Derecho a la ciudad
Outra forma de construír e habitar é posible

Reinventando as utopías de forma espacial para a etapa post-coronavirus.

Vivienda desigual 3
Vista de Romero Donallo desde Conxo en Santiago de Compostela. Iago Lestegás
30 abr 2020 08:00

O coronavirus meteunos na casa. Por iso, este confinamento está sendo unha incomparable oportunidade para ollarmos as paredes e reflexionar sobre os espazos que habitamos. Non se trata só das condicións físicas das nosas vivendas, esas que acrecentan as diferenzas de clase, como o confort, a luminosidade, as dimensións ou o privilexio das terrazas e balcóns. Tamén cobra de súpeto importancia o rural fronte ao urbano.

Os handicaps de onte convértense en enormes vantaxes: a distancia ás cidades significa maior seguridade; dispoñer de terras arredor da casa significa aire libre e movemento (e tamén autosuficiencia alimentar, chegado o peor dos presaxios). No extremo oposto, os diminutos apartamentos dos centros das cidades, tan de deseño, tan sinal de status, dinamismo, modernidade, non parece que teñan estes días o valor do que por eles pagamos. Pero aínda hai outra cousa que importa moito estes días. Importa canta xente habita niso que chamamos fogar e como nos organizamos para soster a vida.

Antano eran raras as casas que non fosen espazos bulideiros de actividade, multixeracionais, compostos por seis, dez ou máis persoas. Hoxe, as casas da maioría de nós son espazos nucleares, de parella, individuais e nos que as tarefas esencias da vida: a alimentación, os coidados, o lecer… están, sempre que podemos, externalizadas.

Trátase de recuperar o bo que había nunha forma de vida máis apegada á terra, ao coidado e ao sentido de comunidade

Se a corentena está por fin amosándonos cales son as actividades económicas imprescindibles, tamén está a facelo cos aspectos esenciais da forma na que vivimos. Non se trata de volver ao sistema de familia preindustrial, asiduo xerador de frustracións e represións cotiás. Non. Trátase de recuperar o bo que había nunha forma de vida máis apegada á terra, ao coidado e ao sentido de comunidade. Proxectos tan actuais como o cohousing, as vivendas en cesión de uso e os Community Land Trust están fondamente vencellados á idea de que outra forma de construír e de habitar é posible. Son modelos que beben das utopías de forma espacial de finais do s.XIX e principios do XX; utopías denostadas para moita xente, entre elas a cosmopolita Jane Jacobs, unha das urbanistas máis influíntes do s.XX. Pero que posúen elementos moi valiosos para esta época postindustrial que xa quizás podemos chamar “post-coronavirus”.

Da Cidade Xardín ao Urban Village de IKEA pasando polo movemento “sen-cociña”

A utopía de forma espacial seguramente máis coñecida é a Cidade Xardín, deseñada por Ebenezer Howard en 1898. Enmarcada na tradición das comunidades autosuficientes que circulaban daquela, bebía dos falansterios de Fourier e do socialismo utópico de Robert Owen.

A Cidade Xardín converteuse axiña no produto inmobiliario destinado ás clases medias e altas que hoxe coñecemos e do que temos testemuña en cidades como A Coruña. Pero na orixe, o obxectivo Howard era acabar coas inxustizas, mellorar a calidade de vida da xente obreira e propiciar unha volta á natureza creando municipios autosuficientes con vivendas sas.

Howard comezou a deseñar a Cidade Xardín impactado polas condicións de vida dos slums, os barrios obreiros ingleses que, a finais do s. XIX, caracterizábanse por ser zonas moi densamente poboadas, carentes de espazos libres, iluminación e ventilación natural. Os seus habitantes sobrevivían nunhas durísimas condicións de amontoamento e miseria. Howard ideou para eles espazos que aunasen o progreso urbano e a calidade de vida do rural.

Hai máis. Un aspecto revolucionario do proxecto utópico de Howard que quedou semi-oculto e que adoita ignorarse é que proxectou vivendas sen cociña. De feito, cando en 1909, logrou a construción da súa primeira Cidade Xardín en Letchworth (preto de Londres) creou HOMESGARTH e mudouse a ela. Era unha especie de mazá cooperativa de 32 apartamentos con cociñas minúsculas pero un gran comedor común para todos os residentes. A motivación das casas sen cociña non era outra que liberar ás mulleres obreiras das tarefas domésticas, é dicir, da dobre xornada.

Homegarth Plano
Plano da primeira Cidade Xardín en Letchworth construida por Howard, chamada Homesgarth onde morou.

A idea, por suposto, tomouna das feministas da súa época. En concreto, de Charlotte Perkins Gilman, unha intelectual estadounidense que en 1898, publicou un libro titulado “Women and Economics” no que dicía cousas coma esta: “Non imos perder os nosos fogares nin as nosas familias, nin nada do agarimo e a felicidade que as acompaña. Pero imos perder as nosas cociñas”.

O movemento sen cociña era perigoso. Buscaba redefinir as vivendas para facelas máis xustas e recoñecía as tarefas reprodutivas e dos coidados como traballo

Howard logrou construír ata seis destes proxectos nas súas Cidades Xardín, pero os promotores insistiron en que o fogar tradicional fose a base de, polo menos, o 95% das Cidades Xardín que se construísen. O movemento sen cociña era perigoso. Buscaba redefinir as vivendas para facelas máis xustas e recoñecía as tarefas reprodutivas e dos coidados como traballo. As “sen-cociña” pensaban que unha mellor forma de vida para as mulleres pasaba necesariamente por colectivizar servizos. As súas propostas eran tan “radicais” que foron rapidamente borradas da historia. De feito, non é fácil atopar referencias sobre este movemento. Hai moi pouco escrito e menos nos idiomas da Península. Iso si, no libro “Arquitectura e Política” (2011), Zaida Muxí e Josep Maria Montaner contan como en 1922, en Viena, o goberno municipal construíu un edificio de obra pública para obreiros con apartamentos sen cociñas. O valor e o poder simbólico da cociña era tal, que una das primeiras cousas que fixo o nazismo ao chegar á cidade foi instalar cociñas individuais nesas vivendas mínimas.

Moitas décadas despois, os proxectos actuais de xestión comunitaria da vivenda volven a poñer sobre a mesa vellas problemáticas que o capitalismo acrecentou: quen se ocupa dos coidados? Quen ten acceso á vivenda? Así, a vella e denostada idea da Cidade Xardín reviviu en forma de resposta social e ata de resposta de mercado cun proxecto inmobiliario impulsado polo xigante IKEA que lle toma emprestado ata o nome, cunha lixeira variación: Urban Village Projet. De cidade xardín a aldea urbana.

Os proxectos actuais de vivenda colectiva

Pero imos por partes, porque antes da resposta do mercado sueco (sempre tan innovador) veu a iniciativa social. Os proxectos de vivenda comunitaria, “covivienda” ou “cohousing”, son fórmulas moi estendidas no norte de Europa e en países como Uruguai. Están a implantarse no Estado español principalmente baixo a modalidade da cesión de uso e, en concreto, baixo o modelo dinamarqués ANDEL.

Hai varias características comúns neste tipo de proxectos alternativos de vivenda: en primeiro lugar a consideración da mesma coma un dereito, de aí que se pretenda garantir a accesibilidade rebaixando os prezos de mercado. En segundo lugar temos a maior participación e poder de decisión da xente sobre o espazo que habita.

Normalmente, as persoas habitamos promocións inmobiliarias xa utimadas nas que non pudeimos pensar apenas sobre ningún aspecto máis có da decoración da nosa vivenda en particular. Porén, este tipo de proxectos adoitan poñer en marcha complexos procesos participativos nos que as persoas definen desde os materiais ao tipo de construcción, pasando pola configuración dos espazos compartidos, a distribución de recursos, actividades en común, estilo de vida e ata o modelo de consumo. Son proxectos que crean comunidade e sentido do ben común. Asimesmo, as vivendas proxéctase como algo versátil, tratando de adaptarse ás necesidades de vida de quen as habita nun determinado momento, e non ao revés.

O MODELO ANDEL: cando a vivenda pertence á comunidade
O modelo ANDEL outorga a propiedade dos inmobles a unha cooperativa e as socias pagan unha cota polo uso da súa vivenda. Poden dispoñer dela para sempre, pero non serán nunca propietarias: a propiedade pertence á comunidade. Esta é unha diferenza fundamental fronte á compra e ao aluguer, pero tamén fronte ás cooperativas de promoción ou construción de vivenda tradicionais, que perden o seu obxecto social e desaparecen coa adxudicación das vivendas ás persoas socias en réxime de propiedade privada. Trátase dunha forma de propiedade colectiva, xestionada de forma participativa e que integra, en maior ou menor medida, unha serie de valores de transformación social, como a loita contra a especulación, o enraizamiento territorial, o apoio mutuo e a xustiza social e ambiental.

Bioconstrución e edificación verde

Outra singularidade dos proxectos alternativos de vivenda é, por suposto, a componente ambiental. Adoitan a ser edificacións verdes. Por exemplo, La Borda, en Barcelona, ademais de ser un bloque de vivendas en cesión de uso con espazos comúns é o edificio de madeira máis alto de España.

É evidente hoxe en día que precisamos cambiar a forma de construír. O sector da construción consume a metade dos recursos naturais extraídos no planeta, xera o 40% dos refugallos do Estado Español e emite o 35% dos gases de efecto invernadoiro. As formas de habitar e de construír convertéronse en procesos contaminantes ao longo do proceso de industrialización, desligados da identidade do territorio e da participación das persoas. Hai pequenos pasos a escala normativa para adaptar o sector a unha maior sustentabilidade mediante criterios de Economía Circular.

Rehabilitación de viviendas en el pueblo de Fraguas
Rehabilitación do poboado de Fraguas empregando técnicas de bioconstrucción Ecologistas en Acción

Timidamente comeza a agromar tamén o sector da bioconstrución, que ata agora se viña movendo nas marxes. A bioconstrución é unha aposta respectuosa co medioambiente e coa saúde das persoas, un sector que recoñece e pon en valor os saberes e as tradicións construtivas das zonas nas que se asenta. Construír con pedra, terra, palla, madeira, cal ou barro sempre foi posible. Segue a selo, pero queda moito camiño para que o sector, polo menos en España, acepte os ritmos e os costes da bioconstrución, pois casan mal cunha idea de beneficio económico que xamais ten en conta no prezo o coste real do dano á natureza.

Tamén nas marxes estaban ata agora os proxectos de vivenda alternativos e comunitarios. Envoltos case sempre nunha carga ideolóxica negativa e vítimas de grandes prexuízos. Ata que chegou IKEA e nos dixo que a vida en comunidade, accesible, autosufieciente, ecolóxica e multixeracional é o futuro. A través do seu laboratorio de ideas SPACE10, IKEA propón comunidades de edificios modulares con servizos e instalacións compartidas e un réxime de tenencia inspirado na cesión de uso e nos Community Land Trust. Din os suecos que a hiperurbanización, o envellecemento da poboación, o aillamento social, o cambio climático e a falta de vivendas asequibles deben facernos repensar o noso enfoque das cidades e da vida urbana.

Community Land Trusts (CLT). Barrios enteiros contra a especulación

A unha escala un pouco maior cá do cohousing temos os Community Land Trusts (CLT). Son instrumentos de custodia do territorio urbano propios de EE. UU e do Reino Unido mediante os cales unha organización controlada pola comunidade retén a propiedade do solo e vende ou aluga as vivendas a prezos fose do mercado. A fórmula dos CLTs é moi interesante porque pon o foco na propiedade e administración común da terra. A Unión Europea ten algún proxecto para impulsar a súa implantación, aínda que non chegou aos países do Sur. O mecanismo é o seguinte: unha organización sen ánimo de lucro adquire e retén a propiedade duns terreos urbanos nos que constrúe edificacións. Posteriormente, vende ou aluga a particulares ou a unha cooperativa os inmobles, pero como o valor do solo xa non se ten en conta, a vivenda é máis barata. Se un propietario particular desexa vendela, debe facelo a un prezo máximo, o cal permite evitar a especulación inmobiliaria e ofrecer vivendas accesibles e de calidade para persoas de baixos ingresos, xeración tras xeración.

Non é novidade, hoxe en día, que as empresas fagan súa a dialéctica da esperanza e da utopía nun exercicio de marketing emocional. A diferenza radica en acreditar realmente naquelo que se di e nas súas consecuencias.

O capitalismo hai tempo que non opera no mundo só sobre a lóxica da empresa, senón tamén sobre a lóxica das nosas vidas e dos nosos corpos. Actuamos en gran medida como se fósemos máquinas de producción (sempre traballando, sempre formándonos) sen tempo para o coidado da nosa xente maior, das nosas crianzas ou de nós mesmas; aillados e ailladas entre as paredes das nosas vivendas, moitas veces case sen relacionarnos coa veciñanza.

O capitalismo hai tempo que non opera no mundo só sobre a lóxica da empresa, senón tamén sobre a lóxica das nosas vidas e dos nosos corpos

Necesitamos repensar os termos da prosperidade. Xa sabíamos que é urxente camiñar cara un futuro de benestar, equidade, xustiza social e respecto medioambiental. Agora, que imos enfrontar unha nova crise económica, necesitamos reforzar esa idea e, tal como chiou Jorge Riechmann hai pouco, fortalecer tanto o público-estatal como o social-comunitario.

Estas semanas que pasamos tanto tempo entre as paredes da casa temos que preguntarnos, necesariamente, se queremos seguir vivindo como ata agora e tamén, cómo quereríamos vivir o confinamento se isto volve a repetirse, o cal non é improbable. Din os científicos que hai millóns de virus descoñecidos retidos nos polos que se derreten.

Se cadra un día desapareceremos como especie, pero o resto dos días viviremos. E mellor unha vida que mereza a pena: con luz, terra, aire, paneis solares e comunidade.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Medio rural
Medio rural A esperanza da xestión colectiva fronte ao espolio: os comuneiros de Tameiga contra o Celta
Mentres varios proxectos industriais tentan privatizar e destruír os ecosistemas galegos, algúns grupos de veciños e veciñas organizadas fan oposición social construíndo alternativas comunitarias. Ás veces, tamén gañan ao xigante.
#59626
7/5/2020 13:52

buf, ha sido como volver a las clases de urbanismo... gran artículo, aunque le falta desarrollar un poco más el tema de las propuestas. enhorabuena!

1
0
agremon2001
3/5/2020 22:04

Un artigo que amosa que non é necesario dicir cousas novas, abonda con dicilas de xeito diferente para que o resultado sexa novo. é o que -para min- fixo Celtia neste artigo.

1
0
Palestina
Palestina Albanese presenta su informe ante la ONU: “Gaza es el escenario de un crimen”
El Consejo de Derechos Humanos atiende al reporte sobre el lucro de empresas y bancos en el actual genocidio de Gaza. The Guardian califica de “posible crimen de guerra” el ataque contra una cafetería en la que murieron 39 personas.
Política
Política Feijóo radicaliza al Partido Popular en medio del terremoto Cerdán con la vista puesta en las elecciones
Miguel Tellado será el nuevo secretario general del partido. Un movimiento con el que Feijóo consigue el control casi absoluto del PP y le come espacio del discurso ultra a Vox, pero que lo aleja de eventuales pactos con PNV y Junts.
Opinión
Opinión Espejismo España
La descomposición del Gobierno de coalición es un reflejo de la expansión de la ola ultraderechista, pero no implica que los movimientos de transformación no puedan organizarse para contrarrestar esa amenaza.
Naciones Unidas (ONU)
Cumbre de la ONU ¿Quién teme una arquitectura de la deuda justa?
Aunque muchos Estados habían presionado para que se establecieran compromisos de reformas estructurales ambiciosas, el texto final revisado del 'Compromiso de Sevilla' las eliminó o diluyó. La sección sobre deuda no es una excepción.
Comunidad de Madrid
Sanidad Pública Cae el techo de la entrada principal del Hospital Isabel Zendal
El hospital de pandemias, inaugurado por Isabel Díaz Ayuso en 2020 y que generó unos sobrecostes del triple de lo presupuestado en su construcción, ha visto cómo se desplomaba el techo de entrada.
Córdoba
Turismo El número de pisos turísticos en Córdoba se reduce a los tres meses de la moratoria para nuevas licencias
Otras normas tratan de limitar la proliferación de las viviendas de uso turístico por la ciudad. Un portavoz de Stop Desahucios predice que estos pisos se trasladarán a los barrios no afectados por la moratoria.
Salud mental
Laura Martín López-Andrade “La psiquiatría es una profesión potencialmente muy peligrosa”
La psiquiatra granadina defiende desde Málaga otro tipo de psiquiatría que huye de los diagnósticos y de la jerarquía y cambia la palabra tratamiento por acompañamiento.

Últimas

Naciones Unidas (ONU)
Genocidio El Informe Albanese denuncia ante la ONU a las empresas que se han lucrado del exterminio en Gaza
La relatora presenta un informe al Consejo de Derechos Humanos en el que detalla la responsabilidad de decenas de empresas en las políticas de ocupación, apartheid y genocidio que está llevando a cabo Israel en Palestina.
Crisis climática
Datos El junio más cálido jamás registrado cierra con 330 fallecimientos por calor
103 personas han muerto en los primeros tres días de la ola de calor, según las estimaciones. Los datos de la Aemet señalan al pasado mes como el junio más caluroso; ha pulverizado la máxima anterior por 0,8 grados de diferencia.
Oriente Medio
Oriente Medio La plantilla de EFE en Oriente Medio denuncia salarios por debajo de los mil euros
La delegación, formada por 24 personas, anuncia paros en sus funciones al verse reducida más de un 25% su nómina sin opción a negociar.
Alquiler
Racismo y alquileres Siete de cada diez migrantes se ve en la necesidad de vivir de alquiler frente al 14% de los hogares españoles
“El precio del prejuicio” es el título del más reciente estudio del Instituto de Investigación Urbana de Barcelona, IDRA, en el que disecciona la relación entre las personas migrantes y su acceso a la vivienda.
Comunidad de Madrid
Sanidad privada Inspección propone sancionar a un hospital de Quirón por exponer a la plantilla a sustancias cancerígenas
El organismo inicia un procedimiento administrativo sancionador por infracción grave. Tras una visita al Hospital Quirónsalud Sur, de Madrid, constataron deficiencias en la zona de almacenamiento de los productos farmacéuticos y en el mortuorio.
Más noticias
València
València Una comunidad vecinal lucha para impedir el enésimo proyecto de bajos turísticos en València
El vecindario de un bloque en Aiora se organiza contra la construcción en su patio de luces de catorce alojamientos turísticos en una zona ya saturada de este tipo de negocios.
Sphera
Sphera Nueva convocatoria para medios independientes de Europa
La red Sphera financia con un máximo de siete mil euros vídeos cortos documentales elaborados por medios independientes de todo el continente. El plazo finaliza el 12 de julio.

Recomendadas

Malasia
Malasia Durian, la fruta fétida que triunfa en Asia
El durian es tan maloliente que su consumo está prohibido en interiores, pero la popularidad de esta fruta, considerada un superalimento, no deja de aumentar en China y en el resto de Asia.
Economía social y solidaria
Historia Lo que Franco arrebató al cooperativismo y a la economía social y solidaria
La dictadura franquista combatió de forma cruel el movimiento cooperativo fraguado en la II República, y durante la propia guerra con las denominadas colectividades, y pervirtió la idea de autogestión a través de los ideales falangistas.
Historia
Historia ‘Weimar’, y su eco
‘Tiempos inciertos’, la exposición dedicada a la República de Weimar en el CaixaForum de Barcelona, apenas se deja nada, pero vuelve a incurrir en la idea de las “dos Alemanias” contrapuestas.