O alcalde de Ourense, imputado por prevaricación ao compatibilizar o cargo coa súa televisión privada sen autorización

O xuíz considera que cobrou máis de 400.000 euros desde 2020 sen solicitar autorización ao pleno municipal, e que retirou expresamente unha petición de compatibilidade cando intuía que lle sería denegada.
gonzalo perez jacome pleno
O actual alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome.

O rexedor ourensán Gonzalo Pérez Jácome enfróntase a unha imputación por un presunto delito continuado de prevaricación. A causa arrinca da súa negativa a solicitar ante o pleno municipal a compatibilidade entre a súa dedicación exclusiva como alcalde e a súa condición de propietario e máximo responsable de Auria TV, unha televisión local de carácter público, percibindo ao mesmo tempo o salario íntegro vinculado a ese réxime de dedicación.

Así o recolle o auto asinado por Leonardo Álvarez, titular do Xulgado de Primeira Instancia número 1 da Sección de Instrución do Tribunal de Instancia de Ourense, quen considera “evidente” a obrigación do alcalde de someter esa cuestión ao pleno, “sin que se admitan interpretaciones”.

A xuízo do maxistrado, “Gonzalo Pérez Jácome tenía que haber planteado ante el pleno del Ayuntamiento de Ourense la cuestión debatida para que el pleno valorase si se le reconoce o no se le reconoce la compatibilidad entre su cargo desempeñado en forma de dedicación exclusiva y la explotación de una televisión pública y local”.

Máis de 400.000 euros percibidos sen a preceptiva autorización

O xuíz detalla que Jácome leva exercendo a alcaldía desde o 15 de xuño de 2019 “en régimen de dedicación exclusiva sin haber interesado en ningún momento la compatibilidad de dicho cargo con las actividades profesionales que desarrolla al margen de su condición de alcalde”, e que durante ese tempo acumulou retribucións superiores aos 400.000 euros: 69.925,94 euros en 2020; 70.555,24 en 2021; 73.024,70 en 2022; 75.215,42 en 2023; 77.457,30 en 2024; e 66.699,96 en 2025, ata novembro dese ano, cando se recibiu a certificación xudicial.

O auto sublicña que o alcalde actuou “a sabiendas de la ilegalidad que ello supone y del perjuicio que conlleva para las arcas municipales cobrando un sueldo que en caso de no serle concedida la compatibilidad no tendría derecho a cobrar”.

O episodio da solicitude retirada

O maxistrado dedica especial atención ao que cualifica como “extraño comportamiento del señor alcalde”: no seu momento presentouse un escrito solicitando a compatibilidade que foi retirado xusto antes de que o pleno se pronunciase ao respecto. Para Álvarez, ese xesto “lleva a pensar que en ese momento el señor alcalde tenía plena conciencia de que no se le iba a reconocer la referida compatibilidad”.

O informe técnico, descartado

O xuíz tamén rexeita o informe técnico achegado pola defensa de Jácome, no que se argumentaba que o alcalde non tiña obrigación de pedir a compatibilidade. Álvarez considérao carente de “el más mínimo valor probatorio” porque non ten “la más mínima fundamentación económica o jurídica”. O propio autor do documento admitiu en sede xudicial que non consultou ningunha documentación relacionada co alcalde nin coas súas actividades, e que se limitou a recoller o que “de palabra” lle trasladou o rexedor.

En definitiva, o maxistrado conclúe que a conduta de Pérez Jácome é “totalmente contraria al contenido de la ley” 53/1983 e cualifica esa vulneración de “absolutamente grosera”, sinalando que o alcalde era “plenamente consciente de ello”.

Elecciones
O alcalde de Ourense alardea nun audio de saber como branquear diñeiro para a campaña
O xornal 'La Región' publica unha exclusiva cunhas gravacións nas que Gonzalo Pérez Jácome admite xestionar diñeiro en B: “A nivel fiscal controlo yo, no soy tan chapuzas”.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.
Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...