Memoria histórica
Así foi como o Patronato de Protección a la Mujer transformou Galiza nun convento de clausura

As mulleres que caeron nas redes do Patronato iniciaron un periplo de encerro, humillacións, abusos e explotación laboral que é descoñecido para a maior parte da poboación. Fica hoxe na impunidade dun silencio que temos a obriga de romper.
Patronato de Protección a la Mujer - 5
Obradoiro do Patronato de Protección a la Mujer en Sevilla. Foto: Arquivo histórico da Junta de Andalucía

É difícil crer que durante máis de catro décadas existise en Galiza, coma no resto do Estado, unha institución moralizante que pechaba en congregacións relixiosas a aquelas mozas que consideraba descarreiradas por non encaixar no estreito molde franquista, que só prevía para elas a conversión en devota esposa e nai católica. É difícil crer que malia levar case medio século de democracia, a maioría da poboación descoñeza que foi isto do Patronato de Protección a la Mujer ou, o que aínda peor, que haxa quen siga pensando que eran caritativas monxas que axudaban a rapazas que perderan o seu camiño na vida.

O silencio e a perpetuación do relato da ditadura seguen eivando a memoria das mulleres, seguen sendo chinas que nos impiden avanzar na construción dunha historia máis xusta coa parte feminina da poboación, a máis prexudicada sen dúbida pola posta en marcha deste organismo que non só habilitou en conventos cárceres para nenas “descarreiradas” senón que foi unha ferramenta poderosa de control sobre o ámbito máis íntimo de toda a poboación. Foi o ollo nacional católico controlando o proceder desde a fechadura dos cuartos.

A ditadura crea o Patronato a través dun decreto do 6 de novembro de 1941 que establece como obxectivo preservar as mulleres “caídas ou en risco de caer”. A escusa é amparar as mozas que foran prostituídas ou estiveran en perigo de selo, pero a parte da documentación que aínda se conserva nos arquivos —malia a orde de destruír os expedientes que deu o organismo ás congregacións na recta final da ditadura—, avala que nin tiña nada de protector nin actuaba exclusivamente no ámbito da prostitución.

Para as mulleres que en Galiza caeron nas redes do Patronato significou iniciar un periplo de encerro, humillacións, malos tratos e explotación laboral. Rezar, limpar e traballar eran as máximas impostas

En Galiza non chega a dúas de cada dez mulleres ás que tiñan relación con este mundo e dende logo ningunha ficou protexida. Caer nas redes do Patronato significou iniciar un periplo de encerro, humillacións, malos tratos e explotación laboral. Rezar, limpar e traballar eran as máximas impostas nun centros que pouco tiñan de formación.

Nas escasas dúas horas que internas como Consuelo García del Cid contan ter pasado en aulas, o que se lles ensinaba era a pasar o ferro, a coller a agulla ou nocións aritméticas básicas que lles permitisen desempeñar con habilidade os traballos que as congregacións tiñan previstos para elas: dentro dos centros, convertidos en naves de explotación laboral para empresas do sector téxtil, de confección de bonecas, de cartonaxe, etc, mais tamén fóra, como asalariadas de familias do réxime ás que lles facían de criadas ou coidadoras de crianzas por un soldo que acababa nas arcas das monxas, a máis das veces de xeito íntegro.

Das táboas que se foron publicando desde a Junta Nacional, podemos testemuñar que só na provincia de Pontevedra había unha media de medio cento de novos internamentos cada ano

É difícil facer un achegamento estatístico ao número de mulleres que pasaron polos centros galegos. Apenas se atopou documentación das juntas que regulaban o seu funcionamento en Pontevedra e Lugo, mais das táboas que se foron publicando desde a Junta Nacional que baixo a presidencia de Carmen Polo encabezaba desde Madrid un organigrama con ramificacións en todas as provincias, podemos testemuñar que, por exemplo, só na provincia de Pontevedra había unha media de medio cento de novos internamentos cada ano: dos 111 recollidos por vez primeira nunha informe da década dos 40, pasouse a 51 nun ano da seguinte década e xa nos 70, a etapa da morte do ditador, era 47 novos expedientes anuais os que se sumaban aos das xa internas.

O decreto de creación recollía a actuación sobre mozas entre os 14 e os 21 anos, pero en 1952, é dicir nesa década que a historiografía soe marcar como un val de certa tranquilidade entre a voraz represión dos primeiros anos após o golpe e a persecución contra o movemento antifranquista, obreiro e estudiantil da década dos sesenta, produciuse un cambio na normativa que aumentou as potestades do Patronato: incrementando ata os 25 a idade en que podían acabar internas, e ata posibilitando que as familias perderan a patria potestade en favor das Juntas Provinciales se amosaban oposición ao seu proceso reformatorio.

Iso era o que vivía unha nena que caía en mans do Patronato, un proceso reformatorio de maior ou menor dureza dependendo da congregación relixiosa que o levase a cabo. Encerralas durante días en cuartos sen ventás, darlles tan mal de comer que lles roubaban os carozos da verdura aos coellos para matar a fame, pegarlles, obrigarlles a baleirar coas mans os váteres atascados cos excrementos e os vermes intestinais doutras internas, raparlles o pelo e ata obrigalas a acceder as pretensións sexuais do xardineiro das congregacións foron algunhas experiencias que patronatas ou familiares de patronatas narraron en primeira persoa nas charlas sobre o organismo organizadas en setembro en Moaña e en novembro en Compostela.

O de Loli Benito, vítima dos abusos do xardineiro, foi un dos máis duros pois chegou á institución logo de ficar embarazada do seu pai, que a violou desde que era ben nena. Mais ninguén preguntou, estaba embarazada sendo menor e era unha vergoña para a familia. Consuelo García del Cid érao por participar en manifestacións políticas durante os anos 60 mentres que Eva García de la Torre e Mariaje López chegaron á explotación laboral e a humillación da mans das  súas propias nais, que non pudendo facerse cargo delas creron que naqueles centros acadarían a protección que de xeito hipócrita pregoaban as monxas, cando nin tan sequera tiñan idade para ser Patronatas.

As memorias que periodicamente elaboraba a Junta Nacional tendo en conta os datos achegados polas Juntas Provinciales testemuñan que foi teima das catro galegas a creación nos seus territorios de reformatorios ad hoc para o Patronato mais, afortunadamente, só o conseguiu Lugo coa apertura de Nuestra Señora de los Ojos Grandes en 1953, así que foron instalacións que as congregacións xa tiñan operativas as que formaron a rede do organismo na Galiza: As das Oblatas en Ferrol, Bouzas e Compostela; as das Adoratrices en Ourense e A Coruña; as do Buen Pastor en Tui ou as das Trinitarias en Vigo.

Ademais, nesta mesma cidade, Bañobre e Compostela, As Hijas de María Inmaculada tiñan adscritos ao Patronato centros que actuaban como unha especia de INEM para colocar internas de serventes nas casas acomodadas. E para aprender a servir estaba o Hogar-taller Santa María de Goretti que tiñan, tamén en Vigo, as Esclavas de la Virgen Dolorosa, congregación que a partir de 1960 xestionou en Pousa-Crecente as instalacións as que as juntas derivaban a mulleres con algún tipo de discapacidade intelectual.

En todas elas, as monxas graváronlles tan a lume que eran unhas descarreiradas, o despoxo da sociedade, que é moi complicado que algunha das internas recoñeza aínda agora ter pasado polas instalacións, malia que, a diferenza doutros colectivos afectados pola represión, haxa moitos testemuños en primeira persoa, pois o Patronato sobreviviu unha década ao ditador. En 1983, un Mariano Rajoy secretario da Comisión Mixta prevista no Estatuto de Autonomía asinaba o traspaso do organismo á Xunta e malia que o seu peche oficial se sitúa en 1985, a documentación que se conserva no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra testemuña que aínda houbo ingresos no primeiro trimestre de 1986.

As que como Consuelo, Loli ou Mariaje si saíron á luz piden que non lles chamemos vítimas, senón sobreviventes porque para elas vítimas son as compañeiras que non pudendo soportar o encerro do Patronato, quitáronse a vida. Os maltratos foron de tal calibre que moitas padeceron doenzas mentais e manicomios como o de Ciempozuelos tiñan plantas enteiras dedicadas a estas internas. De aí o título que a revista Vindicación Feminista lle deu en setembro de 1977 a un monográfico sobre a institución que a ditadura ordenou secuestrar: “Patronato de protección a la mujer: fábrica de subnormales”.

Memoria histórica
Memoria histórica El Patronato de la Mujer, una historia silenciada: “Si ustedes siguen esperando, no va a quedar ninguna viva”
El Patronato de Protección a la Mujer fue un mecanismo usado en la dictadura franquista para ejercer un férreo control patriarcal sobre aquellas muchachas que osaran desafiar el modelo de “buena mujer”. Investigadoras feministas exigen arrojar luz sobre esta institución y reparar el daño de quienes pasaron por ella.

De feito, o arquivo de Pontevedra atesoura expedientes de nenas con doenzas psíquicas ás que as juntas non permiten regresar ao fogar. Na súa composición atopamos os mesmos nomes, os mesmos apelidos, que durante décadas se vincularan á ditadura: familiares de Barrié de la Maza ou Alfonso Molina na coruñesa, ou o propio Lino Sánchez, o gardiá do espolio a Castelao, formando parte da pontevedresa durante catro décadas.  

A relación do organismo co roubo de bebés é tamén estreita. A viguesa Noemí Lima iniciou no 2013 un proceso xudicial que demostrou que aínda en 1987 monxas viguesas lle dixeran a súa nai que nacera morta e a entregaran en adopción. Mais o seu caso, como o de centos de galegas que pasaron polo Patronato, fica aínda hoxe, medio século após a morte do ditador, na impunidade dun silencio que temos a obriga de romper.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Activismo
Activismo Activistas bloquean unha planta de Altri en Portugal e avisan de que frearán a súa expansión en Galiza
O grupo atrancou con cadeas e soldadura as entradas da planta de Celbi en Leirosa, na maior acción directa ata o momento contra a expansión da multinacional papeleira en territorio galego: “O povo é quem para Altri”.
Galicia
Galicia Activistas bloquean una planta de Altri en Portugal y avisan de que frenarán su expansión en Galicia
El grupo atrancó con cadenas y soldadura las entradas de la planta de Celbi en Leirosa, en la mayor acción directa hasta el momento contra la expansión de la multinacional papelera en territorio gallego: “O povo é quem para Altri”.
Galicia
TSXG Peritos en el juicio contra la Xunta: la contaminación del embalse de As Conchas es “extremadamente peligrosa”
Siete vecinos, la Asociación de vecinos de As Conchas y la organización de consumidores CECU han demandado a varias administraciones gallegas por presunta mala gestión de una contaminación derivada del exceso de macrogranjas en la comarca de A Limia.
Opinión
Opinión Pedro Sánchez, final de partida
El presidente del Gobierno se irá sin haber hecho nada para evitar que el circuito que ya estaba ahí cuando llegó siga funcionando.
Opinión
CEOE Los corruptores condenan la corrupción
Desde la CEOE, lobby de los grandes empresarios implicados en tramas de corrupción durante décadas, han criticado a los políticos que han formado parte de dicha corrupción.
Oriente Próximo
Oriente Próximo Israel pone la región al borde del abismo
La región vive una escalada de la tensión tras el ataque de Israel a Irán y la respuesta de este. El intercambio de ataques no ha cesado en todo el fin de semana.
Alicante
Alacant Martín Villa y el expolicía Daniel Aroca irán a juicio por un asesinato político durante la transición
El exministro y empresario será investigado por crímenes contra la humanidad cometidos durante la dictadura franquista. Se trata del primer caso de estas características dirigido desde un juzgado español.
Baleares
Un modelo insostenible El rechazo a la turistificación se expande en Canarias, Baleares y Barcelona
Tras la masiva manifestación en las Islas Canarias del pasado mayo, Palma de Mallorca, Barcelona y San Sebastián salen este 15 de junio a la calle contra un modelo de turismo desmedido insostenible para el territorio y sus habitantes.

Últimas

Oriente Medio
Oriente Medio Decenas de muertos en una noche de sirenas y misiles cruzados entre Israel e Irán
Después del ataque israelí contra la infraestructura energética y militar iraní, cientos de misiles iraníes atraviesan el cielo israelí e impactan en Tel Aviv, Bat Yam, Tamra y Haifa.
Opinión
Opinión Amor, alienación y nostalgia en la obra de Wong Kar Wai
El cine de Wong Kar Wai logró captar la avalancha de nostalgia que florecía en el capitalismo tardío frente a la desorientación y la enajenación de los propios sujetos sociales.
Crónica
Justicia En la sala de un juicio a una madre protectora
Esta es una crónica de un juicio a una mujer que pidió medidas por sospechar de abusos sexuales a su hija en el domicilio paterno sin que ninguna institución moviera un dedo y, un mes después, cogió un vuelo a su país para intentar protegerla.
Editorial
Editorial Justicia irracional
Por acción o por omisión, las instituciones violentan a las mujeres. Se llama violencia institucional.
Más noticias
Relato
Relato Rendirse
A mi pesar me tocaba compartir mesa con aquellos documentos y, como estaba de los primeros (no lo habría imaginado al llegar), ya no conseguía quedar por encima, con lo que me gusta.

Recomendadas

Consumo
David Sánchez “Shein está diseñado para crear adicción a través de patrones muy oscuros”
David Sánchez Carpio es director de la Federación de Consumidores y Usuarios (CECU), una de las organizaciones que han denunciado al gigante chino de venta de ropa por internet ante la Comisión Europea. “No hay que culpabilizar a los consumidores".
Violencia machista
El Estado que revictimiza Violencia institucional: “Si lo hubiera sabido antes, no hubiera denunciado nunca”
Rocío ha sufrido violencia psicológica, física y sexual por parte de su expareja. Y también violencia institucional en todas las puertas de la red de recursos institucionales que ha ido atravesando.
Galicia
Galicia Activistas bloquean una planta de Altri en Portugal y avisan de que frenarán su expansión en Galicia
El grupo atrancó con cadenas y soldadura las entradas de la planta de Celbi en Leirosa, en la mayor acción directa hasta el momento contra la expansión de la multinacional papelera en territorio gallego: “O povo é quem para Altri”.
Rap
Los Chikos del Maíz “La música urbana está llena de fachas y votantes de Vox”
Tras un fin de gira accidentado, Toni y Nega dan una tregua indefinida a su proyecto con dos conciertos en Madrid. Horas antes de llenar la sala en la primera cita, visitan la redacción de El Salto.