Energía
Privilexio ambiental metropolitano. Madrid e as emisións de gases de efecto invernadoiro

A pasada semana Núñez Feijóo visitou a central térmica das Pontes acompañado do alcalde da localidade e do presidente de Endesa. Fíxoo para asegurar que a central continuará aberta 20 anos máis grazas ás remodelacións que está a levar a cabo para reducir as súas emisións de gases de efecto invernadoiro (GEI).

Central térmica de Meirama
A central térmica de Meirama, propiedade de Gas Natural Fenosa, produce electricidade a partir da combustión do carbón. Jessica Uzal
6 abr 2018 12:09

O certo é que non estamos moi afeitas a mirar os procesos económicos con lentes de cor verde. Se o fixésemos, observariamos que todo feito económico ten a súa consecuencia na contorna ambiental e que, á vez, é a contorna ambiental -a realidade biofísica que rodea a nosa existencia- o que fai posíbel calquera feito económico. Por exemplo, toda a industria alimentaria susténtase sobre unha serie de equilibrios: a fertilidade do chan, a polinización, o equilibrio climático... da mesma forma, a nosa actividade económica produce residuos que sempre acaban deteriorando a contorna ambiental, abonda mencionar como exemplo o cambio climático.

O curioso é que esta ecodependencia da economía produce tamén desequilibrios territoriais entre os centros metropolitanos, grandes consumidores de recursos, e as periferias destes, grandes produtoras de recursos. É dicir, os territorios centrais estenden as súas redes de influencia moito alén das súas fronteiras, e estabelecen canles de comunicación con lugares moi afastados para lograr nutrirse de recursos.

Isto é máis ou menos obvio, o que pode parecer máis estraño é que eses recursos fan o camiño de volta e, da mesma forma que a periferia fornece de recursos ao centro, tamén asume gran parte da carga do seu impacto ambiental. Que pasa coa bolsa do lixo cando a deitamos no contedor? Desde onde se están a emitir os gases de efecto invernadoiro resultantes da enerxía eléctrica que estou consumindo ao escribir este artigo?.

Ser periferia tamén é asumir o custo ecolóxico da industrialización da metrópole, e para mostra, o comportamento das emisións de GEI no estado español.

Os datos de emisións de GEI por persoa para o ano 2015, revelan que os maiores resultados concéntranse en comunidades relativamente pouco poboadas e industrializadas. Asturias, Castela e León, Galicia e Aragón contando con apenas 7,5 millóns de habitantes entre as catro, o que equivale ao 16% da poboación total española, emiten uns 107 millóns de toneladas de GEI, representando case un terzo das emisións totais do conxunto do Estado. Estas cifras colócaas moi por enriba da media estatal, valorada en 7,2 toneladas de GEI por persoa e ano. Mentres que Madrid emitindo pouco máis de 20 millóns de toneladas de GEI é a última, mentres a súa achega ao PIB español sitúaa no segundo lugar cunha porcentaxe do 18,8 %. A súa poboación rozaba en 2015 os 6,56’5 millóns de persoas. Galicia, pola súa parte, representando o 5,2 % do PIB estatal, emite o 8,6 % dos GEI (30 millóns de toneladas). Estes datos parecen desmentir a hipótese de que as emisións e o seu consecuente deterioro ecolóxico son froito do crecemento económico, mesmo poderíamos chegar á conclusión de que, canto máis desenvolvida é unha rexión, menor é o seu impacto ambiental por persoa.

Pero en realidade a explicación é moito menos optimista, e ten que ver cos transvases de materias e enerxías que se producen no Estado. Un dato importante para comprender estes desequilibrios é que o maior factor de produción de GEI no caso galego é o sector eléctrico, e que desas case 30 millóns de toneladas que emitiron “as galegas e os galegos” no 2015, o 40 % procede de 3 únicos lugares: As Pontes, Sabón e Meirama. Galicia exporta cada ano entre un 35 e 40 % de electricidade cara a meseta central, un fluxo constante de enerxía sen o que o funcionamento das economías deficitarias de electricidade sería posíbel. Pola súa banda, tan so a provincia de Madrid consume o 10 % da electricidade de todo o Estado, uns 27.128GW/h dos que tan so cubriu con produción eléctrica propia un escaso 4 % en 2015. Resulta simpático que, se un/ha vai a mirar o informe correspondente ao balance enerxético da Comunidade de Madrid, no seu contido se mencione a orixe renovábel da súa produción eléctrica. A realidade porén, debuxa á capital do Reino coma un funil que engole os recursos das periferias.

A idea de facer de Galicia unha área excendentaria de electricidade responde a unha estratexia de desenvolvemento económico do franquismo que, a partir dos anos 60, e da apertura aos mercados internacionais, fomentou o incremento industrial en determinadas áreas, fronte a outras que recibirían o apelativo de “atrasadas”. Para as galegas, a consecuencia inmediata sería un aumento constante da potencia eléctrica instalada no país durante as décadas seguintes até o comezo dos 80. Nos dez anos que transcorreron desde 1970 até 1980 incrementáronse máis de 2,5 millóns de kW grazas á posta en marcha das centrais térmicas. Pero non fomos as galegas e galegos as beneficiarias deses aumentos na potencia eléctrica instalada, senón a capital do estado, cuxo desenvolvemento industrial facía preciso un incremento da oferta eléctrica.

Os emprazamentos dos xacementos do carbón galego (colapsados en apenas 30 anos) foron a xustificación necesaria para instalar aquí unha industria altamente contaminante.

Pero esta operación non contaba unicamente coa participación da ditadura, senón que contou coa colaboración do sector bancario galego. Pedro Barrié de la Maza xa fora premiado polo Réxime tras a Guerra Civil, ficando co total do sector eléctrico galego despois do asasinato por parte do bando nacional do seu competidor no sector, José Miñones. Durante a década dos 70 sería el quen financiaría a construción da central térmica de Meirama (o segundo foco de maiores emisións de Galicia) por medio do Banco Pastor, o que daría lugar ao coñecido conflito de das Encrobas.

Hoxe a provincia de Madrid desfruta dun torrente eléctrico constante que non produce. Isto acontece grazas a unha subalternización dos territorios periféricos, incluídos os seus recursos naturais, orientados a satisfacer as demandas do mercado exterior. Pero tamén é grazas ao desprazamento dos custos ambientais do seu desenvolvemento económico ás comunidades autónomas que a rodean, en especial polo seu extremo noroeste. Privilexio ambiental metropolitano é un termo que pretende alertar das desigualdades ecolóxicas que favorecen o desenvolvemento socio-económico dos territorios centrais fronte aos periféricos, así como poñer no cerne do debate unha dimensión acotío esquecida que, non obstante, se está a facer imprescindíbel para comprender os riscos dunha modernidade que se fundamenta, hoxe por hoxe, nunha repartición dos danos socio-ecolóxicos asociados á acumulación duns/as poucos/as.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Energía
Energía El apagón se originó en Núñez de Balboa, una planta fotovoltaica que Iberdrola litiga para no desmantelar
La empresa lucha en el Supremo para revertir la sentencia del Tribunal Superior de Justicia de Extremadura, que obliga a desmantelar y devolver a su propietario el 60% de la finca donde se asienta la central fotovoltaica.
Energía
Energía Red Eléctrica echa balones fuera: culpa a las empresas del apagón y de entorpecer la investigación
“No toda la información recibida de las compañías eléctricas ha tenido la calidad deseable, ni ha sido tan completa como era necesario”, ha declarado la presidenta de Red Eléctrica, cuyo informe culpa a las empresas: “No hubo control dinámico”.
Energía
Energía El informe del Gobierno culpa del apagón a Red Eléctrica y a las empresas
Red Eléctrica falló a la hora de programar adecuadamente la demanda; plantas generadoras clave incumplieron la normativa al no absorber tensión o desconectarse del sistema demasiado pronto. El Gobierno descarta el ciberataque.
Xosé Veiras
11/4/2018 21:07

Estando de acordo no esencial coa análise exposta no artigo, paréceme interesante destacar que o feito de as emisións territoriais galegas de gases de efecto invernadoiro causantes de cambio climático seren superiores ás estatais, en termos relativos, non só ten que ver co noso papel de país subministrador de electricidade ao resto do Estado español, senón sobre todo co feito de se localizaren no noso territorio dúas centrais térmicas de carbón, As Pontes e Meirama, responsábeis elas soas dun terzo das emisións totais galegas, pois o carbón é o combustíbel máis intensivo en emisións. (Por certo que a reforma en marcha da central das Pontes non reducirá as súas elevadas emisións de gases de efecto invernadoiro, intrínsecas á súa actividade, senón as doutros contaminantes, con efectos tóxicos: óxidos de nitróxeno e dióxido de xofre).

O termo “privilexio ambiental metropolitano” é moi interesante, pero non só se pode aplicar a Madrid, tamén a Galicia. Se considerarmos globalmente os nosos intercambios ecolóxicos co resto do mundo. As centrais térmicas de carbón tamén serven neste caso para o ilustrar. Hoxe importamos cantidades enormes de carbón extraído con altísimos custos socioambientais locais en países como Indonesia, con consumos per cápita enerxéticos e emisións causantes de cambio climático asociadas a eles ben menores que os da nosa terra.

Polo tanto, somos colonia e metrópole ao mesmo tempo, dependendo de onde poñamos o foco. Pechar as centrais de carbón, viábel hoxe sen comprometermos o subministro eléctrico galego, sería unha das accións prioritarias a tomar para deixarmos de ser vítimas e responsábeis de deterioración socioambiental. Pero, desde a Xunta á CIG, as institucións e axentes sociais do país están de acordo maioritariamente coa prórroga por 25 anos máis da vida (in)útil das térmicas de carbón galegas decidida polas eléctricas (decisión pendente de confirmar no caso da central de Meirama). Semella pois que queremos seguir sendo colonia e metrópole.

3
0
Naciones Unidas (ONU)
Genocidio El Informe Albanese denuncia ante la ONU a las empresas que se han lucrado del exterminio en Gaza
La relatora presenta un informe al Consejo de Derechos Humanos en el que detalla la responsabilidad de decenas de empresas en las políticas de ocupación, apartheid y genocidio que está llevando a cabo Israel en Palestina.
Movimiento BDS
Movimiento BDS Sidenor cede a la presión y anuncia que dejará de vender acero para las armas israelíes
La acerera vasca toma esta decisión después de que los sindicatos ESK, LAB y ELA requiriesen información y exigiesen acciones para frenar la complicidad con el genocidio.
Palestina
Palestina Israel bombardea un cumpleaños infantil y asesina a 39 personas en otra jornada mortífera en Gaza
Las Fuerzas Armadas de Israel siguen extendiendo la muerte por todo el territorio de Gaza. Un ataque contra una cafetería frecuentada por periodistas acaba con la vida de varios niños y niñas, un fotoperiodista y una artista plástica.
Fiscalidad
Impuestos España y Brasil se unen para proponer mayores impuestos a los superricos
La propuesta ha sido presentada en la IV Conferencia Internacional de Financiación para el Desarrollo de la ONU que se celebra en Sevilla.
Justicia
Justicia Huelga de jueces y magistrados: ni servicios mínimos ni descuento de salario
Las asociaciones conservadoras convocan por primera vez un paro de tres días, una situación sin sustento legal según el Consejo General del Poder Judicial.
República Democrática del Congo
República Democrática del Congo La RD del Congo y Ruanda, mediados por Estados Unidos, firman un acuerdo de paz incierto
El acuerdo busca crear cadenas de valor en las que intervengan ambos países, con una mayor presencia de los Estados Unidos en la zona. La poca presencia de las víctimas del conflicto en las conversaciones genera dudas en la sociedad civil congoleña.

Últimas

Corrupción
Corrupción El juez decreta prisión provisional sin fianza para Santos Cerdán
El juez acepta la propuesta del fiscal y decreta cárcel contra el ex secretario de organización socialista por integración en organización criminal, cohecho y tráfico de influencias.
Análisis
Análisis Negar, polarizar, avanzar: el asalto de la ultraderecha a las políticas climáticas
El llamado Pacto Verde Europeo se ha convertido en el principal caballo de batalla de la guerra cultural del negacionismo climático, sobre el que anudar los diferentes discursos negacionistas de la extrema derecha.
Opinión
Opinión Feminismo de clase y lucha por la hegemonía cultural
Muchos espacios feministas suelen incorporar códigos simbólicos y culturales burgueses que deslegitiman a los de la clase obrera. Aparte de las condiciones materiales, es necesario abordar la hegemonía cultural que estructura esta exclusión.
València
València La Audiencia de Valencia confirma la imputación a Argüeso en el juicio de la dana
La Sección Segunda de la Audiencia Provincial concluye que la resolución de la instructora “no es irrazonable ni arbitraria”, ratificando la imputación del ex secretario autonómico de Emergencias.

Recomendadas

Historia
Historia ‘Weimar’, y su eco
‘Tiempos inciertos’, la exposición dedicada a la República de Weimar en el CaixaForum de Barcelona, apenas se deja nada, pero vuelve a incurrir en la idea de las “dos Alemanias” contrapuestas.
Economía social y solidaria
Historia Lo que Franco arrebató al cooperativismo y a la economía social y solidaria
La dictadura franquista combatió de forma cruel el movimiento cooperativo fraguado en la II República, y durante la propia guerra con las denominadas colectividades, y pervirtió la idea de autogestión a través de los ideales falangistas.
Río Arriba
Río Arriba Yayo Herrero: “El holocausto nazi no es una excepcionalidad en la historia de Europa, es un modus operandi”
Nueva entrevista de Río Arriba en formato podcast y vídeo en el que hablamos de ecofeminismo, transiciones ecosociales justas, decrecimiento, colapso, poner la vida en el centro y mucho más.