Balea Cultural
Vídeo musical: A arte esquecida

O vídeo musical leva ocupando practicamente dende o seu nacemento un curioso espazo situado entre o spot publicitario e o vídeo-arte. Considerado un xénero audiovisual menor polo seu carácter promocional, e ao mesmo tempo sendo referente na innovación e na experimentación propias do vídeo-arte ou do cinema máis vangardista.

Videoclip_Balea_1
Fotograma do vídeo ‘All Is Full of Love’ de Björk, dirixido por Chris Cunningham.
5 may 2018 11:45

No ano 1998 a banda británica de rock alternativo Radiohead lanzaba á venda un DVD baixo o título 7 Television Commercials no cal se podían atopar sete vídeos musicais de cancións dos seus dous últimos discos. Chama a atención o título deste lanzamento, que podería ser visto como unha contradición coa súa propia existencia.

O feito de recompilar estas pezas, editalas e lanzalas á venda en formato físico pode entenderse como unha reivindicación dos vídeos musicais como obras de calidade, o suficientemente interesantes dende o punto de vista audiovisual como para seren gozadas por si mesmas e non soamente como un elemento que busca vender unha canción. Pero ao mesmo tempo o título defíneos coma se fosen simples spots publicitarios pensados para seren emitidos na televisión con fins promocionais.

Entre os sete vídeos musicais que conforman este DVD podemos atopar dous traballos do recoñecido director Jonathan Glazer. Tamén atopamos obras de certo carácter experimental e totalmente afastadas formalmente dos videoclips mainstream como pode ser o caso do vídeo que acompaña á canción No Surprises, dirixido por Grant Gee.

É probable que estas pezas foran realizadas como unha esixencia da compañía discográfica que editou os discos, como unha ferramenta de promoción das cancións que acompañaban, pero isto non supuxo que estes vídeos non puidesen verse como obras audiovisuais con valor artístico. Un spot busca ser soamente un medio para publicitar e acercar un produto ao público, non obstante, estes vídeos, no momento no que xeran o suficiente interese como para seren vistos como pezas independentes, pasan a ser algo máis que un anuncio para a televisión. De feito, na actualidade non é estraño ver como en boa parte dos locais de hostalería os vídeos musicais emítense nas pantallas de televisión co volume suprimido absolutamente. Isto, que pode ser unha anécdota, dá idea de que para moitas persoas os vídeos musicais poden chegar a ter interese mesmo sen asociarse á música para a que foron realizados.

O vídeo musical leva ocupando practicamente dende o seu nacemento este curioso espazo situado entre o spot publicitario e o vídeo-arte. En moitos casos, sendo considerado un xénero audiovisual menor polo seu carácter promocional, e ao mesmo tempo sendo referente na innovación e na experimentación propias do vídeo-arte ou do cinema máis vangardista.

Videoclip_Balea_2
Fotograma do vídeo ‘No Surprises’ de Radiohead, dirixido por Grant Gee.

Os creadores de vídeos musicais foron ata hai pouco tempo figuras completamente ignoradas. Aínda hoxe, cando a unha persoa se lle pregunta de quen é un videoclip a resposta será o nome da banda de música que interpreta a canción que soa nel; porén, se a pregunta é de quen é unha película a resposta adoita ser o nome do director ou da directora dela.

Isto é, dende logo, algo comprensible, xa que os videoclips son pezas realizadas para acompañar unha determinada obra musical, e por moi chamativos ou creativos que sexan sempre serán unha produción que depende dunha determinada canción, mentres que un filme está concibido para ser unha peza completamente autónoma e independente.

A pesar disto, dende os anos noventa en adiante comezaron a ser recoñecidos unha serie de nomes de determinados creadores especializados en vídeos musicais, os cales eran capaces de plasmar unha determinada pegada nas súas obras independentemente de que estas estivesen realizadas para distintas cancións e distintos músicos. Comezouse a empregar con certa frecuencia o termo “autor” para definir a estes realizadores.

O feito de que xunto a nomes coma os de Michel Gondry, Chris Cunningham ou Spike Jonze apareza cada vez con máis frecuencia a palabra autor debe ser visto de maneira positiva en tanto a que é unha mostra de que cada vez a figura do realizador de vídeos musicais é máis respectada. O feito de empregar especificamente a palabra autor tamén debe entenderse como o recoñecemento de que o vídeo musical pode ser un medio de expresión artística como outro calquera.

Con todo, este termo semella estar a ser empregado coma se se tratase dunha especie de selo de calidade que permita distinguir aqueles vídeos musicais realizados con maiores pretensións fronte a outros pensados dende un punto de vista máis tradicional e menos ambicioso. A idea da autoría no cinema vai ligada á denominación de “sinatura”, concedíaselle ao director dun filme o título de autor sempre e cando estes amosasen certas características comúns que os fixesen facilmente identificables.

A estas alturas é innegable que os vídeos realizados por Spike Jonze ou Michel Gondry son pezas moi ben dirixidas e que indubidablemente teñen a pretensión de existir como obras propias e non só como un complemento publicitario para unha canción, pero podemos atopar temas, técnicas e recursos que aparezan de maneira recorrente nas súas pezas e que permitan facer distinguibles as súas obras dos vídeos realizados por outros directores?

Videoclip_Balea_3
Fotograma do vídeo ‘Fell In Love With A Girl’ de The White Stripes, dirixido por Michel Gondry.

A cuestión da autoría, dende a súa orixe, sempre foi unha idea en constante reelaboración e no caso do vídeo musical semella un concepto difícil de aplicar tendo en conta que na gran maioría dos casos os directores non son os que toman a iniciativa para realizar as pezas senón que son contratados polos músicos ou as empresas discográficas para realizar os vídeos con fins promocionais. Así mesmo, o labor do director non deixa de consistir en adaptar visualmente unha canción composta por outro artista. Non obstante, a teoría dos autores desenvolta por críticos franceses como François Truffaut deixa moi claro que o director, ao ser capaz de controlar a posta en escena, ten a capacidade de poder deixar unha pegada persoal no filme.

Se o cine de autor xurdiu como unha resposta ao cine de xénero, no vídeo musical aconteceu algo semellante. Nos anos oitenta o vídeo musical xa tiña unha forma e unha linguaxe propias moi definidas e establecidas, foi a partir dos anos noventa cando algúns directores comezaron a fuxir destes formatos. Directores como Chris Cunningham mediante os seus vídeos distópicos nos cales explora distintas maneiras de sincronizar a anatomía coa música, Michel Gondry ao dar forma a imaxes oníricas e inxenuas e representar visualmente o ritmo, ou Vincent Moon ao rachar con todas as convencións dos vídeos musicais e filmar interpretacións en directo das cancións, con son en directo, facendo uso do plano secuencia e cunha estética lo-fi, son algúns exemplos de directores capaces de deixar un selo persoal ao longo de toda a súa obra, facendo posible polo tanto que poidamos afirmar que hai directores de vídeos musicais que poden ser nomeados como autores.

Informar de un error
Es necesario tener cuenta y acceder a ella para poder hacer envíos. Regístrate. Entra en tu cuenta.

Relacionadas

Balea Cultural
‘Star Wars’: As dúas caras da nostalxia

A historia de como Disney mercou os dereitos da saga de Star Wars sen ter antes unha idea clara de que facer con ela.

Balea Cultural
‘Casablanca’: revisitando o mito
De cando en vez non está de máis visionar de novo un dos grandes expoñentes do cinema clásico de Hollywood.
Salud laboral
Salud laboral Ser migrante y cosechar a más de 40 grados: el impacto del calor en un invernadero de Almería
La mitad de los trabajadores de la agricultura encuestados en Almería, Huelva y Lleida admitió haber experimentado al menos tres síntomas relacionados con enfermedades por calor durante las temporadas de verano.
Kenia
Kenia 31 muertos por violencia policial en Kenia en las últimas manifestaciones contra la nueva Ley de Finanzas
La sociedad civil keniana retoma las protestas tras tumbar un proyecto similar hace un año. El país se enfrenta a una crisis fiscal causada por el aumento de pagos de la deuda externa.
Falsos autónomos
Falsos autónomos El juez del caso Glovo carga contra el Estatuto de los Trabajadores y la libre competencia
El texto en el que el magistrado libra a la empresa de reparto de la demanda que le interpuso Just Eat es un ataque a las sentencias del Tribunal Supremo y a la Ley Rider, pero también a la seguridad jurídica que la derecha dice defender.

Últimas

Dependencia
Dependencia Denuncian “olvidos” y errores en los datos de Dependencia
Desde la asociación de directoras y gerentes de Servicios Sociales apuntan a que no se tratan de “listas de espera” si no de “listas de incumplimiento de la Ley”.
Granada
Personas sin hogar Denuncian en Fiscalía al Ayuntamiento de Granada por la falta de refugios climáticos para personas sin hogar
‘La Calle Mata’ denuncia al Ayuntamiento ante Fiscalía por las graves consecuencias para la vida de las personas sin hogar sin posibilidad de refugiarse de las temperaturas extremas del verano
Análisis
Análisis Debemos actuar contra el fraude del cambio de sexo registral
Miembros de las Fuerzas Armadas, de la Guardia Civil o del Cuerpo de Bomberos han tratado de utilizar el derecho al cambio registral de sexo para obtener ventajas. Tanto los operadores jurídicos como la ciudadanía pueden actuar ante estos casos.
En saco roto (textos de ficción)
En saco roto Lo nuevo
En el horizonte crecen edificios, centros comerciales, gasolineras y carreteras. Y, tras la bruma de contaminación, en los días claros se distingue el perfil de las montañas.
Renta básica
IMV El 55% de los hogares que podrían recibir el IMV no lo han solicitado, según la AIReF
La complejidad administrativa, la brecha digital o la falta de modificaciones estructurales en el diseño de la prestación están entre los motivos que señala el organismo independiente.
Más noticias
Crisis climática
Investigación El cambio climático multiplicó las muertes por doce en Madrid y por seis en Barcelona durante la ola de calor
Un estudio estima en 2.300 las muertes durante la pasada ola de calor en Europa. Barcelona ha sido una de las urbes con más fallecimientos y Madrid, la que más ha visto incrementarse la mortalidad por culpa del cambio climático.
Sanidad pública
Sanidad Más de ocho días de media para conseguir una cita con el médico de familia
Un 24,3% de la población declara haber tenido, en alguna ocasión, problemas para acceder a su médico o médica de familia. De estos casos, más de la mitad acudió finalmente a urgencias.
Instituciones culturales
Real Decreto Ley El BOE nombra varios “acontecimientos de excepcional interés público” y los patrocinadores se frotan las manos
El nombramiento como acontecimientos de excepcional interés público concede beneficios fiscales a patrocinadores, donantes y mecenas de eventos como el BBK Live o el Barcelona Mobile World Capital.

Recomendadas

Genocidio
Genocidio La segunda consultora más importante del mundo es señalada por su papel en el despiece de Gaza
Boston Consulting Group está considerada una de las “big three” del sector. Ahora, una serie de informaciones señalan cómo ha estado detrás de la fundación antiUnrwa encargada de la distribución de ayuda y de los planes de expansión en la costa.
Unión Europea
Unión Europea La sociedad del miedo al declive
La angustia ante el futuro acompaña a las sociedades europeas desde hace tiempo y precede a la Unión Europea. Se manifiesta con mayor claridad en los períodos de declive económico y las turbulencias políticas y sociales que los acompañan.