Uralita Cuarto de inverno

O prelo
Retrato dunha Galiza crebada

'Uralita' é un poemario que matina sobre a configuración da identidade cultural, as súas contradicións e as súas ficcións.
27 oct 2022 16:49

Cando nena, na miña casa había unha especie de urna. No salón, ao carón do sofá, a urna repousaba e lucía o seus pigmentos. Era unha peza pintada a man. Tiña cores vivas: fondo azul, con adornos amarelos e detalles vermellos. Unha artesanía, ao fin e ao cabo. Non tiña moito valor para nós nin tampouco lle dabamos utilidade, polo que o meu pai decidiu convertela nunha ánfora. El, profesor de literatura dramática, eterno namorado da cultura grega, cubriu as cores vivas con pintura negra e logo, por enriba, cun ton laranxa, delineou os corpos de tres deidades míticas. Ao finalizar, rompeu a ánfora en anacos e a soterrou no xardín. O seu proxecto era sacalos logo dun mes e reconstruír a ánfora, para lle dar o aspecto das reliquias.  

A lectura de Uralita, lembroume este episodio da infancia, pois o que fan Iria Pinheiro e María Lado en Uralita é desenterrar aquelas pezas da ánfora que é Galicia. Borrar, revestir e reconfigurar. Ao final, como fixo meu pai, o acto de tomar un obxecto que foi feito a man por unha artesá do meu país, para darlle o aspecto de ser produto doutra cultura, afastado dabondo tanto en tempo, como en espazo, pode ser quizabes a metáfora perfecta de como se transfiguran os pobos arreados polo ideal occidental do progreso. Uralita é un poemario que ensaia a configuración da identidade cultural, con todas as súas contradicións, valores e idiosincrasias.  

Imposible é acoutar o eido profesional de Iria Pinheiro. Na súa traxectoria, que comezou hai máis de vinte anos, ampliou o tradicional uso do termo actriz cara a múltiples direccións. Ademais de interpretar no teatro, cine e televisión, Pinheiro é produtora, autora dos seus propios espectáculos, que van desde o cabaret, até a videopoesía. Recibiu o Premio Maruxa Villanueva pola súa traxectoria actoral, así como os dous Premios María Casares polo seu monólogo Anatomía dunha serea, coescrito con María Lado. 

Lado, pola súa banda, conta con máis de quince libros publicados, colectivos e individuais. No 1997 levantou áncoras co Batallón Literario da Costa da Morte e, desde entón, ten unha traxectoria prolífica como poeta. Na súa obra literaria tamén atopamos narrativa, tradución e literatura infantil e xuvenil. Mais é coa lírica que gañou seis premios, entre os que destaca Premio de poesía en la I Gala do Libro Galego en 2016, por oso, mamá, si?.  Desde o 2005, xunto coa poeta Lucía Aldao, desenvolve o proxecto poético-musical Aldaolado. 

Uralita, a primeira colaboración entre estas dúas artistas, toma a forma dun proxecto de poesía escénica que se estreou no 2018 no Ateneo Santa Cecilia de Marín. Grazas á editorial Cuarto de Inverno, Uralita chega metamorfoseado ás nosas mans en forma dun belísimo poemario.  

Os primeiros poemas abren de xeito contundente a nosa viaxe. É na terceira páxina que as autoras nos sorprenden co curto poema que sintetiza a historia dunha Galiza crebada.  

As hortas son territorios fragmentarios 
As nosas vidas son vaixelas incompletas.  

Os obxectos perdidos debaixo da terra, que aparecen en medio do eido, son testemuñas ou, máis ben, pantasmas dun pasado que nos chama como se cada anaco de tella fose un corazón delator daquilo que, culpables, tentamos esquecer. Tambores de lavadoras, cascallos, tela, sacos. Os obxectos desfilan diante de nós exixindo un traballo de arqueoloxía que nos dea pista de quen e por que somos. 

Aparece tamén a personaxe da avoa, a raíña cherokee. Aquela que vive entre “montañas de regugallos,/ casetas de uralita, cadáveres/ de árbores que non dan,/ entre lixo semisepultado polos caseiros/ que reforman e deixan todo nas leiras”. A imaxe desta raíña aparece ao longo do poemario como se dunha figura mítica do territorio se tratase; como se fose o arquetipo xa esquecido e deostado por unha sociedade machista que corre detrás do progreso. A raíña cherokee fai referencia a toda esa sabedoría ancestral dun pobo –e, particularmente das mulleres, mais non só- que na era dixital é segregada, marxinalizada, botada á periferia, fóra da vista. 

Os obxecto fragmentarios, nese sentido, tamén poden lerse como as pezas dunha identidade cultural que non poden encaixar. Uralita cuestiona e racha a idea dunha identidade unitaria, pura e racional. Describe unha sociedade alienada.   

É o día da patria ou é o día do apóstolo? 
Non entendo nada. 
Subvenciónase o negocio do eucalipto pero o eucalipto arde e acábase o negocio! 
Non entendo nada.  
Reciclar, es un integrista da reciclaxe, pero plantas pinos nas fincas das avoas! 
Non entendo nada.  
Sacrificas o porco pero dáche pena a súa ánima cando o chamuscas. 
Non entendo nada.  

Entre esas grandes contradicións aparece a idea do “autoodio intelectual”. Unha voz rabiosa xorde dos versos para interpelar a quen, desde a capital, renegan da Galiza rural, que miran por enriba dos seus ombreiros e critican desde a superioridade moral. De novo, ponse na mesa a idea a crítica do progreso e as autoras preguntan ás lectoras “a costas de quen”? 

“As imaxes desas señoras que eran de señora de aldea pero non estaban embrutecidas como nos queren vender os que nos autoodian. Non hai brutalidade, non son nin pailáns, nin ignorantes, non son escuros. 
Teñen harmonía coa terra. Non hai brutalidade nas billas de prata que aínda brillan entre as ruínas da casa. Hai os restos dunha fisura. Unha cicatriz mal cosida. As pedras caídas disimulan mal os puntos.”
 

Con estes parágrafos, Iria Pinheiro e María Lado tamén falan das implicacións machistas que, a través dos programas de televisión, os anuncios ou as expresións artísticas de Galicia, foi introducida no imaxinario colectivo a figura da “muller labrega”. Unha representación da muller que vive no campo, que está tan cimentada na idea que se ten do mundo rural galego, que se converteu nunha personaxe caricaturesca. Uralita critica non só esta representación ficticia que fragmenta a realidade, senón que sinala o lucro que as empresas fan con esa personaxe en detrimento das mulleres reais e de toda a súa cosmogonía.  

Deste xeito, a voz colérica que nos interpela cobra outra dimensión. Non é produto da rabia, é produto dun amor desesperado, desgarrado, desenfreado. 

Quizabes, como lectora procedente de Latinoamérica, un poema que chamou particularmente a miña atención foi un que mestura distintos vocábulos procedentes de diferentes contextos. Falo de palabras como indio, malón (técnica militar mapuche), chingada (palabra altisonante mexicana), cherokee e colonialismo. Aínda que fica claro que hai unha liña conceptual á que responden, a utilización desta serie de palabras pode xerar confusión e pode ser tomada como un uso pouco coidadoso para as culturas ás que fai referencia. Sería inoportuno desta recensión entrar no debate de se o proceso de opresión e epistemicidio que se viviu en Galicia –e que sen dúbida repercute até hoxe, como ben sinalan Pinheiro e Lado- pode ser catalogado como produto dun proceso colonial ou máis ben imperial, e se pode este proceso ser comparado co que se viviu/vive en Abya Yala.  

Finalmente, Uralita contén un prefacio e un posfacio nos que falan Iria Pinheiro e María Lado respectivamente. Ambas as dúas explican de onde e como xorde o proxecto. Convidan as lectoras ao proceso de escrita. Non mitifican o oficio, déixanos ver a cociña da escrita. Estes paratextos confirman que o poemario é, tanto no xeito co que foi escrito, como no contido, produto dun profundo coidado e amor. Por que este retrato da Galiza está feito co amor. E o amor sempre se impón a pesar das contradicións. Non. A pesar non. Asume e aperta as contradicións.  

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Poesía
Literatura Versos desde el andamio: la posibilidad de una poesía de clase obrera, a debate
¿Existe una ‘poesía obrera’ o unas ‘poéticas trabajadoras’ contemporáneas? ¿Cómo se expresan? Tras los pasos del fallecido poeta francés Thierry Metz, el “poeta del andamio”, consultamos a autoras, expertos y editoras.
A Catapulta
A Catapulta O tempo, o espazo e a poesía de Estíbaliz Espinosa
A poeta visita A Catapulta para conversar sobre o seu traballo e a súa traxectoria literaria
Euskera
Aresti 50 urte Mailukadaren oihartzuna Arestiren ahotsan
Ekidak bederatzi artisten abestiak bildu ditu disko batean, 'Bigarrenez Aresti' egitasmoaren baitan.Poetaren heriotzaren urteurrenean aurkeztu zuten lana Bilboko Bira espazioan.
Genocidio
Genocidio La segunda consultora más importante del mundo es señalada por su papel en el despiece de Gaza
Boston Consulting Group está considerada una de las “big three” del sector. Ahora, una serie de informaciones señalan cómo ha estado detrás de la fundación antiUnrwa encargada de la distribución de ayuda y de los planes de expansión en la costa.
Unión Europea
Unión Europea La sociedad del miedo al declive
La angustia ante el futuro acompaña a las sociedades europeas desde hace tiempo y precede a la Unión Europea. Se manifiesta con mayor claridad en los períodos de declive económico y las turbulencias políticas y sociales que los acompañan.
Andalucía
Derechos Humanos Decenas de barrios en Sevilla, Granada y Almería viven otro verano récord en calor con cortes de luz diarios
Endesa mantiene a miles de vecinos de decenas de barrios populares en las ciudades de Granada, Sevilla y Almería sin electricidad. Las instituciones siguen sin atajar una situación que lleva enquistada más de una década en muchas zonas.
Comunidad de Madrid
Sanidad a la madrileña Camas cerradas y urgencias saturadas: el verano en los grandes hospitales de Madrid
Los pasillos de las urgencias del Gregorio Marañón rebosan de camas, mientras se cierran 300 en planta. En el conjunto de la comunidad los hospitales vivirán un verano con un 30% menos de camas, de media.
Opinión
Opinión Sindicatos estadounidenses en la larga lucha contra Amazon: ¿una luz al final del túnel?
Amazon es el paradigma de la política empresarial antisindical en Estados Unidos, pero su suerte puede cambiar en los próximos años. El movimiento sindical se juega su supervivencia en ello.
Opinión
Opinión Kneecap y Bob Vylan logran lo que el punk no pudo: aterrorizar a los medios británicos
Hasta ahora, que unos veinteañeros punkis dijeran un puñado de tacos se consideraba un escándalo, pero no un motivo para cambiar todo el modus operandi de una de las cadenas de televisión más importantes y prestigiosas del mundo.

Últimas

Opinión
Opinión Archivo de gestos: lo mínimo como resistencia
Archivar no es solo conservar, es también decidir qué queda fuera. Todo archivo es una forma de poder, pero también puede ser —cuando se invierte desde los márgenes— una forma de desobediencia.
Dependencia
Dependencia Extremadura, entre las regiones con mayor “limbo de dependencia”
Extremadura, con un 11,8% sobre el conjunto estatal, ocupa el cuarto lugar entre las Comunidades con mayor “limbo de dependencia”, un término que hace referencia a las personas pendientes de recibir prestación.
Opinión
Opinión Juanma Moreno será Baltasar, blackface mediante, y otras aberraciones presentes en la Andalucía colonial
El presidente andaluz será el rey Baltasar en la Cabalgata de 2026 de Sevilla dejando un claro mensaje racista y violento y sacando a relucir toda la cultura colonial en la que se sigue sustentando el territorio.
Ocupación israelí
Israel Netanyahu viaja a Washington para reunirse con Trump y valorar una posible tregua en Gaza
Hamás ha dado el visto bueno al acuerdo; pero los israelíes quieren peinar algunos flecos pendientes. El grupo islamista pide garantías y la retirada de las FDI del enclave.
Más noticias
Estados Unidos
Estados Unidos Las inundaciones en Texas causan 80 muertos en el contexto de recortes a la lucha contra la crisis climática
Siguen los trabajos de rescate y localización de personas desaparecidas en Texas. La respuesta a las lluvias torrenciales dejan en evidencia los hachazos presupuestarios a los servicios de prevención y emergencias de la administración Trump.
Cooperación internacional
Tribuna Extremadura ante el espejo del rearme: ¿más tanques o más derechos?
Una reflexión, con mirada extremeña y desde el mundo de la cooperación, sobre el preocupante giro hacia la militarización de las políticas públicas y de la economía.

Recomendadas

Laboral
Laboral Reivindicar los derechos laborales en microempresas, el reto de los sindicatos
Nuevas estrategias hacen frente a realidades como las de los falsos autónomos o los puestos en remoto, mientras el PP quiere restringir aún más los comités de empresa.
En el margen
En el margen Aisetou Kajakeh: “Nosotras no estamos rompiendo techos de cristal, sino sorteando muros”
Esta socióloga española asegura que las asociaciones gambianas en España mantienen un vínculo directo con el lugar de origen, lo que hace que nunca pierdan la conexión con las raíces.