A Xunta aumentou un 42% o diñeiro que dedica á Federación Galega de Caza en apenas dez anos

A subvención autonómica pasa de 26.633 euros en 2016 a 37.921 euros en 2026 dentro do acordo ‘ad hoc’ da Consellería de Deportes para financiar a actividade da federación.
Ángeles Vázquez tecores
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, nunha reunión co presidente da Asociación de Tecores Galegos (Ategal), Fernando Rois, e outros representantes da entidade.

A Xunta de Galiza incrementou un 42% o diñeiro que destina á Federación Galega de Caza a través do convenio anual para o desenvolvemento e promoción desta modalidade deportiva. Segundo a documentación oficial do acordo correspondente a 2026, a achega autonómica ascende a 37.921 euros, fronte aos 26.633 euros que recibía a entidade en 2016.

O aumento supón 11.288 euros máis nunha década dentro dos convenios que a Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes asina coas federacións deportivas galegas para financiar a súa actividade.

O acordo para 2026 foi subscrito entre o conselleiro do ramo, Diego Calvo, e o presidente da Federación Galega de Caza, Luis Eusebio Fidalgo Álvarez. O obxectivo é financiar o programa anual de promoción e desenvolvemento da caza deportiva en Galiza e cubrir parte dos gastos de funcionamento e actividade da federación.

A axuda pública cubrirá o 100% do orzamento previsto no proxecto presentado pola entidade para este exercicio. Segundo o convenio, o diñeiro destinarase a diferentes programas vinculados á actividade federativa, como “a promoción da práctica deportiva”, a organización de competicións autonómicas, a participación en campionatos nacionais ou accións de tecnificación.

Este tipo de acordos forman parte da política de apoio da Xunta ao lobby da caza en Galiza, que canaliza parte das súas subvencións mediante convenios directos coas chamadas federacións deportivas autonómicas.

No caso da Federación Galega de Caza, o convenio establece ademais unha serie de obrigas para poder recibir a subvención. Entre elas figuran a xustificación detallada dos gastos realizados con cargo á axuda pública, a presentación de memorias económicas e a conservación das facturas e xustificantes de pagamento.

Así mesmo, a federación deberá facilitar información á Administración autonómica e someterse a posibles controis e actuacións de fiscalización por parte dos órganos competentes.

A normativa autonómica recoñece ás federacións como entidades privadas con personalidade xurídica propia que representan en exclusiva cada modalidade dentro do territorio galego. Ademais da súa actividade propia, poden asumir determinadas funcións públicas delegadas relacionadas coa organización e promoción, neste caso, da caza.

O incremento rexistrado nos últimos dez anos reflicte unha subida progresiva do financiamento destinado a esta federación dentro das partidas autonómicas para o deporte. Entre 2016 e 2026, a achega anual da Xunta pasou de 26.633 euros a 37.921 euros, o que supón un aumento do 42% nese período.

O convenio tamén establece requisitos de transparencia. A federación deberá publicar na súa páxina web información institucional, organizativa e económica, incluíndo as súas contas anuais, os contratos asinados con administracións públicas e as subvencións recibidas.

Caza
A Xunta aproba a gratuidade das licenzas de caza para menores e persoas con discapacidade
A Federación Galega de Caza celebra a concesión de Alfonso Rueda mentres que os colectivos animalistas, como a Fundación Franz Weber tachan a medida como “o enésimo agasallo” da Xunta ao ‘lobby’ que cada vez conta con menos apoio social.
Cargando valoraciones...
Comentar
Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.
Cargando...
Cargando...
Comentarios

Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.

Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!

Cargando comentarios...