas partes distintas? A insistencia de conxeniar e relacionarnos só con persoas exactamente afíns a nós, cos nosos mesmos gustos e trazos identitarios, tennos levado a unha intolerancia por todo aquilo en que non nos recoñecemos a nós mesmas.

Habitar nunha aldea no rural obrigoume a vincularme con persoas totalmente distintas ao que son e, se algo de particular ten a relación con persoas maiores é que exixe aprender a escoitar. O exercicio de escoitar non é un xesto submiso nin se trata de suprimir a nosa subxectividade para ponderar a outra. Pola contra: enriquécenos. A escoita posibilita a empatía e a comprensión doutra realidade; é de onde pode xurdir un verdadeiro intercambio de coidados e saberes.

Aceptar e apertar a complexidade que gardan todas as relacións sociais é o que potencia os vínculos a pesar das diferenzas que, desde certa perspectiva (política, ideolóxica, cultural) parecerían irreconciliables. É recoñecer a complexidade mesma coa que estamos feitas e que, nese sentido, hai máis de nós que unha idea, un comentario, unha opinión.

A estigmatización da mocidade e a intolerancia cara á terceira idade está a ser construída a partir de certas narrativas que se encargan de xeneralizar e, así, aniquilar a posibilidade non só de aprender das outras persoas, senón de entaboar diálogos que enriquecerían a vida en común.

Sobre este blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

El Salto Radio
El Salto Radio Peinando canas 3: ¡Vamos al cine!
En el tercer capítulo de esta serie dedicada al colectivo sénior destacamos el trabajo de El Parlante, entidad organizadora del festival La Gran Pantalla.
El Salto Radio
el salto radio Peinando canas 2: Ganas de cantar, ganas de vivir
En el segundo capítulo de esta serie dedicada al colectivo sénior destacamos el trabajo de Irina Capriles al frente del Cor de la Universitat Oberta per a Majors de les Illes Balears.
Pensiones
Brecha de género Los hombres cobran al mes 465 euros más de pensión que las mujeres
El movimiento pensionista demanda más medidas para acabar con una brecha de género superior al 32% causada por el desigual reparto del trabajo de cuidados, realizado mayoritariamente por mujeres.
Sobre este blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas las entradas
Francia
Francia ¿Unas primarias de la izquierda francesa? La idea seduce a socialistas y verdes pero Mélenchon la rechaza
El PS, los Ecologistas y sectores disidentes de la Francia Insumisa defienden recuperar el espíritu de la coalición unitaria del Frente Popular y presentar a un solo candidato en las elecciones presidenciales de 2027.
Extrema derecha
Extrema derecha Estados Unidos declara la guerra contra los pobres con la ley “grande y bella” de Trump
VV.AA.
La norma presupuestaria, que contempla más de un centenar de disposiciones, convierte a ICE en el cuerpo de seguridad del Estado más financiado y es un cheque en blanco para las grandes contaminantes.
Fútbol
Fútbol El equipo de fútbol femenino decidido a construir un nuevo Sudán desde el exilio
Un equipo de fútbol de desplazadas sudanesas en El Cairo lucha por continuar con el sueño de jugar. En el exilio, continúan entrenando.
Obituario
Obituario Jane Lazarre (1943-2025)
La escritora neoyorquina, autora de ‘El nudo materno’, falleció el pasado mes de junio. Su obra conectó enseguida con entorno feministas por ofrecer un relato de la experiencia materna más allá de las estrechas paredes del hogar
La vida y ya
La vida y ya Calma
Pienso en la cotidianidad en una ciudad grande. En la ausencia de calma que cubre casi todos los espacios.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Una “victoria moral” da alas a la Plataforma STOP Planta de Biogás en Colmenar y Tres Cantos
La aprobación en el último pleno de una moción para revertir la declaración de utilidad pública del proyecto infunde ánimos a la plataforma, que ya ha denunciado el procedimiento ante los tribunales.
Notas a pie de página
Notas a pie de página ¡Parecían tan buenos!
La desaparición de niñas y niños de las calles tuvo lugar a la vez que se construía un relato idílico sobre la infancia. En ‘República luminosa’, Andrés Barba retrata su vuelta como grupo inquietante.

Últimas

Laboral
Laboral Yolanda Díaz asegura que el Gobierno tramitará el indulto a las Seis de la Suiza
La ministra de Trabajo reconoce sentirse “escandalizada” tras la reunión con las sindicalistas condenadas y asegura que no va a “aceptar retrocesos” en los derechos laborales
Palestina
Palestina Albanese presenta su informe ante la ONU: “Gaza es el escenario de un crimen”
El Consejo de Derechos Humanos atiende al reporte sobre el lucro de empresas y bancos en el actual genocidio de Gaza. The Guardian califica de “posible crimen de guerra” el ataque contra una cafetería en la que murieron 39 personas.
Más noticias
Opinión
Opinión Sirat y las zonas temporalmente autónomas
En la película de Olivier Laxe prevalece el relato sobre la deserción del mundo que una mirada a la propia creación de la comunidad que surge en torno a las raves.
Política
Política Feijóo radicaliza al Partido Popular en medio del terremoto Cerdán con la vista puesta en las elecciones
Miguel Tellado será el nuevo secretario general del partido. Un movimiento con el que Feijóo consigue el control casi absoluto del PP y le come espacio del discurso ultra a Vox, pero que lo aleja de eventuales pactos con PNV y Junts.
Galicia
Galicia Galicia elige el rumbo de la lucha contra Altri en las elecciones a la directiva de la plataforma Ulloa Viva
Vecinos y vecinas de la comarca más afectada presentan dos listas separadas tras no llegar a una propuesta de consenso. Por un lado concurre una candidatura continuista y, por el otro, una alternativa que se acerca más al nacionalismo institucional.

Recomendadas

Laboral
Laboral Reivindicar los derechos laborales en microempresas, el reto de los sindicatos
Nuevas estrategias hacen frente a realidades como las de los falsos autónomos o los puestos en remoto, mientras el PP quiere restringir aún más los comités de empresa.
En el margen
En el margen Aisetou Kajakeh: “Nosotras no estamos rompiendo techos de cristal, sino sorteando muros”
Esta socióloga española asegura que las asociaciones gambianas en España mantienen un vínculo directo con el lugar de origen, lo que hace que nunca pierdan la conexión con las raíces.
Salud mental
Laura Martín López-Andrade “La psiquiatría es una profesión potencialmente muy peligrosa”
La psiquiatra granadina defiende desde Málaga otro tipo de psiquiatría que huye de los diagnósticos y de la jerarquía y cambia la palabra tratamiento por acompañamiento.