O Teleclube
'Godzilla' ataca no novo episodio d'O Teleclube'
Despois de 39 filmes, Godzilla segue a chamar a atención do público. Na súa nova película, ambientada en 1949, as personaxes humanas aínda se están a recuperar do trauma da catástrofe nuclear e do último ataque do lagarto xigantesco, acontecido dous anos antes.
Por se isto fose pouco, agora aparece un novo monstro, Ghidorah, un réptil voador que está a devastar un país xa de seu moi castigado. A última esperanza dos protagonistas é chamar a Godzilla para que ambos os monstros combatan entre si, coa intención de que un morra e o outro quede debilitado.
Entre batalla e batalla de criaturas enormes, este filme trepidante tamén atopa tempo para introducir simboloxía antinuclear e antibélica.
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!