Lei de depredación
Yayo Herrero: “Facer un discurso que rache coa idea do crecemento económico é tremendamente complicado”

No medio dunha semana completa con paradas en Vigo, Touro e A Coruña, Yayo Herrero –antropóloga, enxeñeira, profesora e activista ecofeminista– fíxonos un oco para atender algunhas preguntas.

Yayo Herrero en Touro
Yayo Herrero nun momento da súa palestra en Touro en novembro de 2018. Raquel C. Pérez

A comezos de novembro, arredor de corenta persoas de Touro e da súa contorna escoitaron atentamente as palabras de Yayo Herrero. Antropóloga, enxeñeira, profesora e activista ecofeminista, Herrero charlou longo e tendido coas integrantes da plataforma Mina Touro-O Pino Non. Na intervención non só bosquexou o actual modelo especulativo das empresas extractivistas; tamén falou sobre alternativas ao actual sistema capitalista, ou sobre como construír espazos de loita acolledores, sans, e tamén alegres. No medio dunha semana completa, con paradas en Vigo, Touro e A Coruña, fixo un oco para atender algunhas preguntas.

Son moitos os proxectos extractivistas que agromaron nos últimos anos. Moitos animados por unha lexislación beneficiosa. Por que acontece isto?
Convén primeiro poñer toda esta eclosión de proxectos, que están tendo lugar practicamente en todo o mundo, pero moitos en Europa, nun marco máis global. O que está sucedendo, e que vén sucedendo practicamente dende os oitenta, é que o metabolismo económico non se pode soster sobre a base de recursos materiais do planeta. Prodúcese unha situación que os ecoloxistas chaman “estancamento secular”: a economía non medra con cargo á produción de bens reais, xerando postos de traballo, senón nun medio especulativo. Ao redor de burbullas que van explotando periodicamente. Non pode medrar coa base coa que crecera durante a construción do modelo de Estado de Benestar. 

Neste marco a especulación que se fai sobre os recursos naturais, e os recursos da terra finitos, xoga unha parte fundamental. A maiores creas unha especie de arquitectura da impunidade. Un entramado xurídico, de tratados comerciais coma o CETA ou o TTIP, que dalgunha forma o que facilitan é que as grandes empresas transnacionais blinden os seus fluxos de materias primas. Pero tamén o seu acceso aos recursos sociais. O TiSA, por exemplo, está moito máis centrado na mercantilización de servizos públicos. Moitas empresas transnacionais están a seguir a mesma pauta. Conforman conglomerados de corte transnacional e despois o que fan é aliarse con empresas de base local.

O de Touro é un caso claro. E é posible que esas empresas non cheguen a extraer o mineral! Pero para facer crecer os seus activos, o valor das súas accións, presentan nos mercados internacionais que teñen aceso a esas reservas.

Lei de depredación
Cheo contra a “Lei de Depredación” do PP
Coa traxedia dos incencios ainda moi presente, Compostela encheuse para amosar o rexeitamento social á 'Lei de Depredación' aprobada polo PP.
O elemento especulativo non é o proxecto en si, senón a licenza para levalo a cabo.
Claro! En moitos casos o que sucede é que o mineral non se chega a extraer. Mentres tanto, prodúcense cortas, desmontes ou inícianse os primeiros pasos dunha dinámica extractivista. Isto combínase con outra dinámica que si é extractivista, pero que de momento non se está dando nos nosos territorios, senón máis ben en América Latina, África...as áreas historicamente empregadas como grandes minas e grandes vertedoiros. Esa si que extrae deses lugares, até hai pouco protexidos polas comunidades e pobos orixinarios, as poucas gotas de minerais que quedan no planeta.

Cando analizas como emerxen políticos como Bolsonaro, Donald Trump ou os discursos de corte fascista, ou neo-fascista, o que hai é a radical consciencia dalgúns medios privilexiados de que, cando din “aquí non hai para todos”, é que levan razón. Non porque non haxa para todos, senón que non hai para todos coas dinámicas de estilos de vida e de acumulación de capital que teñen esas persoas. E pola nosa banda que temos? Unha sociedade que interiorizou a sacralidade do diñeiro e do crecemento económico. Coma se fose unha relixión civil.

Hai incerteza porque as clases políticas están abandonando a poboación empobrecida, que percibe que as políticas de esquerdas son inútiles e deixan abandonado o conflito de clase

Mencionabas o Estado do Benestar. A nivel de discurso político de esquerdas segue a falarse dese momento histórico cunha certa nostalxia, moitas veces sen unha análise crítica detrás.
E, sobre todo, sen facer unha análise material completa. Dende o meu punto de vista, das opcións políticas de esquerda que coñezo, exceptuando a CUP en Catalunya, hai poucas que, na miña opinión, fixeran unha análise material da situación. Cando se constrúe, a socialdemocracia é un sistema no que unha clase obreira, organizada, cede na súa pretensión de manter a propiedade dos medios de produción. O Estado, no pacto keynnesiano, organiza unha certa redistribución ao redor dos servizos públicos, como a sanidade ou a educación.

Este modelo sostense sobre dous alicerces que adoitan estar ocultos. Un é un momento mineral excelente. E o outro, todo un exército que reproduce cotián e xeracionalmente a vida, que son as mulleres nos fogares. Despois de sosterse durante corenta anos de funcionamento topas, por unha banda, cos límites físicos do planeta. Por outro lado, sobre todo nas áreas urbanas de países enriquecidos, as mulleres con todo o dereito, e a pesar da fenda laboral etc., protagonizamos unha saída ao espazo público, ao espazo económico, sen que os homes fixeran o camiño inverso. E sen que as comunidades e institucións asumiran ese traballo de reprodución cotiá da vida. Iso comeza a xerar unha crise.

O emprego, masculinizado, non permite que a xente saia da pobreza ou da precariedade. Sucede entón o que Nancy Fraser denomina a transformación das esquerdas en neoliberalismos progresistas. Na actualidade as maiorías sociais teñen medo, vense empobrecidas e senten incerteza. Porque hai incerteza, porque as clases políticas están abandonando a poboación empobrecida, que percibe que as políticas de esquerdas son inútiles e deixan abandonado o conflito de clase. Que está permeado polo racismo, polo machismo e polo ecocidio. E no momento no que se ve que esas propostas non funcionan o golpe de péndulo leva a que, cando aparece alguén que fai discursos socialmente equiparables aos da esquerda, iso entra até o fondo.

Vaise cara a unha especie de desencadeante de loitas entre pobos, que son moi vantaxosas para quen dirixe o cotarro. E entre medias a través de toda esa arquitectura da impunidade, das leis, do propio dereito, que agora funciona como un represor do conflito, prodúcese unha situación de defensa da autarquía. Para autárquicos os ricos, que constrúen unha muralla de defensa con esa arquitectura xurídica, con tratados internacionais, con leis como a Lei Mordaza, con leis que reprimen, matizan e criminalizan a resposta.

Como afecta a Lei Mordaza na loita contra os movementos especulativos?
O dereito sempre foi unha conquista das clases desfavorecidas para controlar ás máis favorecidas. O dereito naceu para tratar de blindar e protexer algúns elementos básicos da vida; pero agora, o dereito está servindo para reprimir o conflito. Neste conflito, con múltiples arestas, hai moitas persoas que se rebelan de diferentes xeitos e con diferentes linguaxes: arte, música, na rúa, etc. Mentres, o dereito está aliado co poder económico e dentro desta arquitectura da impunidade, lexíslase en moitos casos para esmagar e reprimir o conflito. Un caso recente e moi flagrante foi a sentenza do Tribunal Supremo que di que lles corresponde aos bancos pagar os impostos das hipotecas. Ao día seguinte, o xuíz di que a sentenza faille tanto dano á economía que a deixa en suspenso. É dicir, cando o propio Tribunal Supremo verbaliza que a xustiza prexudica a economía decatámonos de que tipo de economía xeramos.

Cando a xustiza ten que defender á economía contra as persoas, dalgún xeito o que está amosando é como construímos un modelo político e económico absolutamente enfermo e a imposibilidade de poder manter vidas sas nun modelo enfermo. Por iso é tan importante articular no local, no estatal e a todos os niveis, un movemento forte que resista e que se autodefenda a través da economía social e solidaria. O modelo é absolutamente violento; se os gobernos non nos defenden, teremos que defendernos nós.

Explicabas que a nivel estatal si hai movementos sociais, cidadanía organizada que decide articular un discurso propio, que formula un cambio de modelo.
Hai cidadanía articulada, estámolo a ver agora co movemento das pensións. O movemento feminista é un movemento que para nada está centrado en reverter fendas salariais, nin reverter a violencia machista –que é algo importantísimo– senón que é consciente de que iso son os brotes visibles dun problema estrutural que somete, e subxuga, non só a vida das mulleres, senón a vida de moitas persoas que están nos lugares fóra do privilexio dos suxeitos xerárquicos. Propoñen un órdago ao conxunto do sistema, non soamente uns retoques que favorezan a vida das mulleres. As plataformas están activas e están conseguindo frear os proxectos (extractivistas). E o movemento ecoloxista está detrás e debaixo de todo o coñecemento que permite denunciar a corrupción, de moitas desas denuncias. Todo isto está a funcionar, e vai articulando os discursos dun xeito máis integrado e compartido.

Yayo Herrero en Touro 2
Yayo Herrero é antropóloga, enxeñeira, profesora e activista ecofeminista. Raquel C. Pérez
Semella que movementos sociais e discurso ecoloxista discorren en ocasións por camiños paralelos, que non se conseguiu artellar un discurso máis global.
En certo modo si. É verdade que foi cambiando, e eu non falaría dos movementos sociais e do discurso ecoloxista. Porque hai moitos movementos sociais, por exemplo ATTAC, movementos por unha economía alternativa… Tamén o movemento feminista fai na súa convocatoria unha folga, tamén, de consumo. E parte do seu ideario está imbricado no discurso ecoloxista. Pero, sendo autocríticos, o movemento ecoloxista non conseguiu, como o movemento feminista, introducirse estruturalmente e integralmente dentro da axenda. Eu creo que porque en parte fixemos cousas mal. Foi un movemento que construíu un discurso rigoroso dende os datos sobre o cambio climático, sobre a construción urbanística…

Pero é un movemento que non conseguiu encaixar coas dinámicas de clase dun xeito máis forte. O imaxinario dominante mantén con tanta forza que o crecemento económico é necesario para soster vidas decentes, que facer un discurso que rache coa idea do crecemento económico é tremendamente complicado. As persoas interiorizaron o crecemento e os cartos como algo sagrado. Cando incorporas algo como sagrado nunha sociedade, entendendo dende o punto de vista antropolóxico o que significa sagrado, o que sucede é que se instala unha lóxica sacrificial. “Posto que isto é sagrado e necesario para soster a vida, todo merece a pena ser sacrificado, con tal de que isto se dea”. Convéncenche de que teñen que retirar as túas condicións laborais, ou que se ten que aprobar o despido libre, con tal de que a economía medre e para xerar emprego.

O emprego e o progreso persoal tende a identificarse coma un progreso económico ou laboral.
Santiago Alba Rico, que para min é unha das mellores cabezas que hai agora mesmo no Estado, traballou moito a idea do naufraxio antropolóxico Como o capitalismo non é só un modelo de produción, consumo e de redistribución da riqueza senón que xera antropoloxía. Constrúe un xeito de ser persoa no que o proceso de individualización é chave. Ese proceso de individualización require ir deixando a cada vez máis xente na cuneta e require interiorizar dalgún xeito esa idea de criminalización e de estigmatización que teñen todas aquelas persoas que non están incluídas nese xeito de ser. Moita xente nos colectivos pódese preparar para facelo, non é tan difícil. Con todo ese discurso da meritocracia e da xente feita a si mesma, ves tamén que hai todo un mercado de xeración de méritos e currículos que despois son os que lexitiman a certas persoas para estar nos lugares onde están e facer as burradas que fan.

Así as multinacionais aproveitan esa circunstancia para implantar os seus proxectos, co argumento de que van xerar emprego. Como se dá esa loita?
A loita transcorre en planos moi diferentes. Primeiro hai unha loita no plano cultural. Neste momento, no que ademais, a cuestión mediática xoga un papel fundamental. Nun momento no que non só pelexas contra medios propiedade das grandes multinacionais, senón no que as propias multinacionais xeraron un fenómeno chamado a “posverdade” é que é basicamente o feito de que ti podes contar todo tipo de mentiras, e se consegues moitos likes, se consegues moita difusión nas redes, convértense nunha especie de realidade paralela. unha realidade desconectada da materialidade da terra e dos corpos.

Lexitimada con likes.
Lexitimada con likes. Unha realidade na que o propio discurso científico ten moitas dificultades para poder explicarse. Despois está o plano da política. De toda esa política mergullada. Para aprobar o TTIP, o CETA, ou mesmo os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Unión Europea, o lobby que fai todo o poder transnacional é brutal. É brutal. Poñen e quitan leis.

Desde o meu punto de vista o bo que teñen os feminismos é que razoan poñendo a vida no centro

Como se combate a forza dos lobbys das multinacionais, que ademais agora teñen un discurso cunha dialéctica cada vez máis amable?
Hai posibilidades de facer pedagoxía social. Vou falar da miña experiencia. Levo moitos anos e xa pasei por medios moi hostís, en seccións sindicais de empresas, grupos de mulleres de poboacións rurais, asociacións de traballadores… Se o discurso está ben traballado, ben construído e se explica, enténdese á primeira. Non temos que razoar sobre a evolución da bolsa ou a prima de risco, que non entende ninguén, senón que razoamos sobre os tempos das persoas, os coidados dos corpos e os quilos de cousas que hai na natureza. O discurso enténdese perfectamente. Ademais, atópome con que hai once anos falar do famoso decrecemento era case unha frikada, incluso desde a propia esquerda, e agora mesmo ten unha receptividade e unha capacidade de capilaridade moito máis grande, pero necesitamos a moitísima xente facendo iso.

O CETA aprobouse de ‘tapadillo’ e o TTIP leva tres anos tentando ser aprobado pero non hai maneira, porque se construíu un movemento considerablemente amplo con conexións con movementos europeos que dá moita guerra para evitalo. No Estado español, tamén a plataforma contra o TTIP aglutinou a unha chea de xente diferente, traballouse bastante ben e o resultado é que, cun desequilibrio de forzas grande, cando hai unha masa crítica e se traballa ben, custa moitísimo aprobar leis. É necesario un traballo de concienciación e, por outra parte, un traballo de disputa da hexemonía cultural. Iso é chave.

A nivel de movemento, falabas da folga do 8M e da importancia de que fose unha folga de consumos e coidados, da necesidade de articular un discurso. Como o ecofeminismo pode ser unha ferramenta discursiva e de análise neste sentido?
Eu son bastante contraria a aceptar que haxa un só movemento ou unha soa etiqueta que o poida abarcar todo. Colocar etiquetas ríxidas fíxolles moito dano ás esquerdas e aos procesos emancipadores, pois parece que definen fronteiras que deixan fóra a quen non se sente cómodo con elas. Desde o meu punto de vista o bo que teñen os feminismos é que razoan poñendo a vida no centro. O elemento de razoamento é: como se sostén a vida humana e non humana? Que fai falta para que unha persoa desde que nace ata que morre poida soster a vida? Cando razoamos así decatámonos de que unha vida nacida non é unha certeza, senón que é unha posibilidade; e de que hai dous tipos de relacións básicas para que esa vida posible se converta nunha vida certa e sostible: as relacións coa natureza, a través do metabolismo económico (sacar minerais, sacar enerxía, utilizar os ciclos naturais para producir todo o que necesitamos para estar vivos) e, por outra banda, o necesario coidado dos corpos minerais desde o seu nacemento ata a súa morte.

A infancia, a vellez, a discapacidade ou a enfermidade son momentos vitais nos que ninguén pode sobrevivir se non ten outras persoas ao seu carón que lles dedican tempo e enerxía a facerse cargo deses corpos minerais. Sendo estes dous elementos cruciais para manter a vida, o razoamento económico e político que sae se colocamos esa prioridade no centro, é radicalmente distinto ao razoamento do modelo económico. Hai elementos económicos que fan medrar a economía que en ningún caso serven para soster as necesidades humanas. Dentro do noso modelo económico podemos falar de produción de bombas de racimo e de produción de trigo. Ambas as dúas fan medrar a economía, moito máis a das bombas de racimo, pero ninguén podería dicir que o uso do producido no caso das bombas sirva para construír vidas que mereza a pena vivir. O que fas é producir unha especie de salto, cada vez maior, entre o que se considera necesario para que as economías funcionen ben e o que é bo para que a xente resista.

A materialidade dos corpos e da vida segue abaixo e a economía, a política, a definición de dereitos e o progreso transcorren nun espazo abstracto que non se considera materialidade. Se toda a articulación política e económica se constrúe de costas aos corpos e á natureza, o que sucede é que o que hai abaixo se deteriora rapidamente. Por iso os ecofeminismos propoñen a necesidade dunha aterraxe forzosa na materialidade dos corpos e da terra. Unha aterraxe que sexa antipatriarcal, ecolóxica, xusta, antirracista, anticolonial e a ser posible, alegre.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Medio ambiente
O potencial do agro en Galiza fronte as políticas do espolio
O desleixo da Xunta coa produción, investigación e comercialización fai preciso un debate público ao redor das políticas agrarias.
Medio rural
Malos ventos para a Ribeira Sacra

A instalación de dous parques eólicos en Paradela ameaza a Ribeira Sacra, candidata a convertirse en Patrimonio da Humanidade.

Lei de depredación
Tecidos pola defensa da terra

Plataformas veciñais galegas traballan por un rural vivo. Nacen a partir do rexeitamento a proxectos extractivistas, de grande impacto no medio natural e escaso na economía local. En rede, loitan contra o crecemento económico a calquera prezo.

Política
Política Feijóo radicaliza al Partido Popular en medio del terremoto Cerdán con la vista puesta en las elecciones
Miguel Tellado será el nuevo secretario general del partido. Un movimiento con el que Feijóo consigue el control casi absoluto del PP y le come espacio del discurso ultra a Vox, pero que lo aleja de eventuales pactos con PNV y Junts.
Crisis climática
Datos El junio más cálido jamás registrado cierra con 330 fallecimientos por calor
103 personas han muerto en los primeros tres días de la ola de calor, según las estimaciones. Los datos de la Aemet señalan al pasado mes como el junio más caluroso; ha pulverizado la máxima anterior por 0,8 grados de diferencia.
Opinión
Opinión Espejismo España
La descomposición del Gobierno de coalición es un reflejo de la expansión de la ola ultraderechista, pero no implica que los movimientos de transformación puedan organizarse para contrarrestar esa amenaza.
Salud mental
Laura Martín López-Andrade ”La psiquiatría es una profesión potencialmente muy peligrosa”
La psiquiatra del Hospital Virgen de la Victoria de Málaga defiende otro tipo de psiquiatría que huye de los diagnósticos y de la jerarquía y cambia la palabra tratamiento por acompañamiento.
Oriente Medio
Oriente Medio Los empleados de EFE en Oriente Medio denuncian salarios por debajo de los mil euros
La delegación, formada por 24 personas, anuncia paros en sus funciones al verse reducida más de un 25% su nómina sin opción a negociar.
Naciones Unidas (ONU)
Genocidio El Informe Albanese denuncia ante la ONU a las empresas que se han lucrado del exterminio en Gaza
La relatora presenta un informe al Consejo de Derechos Humanos en el que detalla la responsabilidad de decenas de empresas en las políticas de ocupación, apartheid y genocidio que está llevando a cabo Israel en Palestina.

Últimas

Alquiler
Racismo y alquileres Siete de cada diez migrantes se ve en la necesidad de vivir de alquiler frente al 14% de los hogares españoles
“El precio del prejuicio” es el título del más reciente estudio del Instituto de Investigación Urbana de Barcelona, IDRA, en el que disecciona la relación entre las personas migrantes y su acceso a la vivienda.
Comunidad de Madrid
Sanidad privada Inspección propone sancionar a un hospital de Quirón por exponer a la plantilla a sustancias cancerígenas
El organismo inicia un procedimiento administrativo sancionador por infracción grave. Tras una visita al Hospital Quirónsalud Sur, de Madrid, constataron deficiencias en la zona de almacenamiento de los productos farmacéuticos y en el mortuorio.
València
València Una comunidad vecinal lucha para impedir el enésimo proyecto de bajos turísticos en València
El vecindario de un bloque en Aiora se organiza contra la construcción en su patio de luces de catorce alojamientos turísticos en una zona ya saturada de este tipo de negocios.
Sphera
Sphera Nueva convocatoria para medios independientes de Europa
La red Sphera financia con un máximo de siete mil euros vídeos cortos documentales elaborados por medios independientes de todo el continente. El plazo finaliza el 12 de julio.
Malasia
Malasia Durian, la fruta fétida que triunfa en Asia
El durian es tan maloliente que su consumo está prohibido en interiores, pero la popularidad de esta fruta, considerada un superalimento, no deja de aumentar en China y en el resto de Asia.
Tribuna
Tribuna El juicio del siglo contra Greenpeace y el derecho a la protesta
El juicio contra Energy Transfer arranca hoy, 2 de julio, en los Países Bajos, donde Greenpeace busca justicia invocando por primera vez la nueva Directiva anti-SLAPP de la UE.

Recomendadas

Historia
Historia ‘Weimar’, y su eco
‘Tiempos inciertos’, la exposición dedicada a la República de Weimar en el CaixaForum de Barcelona, apenas se deja nada, pero vuelve a incurrir en la idea de las “dos Alemanias” contrapuestas.
Economía social y solidaria
Historia Lo que Franco arrebató al cooperativismo y a la economía social y solidaria
La dictadura franquista combatió de forma cruel el movimiento cooperativo fraguado en la II República, y durante la propia guerra con las denominadas colectividades, y pervirtió la idea de autogestión a través de los ideales falangistas.
Río Arriba
Río Arriba Yayo Herrero: “El holocausto nazi no es una excepcionalidad en la historia de Europa, es un modus operandi”
Nueva entrevista de Río Arriba en formato podcast y vídeo en el que hablamos de ecofeminismo, transiciones ecosociales justas, decrecimiento, colapso, poner la vida en el centro y mucho más.