Un estudo do CSIC revela como os macroplásticos alteran os bancos de mexillón en Galiza

O traballo do Instituto Español de Oceanografía analiza de maneira experimental como os macroplásticos afectan á estrutura e funcionalidade ecolóxica das comunidades de mexillón.
Mariscadores crisis climática - 1
Barco mexilloneiro. Foto: Naomi Mihara
20 nov 2025 13:07

Un novo estudo con participación do Instituto Español de Oceanografía (IEO-CSIC) demostra que os residuos macroplásticos presentes no medio mariño, mesmo en cantidades reducidas, poden modificar de forma significativa a estrutura e o funcionamento ecolóxico das comunidades de mexillón (Mytilus galloprovincialis), unha especie clave na costa galega.

A investigación, realizada por persoal do IEO-CSIC xunto a especialistas do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM-CSIC), as universidades de Málaga e Cádiz e varios organismos internacionais, analiza experimentalmente como diferentes tipos de macroplásticos afectan ao rendemento fisiolóxico e a estabilidade dos bancos de mexillón.

O traballo, desenvolvido no litoral de Galiza, avaliou o impacto de dous tipos de residuos frecuentes: películas de polietileno —similares ás bolsas comerciais— e filamentos de nailon procedentes de sedais de pesca. Os resultados amosan que os filamentos de nailon en altas concentracións reducen de forma notable as taxas de respiración e filtración dos mexillóns, procesos esenciais para o seu metabolismo.

Aínda que pequenas cantidades de plástico poden favorecer temporalmente a formación de estruturas máis complexas, unha acumulación excesiva xera efectos negativos: limita a mobilidade dos individuos e compromete a súa capacidade para crear estruturas tridimensionais cohesionadas. En comparación, as películas de polietileno causaron alteracións máis moderadas nos parámetros fisiolóxicos e estruturais analizados.

“Os achados deste traballo subliñan a necesidade de incorporar os macroplásticos bentónicos na xestión e avaliación ambiental e de abordar a contaminación por plásticos desde unha perspectiva ecosistémica”, destaca Eva Cacabelos, coautora do estudo e técnica no Centro Oceanográfico de Vigo do IEO-CSIC nun comunicado enviado aos medios de comunicación. Segundo sinala, esta visión debe contemplar non só a biodiversidade, senón tamén os procesos funcionais que sosteñen a estabilidade e produtividade dos ecosistemas costeiros.

O estudo enmárcase no programa internacional GAME (Global Approach by Modular Experiments), coordinado polo GEOMAR Helmholtz Centre for Ocean Research Kiel (Alemaña). A edición de 2020 estivo dedicada a analizar o impacto da contaminación plástica mariña sobre organismos bentónicos e os procesos ecosistémicos asociados.

O experimento en Galiza foi desenvolvido no IIM-CSIC de Vigo, coa participación de Eva Cacabelos (IEO-CSIC), José Fernández Babarro (IIM-CSIC) e Ignacio Gestoso (INMAR-UCA) como investigadores colaboradores.

Houvener, J., Moreu, I., Cacabelos, E., Gestoso, I., Babarro, JMF., Lenz, M. (2025). Entangled ecosystems: the impact of macroplastic litter on Mytilus galloprovincialis communities in northwestern Spain. Frontiers in Marine Science, 12. https://doi.org/10.3389/fmars.2025.1677044
Crisis climática
Miles de millones en fondos europeos no logran salvar a los mariscadores de la crisis climática
Las grandes empresas se llevan la mayoría de uno fondos europeos ligados a la sostenibilidad en detrimento del pequeño mariscador.
VV.AA.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...