Fútbol
Zaire, 1974

14 de xuño de 1974, once futbolistas están fronte a tribuna do Westfalenstadion de Dortmund. Sobre o peito, a estampa dun leopardo circundado pola lenda “Léopards Zaïre” que ocupa a práctica totalidade das súas camisetas amarelas. Un deseño rompedor para un acontecemento histórico: por vez primeira unha selección da África subsahariana chegaba á fase final dun mundial.


Cromo Zaire 1974
Imaxe do equipo titular da selección de Zaire no 1974.
30 jun 2020 08:30

Zaire, ou Congo, un gran territorio que agocha enormes recursos naturais. “O corazón das tebras”, como foi chamado polo polaco Joseph Conrad, foi propiedade particular do rei de Bélxica, Leopoldo II. Polo menos ata que o Parlamento belga confiscou a propiedade real en 1908, converténdose en colonia do Estado belga, pasando a chamarse Congo Belga. Tras diversos acontecementos, no ano 1960 houbo eleccións parlamentares no Congo como colonia. Mais a situación tornou en insoportábel  e os acontecementos evolucionaron cara a independencia en xuño dese mesmo 1960. Nese intre e nunha mostra de arrogancia o, polo entón, Rei de Bélxica Balduino declarou, “amosarnos que sodes merecedores da nosa confianza”. Congo celebrou a súa independencia o 30 de xuño de 1960, sendo Joseph Kasavubu o primeiro presidente e Patrice Lumumba o seu primeiro ministro. Porén, a pesar da estreada independencia, os inversores belgas e os seus colegas europeos e norteamericanos continuaron explotando en beneficio propio os recursos do país, sobre todo grandes plantacións agrícolas e explotacións de minaría (diamantes, ouro, uranio, cobre).

Patrice Lumumba, que traballara como axente postal ata 1957, fundou o Movemento Nacional Congoleño, que agrupou a diversas faccións nacionalistas congoleñas. Tras participar na conferencia panafricana de Accra (capital de Ghana) en 1958, e estar un tempo en prisión, foi liberado para ser interlocutor na Conferencia de Bruxelas en xaneiro de 1960. Houbo un discurso de Lumumba, dramático e anoxado, pronunciado en 1960 no recen estreado parlamento congoleño que chamou a atención do mundo. Patrice Lumumba falou da violencia e da humillación do réxime colonial, do proceso de espolio e desposesión en África. Dixo que a independencia política non era suficiente, e que os africanos tiñan tamén que beneficiarse das riquezas en terras africanas. Durante esas datas, aconteceu unha caída mundial no prezo do cobre, principal exportación por entón desde o Congo. Nesas datas, ademais, na provincia de Katanga con axuda de mercenarios brancos, unha rexión con grandes riquezas minerais, estableceuse un goberno paralelo dirixido por Moïse Tshombe. O goberno congoleño solicitou axuda ás Nacións Unidas para que enviase unha forza pacificadora. Mais as forzas enviadas foron insuficientes, xurdindo movementos secesionistas noutras rexións, ademais de Katanga, como en Kisangani, Bakongo e Kasai.

Aínda que era de ascendencia sudanesa, Joseph Desiré medrou entre a etnia bantú dos bangala do Congo. Foi educado por misioneiros católicos e, en 1950-1956, enrolouse nas Forzas de Seguridade ao servizo das autoridades coloniais belgas. A finais dos 50 uniuse a Patrice Lumumba na loita pola independencia do Congo, chegando a ser un dos seus principais colaboradores políticos. Acadada a independencia da república Democrática do Congo en 1960, o primeiro ministro Lumumba nomeouno ao mando do exército. Cun executivo sen experiencia no labor de goberno, Lumumba, e despois de varias tentativas fracasadas por outras vías, acabou recibindo asesoramento da Unión Soviética. De feito, unha das universidades de Moscova leva o nome de Patrice Lumumba. Ademais, nese momento miles de oficiais belgas que rexeitaban abandonar o país comezaron a boicotear as novas institucións. Nas transmisións de radio chamaban a Lumumba como satán. Tan pronto como Lumumba tomou posesión como primeiro ministro, a CIA planificou o seu asasinato e canalizaron cartos cara os rivais políticos de Lumumba. Nese intre, as rivalidades internas dentro do goberno apareceron, o presidente Kasavubu tentou despedir a Lumumba como primeiro ministro, Lumumba fixo o mesmo con Kasavubu. Este baleiro de poder foi aproveitado por Joseph Desiré, o militar que, co apoio da CIA, deu un golpe de estado e asumiu o poder. Lumumba nun primeiro momento foi recluído no seu fogar, tentou fuxir pero foi detido de novo. Foi posto diante das cámaras de televisión onde lle deron unha malleira en directo. Despois, o 17 de xaneiro de 1961, Patrice Lumumba foi conducido a Elisabethville, en Katanga, onde morreu fusilado. Os seus restos foron queimados para evitar calquera culto á súa persoa.

Tentou fuxir pero foi detido de novo. Foi posto diante das cámaras de televisión onde lle deron unha malleira en directo. Despois, o 17 de xaneiro de 1961, Patrice Lumumba foi conducido a Elisabethville, en Katanga, onde morreu fusilado

Pola súa banda, o poder de Joseph Desiré non solidificou ata 1965. O militar fíxose coa presidencia do país tras unha revolta e un segundo golpe de estado en 1965. En 1971, o país mudou o seu nome a Zaire, a roupa occidental foi prohibida e o goberno forzou aos cidadáns a renunciar aos seus nomes europeos e recuperalos apelativos africanos tradicionais, el mesmo mudou o seu nome de Joseph Desiré a Mobutu Sese Seko. Unha das primeiras medidas que pensou Mobutu foi investir no fútbol. Para iso, comezou repatriar aos xogadores zaireños que marcharan a Bélxica e vetou a súa saída ao estranxeiro. En poucos años, o país africano logrou armar un equipo e os resultados non tardaron en chegar. Rebautizados como “Os Leopardos”, proclamáronse campións da Copa África de 1968. En 1972 o Iugoslavo Bladoje Vidinic, que dirixira a Marrocos na súa primeira participación nun mundial, foi contratado como adestrador da selección. En 1974 Zaire conseguía a súa segunda Copa África con xogadores como o porteiro Kazadi Mwamba, recoñecido como o mellor gardameta da historia de Zaire; o mediocampista Ricky Mavuba; e o dianteiro Malamba Ndaye, que anotou nove goles na Copa África de 1974, un récord que segue en vigor hoxe.

A clasificación para o Mundial de Alemaña 1974 foi a culminación dese proxecto. Un proceso que non estivo ausente de sospeitas; de feito na última rolda, unha pequena liga con Zambia e Marrocos, os marroquís non se presentaron a xogar no último partido tras perder 3-0 en Zaire, xa que consideraban que os 3 goles foran ilegais. Certo é que Zaire xa estaba clasificada matematicamente e de nada servía unha vitoria magrebí no partido de volta. Cando clasificaron, Mobutu estaba tan emocionado que invitou aos xogadores ao seu luxoso complexo: alí, os futbolistas foron atendidos como se fosen membros dunha familia real. Mwepu Ilunga, o protagonista dun estrambótico incidente no lanzamento dunha falta, lembraba tempo despois que o presidente agasallou unha casa, un Volkswagen verde e unhas vacacións nos Estados Unidos a cada membro do equipo. Tamén, e a pesar de non viaxar a Alemaña Occidental, Mobutu mandou un séquito que incluía ministros do goberno, membros das forzas armadas e, incluso, uns curandeiros.

Na fase final Zaire quedou encadrada nun difícil grupo, xunto a Iugoslavia, Escocia e Brasil. O once tipo que presentou Zaire para o mundial foi o seguinte: Kazadi; Mwepu, Lobilo, Kilasu, Mwombo; Bwanga, Kidumu, Mana; Mayanga, Kakoko e Ndaye. Un equipo que funcionaba como un 4-3-3, con dous homes moi pegados ás bandas no ataque e unha única referencia arriba. Xa no torneo comezaron o primeiro partido contra Escocia. A pesar de enfrontarse a un poderoso combinado que tiña talentos como Kenny Dalglish, Billy Bremner ou Dennis Law; Zaire logrou aguantar ben. Os africanos amosaron a súa habilidade co balón e mantiveron unha sólida estratexia defensiva. Os escoceses terminaron impoñéndose por 2-0, pero a derrota non representou un fracaso considerando o status de debutantes na Copa do Mundo dos zaireños. Tralo primeiro partido os xogadores non recibiron ningún pago polo encontro. E pensaron que o séquito de Mobutu quedara coa súa parte do pastel. Houbo discusións. A selección zaireña estivo ao bordo da rebelión. De feito, ameazaron con non saír ao campo no segundo partido contra Iugoslavia. Algunhas versións din que cada xogador recibiu 3.000 marcos alemáns dos organizadores do mundial para non danar a imaxe do torneo. Outras versións, pola contra, din que descartaron non saír tras ser ameazados por militares de Mobutu. Pouca broma. Con todo este ruxe ruxe, o adestrador Vidinic apenas puido pensar en planificar un partido serio contra unha Iugoslavia que era unha selección verdadeiramente potente.

A clasificación para o Mundial de Alemaña 1974 foi a culminación dese proxecto. Un proceso que non estivo ausente de sospeitas

Cansos e desmotivados tras días de discusións e problemas, os Leopardos comezaron contra Iugoslavia cunha defensa moi branda e inocente. En apenas 20 minutos, os europeos marcaron 3 goles. De súpeto, sen saber ninguén porque, no minuto 22 o adestrador Vidinic decidiu cambiar a Kazadi Mwamba (gardameta titular) por Dimbi Tubilandu, un xogador de 1,64 m. de altura. O pequeno porteiro nun mudou nada, e nese intre Iugoslavia fixo o cuarto gol, tras sacar unha falta rápida, sen que sequera os zaireños soubesen como, xa tiñan 4 no contador. Ademais resultara expulsado o dianteiro Ndaye por unha agresión que el non cometera. A partir de aí os Leopardos foron apabullados por un rival máis concentrado e terminaron perdendo por un humillante 9-0. Foron 9, un récord aínda hoxe, pero puideron ser máis. Como vos podedes imaxinar, a nova do resultado contra Iugoslavia non foi ben recibida por Mobutu, que advertiu aos futbolistas que no caso de perder por máis de 3 goles de diferenza no último partido do grupo, contra Brasil, era mellor que ficasen en Alemaña. Por se non fose suficiente a ameaza do ditador, Brasil necesitaba gañar por 3 goles como mínimo para asegurar o pase á seguinte fase. Eses días o medo do equipo africano debeu ser enorme.

O certo é que contra Brasil o público viu a unha Zaire mellor, máis contundente en defensa, e cun Kazadi que alternou grandes paradas con metidas de pata realmente cómicas. No minuto 79 do partido, nunha xogada comezada desde a banda, entrou polo primeiro pao o terceiro gol. Nin que dicir ten que os 11 minutos restantes foron un suplicio para os pobres zaireños para que non chegase o cuarto gol. É moi lembrada unha xogada nese período de tempo, un libre directo que ía lanzar Rivelino e no que o lateral dereito Mwepu Ilunga interviu, adiantándose ao dianteiro para golpear a pelota. A partir de aí, Brasil baixou unha marcha, dado que lles servía o 3-0 e Zaire conseguiu chegar ao final do partido sen máis sobresaltos. O equipo zaireño puido volver a casa, aínda que lles perseguiu para sempre a mala reputación. “Ninguén viu a recibirnos ao aeroporto. Ninguén! Varias semanas antes marcharamos rodeados de xente e ao volver xa ninguén acordábase de nós”, lembraba nunha entrevista hai uns anos o defensa Mwepu Ilunga.

Fútbol
Mwepu Ilunga e o galo que monta todas as galiñas

O mundial de fútbol é un verbo conxugado normalmente nos titulares e nas primeiras planas dos xornais baixo a éxida de éxitos, triunfos e vitorias. Mais ás veces detrás dun aparente resultado desfavorábel hai feitos que merecerían o recoñecemento dos demais.

Tralo Mundial, Mobutu deixou o fútbol a un lado. O ditador retirou os fondos dedicados ao fútbol e investiunos nas instalacións para albergar o combate “Rumble in the Jungle” disputado entre Muhammad Ali e George Foreman. Desde entón, Zaire non volveu participar nunha Copa do Mundo. A selección de Zaire de 1974 foi rapidamente esquecida. Mobutu encargouse persoalmente de propagar un “Alzheimer” colectivo entre a prensa e os seareiros. Mobutu nunca perdoou ao equipo o motín previo ao segundo partido do mundial, nin os resultados acadados, unha humillación que non estaba disposto a pasar por alto. Mentres a garda pretoriana do ditador fixo o resto do traballo sucio: privaron aos xogadores dos premios que conseguían, obrigaban aos clubs a rexeitar canta oferta chegara desde o estranxeiro por eles, e someteunos a un acoso constante nas súas vidas privadas. Condenados a xogar para sempre no campionato local, ademais foron apartados sine die da selección nacional. Si, claro, moitos dos compoñentes do equipo terminaron na pobreza, igual que o resto do país, por outra parte.

Mobutu encargouse persoalmente de propagar un “Alzheimer” colectivo entre a prensa e os seareiros

Por exemplo, o porteiro Kazadi, gañador da Copa África en 1968 e 1974, morreu na indixencia en 1996. Ricky Mavuba rematou vivindo en Francia, como refuxiado. Pero esa é outra historia, unha longa historia. Posibelmente, o episodio máis lutuoso aconteceu co dianteiro Ndaye Mulamba, tamén coñecido como “Mutumbula”, literalmente asasino en dialecto lulua. En 1994 a Confederación de Fútbol Africana (CAF) homenaxeouno en Túnez pola súa carreira. Ao regresar, un grupo de militares asaltaron a súa casa en busca da medalla recibida e unha suposta prima que Ndaye nunca recibira. Ante a súa negativa a ceder ás presións dos esbirros de Mobutu, estes dispararon dous tiros nunha perna e acabaron coa vida do seu fillo Tridon. Malferido, Mulamba foi arroxado por unha ponte ao río Congo, de onde foi rescatado de milagre por uns pescadores. A fortuna quixo que un doutor belga recen chegado a Kinshasa puidese salvarlle a perna, a pesar da opinión contraria dos seus colegas galenos. En 1998 gardaron un minuto de silencio na Copa África de Nacións despois de que informaran que o dianteiro Ndaye estaba morto, debido a unha confusión. Non era certo, de feito estaba vivo a pesar de levar unha difícil vida como indixente en Sudáfrica despois de fuxir da súa patria. Desde entón, Ndaye traballou como adestrador e viviu de xeito precario na periferia de Cidade do Cabo. Finalmente morreu en xaneiro de 2019, en Sudáfrica.

Mobutu, que chegara ao poder co soporte dos Estados Unidos porque vían nel unha barreira fronte ao avance do comunismo e unha garantía para os seus intereses económicos, terminou fuxindo do país tras deixalo no medio dun caos económico e social, e completamente na ruína. Derrocado Mobutu por Kabila e máis tarde, erixido en Presidente o fillo de Kabila, tras o asasinato do pai, sumido o país nunha interminábel guerra civil que dividiu o territorio en diferentes partes gobernadas polas tropas correspondentes é difícil predicir o futuro da República Democrática do Congo. A antes chamada Zaire aínda sofre hoxe as consecuencias da guerra e da cleptocracia que liderou o ditador nacido en Lisala. Sese Seko finalmente morreu en setembro de 1997, na cidade de Rabat. A figura de Lumumba, en parte produto do seu martirio, quedou como a dun heroe nacional entre as clases traballadoras do país que viron como os seus dereitos foron minados pola ditadura de Mobutu Sese Seko. Sabendo todo isto, non sorprende que outro xogador, Ekofa Mbungu, estivese contento coa súa morte. Despois do fútbol traballou como taxista. En 2004, 30 anos despois de Alemaña 74, Mbungu seguía conducindo o mesmo Volkswagen verde que lle deran por clasificar para o mundial de Alemaña 1974.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Laboral
Laboral Los sindicatos convocan huelga en Mediapro durante las últimas jornadas de la liga de fútbol
El final de la liga de fútbol podría no verse en televisión si la empresa HBS, nueva adjudicataria de la producción de La Liga, no garantiza la subrogación del personal. Los sindicatos han convocado huelga del 13 al 27 de mayo en el grupo Mediapro.
Fútbol
Fútbol y política Las gradas de todo el mundo enseñan la tarjeta roja a Israel
La campaña ‘Show Israel the red card’ suma más de 170 acciones desde que, en febrero, el grupo ultra del Celtic de Glasgow hizo un llamamiento al mundo del fútbol para exigir que la FIFA cumpla sus estatutos y suspenda a Israel de sus competiciones.
Opinión
Opinión Pedro Sánchez, final de partida
El presidente del Gobierno se irá sin haber hecho nada para evitar que el circuito que ya estaba ahí cuando llegó siga funcionando.
Oriente Próximo
Oriente Próximo Israel pone la región al borde del abismo
La región vive una escalada de la tensión tras el ataque de Israel a Irán y la respuesta de este. El intercambio de ataques no ha cesado en todo el fin de semana.
Alicante
Alacant Martín Villa y el expolicía Daniel Aroca irán a juicio por un asesinato político durante la transición
El exministro y empresario será investigado por crímenes contra la humanidad cometidos durante la dictadura franquista. Se trata del primer caso de estas características dirigido desde un juzgado español.
Baleares
Un modelo insostenible El rechazo a la turistificación se expande en Canarias, Baleares y Barcelona
Tras la masiva manifestación en las Islas Canarias del pasado mayo, Palma de Mallorca, Barcelona y San Sebastián salen este 15 de junio a la calle contra un modelo de turismo desmedido insostenible para el territorio y sus habitantes.

Últimas

Oriente Medio
Oriente Medio Decenas de muertos en una noche de sirenas y misiles cruzados entre Israel e Irán
Después del ataque israelí contra la infraestructura energética y militar iraní, cientos de misiles iraníes atraviesan el cielo israelí e impactan en Tel Aviv, Bat Yam, Tamra y Haifa.
Opinión
Opinión Amor, alienación y nostalgia en la obra de Wong Kar Wai
El cine de Wong Kar Wai logró captar la avalancha de nostalgia que florecía en el capitalismo tardío frente a la desorientación y la enajenación de los propios sujetos sociales.
Crónica
Justicia En la sala de un juicio a una madre protectora
Esta es una crónica de un juicio a una mujer que pidió medidas por sospechar de abusos sexuales a su hija en el domicilio paterno sin que ninguna institución moviera un dedo y, un mes después, cogió un vuelo a su país para intentar protegerla.
Editorial
Editorial Justicia irracional
Por acción o por omisión, las instituciones violentan a las mujeres. Se llama violencia institucional.
Relato
Relato Rendirse
A mi pesar me tocaba compartir mesa con aquellos documentos y, como estaba de los primeros (no lo habría imaginado al llegar), ya no conseguía quedar por encima, con lo que me gusta.
Portugal
Antifascismo Concentraciones en varias ciudades de Portugal en repulsa a la agresión a un actor por un grupo neonazi
Cientos de personas se concentran en distintas ciudades portuguesas en repulsa a la agresión al actor Adérito Lopes por parte de un grupo de neonazis el pasado 10 de junio.

Recomendadas

Consumo
David Sánchez “Shein está diseñado para crear adicción a través de patrones muy oscuros”
David Sánchez Carpio es director de la Federación de Consumidores y Usuarios (CECU), una de las organizaciones que han denunciado al gigante chino de venta de ropa por internet ante la Comisión Europea. “No hay que culpabilizar a los consumidores".
Violencia machista
El Estado que revictimiza Violencia institucional: “Si lo hubiera sabido antes, no hubiera denunciado nunca”
Rocío ha sufrido violencia psicológica, física y sexual por parte de su expareja. Y también violencia institucional en todas las puertas de la red de recursos institucionales que ha ido atravesando.
Galicia
Galicia Activistas bloquean una planta de Altri en Portugal y avisan de que frenarán su expansión en Galicia
El grupo atrancó con cadenas y soldadura las entradas de la planta de Celbi en Leirosa, en la mayor acción directa hasta el momento contra la expansión de la multinacional papelera en territorio gallego: “O povo é quem para Altri”.
Rap
Los Chikos del Maíz “La música urbana está llena de fachas y votantes de Vox”
Tras un fin de gira accidentado, Toni y Nega dan una tregua indefinida a su proyecto con dos conciertos en Madrid. Horas antes de llenar la sala en la primera cita, visitan la redacción de El Salto.