Altri
Greenalia tenta desvincularse da celulosa de Altri trala denegación da conexión eléctrica

Comezan a sentirse os primeiros movementos empresariais despois do revés da denegación da conexión eléctrica á celulosa de Altri. Tralo 'non' do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico á creación da subestación eléctrica para a planta e que deixa o seu futuro tremendo, Greenalia, presentada en todo momento por adeptos e detractores como empresa palanca da multinacional portuguesa, marca perfil propio: “Requirímoslles para que se absteñan de forma inmediata de utilizar a expresión 'Altri-Greenalia' ou calquera referencias a esta última como promotora en futuras publicacións relativas ao proxecto Gama”, reza un comunicado que a empresa estivo preparando nas últimas semanas na súa sede da Coruña e ao que tivo acceso O Salto.
O argumento é enrevesado, pero revela un xiro singular na estratexia de comunicación da multinacional galega. En efecto, Greenfiber, a sociedade instrumental coa que Altri aterrou en Galiza, nunca estivo participada por Greenalia directamente, aínda que ata agora lles conveu a simplificación empresarial. É Smarttia SL, a sociedade patrimonial de Manuel García Pardo, a que ten arredor dun cuarto das accións de Greenfiber e máis do 90% das accións de Greenalia.
Porén, trala denegación da subestación eléctrica e o falecemento de José María Castellano, segundo home forte e accionista minoritario en Greenalia, a empresa enerxética galega prepara unha estratexia de contención para a súa caída reputacional: “Existen outros accionistas cuxa actividade é allea ao proxecto desenvolvido a través de Greenfiber. Por iso, co propósito de manter a coherencia coa realidade deste proxecto e evitar deste xeito calquera confusión en relación coa súa propiedade, así como a potencial afectación aos accionistas adicionais e a actividade de Greenalia, instamos a todas as partes a referirse con precisión a Smarttia como a entidade responsable do investimento neste proxecto”.
Ademais, Greenalia, en cuxo consello de administración goza dun posto Beatriz Mato, exconselleira de Medio Ambiente e a primeira gran porta xiratoria dos gobernos de Alberto Núñez Feijóo na Xunta, lanzou unha ameaza xudicial contra quen volva a ousar vinculala coa celulosa que pretende arrasar o corazón territorial de Galiza: “Así mesmo, advertímoslles que, en caso contrario, tanto Greenalia como Smarttia procederán ao inicio de cantas actuacións legais os amparen en defensa dos seus dereitos e intereses”.
Relacionadas
Para comentar en este artículo tienes que estar registrado. Si ya tienes una cuenta, inicia sesión. Si todavía no la tienes, puedes crear una aquí en dos minutos sin coste ni números de cuenta.
Si eres socio/a puedes comentar sin moderación previa y valorar comentarios. El resto de comentarios son moderados y aprobados por la Redacción de El Salto. Para comentar sin moderación, ¡suscríbete!