A Fiscalía abre dilixencias pola vertedura de millóns de microplásticos na costa galega

A unidade especializada en Medio Ambiente da Fiscalía investigará se hai responsabilidades penais e o alcance da catástrofe, mentres os gobernos galego e español cruzan reproches de responsabilidade.
pellets 2 galiza
Un saco de pellets en las playas de Noia. | Noia Limpa
8 ene 2024 15:45

A Fiscalía Xeral do Estado, a través da súa unidade especializada en Medio Ambiente, iniciou investigacións sobre a vertedura de pélets de plástico nas costas galegas tras a vertedura descontrolada de millóns de microplásticos fronte a Viana do Castelo (Portugal), segundo adiantou a CadenaSER. Segundo fontes da Fiscalía consultadas polo Grupo Prisa, o 4 de xaneiro iniciouse un expediente para tratar de dilucidar unha potencial responsabilidade penal e a magnitude do desastre a nivel medioambiental. Tamén Asturias decidiu activar este mesmo luns o Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental do Principado de Asturias (Placampa) ante as primeiras chegadas de pélets ás súas costas.

A vertedura do buque de carga Toconao fronte ás costas galega e portuguesa fixo saltar todas as alarmas na ría de Muros e Noia, na provincia da Coruña. Trátase de millóns de peuqenos pélets de plástico que se empregan en boa parte das industrias convertidos principalmente en polietileno, polipropileno, poliestireno, cloruro de polivinilo e outros plásticos ou resinas sintéticas. Tras a presión social producida desde o pasado xoves, tanto o Goberno do Estado como a Xunta de Galicia anunciaron que activan un plan de emerxencia. As medidas de continxencia chegan case un mes despois dos primeiros indicios da vertedura, a pesar da contaminación á que se está expoñendo aos ecosistemas mariños galegos da zona.

Porén, o Goberno galego non planea elevar o nivel de emrxencia activado debido á chegada de pélets de plástico, polo menos ata contar con nova información, din. De feito, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, criticou “a falta de datos por parte do Goberno” e acusou á oposición de entrar en “modo electoral” desde o principio, levando a cabo unha “campaña descarada” sobre este tema. E ao outro lado da chamada, máis do mesmo: o ministro de Transportes, Óscar Puente, acusou á Xunta de Galicia de tratar de “escorrer o vulto” e de “non facer nada” desde o 13 de decembro, día no que veciños de Ribeira (A Coruña) albiscaron o primeiro saco de microplásticos na costa galega.

Contaminación
La Xunta ocultó la información del vertido de microplásticos durante días a instituciones y al sector pesquero
Alcaldes de la comarca del entorno de las rías de Arousa y Muros y Noia denuncian la ausencia de responsabilidad por parte del Gobierno gallego, mientras pescadores y mariscadores reciben información a cuenta gotas y a través de la prensa.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Cargando relacionadas...
Cargando portadilla...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...