Laboral
Traballo sanciona con 3,5 millóns á Xunta polas condicións de traballo dos seus auxiliares de conversa
A Xunta recorrerá a sanción de 3,5 millóns de euros imposta a Galiza en relación co programa de auxiliares de conversa impulsado polo Ministerio de Educación. O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, informou de que a Administración autonómica recibiu a comunicación da multa hai uns días e considera “inadmisible” que Galiza sexa sancionada por aplicar un programa promovido polo propio Goberno central. Pero unha cousa non ten que ver coa outra.
En declaracións aos medios, Rodríguez insistiu ademais en que Galiza seguirá sen participar nesta iniciativa mentres non existan “certezas e seguridade” xurídica sobre as súas condicións de desenvolvemento. O obxectivo, explicou, é evitar que poidan repetirse situacións como a que provocou a sanción correspondente á provincia da Coruña.
O conselleiro defendeu a aposta da comunidade polo plurilingüismo e destacou que o programa de auxiliares de conversa levaba anos funcionando “ben” e con resultados satisfactorios. Con todo, sinalou que a situación cambiou durante o último ano, cando o Ministerio de Traballo comezou a realizar inspeccións para determinar se os auxiliares debían ser considerados traballadores suxeitos á normativa laboral.
Segundo explicou, esta interpretación entra en conflito coa posición mantida polo Ministerio de Educación, que sostén que entre os auxiliares e as administracións participantes non existe unha relación contractual de carácter laboral.
As inspeccións estendéronse a distintas comunidades e provincias e desembocaron en sancións de elevada contía. Rodríguez citou como exemplos as multas de 19 millóns de euros no País Valencià e de cinco millóns en Andalucía, ás que agora se suma a sanción de 3,5 millóns comunicada a Galiza.
O titular de Educación da Xunta anunciou que a Administración autonómica recorrerá a multa “por todas as vías”, tanto no ámbito administrativo como nos tribunais. Ao seu xuízo, “é absurdo” que unha comunidade que aplica as directrices dun programa deseñado polo Ministerio de Educación termine sendo sancionada por outro departamento do Goberno estatal.
Mentres non se aclare esta situación, Galiza manterá a súa decisión de non se incorporar ao programa estatal e xa traballa nun “programa alternativo” para continuar desenvolvendo esta liña de actuación.
Explotación laboral
436.000 personas trabajan semanalmente horas extras no pagadas
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!