clase de 4ºA do IES Eduardo Pondal de Ponteceso
A clase de 4ºA do IES Eduardo Pondal de Ponteceso participou no proxecto facendo un breve percorrido histórico e entrevistando a varias das súas avoas.

O alumnado de tres institutos galegos recupera a memoria das mulleres durante o franquismo

A iniciativa, impulsada por Agareso, recompilou máis de medio cento de testemuños sobre a Guerra Civil e a ditadura, plasmados agora nunha serie de pódcast elaborada polos propios estudantes.
17 jul 2026 13:47

O alumnado de tres institutos galegos participou nun proxecto de recuperación da memoria democrática centrado nas vivencias das mulleres durante a Guerra Civil e a ditadura franquista. A iniciativa, impulsada por Agareso, permitiu recompilar máis de medio cento de testemuños de persoas maiores de distintos concellos galegos.

No proxecto tomaron parte estudantes do IES Salvador de Madariaga, na Coruña; do IES A Rodeira, en Cangas; e do IES Eduardo Pondal, en Ponteceso. Durante varios meses, o alumnado investigou o contexto histórico da Guerra Civil e a ditadura antes de entrevistar a avós, avoas, veciños e veciñas que viviron aquela etapa ou recibiron o relato directo de quen a padeceu.

As máis de 50 entrevistas realizadas documentan aspectos cotiáns da vida durante o franquismo, como a fame, a educación, a infancia, os agochos utilizados polas persoas perseguidas polo réxime ou os castigos específicos sufridos polas mulleres, poñendo o foco nun ámbito historicamente menos documentado.

O resultado deste traballo plasmouse nunha serie de podcasts elaborados integramente polo alumnado e dispoñibles a través da canle de iVoox de Agareso. O obxectivo da iniciativa é contribuír a ampliar o coñecemento sobre este período histórico e preservar testemuños que axuden a comprender o impacto da ditadura na vida cotiá, especialmente desde a perspectiva feminina.

Ademais de xerar un arquivo sonoro para futuras consultas, o proxecto busca fomentar o diálogo entre xeracións e utilizar o coñecemento do pasado como ferramenta educativa para reflexionar sobre o presente e o futuro. A organización promotora tamén puxo a disposición dos medios os audios recompilados para facilitar a súa difusión.

Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.
Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...