Medio rural
Alcumes e historia: formas de nomear no contexto rural

O proceso de nomeamiento no campo galego suxire un diálogo coa súa propia historia e a súa propia realidade.

Mapa Catastral Galicia
.
24 oct 2020 11:26

A uns metros do río que indica o inicio da parroquia, hai un desvío oculto pola inmensidade das mimosas que invaden a estrada.  A sutil vía, na que apenas colle un coche pequeno, permanece escondida e é imposible mirar onde remata. Alí, un día, detívose a furgoneta de Correos Express  e desde a ventá preguntou: “perdoa, Manuel Barcia Rodríguez?” Quedou a xente a mirar para el. O primeiro dixo: “Non, pois non lle sei. Sóame, pero eu creo que é máis pa´diante...” E a muller que o acompañaba completou: “Boh, é o Tourona. Creo que lle chaman Manuel. Siga e dá volta ata chegar ao bar”. O home marchou, pero as persoas que quedaron alí na metade da estrada aínda dedicaron tempo para fochicar no pasado. Querían verificar se acaso Manuel e o Tourona eran a mesma persoa. 

A confusión de estas persoas non é sorprendente cando se fala de espazos onde hai un dobre nomeamento. O primeiro rexe no marco civil e eclesiástico, resulta do nome que se lle asigna ao pequeno e á pequena cando nace. O segundo, con todo, goberna no ámbito do público e é produto dunha herdanza colectiva. Este, ao igual que os apelidos, transmítese e permite que un mesmo nome poda distinguirse do resto. No caso galego, os nomes de Manuel e José foron sorprendentemente empregados ata a década dos oitenta e resulta probable que os alcumes permitisen distinguir entre moitas persoas que levaban un mesmo nome. Xa que logo, en moitos espazos, as persoas eran nomeadas dúas veces.  

Este segundo nome é un xesto comunitario que, dalgún xeito, lembra a función primixenia de dar un nome propio. Trata de construír un marco de referencia útil –que permite distinguir a un particular dun conxunto xeral-, pero, a diferenza do nome de pila, garda unha historia e responde ao ánimo dunha comunidade. O nome habitual case sempre é asignado con arbitrariedade, mas o alcume, ao igual que moitos sobrenomes, gardan unha historia herdada que, dalgún xeito, se conserva cada vez que o nome é empregado. 

Un día, chegáramos a casa de Carmen onde aproveitamos para merendar. Alí, nun momento de silencio, ela pensou en voz alta sobre o seu propio alcume: “Será que o Pereiro foi un home que vivió aquí hai moitos anos. Meus país contaranme que se cre que foi un señor moi forte capaz de coller un feixe de toxo con apenas un anaco de pel de ovella para non facerse dano”. Preguntámoslle se sabía algo máis e  despois chamamos a súa atención sobre o alcume que levou a nosa casa durante anos. 

Certamente, o sobrenome pereiro podería derivar da arbore froiteira, pero non necesariamente. O que resulta relevante do alcume é que nos permite construír un pasado identitario que, dalgún modo, podemos imaxinar e elixir. Algo parecido tamén sucede coa mística detrás dos apelidos. Dalgún xeito, os alcumes nestes contextos son case pura historia común. 

Nalgunhas outras ocasións, os sobrenomes aluden a historias moito máis próximas e vívidas.  Como é o caso de aqueles que nomearon “da molanchina”, cuxo alcume deriva da lingua asturiana e refírese ás persoas que tiñan o traballo de viaxar polas aldeas como afiadores. Sexa pola súa condición nómada ou polas precarias condicións ás que alude, os involucrados procuran non  atender o chamado dese sobrenome. A referencia alude a apenas unha poucas xeracións atrás é carga con esa historia de penuria que non quere ser lembrada. Así, os sobrenomes tamén operan nese espazo de tensión: no que a memoria e a tradición quere ser negada. 

Se no primeiro caso o alcume era a marca dun relato case mitolóxico, no segundo so hai mostras dun pasado doloroso e incomodo. Isto só demostra o máis obvio: os alcumes son nomes cargados de historia. Dunha historia que os involucrados deciden ou non habitar. No xogo real do nomeamento, non hai sentido de conservación lingüística senón de activación ou negación da memoria. Aínda que moitos dos alcumes son explicitamente rexeitados, tamén certos sobrenomes son empregados a pesar do desacordo dos  involucrados. 

O uso de alcumes no contexto rural pouco ten que ver coa individualidade do nomeado. A diferenza do sobrenome convencional que se recolle dun único suxeito, o alcume rural serve para sinalar a unha comunidade concreta. Neste sentido é moito máis parecido a un apelido e resulta obvio supoñer que estes últimos colleron as formas dos alcumes previos ao xurdimento do rexistro civil. Agora ben, o que aquí interesa son os alcume vivos, que, aínda despois da formalización dos apelidos oficiais, continúan sinalando comunidades e discutindo a súa propia historia. 

A delimitación dos alcumes, a diferenza dos apelidos, en moitas ocasións está relacionado cun núcleo territorial e despois cun lazo sanguíneo. Entón, case sempre nomease a casa dos papeiros para delimitar unha comunidade concreta. Un dos papeiros pode vivir despois noutra casa e conservar o nome, pero tamén un forasteiro pode chegar á casa dos papeiros e adoptar o alcume. Entón, resulta habitual que un familiar de lonxe ou un coñecido que chegue a vivir a unha casa da zona sexa nomeado co alcume do seu novo fogar. Nun primeiro momento, a comunidade emprega o sobrenome no seu sentido máis primario: referenciar ao forasteiro e incluílo nun certo marco coñecido. Pero, despois o novo integrante forma parte da historia que o sobrenome carga. 

***

Chegou de Madrid unha parella para habitar unha casa  que levaba anos en estado de abandono. Era unha propiedade herdada e eles dedicaron varios meses a facer reformas para poder vivir alí. Con todo, a rapaza, herdeira da propiedade, estaba moi interesada en saber que alcume era o propio da nova casa e tamén da súa familia. Despois de facer un sinxelísimo traballo de campo, atoparon que a “os do arameira” era sobrenome que correspondía á casa. Porén, e sen importar o esforzo, o alcume non se reactivou para referirse á casa dos recen chegados. 

É innegable, entón, que, a diferenza dos apelidos adscritos ao rexistro civil, os alcumes se poden perden cando se distancian do centro que lle deu orixe. É  obvio que o proceso migratorio supón a extinción de certos sobrenomes e que o proceso de recuperación poucas veces é satisfactorio. Tamén é innegable que os alcumes poden desaparecer cando o nomeado insiste en deixar de responder a el ou fai explícito o seu desgusto. Pero, máis alá da intención de conservar os usos, chama a atención o feito de que á comunidade é capaz de producir novos e reorientar os que xa existen. Así, o colectivo insiste en imaxinar a base da que xurde o nome: unha nova memoria, unha historia, as aparencias. O dinamismo, que se activa no acto de nomear publicamente a alguén, nada ten que ver coa estabilidade propón o rexistro escrito dos nomes. Xa que logo, o nomeamento é un territorio de negociación e consenso. 

Sobre este blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas las entradas
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
Culturas
Cultura Máis de 30 artistas esixen aos catro festivais galegos de KKR que cumpran coas demandas do pobo palestino
Bandas como Bala, Highpaw, O Leo de Matamá, Dakidarria, Zénit, Hugo Guezeta ou Teresa Ferreiro apoian publicamente as demandas da maior coalición da sociedade palestina contra o fondo proisraelí.
Granada
Cómic 'La Revística': el caso de Juana Rivas, Remama contra el cáncer y más historias de la Granada rebelde en cómic
La asociación ‘La Tebeoteca’ publica el número 9 de su revista gráfica que incluye el caso de Juana Rivas, la iniciativa ‘Remama’ de mujeres pacientes oncológicas o el mítico festival granadino ‘Espárrago Rock’, entre otros temas
Sobre este blog
Espazo literario adicado a difundir a idea de que outros estilos de vida son posibles. Un repertorio que busca dignificar as experiencias e os coñecementos que existen nas zonas rurais a través da observación, reflexión e narración da vida social e cultural dunha aldea galega.
Ver todas las entradas
Francia
Francia ¿Unas primarias de la izquierda francesa? La idea seduce a socialistas y verdes pero Mélenchon la rechaza
El PS, los Ecologistas y sectores disidentes de la Francia Insumisa defienden recuperar el espíritu de la coalición unitaria del Frente Popular y presentar a un solo candidato en las elecciones presidenciales de 2027.
Extrema derecha
Extrema derecha Estados Unidos declara la guerra contra los pobres con la ley “grande y bella” de Trump
VV.AA.
La norma presupuestaria, que contempla más de un centenar de disposiciones, convierte a ICE en el cuerpo de seguridad del Estado más financiado y es un cheque en blanco para las grandes contaminantes.
Fútbol
Fútbol El equipo de fútbol femenino decidido a construir un nuevo Sudán desde el exilio
Un equipo de fútbol de desplazadas sudanesas en El Cairo lucha por continuar con el sueño de jugar. En el exilio, continúan entrenando.
Obituario
Obituario Jane Lazarre (1943-2025)
La escritora neoyorquina, autora de ‘El nudo materno’, falleció el pasado mes de junio. Su obra conectó enseguida con entorno feministas por ofrecer un relato de la experiencia materna más allá de las estrechas paredes del hogar
La vida y ya
La vida y ya Calma
Pienso en la cotidianidad en una ciudad grande. En la ausencia de calma que cubre casi todos los espacios.
Comunidad de Madrid
Comunidad de Madrid Una “victoria moral” da alas a la Plataforma STOP Planta de Biogás en Colmenar y Tres Cantos
La aprobación en el último pleno de una moción para revertir la declaración de utilidad pública del proyecto infunde ánimos a la plataforma, que ya ha denunciado el procedimiento ante los tribunales.
Notas a pie de página
Notas a pie de página ¡Parecían tan buenos!
La desaparición de niñas y niños de las calles tuvo lugar a la vez que se construía un relato idílico sobre la infancia. En ‘República luminosa’, Andrés Barba retrata su vuelta como grupo inquietante.

Últimas

Laboral
Laboral Yolanda Díaz asegura que el Gobierno tramitará el indulto a las Seis de la Suiza
La ministra de Trabajo reconoce sentirse “escandalizada” tras la reunión con las sindicalistas condenadas y asegura que no va a “aceptar retrocesos” en los derechos laborales
Palestina
Palestina Albanese presenta su informe ante la ONU: “Gaza es el escenario de un crimen”
El Consejo de Derechos Humanos atiende al reporte sobre el lucro de empresas y bancos en el actual genocidio de Gaza. The Guardian califica de “posible crimen de guerra” el ataque contra una cafetería en la que murieron 39 personas.
Más noticias
Opinión
Opinión Sirat y las zonas temporalmente autónomas
En la película de Olivier Laxe prevalece el relato sobre la deserción del mundo que una mirada a la propia creación de la comunidad que surge en torno a las raves.
Política
Política Feijóo radicaliza al Partido Popular en medio del terremoto Cerdán con la vista puesta en las elecciones
Miguel Tellado será el nuevo secretario general del partido. Un movimiento con el que Feijóo consigue el control casi absoluto del PP y le come espacio del discurso ultra a Vox, pero que lo aleja de eventuales pactos con PNV y Junts.
Galicia
Galicia Galicia elige el rumbo de la lucha contra Altri en las elecciones a la directiva de la plataforma Ulloa Viva
Vecinos y vecinas de la comarca más afectada presentan dos listas separadas tras no llegar a una propuesta de consenso. Por un lado concurre una candidatura continuista y, por el otro, una alternativa que se acerca más al nacionalismo institucional.

Recomendadas

Laboral
Laboral Reivindicar los derechos laborales en microempresas, el reto de los sindicatos
Nuevas estrategias hacen frente a realidades como las de los falsos autónomos o los puestos en remoto, mientras el PP quiere restringir aún más los comités de empresa.
En el margen
En el margen Aisetou Kajakeh: “Nosotras no estamos rompiendo techos de cristal, sino sorteando muros”
Esta socióloga española asegura que las asociaciones gambianas en España mantienen un vínculo directo con el lugar de origen, lo que hace que nunca pierdan la conexión con las raíces.
Salud mental
Laura Martín López-Andrade “La psiquiatría es una profesión potencialmente muy peligrosa”
La psiquiatra granadina defiende desde Málaga otro tipo de psiquiatría que huye de los diagnósticos y de la jerarquía y cambia la palabra tratamiento por acompañamiento.