Arte
A autoxestión cultural e a creación de novos espazos independentes collen forza en Vigo
Tanto a sala Maison Ruina ou colectivo feminista 85c como as festas “libres” do Akelarre ou da Overdose Club impulsan dun xeito alternativo e independente as diferentes demandas culturais que ten a cidade.
.jpg?v=63740895266 2000w)
A cidade de Vigo está a ser pioneira en Galiza en canto á autoorganización, autoxestión e independencia na diversidade de proxectos culturais e de lecer. A sala Maison Ruina, o colectivo feminista 85c ou as festas do Akelarre e a Overdose Club coinciden ao afirmaren que esta escena nace ante as "necesidades culturais que tiña a cidade”.
Os catro proxectos teñen en común o obxectivo claro de dar a coñecer novos artistas, sexan locais ou nacionais. “Queremos tecer redes entre os artistas que participan” destacan na Maison Ruina. Tamén se busca “dar visibilidade ao papel da muller na arte” comentan desde 85c, “crear espazos sen prexuízos nin tabús” afirman desde o Akelarre e “coñecer aos novos DJs, bailaríns e fotógrafos á vez que se desfruta da musica vangardista” opinan na Overdose Club. Ademais, en moitas ocasións colaboran entre eles coa idea de retroalimentarse uns aos outros.
Creación de novos espazos para coñecer o traballo dos artistas
A Maison Ruina é unha sala creada no centro da cidade de Vigo en xullo deste mesmo ano. O proxecto organízase principalmente por persoas que veñen de diferentes disciplinas: Rubén Romero da editorial cómica experimental, César Dopio (Elecesar) da música e Tayone do creativo visual. Beben da “cultura vertical” de cidades como Berlín ou Porto, nas que estiveron e consideran que cada un pode “aportar o seu respectivo Background”. O seu punto en común son “as propostas relacionadas coa arte urbana” sinala Tayone: tanto exposicións, coma presentacións ou eventos musicais. “Sempre buscando propostas novedosas”, subliña.
.jpg?v=63740895378 2000w)
Tayone adoita organizar as exposicións e afirma que busca “achegar a arte contemporánea ao mundo urbano”. Nas exposicións —que permanecen entre 2 e 3 semanas—, téntase coexionar a xente diferentes idades e estilo nun mesmo espazo para que poidan conectar entre eles. Con todo, ademais de exposicións artísticas dispoñen de actividades, proxeccións, tenda de merchandising, etc.
Nada dabuti: “A Maison Ruina é un exemplo a nivel estatal”
Poderían definirse como contracultura, pero Tayone explica que o son “por defecto, acollemos todas as cousas que non teñen cabida nun aspecto máis mainstream, pero cunha proxección igual de válida”. O debuxante Nada Dabuti define á Maison Ruina coma un “exemplo a nivel estatal” xa que “é un espazo de co-working no que se respira creatividade”.
A sala non é unha galería ao uso, está ubicada nun primeiro piso e “require que teñas un mínimo interese polo que nós ofrecemos” asegura Rubén Romero. Eles chaman aos artistas —que son locais, nacionais e internacionais— e estes non son remunerados, ainda que obteñen a totalidade das vendas dos productos que expoñan, sendo así unha forma de axudar ao pequeno artista. Así, a idea a longo prazo é desprecarizarse, xa que o proxecto non obtén ningún tipo de axuda e é totalmente independente. Tamén, teñen a proxección de poder medrar no edificio “cara a arriba” e poder ter en cada andar diversos estilos e actividades.
Moitas veces cando hai festas á noite, colaboran conxuntamente entre eles para “nutrirse uns aos outros” asegura Tayone. De feito, fan eventos conxuntos con Overdose Club, Akelarre, Booty Call ou Banana Bahía Music, entre outros. Aínda así, sinalan que a súa principal diferenza co tema das festas é “non recurrir ao lecer nocturno e ofrecer un horario máis europeo”.
Por outra banda xurdiu o Proxecto 85, unha asociación sen ánimo de lucro cun claro carácter feminista. Eva Comesaña, unha das organizadoras do proxecto, explica que a súa principal prioridade é “visibilizar o papel da muller en diferentes disciplinas artísticas”. O seu nome ven da medida 85c do sostén e tamén porque o 1885 foi o ano do falecemento de Rosalía de Castro, á que consideran “a figura máis relevante da literatura e do feminismo galego”. A través dun proxecto creado polo TFG de Marcia Vázquez hai catro anos, 85c busca mostrar ás mulleres artistas en poesía, baile, música ou nas artes plásticas.

Como asociación organizan eventos nos que xeran redes entre as participantes. Non reciben ningunha axuda directa do Concello, o que asegura Eva lles fai sentir “un pouco invisibilizadas polo feito de facer as cousas dun xeito máis autoxestionado”. Non obstante, en canto ás subvencións do Concello de Vigo, explica: “tampouco queremos implicarnos moito con eles, senón teremos que asumir as súas normas”.
Proxecto 85c: “ou o facemos nós ou ningúen o fai”
“Ou o facemos por nós ou ningúen o fai” responde Eva cando lle preguntamos sobre o xurdimento da cultura autoxestionada en Vigo. Desde a Overdose Club, o propio Kaixo define o proxecto coma “unha das propostas máis interesantes da cidade”. Resalta a súa “visión de futuro” e “as formas de facer as cousas de maneiras moi democráticas. Os que estamos dentro da organización de eventos ás veces nos esquecemos disto”. As organizacións nútrense unhas das outras, mais Eva é clara: “penso que debemos facer algo todos en conxunto e ir máis da man”.
O ocio ocio nocturno: integrador e renovado
Aínda que sinalan que non gostan das etiquetas, o Akelarre en Vigo é a primeira festa Queer na cidade, onde todo o mundo está invitado a asistir. As súas festas “crean un espazo libre onde poder expresarse sen prexuízos nin tabús” destaca Miguel Sestelo, o seu creador. Explica tamén de que o nome de Akelarre vén do paganismo como organización familiar onde festexar con semellantes. “Con ese punto de maxia que nós tamén temos” conclúe.
Akelarre: ·”Os nosos valores son o respecto a unión e o amor”
A súa intención, ademais de gozar, é “facer medrar a un mesmo e ao propio entorno” sinala Sestelo. Todo baixo os valores de “respecto, unión e amor” que asegura que crean “unha atmósfera incrible”. “É estrictamente necesario que exista Akelarre para que cando pase alguén de VOX se sinta intimidado pola liberdade persoal, sexual e emocional” destaca Kaixo sobre este tipo de festas.
.jpg?v=63740895001 2000w)
Por esta vía, a Overdose Club naceu hai anos a través da necesidade dun espazo para escoitar “trap e a música urbana máis vangardista”. Comparte co akelarre ese concepto de “atopar alí de todo: pogo, xente sen camiseta, diversidade ou liberdade sexual total” destaca Kaixo, o seu principal impulsor.
A Overdose Club é o extremo, a serotonina e sobredose de hormonas
O nome, explica Kaixo, que ven do que é: “extremo, over do normal, sobredose de hormonas, serotonina, xente cos ollos en branco e o perreo intensísimo”. Entre os seus obxectivos destaca “o ocio nocturno como algo cultural, diferente e extremo”.
En canto á autoxestión, laméntase tamén de que ninguén quere apostar por cidades que non sexan Barcelona ou Madrid, e que pola súa parte “as axudas externas valorizan o producto”. Con todo, tras pasar por ela artistas coma C. Tangana, Sticky M.A, Royce Rolo, Recycled J, Los zafiros, entre outros, “démonos de conta que fomos pioneiros e somos referencia neste tipo de festas”, conclúe o vigués.

Ademais do tentador de medrar en máis cidades, entre os seus plans de futuro, destaca o proceso de transformación da festa cara a un proxecto que “aglutine un selo discográfico, media, desenvolvimento de eventos, entre outras cousas”. Intentarán levar o que foi unha festa a unha empresa cultural “que non discrimina a ninguén, e onde todo aquel ou aquela que quera expresarse dende a visceralidade terá un lugar xunto a nós” finaliza Kaixo.
Arte
“As miñas viñetas xorden como un xeito de desafogo persoal por un emprego precario”
Relacionadas
Murcia
Extrema derecha
La Fiscalía de Murcia investigará si el presidente de Vox Murcia ha incurrido en delitos de odio
Opinión
Integración, valores europeos, y otros grandes chistes racistas
Opinión
Lo de Torre Pacheco tiene un nombre: terrorismo supremacista blanco
Comunidad de Madrid
Los bomberos forestales madrileños inician una huelga de un mes
Economía
¿Cómo funciona el mecanismo de defensa que Europa podría activar contra los aranceles de Trump?
El Salto n.79
La celulosa o la vida: periodismo situado y lucha social para frenar un ecocidio
Dependencia
El Gobierno reduce al 27% la inversión en el sistema de dependencia
Maternidad
La discriminación de las familias monoparentales por los permisos de nacimiento llega al TEDH
Fronteras
Las devoluciones en caliente de solicitantes de asilo pasan a ser política oficial en Alemania
Últimas
Comunidad El Salto
El Salto estrena nueva página: una web como una casa
Palestina
Israel despeja la zona de Rafah para su “ciudad humanitaria”, denunciada como un futuro campo de concentración
Alicante
Denuncian cortes de suministro en pleno verano por parte de Aguas de Alicante
Junta de Andalucía
La Audiencia de Sevilla eleva a la UE la sentencia absolutoria del Constitucional del caso ERE
Sindicatos
Extremadura con Las Seis de La Suiza
Opinión
Redes sociales
Todos vivimos ahora en el castillo del vampiro
Palestina
La coordinadora europea contra el antisemitismo dice que los informes sobre la hambruna en Gaza “son rumores”
Euskal Herria
“No matan los ríos, mares ni montañas, matan las políticas migratorias”
Palestina
Más de mil caras conocidas de la cultura exigen al Gobierno que cese la venta de armas a Israel
Recomendadas
Málaga
Málaga, el punto de inversión para los fondos israelíes a pie de playa
Feminismos
Patricia Reguero
“Mis relatos están escritos al lado de otras, arropada por la escucha de otras”
LGTBIAQ+
Mana Muscarsel
“La amistad da más juego para salir de la lógica de la familia porque tiene menos reglas"
Barcelona
El reciclaje invisible: la relación entre la chatarra y la ciudad de Barcelona
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!