O alcalde de Ourense alardea nun audio de saber como branquear diñeiro para a campaña

O xornal 'La Región' publica unha exclusiva cunhas gravacións nas que Gonzalo Pérez Jácome admite xestionar diñeiro en B: “A nivel fiscal controlo yo, no soy tan chapuzas”.
Jácome
Óscar Pinal O alcalde de Ourense, Gonzalo Jácome.
8 may 2023 14:15

O xornal hexemónico na provincia de Ourense acaba de producir un xiro na campaña electoral para as eleccións municipais do 28 de maio. Este luns, La Región leva á súa portada unha gravación exclusiva na que o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, parece alardear dos seus coñecementos para branquear diñeiro en B no contexto da campaña. “Porque, joder, ¡tanto dinero en B! ¿Cómo lo vas blanquear para poder gastarlo en campaña?”, interpélalle unha persoa, aínda anónima, nas gravacións. E o acalde de Ourense responde: “¿Cómo? Pues con donaciones de la gente. Se lo doy...”. “Pero es mucho dinero”, insístelle a persoa que charla con el. “No, me hacen donaciones. A nivel fiscal controlo yo, no soy tan chapuzas”, sentenza Gonzalo Pérez Jácome.

Este audio é o segundo en menos dunha semana que publica o xornal ourensán e que chega nun momento crucial para que Jácome poida manter ou non unha alcaldía que debe ao Partido Popular, máis próximo en intereses do diario. Nas pasadas eleccións municipais, Jácome converteuse en alcalde co seu partido de populista de dereitas, Democracia Ourensá, malia resultar a terceira forza nas eleccións. A clave para conseguilo foi un pacto co PP de José Manuel Baltar a cambio de que a Deputación de Ourense quedase outra lexislatura máis en mans da familia Baltar. A redacción de O Salto chamou varias veces ao teléfono público do gabinete de Jácome durante a mañá deste luns, pero non obtivo resposta.

Jácome sempre se mantivo belixerante contra a prensa galega tradicional, historicamente afín ao Partido Popular en todas as súas vertentes. De feito, a pasada semana, tras a publicación de La Región doutro audio no que o alcalde de Ourense trataba de convencer a uns funcionarios para que asumisen unha multa de tráfico cun coche do Concello, Jácome defendeuse no seu perfil oficial de Twitter: “De aquí al final de elecciones, la guerra sucia y manipulada de La Región y La Voz será incesante.”, acompañado de iconas de feces e unha imitación a Pinocho.

Elecciones
Ourense e a gaiola conservadora
Para que haxa un cambio o 28M, PSdeG, BNG e Agora Ourense necesitan fidelizar os seus apoios das xerais e autonómicas e mobilizar os electores máis novos.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...