Balea Cultural
O universo creativo de Grimes

O proxecto de Claire Boucher non se caracteriza por ter un son determinado, por se enmarcar nun xénero ou por tratar determinados temas nas súas letras. Grimes é un universo estético no que música e imaxe funcionan como dúas engrenaxes perfectamente engraxadas para conformaren unha maquinaria moito maior.

Grimes
Fotograma do videoclip 'Genesis' de Grimes.
BALEACULTURAL.NET
29 dic 2018 12:00

Se ollamos os créditos dun disco de pop mainstream non sería de estrañar que topemos en ocasións até dez nomes asinando cada canción, en álbums que acostuman a estar producidos por varias persoas. Isto resulta rechamante ao ter en conta que a hora de seren comercializados, na maior parte dos casos soamente figura un nome na portada destes discos. O proceso de creación desta música non dista moito do traballo propio das cadeas de montaxe industriais no que, coñecendo as pezas precisas para conformar un produto funcional, o traballo é dividido en distintas tarefas. E a pesares deste proceso colectivo, acostumamos toparnos ante un produto final cunha etiqueta na que soamente figura o nome da marca e non o dos traballadores que o fixeron posible.

Sen embargo canto máis nos afastamos das producións musicais máis mainstream, este proceso semella volverse cada vez máis próximo a un labor artesanal. Afastándose do obxectivo de producir case en serie un produto que funcione ben nun mercado masivo, a artesanía busca diferenciarse, crear algo único que non poderá ser atopado en ningún outro lugar. O caso de Grimes encaixaría perfectamente nesta descrición.

No 2010 lanzou o seu primeiro disco, Geidi Primes, un traballo conceptual inspirado na historia dos libros de Dune que gravou na súa habitación co GarageBand

Para poñérmonos en situación, Grimes é o nome do proxecto musical en solitario da canadense Claire Boucher. A música de Grimes no fondo é música pop, porén consegue dalgún xeito ser case indescritible por beber de influencias totalmente diferentes, dando como resultado un estilo único pero recoñecible ao instante. Claire comezou a aprender música de maneira autodidacta con vinte anos e ao pouco tempo xa estaba publicando as súas primeiras cancións. No 2010 lanzou seu primeiro disco, Geidi Primes, un traballo conceptual inspirado na historia dos libros de Dune que gravou na súa habitación co Garage Band. Ese mesmo ano publicouse a seguir o seu segundo traballo, Halfaxa.

Pero foi a partires do seu terceiro disco, Visions, publicado en 2012, cando Grimes comezou a gañar recoñecemento. Especialmente mediante os singles Genesis e Oblivion e os seus respectivos vídeos. E é que Grimes é moito máis que a música. O apartado visual do proxecto é tan interesante como o sonoro e é tamén un factor esencial para poder explicar o seu éxito. Claire Boucher compón a música dos seus discos, prodúcea, interprétaa, mais tamén deseña as portadas dos álbums e dirixe os videoclips, nas súas propias palabras: “Non quero ser simplemente o rostro desta cousa que creei, quero ser a persoa que a construíu”.

Dentro do proxecto de Grimes enfócase todo a tratar de representar a visión artística de Claire Boucher. A través da súa música, as súas pinturas e os seus vídeos pódese entrever todo un universo propio influenciado polos videoxogos, o manga, a fantasía e a ciencia ficción. Tanto no musical como no visual, Grimes acostuma contrapoñer o belo co desconcertante, o naíf co agresivo ou o antigo co futurista. E a medida que vai avanzando co seu proxecto imos coñecendo cada vez máis este universo tan particular.

Co lanzamento en 2015 do disco Art Angels, Claire Boucher ampliou aínda máis se cabe as fronteiras deste proxecto, creando unha serie de personaxes máis alá de Grimes, que lle permitiron escribir cancións desde novos puntos de vista. Un bo exemplo é a canción Kill V. Maim, que como a propia Claire asegura, está “escrita desde a perspectiva de Al Pacino na segunda parte do Padriño, excepto que é un vampiro que pode mudar de xénero e viaxar polo espazo”. Parte do atractivo de Grimes está nas realidades imposibles que dalgún xeito é capaz de evocar a través da súa música e as imaxes que a acompañan. Para o disco Art Angels Claire Boucher dirixiu máis de dez vídeos musicais e realizou unha ilustración diferente para cada canción.

A partir do seu cuarto disco comezaron a aparecer novos elementos, abrindo un novo espazo no que tamén teñen cabida as guitarras ou os berros.

Pero a medida que o universo creativo de Grimes foi crecendo, tamén o fixo a paleta sonora que Claire empregou para realizar a súa música. Se nun primeiro momento os sintetizadores e as voces etéreas eran as sinais de identidade do seu son, a partir do seu cuarto disco comezaron a aparecer novos elementos, abrindo un novo espazo no que tamén teñen cabida as guitarras ou os berros. Esta evolución chegou á súa culminación definitiva co seu último single lanzado no 2018 e que é adianto do quinto disco da canadense, We Appreciate Power.

Nesta nova canción, Grimes atópase máis preto que nunca do rock industrial de bandas como Skinny Puppy ou Nine Inch Nails, das que Claire asegurou desde o comezo que eran unha grande inspiración para ela. A letra de We Appreciate Power fai referencias constantes ao transhumanismo e á teoría coñecida como Roko’s basilisk: a que defende a idea de que nun posible futuro unha intelixencia artificial todopoderosa podería castigar retroactivamente a aqueles que non axudaron a facilitar a súa existencia. O lyric video que acompañou a canción pola súa parte viu cargado de referencias a videoxogos como Metroid, a filmes como Ghost in the Shell ou a outros videoclips como Ashes to Ashes de David Bowie.

Grimes é un proxecto que dalgún xeito permite que poñamos son e imaxes a realidades que nunca teriamos imaxinado por nós propios, mais que semellan ser moi nítidas na cabeza de Claire Boucher. Grimes ofrece unha visión da música pop e unha liña visual que non podemos topar en ningún outro sitio. É en todos os seus aspectos un proxecto que reflicte unha visión artística completamente individual: a da persoa que o deseñou e creou, a artesá que se acha detrás.

Con todo isto non quere dicir que dentro do mesmo non haxa cabida para a colaboración. Claire ten traballado con artistas como Janelle Monáe, Majical Cloudz, Hana, Blood Diamonds ou a rapeira taiwanesa Aristophanes, porén sempre consegue que estas colaboracións funcionen como un medio para lograr conseguir expresar a súa visión. O proxecto de Claire Boucher non se caracteriza por ter un son determinado, por enmarcarse nun xénero ou por tratar determinados temas nas súas letras. Grimes é en última instancia unha proposta estética na que música e imaxe funcionan como dúas engrenaxes perfectamente engrasadas que conforman unha maquinaria moito maior. O resultado é unha proposta artística tan innovadora e accesible como indescritible e impredicible.

Todo apunta a que en 2019 sairá á luz o quinto disco da canadense, e o único que podemos ter claro antes de escoitalo é que non podemos imaxinar a que vai soar este novo traballo.

Balea Cultural
Vídeo musical: A arte esquecida

O vídeo musical leva ocupando practicamente dende o seu nacemento un curioso espazo situado entre o spot publicitario e o vídeo-arte. Considerado un xénero audiovisual menor polo seu carácter promocional, e ao mesmo tempo sendo referente na innovación e na experimentación propias do vídeo-arte ou do cinema máis vangardista.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Balea Cultural
‘Star Wars’: As dúas caras da nostalxia

A historia de como Disney mercou os dereitos da saga de Star Wars sen ter antes unha idea clara de que facer con ela.

Balea Cultural
‘Casablanca’: revisitando o mito
De cando en vez non está de máis visionar de novo un dos grandes expoñentes do cinema clásico de Hollywood.
Salud laboral
Salud laboral Ser migrante y cosechar a más de 40 grados: el impacto del calor en un invernadero de Almería
La mitad de los trabajadores de la agricultura encuestados en Almería, Huelva y Lleida admitió haber experimentado al menos tres síntomas relacionados con enfermedades por calor durante las temporadas de verano.
Kenia
Kenia 31 muertos por violencia policial en Kenia en las últimas manifestaciones contra la nueva Ley de Finanzas
La sociedad civil keniana retoma las protestas tras tumbar un proyecto similar hace un año. El país se enfrenta a una crisis fiscal causada por el aumento de pagos de la deuda externa.
Falsos autónomos
Falsos autónomos El juez del caso Glovo carga contra el Estatuto de los Trabajadores y la libre competencia
El texto en el que el magistrado libra a la empresa de reparto de la demanda que le interpuso Just Eat es un ataque a las sentencias del Tribunal Supremo y a la Ley Rider, pero también a la seguridad jurídica que la derecha dice defender.

Últimas

Dependencia
Dependencia Denuncian “olvidos” y errores en los datos de Dependencia
Desde la asociación de directoras y gerentes de Servicios Sociales apuntan a que no se tratan de “listas de espera” si no de “listas de incumplimiento de la Ley”.
Granada
Personas sin hogar Denuncian en Fiscalía al Ayuntamiento de Granada por la falta de refugios climáticos para personas sin hogar
‘La Calle Mata’ denuncia al Ayuntamiento ante Fiscalía por las graves consecuencias para la vida de las personas sin hogar sin posibilidad de refugiarse de las temperaturas extremas del verano
Análisis
Análisis Debemos actuar contra el fraude del cambio de sexo registral
Miembros de las Fuerzas Armadas, de la Guardia Civil o del Cuerpo de Bomberos han tratado de utilizar el derecho al cambio registral de sexo para obtener ventajas. Tanto los operadores jurídicos como la ciudadanía pueden actuar ante estos casos.
En saco roto (textos de ficción)
En saco roto Lo nuevo
En el horizonte crecen edificios, centros comerciales, gasolineras y carreteras. Y, tras la bruma de contaminación, en los días claros se distingue el perfil de las montañas.
Renta básica
IMV El 55% de los hogares que podrían recibir el IMV no lo han solicitado, según la AIReF
La complejidad administrativa, la brecha digital o la falta de modificaciones estructurales en el diseño de la prestación están entre los motivos que señala el organismo independiente.
Más noticias
Crisis climática
Investigación El cambio climático multiplicó las muertes por doce en Madrid y por seis en Barcelona durante la ola de calor
Un estudio estima en 2.300 las muertes durante la pasada ola de calor en Europa. Barcelona ha sido una de las urbes con más fallecimientos y Madrid, la que más ha visto incrementarse la mortalidad por culpa del cambio climático.
Sanidad pública
Sanidad Más de ocho días de media para conseguir una cita con el médico de familia
Un 24,3% de la población declara haber tenido, en alguna ocasión, problemas para acceder a su médico o médica de familia. De estos casos, más de la mitad acudió finalmente a urgencias.
Instituciones culturales
Real Decreto Ley El BOE nombra varios “acontecimientos de excepcional interés público” y los patrocinadores se frotan las manos
El nombramiento como acontecimientos de excepcional interés público concede beneficios fiscales a patrocinadores, donantes y mecenas de eventos como el BBK Live o el Barcelona Mobile World Capital.

Recomendadas

Genocidio
Genocidio La segunda consultora más importante del mundo es señalada por su papel en el despiece de Gaza
Boston Consulting Group está considerada una de las “big three” del sector. Ahora, una serie de informaciones señalan cómo ha estado detrás de la fundación antiUnrwa encargada de la distribución de ayuda y de los planes de expansión en la costa.
Unión Europea
Unión Europea La sociedad del miedo al declive
La angustia ante el futuro acompaña a las sociedades europeas desde hace tiempo y precede a la Unión Europea. Se manifiesta con mayor claridad en los períodos de declive económico y las turbulencias políticas y sociales que los acompañan.