Chega o debate electoral a Galiza: moderado por un investigado por acoso laboral na TVG e a medida do PP

O evento estará participado por catro forzas de esquerda e centro fronte ao PP, queda fóra a extrema dereita e a Democracia Ourensá, organización populista do alcalde de Ourense, favorecendo a tese do multipartido de Rueda.
sanchez izquierdo feijoo
El director general de la CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo y el entonces presidente de la Xunta, Alberto Núñez Feijóo

A Corporación Radio Televisión de Galicia (CRVTG) será o escenario este luns 5 de febreiro, ás 21.30h, do único debate electoral ao cal Alfonso Rueda, actual presidente da Xunta e candidato do Partido Popular, confirmou a súa participación. Neste encontro, tamén estarán presentes Ana Pontón, líder do BNG; José Ramón Gómez Besteiro, candidato do PSdeG á Xunta; Marta Lois, candidata de Sumar de Galicia e Isabel Faraldo, representante de Podemos.

O debate será moderado por Marta Darriba e Alejandro López Carballeira, este último é subdirector de Informativos e está investigado por un presunto delito de acoso moral e contra os dereitos laborais dunha traballadora de Radio Galega (RG) que, segundo o testemuño da súa denuncia, sufriu durante cinco anos abusos e humillacións por parte dos seus xefes e xefas. A xuíza do Xulgado de Instrución nº1 de Santiago de Compostela empezou a pasada semana a tomar declaración aos outros sete directivos da CRTVG comandados por Alfonso Sánchez Izquierdo que están imputados, colocado no seu posto a dedo por Alberto Núñez Feijóo nada máis gañar as súas primeiras eleccións en 2009.

Grazas a deixar fóra á ultradereita e ao partido populista de dereitas do alcalde de Ourense, Democracia Ourensá, o Partido Popular escenificará nunha das televisións máis vistas de Galiza unha das grandes teses que abandera a súa campaña: “a estabilidade de Rueda fronte a un puñado de partidos que se teñen que poñer de acordo”. Algo que se une aos 15 anos de parcialidade informativa e sobrerrepresentación dos intereses da dereita.

De feito, a xunta electoral galega expresou a súa preocupación acerca da asignación de tempo nos servizos informativos da CRTVG para a campaña destas eleccións autonómicas que se celebrarán o 18 de febreiro. En resposta a unha denuncia presentada polo BNG, a xunta considera que a actual dedicación de tempo é inxustificadamente inferior en comparación coas eleccións de 2020.

A xunta electoral galega, que aceptou parcialmente a denuncia do BNG, solicitou á dirección da CRTVG que estenda o bloque de cobertura da campaña para garantir, polo menos, unha duración similar á de fai catro anos. A pesar das explicacións proporcionadas pola CRTVG, a xunta electoral galega non atopa suficiente xustificación para a redución do tempo dedicado á cobertura da campaña en comparación coas eleccións de 2020, cando se asignaron 370 segundos ao devandito espazo, en contraste cos actuais 260 segundos.

A CRTVG argumenta que a diminución se debe á consideración de só cinco forzas políticas significativas nesta ocasión (PP, BNG, PSdeG, Sumar e Podemos), en comparación coas sete candidaturas relevantes de 2020 (PP, Marea Galeguista, PSdeG, BNG, Galicia en Común, Vox e Cidadáns). Tamén menciona a redución xeral da duración dos espazos informativos en televisión e radio, de 55 a 45 en TVG e de 45 a 30 en Radio Galega.

Con todo, a xunta electoral rexeita estas explicacións, destacando a importancia do pluralismo político e social na programación da cobertura informativa da campaña. En consecuencia, insta á dirección da CRTVG para ampliar o tempo dedicado ao bloque de campaña nos seus informativos, polo menos equiparándoo á duración establecida no plan de cobertura informativa das eleccións anteriores ao Parlamento de Galicia en xullo de 2020.

Os pormenores deste evento foron discutidos durante unha reunión que tivo lugar o 26 de xaneiro na sede da CRVTG, en San Marcos (Santiago de Compostela), coa participación de representantes do PPdeG, BNG, PSdeG, Sumar e Podemos.

O debate arrincará ás 21:30h. Alfonso Rueda, candidato do PPdeG á reelección, será o encargado de abrir e pechar a sesión, que se centrará en tres bloques temáticos. Estes abordarán cuestións relacionadas con políticas económicas e orzamentarias, destacando aspectos como emprego, industria e transición ecolóxica; políticas sociais e financiamento do benestar, incluíndo temas como educación, sanidade, igualdade e lingua; e un terceiro bloque sobre o modelo institucional, que tratará temas como pactos, gobernabilidade e a representación de Galiza no marco do Estado español.

Elecciones
Rueda atáscase e o BNG voa alto no primeiro CIS da campaña electoral
O Centro de Investigacións Sociolóxicas pon ao Bloque Nacionalista Galego no seu máximo histórico e alenta a esperanza da esquerda e o centro esquerda para terminar con 15 anos de Gobernos do PP.
CRTVG - Corporación Radio y Televisión de Galicia
Represión nos medios públicos galegos
Xornada de folga na CRTVG contra a “represión” e a “manipulación informativa”.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...