Especulación urbanística
Un novo polígono industrial expulsará das súas casas a case un centenar de familias en Valadares

A construción financiada pola Zona Franca afecta a un millón de metros cadrados entre Vigo e Gondomar e a 160 familias. De forma indirecta, atinxe 1.500 persoas. O parque empresarial destrúe patrimonio histórico e cultural. A veciñanza sospeita dunha posíbel especulación co solo.

foto portada valadares
Antonio Iglesias, o presidente de AGAPA, a plataforma veciñal contra polígono industrial da Pasaxe e da Garrida Cecilia Vázquez

O poder empresarial volve ameazar a vivenda dos vigueses. No borrador do novo PXOM aparecen 250.000 m2 correspondentes a Garrida, na parroquia de Valadares en Vigo,  que se verán afectados pola construcción dun novo parque industrial financiado pola Zona Franca. Ao construírse, case un centenar de familias serán expropiadas e botadas das súas casas. 

Especulación urbanística
Un fondo voitre aniña no centro de Vigo respaldado polo Concello

O fondo norteamericano Autonomy Capital, do que é fundador o ex directivo de Lehman Brothers, Robert Gibbins, comprou a débeda do proxecto do Barrio do Cura en 2018. Agora, a veciñanza pide non ser abandoada ante a especulación urbanística e quere garantir o seu dereito á vivenda fronte unha posible expropiación do goberno local.

A maiores dos propietarios das vivendas, hai unhas 100 persoas afectadas por posuiren terreos. Tendo en conta os impactos medioambientais da construcción, esta afectará a 1.500 familias dunha forma indirecta. Na zona existen petroglifos e mámoas históricas, unha parte do camiño de Santiago, un túnel con augas comunais, un colexio e un campo de fútbol. 

A reforma da Pasaxe —zona afectada— ía realizarse só na parte pertencente ao Concello de Gondomar, afectando a 750.000m2 entre este territorio e o do piñeiral. Porén, a veciñanza de Valadares —a parroquia fronteiriza, pertencente ao concello de Vigo— decatouse que no DOG o borrador do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) ía afectar tamén a 250.000 m2 do seu territorio. Deste modo, este novo Plan mudaría o de 2008, xa que na zona da Garrida seguían vixentes as aplicacións do de 1993.

Veciño afectado valadares
Veciño de Valadares afectado, ao fondo, o colexio Miguel Núñez

“O ordeamento da Pasaxe parécenos ben, porque está desorganizada, desestructurada e hai empresas que non funcionan. O problema é que queren ampliar o polígono empresarial cara a Valadares e iso toca moitas vivendas”, explica Ana María Pérez, presidenta do Centro Cultural e Veciñal de Valadares, quen tamén foi das primeiras en se decatar  deste mudamento do PXOM. 

As empresas do parque industrial gozarían de vantaxes orzamentarias ao ser pagado pola Zona Franca
plano valadares
Os planos do novo PXOM para o polígono empresarial en Valadares, en amarelo o urbanizable.

O Concello de Vigo, respalda esta obra co argumento de que ayudaría á creación de emprego na Galiza. Mais, “xa hai moitos parques empresariais da zona, algúns con naves industriais baleiras”, cuestiona Ana Pérez. A veciñanza aínda non ten información sobre o prezo das expropiacións, que serán pagadas pola Zona Franca. Ademais, as empresas dentro do terreo comprado gozarían de vantaxes orzamentarias. “Cremos que moitas das empresas xa instaladas, como as do parque empresarial da Costa, serían beneficiarias deste proxecto”, sinala a presidenta.

As familias afectadas crearon AGAPA, unha plataforma veciñal independente da Garrida contra o polígono industrial e contan xa con 200 adscritos. “O Concello non nos avisou, enterámonos dun día para outro”, lamenta Antonio Iglesias, presidente desta asociación quen engade que “somos moitos afectados e recollimos máis de 1000 firmas, imos loitar polo noso”.

En canto ao prezo da obra, o plan da Pasaxe estipúlao en 21 millóns de euros, mais o vicepresidente de AGAPA, Eduardo Díaz, sinala que “tendo en conta o prezo do solo, vai ser carísimo, estimámolo en 30 millóns de euros”. “Entendemos que Valadares é interesante para os empresarios, pero tememos a especulación no solo”, relata unha persoa que ve afectada a súa vivenda por esta obra.

veciños de valadares
Veciños de Valadares nunha recollida de firmas por AGAPA. Miguel Núñez

O pasado Xoves 17, AGAPA e o Centro Cultural reuníronse coa concelleira de urbanismo, María José Caride. Segundo as mesmas fontes, aseguran que a concelleira explicou que a cidade de Vigo ten que medrar cara ao monte e que Valadares vai ter que ceder os terreos ás empresas. Non houbo contestación a por que non se usan as naves baleiras ou o que lle van pagar aos veciños, mais si que afirmou que o publicado “é só un borrador”, comenta Ana Pérez. 

DESTRUCCIÓN DO PATRIMONIO HISTÓRICO E MEDIOAMBiental

A obra, destrúe 2 petroglifos catalogados pola Xunta  e unha das tres mámoas de Valadares. O que permite que constrúan enriba destes xacementos de máis de 5.000 anos é que estean rexistrados, mais non protexidos. “Se fixesen unha cata arqueolóxica aquí, seguro que aparecían moitos máis, pero non lles interesa defender o noso patrimonio”, critica Eduardo Díaz. 

eduardo petroglifo valadares
Eduardo Díaz, presidente de AGAPA, limpando un dos petroglifos afectados polo novo parque industrial. Miguel Núñez
Petroglifo valadares
Petroglifo celta afectado. Miguel Núñez

Estes debuxos, propios da cultura castrexa, só teñen un equivalente nas representacións de Santa Tegra en toda Galiza. “Vivo a 100 metros destes restos históricos e, cando quixen facer a miña casa, tiven que firmar moitísimos papeis asegurando que non ía facer estruturas que perxudicasen os petroglifos. Non ten sentido que veña un conxunto de empresas e destrocen o noso patrimonio histórico”, relata Eduardo.

“Non imos consentir que nos quiten calidade de vida para lucrar o peto dos ricos”, censura Ana Pérez, presidenta do Centro Cultural e Veciñal de Valadares

O parque empresarial constrúese tamén sobre un túnel de augas comunais do río Zamáns. “Leva auga ao Casco Vello e ao Monte do Castro de Vigo” asegura Eduardo Díaz. Ademais, serve como unha reserva de auga para a cidade. A isto engádeselle o feito de ter unha fábrica pegada á casa, “o proxecto ten un claro impacto medioambental negativo”, asegura Ana Pérez. “Na zona xa hai empresas contaminantes, como unha de uralita desde hai 6 meses, non queremos máis”, denuncia o vicepresidente.

Eduardo Díaz valadares río
Eduardo Díaz, ensinando o túnel da auga afectado do rio Zamáns Miguel Núñez

“Non é unha obra racional, e xa non só porque nos boten das nosas casas, estanse cargando a zona rural da cidade de Vigo”, afirma Eduardo Díaz. “É un horror que paixasística, cultural, social e humanamente fagan isto”, califica Díaz.

“Se fose algo ecoloxicamente sostíbel tería máis sentido facelo, hai que cuestionarse a quen beneficia realmente todo isto”, defende Ana Pérez. “Estamos nunha zona rural onde xa fixeron o hospital Álvaro Cunqueiro, temos un pésimo transporte e xa hai empresas baleiras, non imos consentir que nos quiten calidade de vida para lucrar o peto dos ricos”, censura a presidenta.

Especulación urbanística
A axenda urbanística precipita os desaloxos da Pasaxe (I)
A desaparición do asentamento precario da Pasaxe na cidade da Coruña é unha realidade anunciada desde o ano 2004, contamos a súa historia en dúas partes.
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Opinión
Vivienda De cómo cobrando el salario mínimo nunca tendrás una casa
La especulación inmobiliaria y los pisos turísticos son los grandes culpables de que alquileres y precio de venta de la vivienda se hayan disparado en los últimos tiempos.
Derecho a la vivienda
Jaime Palomera “La vivienda necesita una revolución”
Investigador y uno de los fundadores del Sindicat de Llogateres, Jaime Palomera presenta ‘El secuestro de la vivienda’, un libro sobre el juego amañado en el que los propietarios son cada vez más ricos y los inquilinos cada vez más pobres.
Derecho a la vivienda
Derecho a la vivienda ERC exige que la Sareb no renueve el contrato con KKR después de una investigación de El Salto
El Gobierno de coalición debe decidir si renueva su contrato para la gestión de las viviendas del banco malo este verano. Para ERC y Bildu se trata de una “oportunidad única” para que la gestión pase a ser 100% pública.
Opinión
Opinión Pedro Sánchez, final de partida
El presidente del Gobierno se irá sin haber hecho nada para evitar que el circuito que ya estaba ahí cuando llegó siga funcionando.
Opinión
CEOE Los corruptores condenan la corrupción
Desde la CEOE, lobby de los grandes empresarios implicados en tramas de corrupción durante décadas, han criticado a los políticos que han formado parte de dicha corrupción.
Oriente Próximo
Oriente Próximo Israel pone la región al borde del abismo
La región vive una escalada de la tensión tras el ataque de Israel a Irán y la respuesta de este. El intercambio de ataques no ha cesado en todo el fin de semana.
Alicante
Alacant Martín Villa y el expolicía Daniel Aroca irán a juicio por un asesinato político durante la transición
El exministro y empresario será investigado por crímenes contra la humanidad cometidos durante la dictadura franquista. Se trata del primer caso de estas características dirigido desde un juzgado español.
Baleares
Un modelo insostenible El rechazo a la turistificación se expande en Canarias, Baleares y Barcelona
Tras la masiva manifestación en las Islas Canarias del pasado mayo, Palma de Mallorca, Barcelona y San Sebastián salen este 15 de junio a la calle contra un modelo de turismo desmedido insostenible para el territorio y sus habitantes.

Últimas

Oriente Medio
Oriente Medio Decenas de muertos en una noche de sirenas y misiles cruzados entre Israel e Irán
Después del ataque israelí contra la infraestructura energética y militar iraní, cientos de misiles iraníes atraviesan el cielo israelí e impactan en Tel Aviv, Bat Yam, Tamra y Haifa.
Opinión
Opinión Amor, alienación y nostalgia en la obra de Wong Kar Wai
El cine de Wong Kar Wai logró captar la avalancha de nostalgia que florecía en el capitalismo tardío frente a la desorientación y la enajenación de los propios sujetos sociales.
Crónica
Justicia En la sala de un juicio a una madre protectora
Esta es una crónica de un juicio a una mujer que pidió medidas por sospechar de abusos sexuales a su hija en el domicilio paterno sin que ninguna institución moviera un dedo y, un mes después, cogió un vuelo a su país para intentar protegerla.
Editorial
Editorial Justicia irracional
Por acción o por omisión, las instituciones violentan a las mujeres. Se llama violencia institucional.
Más noticias
Relato
Relato Rendirse
A mi pesar me tocaba compartir mesa con aquellos documentos y, como estaba de los primeros (no lo habría imaginado al llegar), ya no conseguía quedar por encima, con lo que me gusta.

Recomendadas

Consumo
David Sánchez “Shein está diseñado para crear adicción a través de patrones muy oscuros”
David Sánchez Carpio es director de la Federación de Consumidores y Usuarios (CECU), una de las organizaciones que han denunciado al gigante chino de venta de ropa por internet ante la Comisión Europea. “No hay que culpabilizar a los consumidores".
Violencia machista
El Estado que revictimiza Violencia institucional: “Si lo hubiera sabido antes, no hubiera denunciado nunca”
Rocío ha sufrido violencia psicológica, física y sexual por parte de su expareja. Y también violencia institucional en todas las puertas de la red de recursos institucionales que ha ido atravesando.
Galicia
Galicia Activistas bloquean una planta de Altri en Portugal y avisan de que frenarán su expansión en Galicia
El grupo atrancó con cadenas y soldadura las entradas de la planta de Celbi en Leirosa, en la mayor acción directa hasta el momento contra la expansión de la multinacional papelera en territorio gallego: “O povo é quem para Altri”.
Rap
Los Chikos del Maíz “La música urbana está llena de fachas y votantes de Vox”
Tras un fin de gira accidentado, Toni y Nega dan una tregua indefinida a su proyecto con dos conciertos en Madrid. Horas antes de llenar la sala en la primera cita, visitan la redacción de El Salto.